Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Introducir ao estudantado nos aspectos básicos da economía española no contexto da Unión Europea, proporcionando un coñecemento detallado das súas características e trazos definitorios. Para cumprir os anteriores obxectivos, pártese dos coñecementos xa adquiridos con anterioridade no Grao, fundamentalmente nas materias de economía mundial, análise económica, e historia económica de España.
Adóptase un enfoque de tipo estrutural, tratando de resumir nun mesmo marco explicativo global o conxunto de elementos e interdependencias que operan nas economías española e europea, e que permiten entender os cambios que, de xeito acelerado, veñen caracterizando a súa evolución recente.
Introdución á análise estrutural das economías española e europea.
As relacións económicas entre países. Os procesos de integración económica.
A teoría da integración económica e a incorporación de España Á UE.
España na UE.
- Evolución da economía española no marco da UE (1986-2015): flutuacións e ciclos económicos, factores determinantes do crecemento económico español dende 1986, principais transformacións estruturais).
- Os elementos estruturais básicos da economía española no contexto da UE (sector público, mercado de traballo, sistema financeiro, estrutura espacial interna, estrutura dos mercados, relacións co exterior).
(a) Básica.
Para cada tema os alumnos disporán do material empregado na elaboración das presentacións da clase expositiva. Entre outros, contarán con guións, gráficos e táboas elaboradas polo profesorado da materia. Ademais, para determinados temas proporcionaranse artigos e/ou textos que axudarán na preparación dos mesmos.
(b) Complementaria.
– Buitrago Esquinas, E.M.; Romero Landa, L.B. (2013): Economía de la UE: análisis económico del proceso de integración europeo. Pirámide.
– Cabrillo, F. (2016): “El marco institucional de la economía española. Un análisis comparado”. Información Comercial Española (ICE), 889-890, 177-188.
– Cuadrado, J.R. (2016): “La terciarización de la economía española: algunos rasgos estilizados del período 1975-2014”. Información Comercial Española (ICE), 889-890, 121-138.
– Cuadrado-Roura, J.R.; Maroto, A. (2016): “Unbalanced regional resilience to the economic crisis in Spain: a tale of specialisation and productivity”. Cambridge Journal of Regions, Economy and Society, 9(1), 153–178.
– Fundación COTEC (2018): Informe COTEC 2018. http://informecotec.es/
– García Delgado, J.L.; Myro, R. (Dirs.) (2017): Lecciones de Economía Española. Cívitas.Thomson Reuters.
– Miquel, A.B.; Martínez, J.A. (2016): “La evolución del bienestar económico en España en el período 1975-2015”. Información Comercial Española (ICE), 889-890, 189-214
– Peña, A.R.; Jiménez, M.; Ruiz, J. (2016): “Capital humano, inversión educativa y crecimiento económico: Revisión y actualización de la asimetría económica regional en España (1980-2012)”. Revista de Estudios Regionales, 106, 2016, 21-53.
– Requeijo, J. (2016): “La incorporación de la economía española a los mercados mundiales”. Información Comercial Española (ICE), 889-890, 17-27.
– Requeijo, J. (2017): Economía Mundial. 4ª Edición. McGraw-Hill. Capítulo 2: “Integración Económica”.
– Serrano, L.; Pérez, F.; Mas, M.; Uriel, E. (Dirs.) (2017): Acumulación y productividad del capital en España y sus comunidades autónomas en el siglo XXI. Fundación BBVA e IVIE.
– Tamames, R.; Rueda, A. (2018): Comprender la economía española. La gran transformación. Ediciones 2010.
– Torrero, A. (2016): “La crisis financiera 2007-2008. Reflexiones sobre el sistema bancario español”. Información Comercial Española (ICE), 889-890, 75-100.
– Vallés Ferrer, J. (Dir.) (2009): Economía Española. 2ª Edición. McGraw Hill. Capítulo 4: “Crecimiento Económico”.
(c) Páximas web.
Banco de España. Publicaciones: https://www.bde.es/bde/es/secciones/informes/
Banco Mundial: www.bancomundial.org
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Fondo Monetario Internacional: www.imf.org
Fundación BBVA: https://www.fbbva.es/
Fundación de las Cajas de Ahorro: www.funcas.es
Instituto de Comercio Exterior (ICEX): www.comercio.es
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Universitario de Predicción Económica (I.R. Klein): https://www.uam.es/otroscentros/klein/
Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas: http://www.ivie.es/es_ES/
Ministerio de Economía y Hacienda: www.meh.es
Organización Mundial de Comercio: www.wto.org
Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico: www.oecd.org
Servicio de Estudios de “la Caixa”: www.estudis.lacaixa.es
Unión Europea: www.europa.eu.int
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Coñecer e comprender o funcionamento da contorna económica no que se insire a economía española.
• Acceso e manexo das diferentes fontes de información económica.
• Capacidade crítica para xulgar os distintos aspectos que compoñen a realidade económica española e europea.
Competencias específicas da materia:
• Proporcionar un coñecemento detallado das características estruturais da economía española actual, no marco da economía internacional, e máis concretamente no contexto da UE.
• Coñecemento dos conceptos básicos de economía aplicada necesarios para a comprensión do contido da materia.
• Familiarizar ao estudantado coas principais fontes bibliográficas e estatísticas dispoñibles para o estudo das economías española e europea.
• Lectura e comprensión da prensa económica referida á economía española.
Escenario 1: normalidade adaptada:
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva, e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial. Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia na que se irá subministrando a información relativa a cada tema. As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do correo electrónico institucional.
Escenario 2: distanciamento:
En función das condicións sanitarias e das directrices que establezan o decanato e a reitoría, tanto a docencia expositiva como a interactiva poderán realizarse de modo telemático, mantendo os horarios programados. No caso de que a docencia sexa telemática empregarase o MS Teams da materia. Na docencia interactiva combinaranse mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e o Campus Virtual
Escenario 3: peche das instalacións:
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de modo telemático, mantendo para os mecanismos síncronos os horarios programados. A docencia expositiva será desenvolvida de modo telemático a través de sesións en MS Teams. Na docencia interactiva combinaranse mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e o Campus Virtual.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación basearase principalmente nunha proba final escrita sobre o temario desenvolvido ó longo do curso académico, cun peso do 70% nota final. Dito exame consistirá nunha serie de preguntas obxectivas, (test e/ou resposta curta). Esta nota compleméntase coa avaliación de actividades específicas relacionadas cos contidos da materia que serán realizadas nas clases interactivas e entregadas polos estudantes para a súa revisión (30% nota final).
A puntuación acadada ó longo do curso nestas actividades de avaliación continua manterase, no caso de suspender a oportunidade ordinaria, para a oportunidade extraordinaria da mesma convocatoria.
Os/as estudantes repetidores poderán elixir entre o sistema de avaliación descrito anteriormente, ou ben, presentarse directamente ao exame final. Neste último caso, a puntuación acadada no exame suporá o 100% da nota final.
No caso dos/das estudantes que teñan concedida a dispensa de docencia, serán avaliados exclusivamente a través dunha proba final que no seu caso suporá o 100% da nota final.
No caso de aplicación dos Escenarios 2 e 3 de docencia o sistema de avaliación non variará, pesando un 70% a proba final escrita e o 30% a avaliación continua.
(a) traballo presencial na aula.
- clases de pìzarra en grupo grande: 30 H.
- clases de pizarrra en grupo reducido: 15 h.
- titórias en grupo moi reducido: 10h.
- avaliación grupo: 5 h.
- total horas: 60.
(b) traballo persoal do/da alumno/a.
- estudo autónomo individual ou en grupo: 65h.
- escritura de exercicios e traballos: 10h.
- lecturas recomendadas: 10 h.
- preparación de presentacións, debates, etc: 5h.
- Total horas: 90.
Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais, así como da bibliografía básica e complementaria sinalada a medida que se desenvolve o programa. Tamén se considera convinte consultar con regularidade as principais fontes estatísticas recomendadas, co obxecto de familiarizarse co seu uso, e poder aplicar as técnicas de análise necesarias para o coñecemento da realidade económica obxecto de estudo.
Recomendase tamén, a consulta do material complementario que se indique en cada momento, así como seguir puntualmente a actualidade económica española e europea a través da lectura da prensa diaria.
Por último, o uso das titorías debería suplir calquera tipo de problemas que xurdiran ó longo do proceso de ensinanza-aprendizaxe da materia.
En aplicación do previsto nos documentos aprobados polos órganos da USC sobre a organización da docencia no curso 2020-2021 (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 e Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
Escenario 2: distanciamento
Metodoloxía da ensinanza
En función das condicións sanitarias e das directrices que establezan o decanato e a reitoría, tanto a docencia expositiva como a interactiva poderán realizarse de modo telemático, mantendo os horarios programados. No caso de que a docencia sexa telemática empregarase o MS Teams da materia. Na docencia interactiva combinaranse mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e o Campus Virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para o Escenario 1, pesando un 70% a proba final e o 30% a avaliación continua. A proba final será presencial ou telemática de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2.
Escenario 3: peche das instalacións
Metodoloxía da ensinanza
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de modo telemático, mantendo para os mecanismos síncronos os horarios programados. A docencia expositiva será desenvolvida de modo telemático a través de sesións en MS Teams. Na docencia interactiva combinaranse mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e o Campus Virtual.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para o Escenario 1, pesando un 70% a proba final e o 30% a avaliación continua. As actividades de avaliación serán realizadas de forma telemática e empregarase en todos os casos o Campus Virtual.
Fidel Martinez Roget
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811651
- Correo electrónico
- fidel.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Beatriz Valcárcel Aguiar
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811558
- Correo electrónico
- beatriz.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
José Blanco Álvarez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811575
- Correo electrónico
- jose.blanco2 [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
15:30-17:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 07 |
17:15-18:45 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 22 |
Venres | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 01 |
12:45-14:15 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 06 |