Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Nota aclaratoria de carácter xeral
Para a programación docente da materia tómase como base o Escenario 1 (normalidade adaptada) dos documentos aprobados polos órganos da USC sobre a organización da docencia no curso 2020-2021: Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 e Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021. Nos apartados en que procede indícanse as adaptacións que se levarán a cabo no Escenario 2 (distanciamento) e no Escenario 3 (peche das instalacións).
Obxectivos da materia
- Proporcionar un coñecemento detallado das características e o funcionamento da economía galega nas décadas recentes, considerada no contexto español e no da Unión Europea.
- Proporcionar un marco interpretativo para entender as transformacións que ven experimentando a economía galega nas últimas décadas, os seus problemas actuais e os principais retos que debe afrontar a medio prazo.
- Familiarizar ao alumnado coas principais estatísticas e fontes doutro tipo dispoñibles para o estudo da economía galega, e inicialo na elaboración das súas propias análises sobre a base desas fontes a través das clases de docencia interactiva.
- Dotar ao alumnado de ferramentas para a realización de informes e estudos sobre cuestións e aspectos concretos da economía galega.
PARTE I. A DINÁMICA E ESTRUTURA ACTUAL DA ECONOMÍA GALEGA: UNHA PRIMEIRA VISIÓN XERAL
Tema 1. Introdución á análise estrutural da economía galega
Tema 2. Aproximación global ás transformacións no período 1960-2020: produción, renda e mudanzas na estrutura produtiva
Tema 3. A estrutura e funcionamento actual da economía de Galiza: aproximación ao cadro macroeconómico; estrutura produtiva e relacións intersectoriais, os complexos ou cadeas produtivas
Tema 4. A distribución dos resultados do proceso de crecemento: as desigualdades comarcais nos niveis de renda e de desenvolvemento; distribución funcional e persoal da renda, desigualdade e pobreza
PARTE II. CUESTIÓNS TRANSVERSAIS
Tema 5. Dinámica e características da poboación. Os problemas demográficos
Tema 6. Dinámica do emprego e mercado de traballo
Tema 7. A acción do sector público: articulación competencial; o orzamento e o financiamento autonómico
Tema 8. O sistema galego de innovación
Tema 9. A inserción comercial externa de Galiza: comercio interrexional e internacional; aproximación á balanza de pagamentos
PARTE III. ANÁLISES SECTORIAIS
Tema 10. Sector agrario e agroalimentario; silvicultura e complexo da madeira
Tema 11. Sector pesqueiro e marindustria: o complexo pesqueiro
Tema 12. Enerxía e industria
Tema 13. Sector servizos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
AFUNDACIÓN-OBRA SOCIAL ABANCA (varios anos): A economía galega. Informe ..., AFundación, A Coruña (informes anuais publicados desde 1986).
BEIRAS TORRADO, X.M. (1973): O atraso económico de Galicia, Ed. Galaxia, Vigo (existe unha nova edición anotada en Ed. Laiovento, 1996).
CANCELO, J.R: (dir.) (2006): La economía de Galicia: Un análisis cuantitativo, Instituto de Estudios Económicos de Galicia. Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
CARMONA, X e J. NADAL (2005): El empeño industrial de Galicia: 250 años de historia 1750-2000, Fundación Barrié de la Maza, A Coruña.
FERNÁNDEZ LEICEAGA, X. e LÓPEZ IGLESIAS, E. (2000): Estrutura Económica de Galiza, Ed. Laiovento, Santiago de Compostela.
LÓPEZ IGLESIAS, E. (2016): “Do atraso ao progreso económico de Galiza ? Un proceso histórico á espera dun relato”, en Dubert, I. (Ed.): Historia das historias de Galicia. Ed. Xerais. Vigo, pp. 329-356.
LÓPEZ IGLESIAS, E. e ARES, J.J. (eds.) (2002): Novos escenarios para a economía galega. Actas do II Congreso de Economía de Galicia, Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela.
PRADA BLANCO, A. e LAGO PEÑAS, S. (2009): Galicia, unha economía europea 1986-2006, Ed. Galaxia, Vigo.
VENCE, X. (2009): "O sistema galego de innovación e dinámica económica", en F. González Laxe (coord): Galicia. Economía. t. LX. Ed Hércules. Pp. 438-490
VVAA (2000): Revista Galega de Economía, vol. 9, nº 1, número monográfico “A economía galega ante o século XXI”.
VVAA (2007): Papeles de Economía Española, Economía de las Comunidades Autónomas, nº 22: Galicia-Norte de Portugal.
O profesorado da materia facilitará a accesibilidade do alumnado ás publicacións que integran a bibliografía básica, sempre que sexa posible en formato electrónico, especialmente nos escenarios 2 e 3. Esta bibliografía básica complementa os documentos e materiais de apoio disponibles na Aula Virtual: presentacións para cada clase expositiva, textos e datos estatísticos para as clases interactivas.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Capacidade de análise e de síntese.
- Capacidade crítica.
- Habilidade para analizar e buscar información.
- Fomento do traballo en equipo.
O alumnado contará cunha base de coñecementos sobre a realidade económica máis próxima, que lle será de utilidade noutras moitas materias do Grao e un referente indispensable para a análise da economía en xeral.
Escenario 1: normalidade adaptada
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que os/as alumnos/as poden encontrar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) un guión das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos, ...); iv) as publicacións, tanto da bibliografía básica como da específica para cada tema, que están disponibles en formato electrónico; v) modelos de exame de convocatorias anteriores.
As tutorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro da Aula Virtual e o correo electrónico institucional.
Escenario 2: distanciamento
Docencia expositiva
A docencia expositiva pasará a realizarse integramente de modo telemático a través de MS Teams, mantendo os horarios programados.
As sesións serán gravadas e estarán disponibles no equipo de MS Teams da materia, para posibilitar tamén o seu seguimento polo alumnado en modo asíncrono, sobre todo nos casos en que poidan ter problemas de conectividade ou outros derivados da situación sanitaria.
Docencia interactiva (obrigatoria só para o alumnado que opta pola modalidade de avaliación continua)
As sesións interactivas seguirán realizándose na medida do posible de modo presencial e mantendo os horarios programados.
En función da capacidade dos espazos disponibles no centro, poderán pasar a impartirse de modo telemático até o 50% das horas de docencia interactiva, combinando mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
En todas esas actividades potenciarase o traballo e aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a redución do contacto presencial.
Tutorías
As tutorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
Escenario 3: peche das instalacións
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de modo telemático, mantendo para os mecanismos síncronos os horarios programados.
Docencia expositiva
A docencia expositiva será desenvolvida de modo telemático a través de sesións en MS Teams.

A docencia interactiva desenvolverase totalmente de xeito virtual, combinando: sesións en modo síncrono (a través de Ms Teams), para as que se manterán os horarios programados; e mecanismos asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades) por medio do Campus Virtual. En concreto, para cada unha das sesións interactivas programadas, a partir dos materiais disponibles na Aula Virtual os profesores organizarán unha tarefa (coa correspondente entrega por parte do alumnado) a través do Campus Virtual.
En todas esas actividades potenciarase o traballo e aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a interrupción do contacto presencial.
Tutorías
As tutorías terán lugar integramente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Escenario 1: normalidade adaptada
I. Modalidade de avaliación continua
Para os alumnos que asistan como mínimo ao 80% das clases interactivas (computando como asistencia as ausencias xustificadas documentalmente) o sistema de avaliación consta de dous tipos de mecanismos:
a. Asistencia ás clases interactivas, exposición nas clases interactivas de temas preparados previamente (a partir do material disponible na Aula Virtual), realización doutras actividades que poida organizar o profesorado, participación activa nas clases.
Peso na cualificación final: 30%.
b. Proba final escrita presencial, na que se combinan: preguntas tipo test (dirixidas a comprobar o dominio polo alumnado dos conceptos e coñecementos esenciais expostos ao longo do desenvolvemento da materia); e outras nas que deben responder de forma breve a certas cuestións (o obxectivo é aquí contrastar a capacidade do/a alumno/a para relacionar os diferentes conceptos e coñecementos parciais que debeu adquirir na materia).
Peso na cualificación final: 70%.
II. Modalidade de avaliación única
Para os restantes alumnos (que non asistan como mínimo ao 80% das clases interactivas) a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita presencial coas características citadas anteriormente. Esta modalidade de avaliación será tamén a aplicable ao alumnado que obteña a dispensa de asistencia a clase.
O sistema de avaliación exposto aplicarase cada curso tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria de recuperación. En concreto, nesta última manteranse coa mesma ponderación as cualificacións obtidas nas actividades de avaliación continua (clases interactivas). Non existe ningún cambio, ningún sistema específico de avaliación, para o alumnado repetidor.
Escenario 2: distanciamento
No suposto de que a situación e as normas sanitarias permitan programar probas finais de carácter presencial, manterase o sistema de avaliación previsto para o escenario 1 nas dúas modalidades (avaliación continua e avaliación única).
Se a situación e as normas sanitarias fan necesario substituír as probas finais presenciais por probas de carácter telemático, o sistema de avaliación pasará a ser o seguinte:
I. Modalidade de avaliación continua (para o alumnado que asista e entregue as tarefas correspondentes como mínimo ao 80% das clases interactivas)
a. Actividades de avaliación continua (relacionadas coas clases interactivas): 65% da cualificación final, desagregado como se indica a continuación.
• Presentación por cada alumno/a do tema que lle sexa asignado (realizada de modo presencial na clase ou de modo telemático a través de MS Teams): 20%.
• Asistencia e participación activa nas clases (presenciais e virtuais síncronas): 10%.
• Entregas de tarefas programadas a través do Campus Virtual: 35%.
b. Proba complementaria sobre o contido da materia, realizada por medios telemáticos (Campus Virtual): 35% da cualificación final.
Na segunda oportunidade manterase o mesmo sistema de avaliación, realizando a proba complementaria na data establecida para os exames finais da segunda oportunidade.
II. Modalidade de avaliación única
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, a avaliación terá lugar a través dunha proba final escrita de carácter telemático (a través do Campus Virtual), que suporá o 100% da cualificación final.
A modalidade de avaliación única será tamén a aplicable ao alumnado que obteña a dispensa de asistencia a clase. En ambas modalidades non existe ningún cambio, ningún sistema específico de avaliación, para o alumnado repetidor.

Tendo en conta que cada crédito ECTS equivale a 25 horas de traballo para o estudante, esta materia representa un total de 150 horas de traballo, repartidas como sigue:
-Traballo presencial na aula (ou virtual en actividades síncronas)
Docencia expositiva 31
Docencia interactiva 17
Tutorías 3
Actividades de avaliación 2
Total horas traballo presencial 53
-Traballo persoal do/a alumno/a
Lecturas de documentos e outras actividades para a preparación das clases interactivas 37
Estudo individual 60
Total horas traballo persoal 97
Asistencia e participación activa nas clases, especialmente nas sesións de docencia interactiva; utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso; realización dun traballo continuado ao longo do curso.
Plan de Continxencia
En aplicación do previsto nos documentos aprobados polos órganos da USC sobre a organización da docencia no curso 2020-2021 (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 e Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
Escenario 2: distanciamento
Metodoloxía da ensinanza
Docencia expositiva
A docencia expositiva pasará a realizarse integramente de modo telemático a través de MS Teams, mantendo os horarios programados.
As sesións serán gravadas e estarán disponibles no equipo de MS Teams da materia, para posibilitar tamén o seu seguimento polo alumnado en modo asíncrono, sobre todo nos casos en que poidan ter problemas de conectividade ou outros derivados da situación sanitaria.
Docencia interactiva (obrigatoria só para o alumnado que opta pola modalidade de avaliación continua)
As sesións interactivas seguirán realizándose na medida do posible de modo presencial e mantendo os horarios programados.
En función da capacidade dos espazos disponibles no centro, poderán pasar a impartirse de modo telemático até o 50% das horas de docencia interactiva, combinando mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
En todas esas actividades potenciarase o traballo e aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a redución do contacto presencial.
Tutorías
As tutorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
No suposto de que a situación e as normas sanitarias permitan programar probas finais de carácter presencial, manterase o sistema de avaliación previsto para o escenario 1 nas dúas modalidades (avaliación continua e avaliación única).
Se a situación e as normas sanitarias fan necesario substituír as probas finais presenciais por probas de carácter telemático, o sistema de avaliación pasará a ser o seguinte:
I. Modalidade de avaliación continua (para o alumnado que asista e entregue as tarefas correspondentes como mínimo ao 80% das clases interactivas)
a. Actividades de avaliación continua (relacionadas coas clases interactivas): 65% da cualificación final, desagregado como se indica a continuación.
• Presentación por cada alumno/a do tema que lle sexa asignado (realizada de modo presencial na clase ou de modo telemático a través de MS Teams): 20%.
• Asistencia e participación activa nas clases (presenciais e virtuais síncronas): 10%.
• Entregas de tarefas programadas a través do Campus Virtual: 35%.
b. Proba complementaria sobre o contido da materia, realizada por medios telemáticos (Campus Virtual): 35% da cualificación final.
Na segunda oportunidade manterase o mesmo sistema de avaliación, realizando a proba complementaria na data establecida para os exames finais da segunda oportunidade.
II. Modalidade de avaliación única
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, a avaliación terá lugar a través dunha proba final escrita de carácter telemático (a través do Campus Virtual), que suporá o 100% da cualificación final.
A modalidade de avaliación única será tamén a aplicable ao alumnado que obteña a dispensa de asistencia a clase. En ambas modalidades non existe ningún cambio, ningún sistema específico de avaliación, para o alumnado repetidor.
Escenario 3: peche das instalacións
Metodoloxía da ensinanza
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de modo telemático, mantendo para os mecanismos síncronos os horarios programados.
Docencia expositiva
A docencia expositiva será desenvolvida de modo telemático a través de sesións en MS Teams.
As sesións serán gravadas e estarán disponibles no equipo de MS Teams da materia, para posibilitar tamén o seu seguimento polo alumnado en modo asíncrono, sobre todo nos casos en que poidan ter problemas de conectividade ou outros derivados da situación sanitaria.
Docencia interactiva (obrigatoria só para o alumnado que opta pola modalidade de avaliación continua)
A docencia interactiva desenvolverase totalmente de xeito virtual, combinando: sesións en modo síncrono (a través de Ms Teams), para as que se manterán os horarios programados; e mecanismos asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades) por medio do Campus Virtual. En concreto, para cada unha das sesións interactivas programadas, a partir dos materiais disponibles na Aula Virtual os profesores organizarán unha tarefa (coa correspondente entrega por parte do alumnado) a través do Campus Virtual.
En todas esas actividades potenciarase o traballo e aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a interrupción do contacto presencial.
Tutorías
As tutorías terán lugar integramente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
I. Modalidade de avaliación continua (para o alumnado que asista e entregue as tarefas correspondentes como mínimo ao 80% das clases interactivas)
a. Actividades de avaliación continua (relacionadas coas clases interactivas): 65% da cualificación final, desagregado como se indica a continuación.
• Presentación por cada alumno/a do tema que lle sexa asignado (realizada de modo presencial na clase ou de modo telemático a través de MS Teams): 20%.
• Asistencia e participación activa nas clases (presenciais e virtuais síncronas): 10%.
• Entregas de tarefas programadas a través do Campus Virtual: 35%.
b. Proba complementaria sobre o contido da materia, realizada por medios telemáticos (Campus Virtual): 35% da cualificación final.
Na segunda oportunidade manterase o mesmo sistema de avaliación, realizando a proba complementaria na data establecida para os exames finais da segunda oportunidade.
II. Modalidade de avaliación única
Tanto na primeira como na segunda oportunidade, a avaliación terá lugar a través dunha proba final escrita de carácter telemático (a través do Campus Virtual), que suporá o 100% da cualificación final.
A modalidade de avaliación única será tamén a aplicable ao alumnado que obteña a dispensa de asistencia a clase. En ambas modalidades non existe ningún cambio, ningún sistema específico de avaliación, para o alumnado repetidor.
Edelmiro López Iglesias
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811718
- Correo electrónico
- edelmiro.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xavier Vence Deza
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Del Carmen Sanchez Carreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811647
- Correo electrónico
- carmela.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alexandre Vecino Aguirre
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811591
- Correo electrónico
- alexandre.vecino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Bruno Blanco Varela
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- b.blanco.varela [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
José Blanco Álvarez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811575
- Correo electrónico
- jose.blanco2 [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Fernando De La Torre Cuevas
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811715
- Correo electrónico
- fernando.delatorre [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 07 |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula 07 |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
28.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
09.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
09.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
09.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
09.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
09.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
09.07.2021 17:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A |