Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa desta materia ten continuidade coa materia Estrutura Económica Mundial II. Organízase coa intención de que o alumnado dipoña duns coñecemento que lles permita comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas de formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referentes históricas, a súa evolución e movementos cíclicos e coñecer elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.
Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas chave da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas sociais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións.
A economía como ciencia social. A análise estrutural da economía: conceptos básicos
Os sistemas económicos. Análise económica do capitalismo. Etapas e modalidades na expansión do capitalismo
A poboación mundial: trazos e tendencias
A base enerxética do sistema económico mundial
O comercio internacional
A internacionalización de capital: investimento estranxeiro directo e empresas multinacionais
O sistema monetario e os organismos financeiros internacionais
Os procesos de integración económica. A integración europea
Bibliografía básica:
Alonso, J. A. (dir.) (2017): Lecciones sobre economía mundial: introducción al desarrollo y a las relaciones económicas internacionales, 8ª edición, Cizur Menor (Navarra): Civitas Thomson Reuters.
García, J.M.; Durán, G.; Sánchez, A. (Coord.) (2013): Estructura económica y relaciones internacionales, Madrid: Garceta.
Martínez, J.; Vidal, J.M. (2003): Economía mundial, 2ª edición, Madrid: McGraw-Hill.
Muñoz, C.; Iráizoz, B.; Rapún, M. (2016): Introducción a la economía aplicada: magnitudes y cuentas económicas, 5ª edición, Cizur Menor (Navarra): Civitas Thomson Reuters.
Bibliografía complementaria:
Amin, S. et al. (2010): Crisis: financiera, económica, sistémica. Maia Ediciones, Madrid.
Beiras, X.M. (2003): “Permanencia y cambio estructural en la mundialización”, en Rallo, A. (ed.): Un mundo para todos. Otra globalización es posible, Icaria Más Madera, 43-70.
Gandoy, R.; Díaz-Mora, C. (2017): "Cadenas globales de valor: en el punto de mira de la política comercial proteccionista", Información Comercial Española 896, 43-58.
García, J.M.; Durán, G.; Sánchez, A. (dir.) (2011): La economía mundial en transformación, Madrid: Paraninfo.
Gómez, P.J. (coord.) (2017): La economía mundial. Enfoques críticos, Madrid: Catarata.
Guerrero, D. (2007): “Competencia y monopolio en el capitalismo”, en Martínez, J. y Sánchez, R. (eds.): El futuro imposible del capitalismo, Icaria y Antrazyt, 115-148.
Guzmán, J. (2005): “El rol de la ética en la ciencia económica”, Información Comercial Española 823, 11-27.
Hernández, R. (2018): "La encrucijada de la integración regional y el nuevo regionalismo", Revista Estudios de Políticas Públicas 7, 149-159.
Krugman, P.R. (2017): “Crises: The price of globalisation?” en Gangopadhyay, P. (ed.): Economics of Globalisation, London: Routledge, 31-50.
Martínez, A.; Orlandini, A.; Herrero, S. (2011): “Crisis, cambio global y energía”, Revista de Economía Mundial 29, 263-284.
Medialdea, B.; Sanabria, A. (2013): “La financiarización de la economía mundial: hacia una caracterización”, Revista de Economía Mundial 32, 195-227.
Millet, D.; Toussaint, E. (2009): 60 preguntas 60 respuestas sobre la deuda, el FMI y el Banco Mundial, Barcelona: Icaria Editorial.
Piketty, T. (2014): El Capital en el siglo XXI, Madrid : Fondo de Cultura Económica.
Recio, A.; Banyuls, J.; Cano, E.; Miguélez, F. (2006): “Migraciones y mercado laboral”, Revista de Economía Mundial 14, 171-193.
Requeijo, J. (2017): Economía Mundial, 4ª edición, Madrid: McGraw-Hill.
Sampedro, J.L. (2002): El mercado y la globalización, Barcelona: Ediciones Destino
Stiglitz, J. (2016): El euro: cómo la moneda común amenaza el futuro de Europa, Madrid: Taurus.
O profesorado da materia facilitará a accesibilidade do alumnado ás publicacións que integran a bibliografía básica, sempre que sexa posible en formato electrónico, especialmente nos escenarios 2 e 3. Esta bibliografía básica complementa os documentos e materiais de apoio dispoñibles na Aula Virtual: presentacións para cada clase expositiva, textos e datos estatísticos para as clases interactivas.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica.
- Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas facendo uso de coñecementos sobre a realidade económica, identificando problemas económicos relevantes e avaliando as consecuencias das distintas alternativas de acción.
- Identificar, buscar, recoller, analizar e manexar información relevante de libros de texto de nivel avanzado e de fontes estatísticas.
- Elaborar e presentar traballos e comunicar información e ideas de maneira oral e escrita, tanto individual como colectivamente.
Competencias específicas da materia:
- Identificar os problemas fundamentais da economía mundial, comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial.
- Aprender a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica. Interpretar as súas características actuais, a súa evolución e movementos cíclicos, e coñecer os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación.
- Abordar un tratamento concreto e detallado de certos temas claves da realidade económica mundial.
En aplicación do previsto nos documentos aprobados polos órganos da USC sobre a organización da docencia no curso 2020-2021 (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 e Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021), a metodoloxía da ensinanza levarase a cabo para cada un dos escenarios contemplados segundo o que se indica a continuación.
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
A ensinanza da materia desenvolverase a través de actividades de docencia expositiva e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial.
Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia, na que o alumnado pode encontrar: i) a programación cronolóxica detallada das actividades, co contido previsto para cada unha das sesións de docencia expositiva e interactiva; ii) as presentacións para cada clase de docencia expositiva; iii) as instrucións das actividades a realizar e os materiais para traballar en cada unha das sesións de docencia interactiva (publicacións, datos estatísticos, vídeos,...); iv) as publicacións, tanto da bibliografía básica como da específica para cada tema, que están dispoñibles en formato electrónico.
As titorías terán lugar esencialmente de modo presencial, complementadas coa resolución de dúbidas a través do foro da Aula Virtual e o correo electrónico institucional.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Neste escenario cómpre diferenciar, polo seu modo de realización, entre a docencia expositiva (modo presencial) e a docencia interactiva (modo presencial ou semipresencial).
Docencia expositiva:
A docencia expositiva pasará a realizarse integramente de modo telemático a través de MS Teams, mantendo os horarios programados.
As sesións serán gravadas e estarán dispoñibles no equipo de MS Teams da materia, para posibilitar tamén o seu seguimento polo alumnado en modo asíncrono, sobre todo nos casos en que poidan existir problemas de conectividade ou outros derivados da situación sanitaria.
Docencia interactiva:
As sesións interactivas seguirán realizándose na medida do posible de modo presencial e mantendo os horarios programados.
En función da capacidade dos espazos dispoñibles no centro, poderán pasar a impartirse de modo telemático até o 50% das horas de docencia interactiva, combinando mecanismos síncronos (sesións a través de MS Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
En todas esas actividades potenciarase o traballo e a aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a redución da presencialidade.
Titorías:
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Neste escenario, tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de modo telemático, mantendo para os mecanismos síncronos os horarios programados.
Docencia expositiva:
A docencia expositiva será desenvolvida de modo telemático a través de sesións en MS Teams.

A docencia interactiva desenvolverase totalmente de modo telemático, combinando: sesións en modo síncrono (a través de MS Teams), para as que se manterán os horarios programados; e mecanismos asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades) por medio do Campus Virtual. En concreto, para cada unha das sesións interactivas programadas, a partir dos materiais dispoñibles na Aula Virtual o profesorado organizará unha tarefa (coa correspondente entrega por parte do alumnado) a través do Campus Virtual.
En todas esas actividades potenciarase o traballo e a aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a interrupción da presencialidade.
Titorías:
As titorías terán lugar integramente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
O sistema de avaliación a aplicar será o que se indica a continuación, tendo en conta os diferentes escenarios previstos nos documentos aprobados polos órganos da USC sobre a organización da docencia no curso 2020-2021 (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 e Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021):
ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
I. Sistema xeral de avaliación:
Basearase na combinación de dúas modalidades de avaliación: avaliación continua e avaliación final (exame)
a) Avaliación continua: entrega de tarefas, participación en aulas interactivas e, no seu caso, probas de curta duración sobre materiais (lecturas, vídeos…).
b) Avaliación final: exame sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. O exame final consistirá nunha proba de coñecementos, que terá lugar na data oficial de exames, coas seguintes características: 20 preguntas tipo test, con 4 opcións de resposta e unha única resposta correcta. Normas de puntuación: resposta acertada: 0,5 puntos / penalización por resposta incorrecta: 0,15 puntos. Duración da proba: 40 minutos.
O peso relativo de cada parte na cualificación final da materia será o seguinte:
Avaliación continua: 30%
Avaliación final (exame): 70%
II. Sistema opcional para alumnado repetidor que o solicite e alumnado con dispensa de asistencia:
Para o alumnado repetidor que o solicite, así como para o alumnado con dispensa de asistencia, a avaliación realizarase exclusivamente a través dunha proba final escrita presencial sobre os contidos da materia, que terá un peso do 100% na cualificación final.
Para estes efectos, antes da terceira semana de clase, o alumnado repetidor que estea interesado neste sistema opcional deberao comunicar a través do correo electrónico institucional ao profesor do seu grupo expositivo. No caso de non comunicalo no prazo establecido, entenderase por defecto que opta polo sistema xeral de avaliación.
O alumnado que teña superado a materia e tamén o curso de Competencias en Información (CI) que se imparte dende a Biblioteca, verá incrementada a nota final entre 0,25 e 0,5 puntos en función da puntuación obtida en dito curso.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Manterase o sistema de avaliación previsto para o escenario 1. Se a situación e as normas sanitarias fan necesario substituír as probas finais presenciais por probas de carácter telemático, manterase o mesmo sistema de avaliación previsto para o escenario 1.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Neste escenario, a avaliación realizarase integramente a través de medios telemáticos e con carácter xeral será de aplicación o mesmo sistema de avaliación previsto para o escenario 1. Adicionalmente incorporarase neste escenario unha terceira modalidade opcional de avaliación (sistema opcional adicional) para aquel alumnado que o solicite antes da finalización do calendario de clases, e que terá as seguintes características.
III. Sistema opcional adicional:
Nesta modalidade aplicarase a seguinte ponderación na cualificación final: 50% exame (proba final de coñecementos sobre os contidos da materia), 50% avaliación continua (entrega de tarefas e traballo final). Para poder acollerse a esta modalidade o alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Solicitalo expresamente a través do correo institucional ao profesorado responsable do seu grupo antes de que finalice a última semana de clases.
b) Entregar un traballo final ao profesorado responsable do seu grupo, que terá as seguintes especificacións técnicas e de contido: o traballo consistirá nun comentario global sobre a situación actual da economía mundial con base nos contidos da materia (crecemento económico, cambios estruturais, cambios demográficos, recursos e medioambiente, comercio, investimento estranxeiro directo, finanzas internacionais e integración económica). Formato de entrega: documento electrónico en formato word ou pdf. Límite de extensión: entre 3.000 (mínimo) e 5.000 (máximo) palabras. Prazo de entrega: ata a data oficial do exame da 1ª oportunidade. Na primeira páxina do documento deberá aparecer o nome completo do/a alumno/a e o grupo interactivo ao que pertence. Peso do traballo na parte de avaliación continua: 40% (peso do traballo na cualificación final da materia: 20%).
Ao alumnado que non cumpra con algún destes requisitos, aplicaráselle por defecto o sistema xeral de avaliación previsto para o escenario 1.
INFORMACIÓN IMPORTANTE
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Estimase que o alumnado debe dedicar unhas 2,5 horas semanais de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada quen.
Ademais da asistencia a clase e utilización do material, lecturas e recomendación que se fagan ao longo do curso, o alumnado deberá adicar un tempo adecuado ás súas capacidades e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden
PLAN DE CONTINXENCIA
En aplicación do previsto nos documentos aprobados polos órganos da USC sobre a organización da docencia no curso 2020-2021 (Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021 e Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Metodoloxía da ensinanza
Neste escenario cómpre diferenciar, polo seu modo de realización, entre a docencia expositiva (modo presencial) e a docencia interactiva (modo presencial ou semipresencial).
Docencia expositiva:
A docencia expositiva pasará a realizarse integramente de modo telemático a través de MS Teams, mantendo os horarios programados.
As sesións serán gravadas e estarán dispoñibles no equipo de MS Teams da materia, para posibilitar tamén o seu seguimento polo alumnado en modo asíncrono, sobre todo nos casos en que poidan existir problemas de conectividade ou outros derivados da situación sanitaria.
Docencia interactiva:
As sesións interactivas seguirán realizándose na medida do posible de modo presencial e mantendo os horarios programados.
En función da capacidade dos espazos dispoñibles no centro, poderán pasar a impartirse de modo telemático até o 50% das horas de docencia interactiva, combinando mecanismos síncronos (sesións a través de MS Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
En todas esas actividades potenciarase o traballo e a aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a redución da presencialidade.
Titorías:
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Manterase o sistema de avaliación previsto para o escenario 1. Se a situación e as normas sanitarias fan necesario substituír as probas finais presenciais por probas de carácter telemático, manterase o mesmo sistema de avaliación previsto para o escenario 1.
Información importante: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
Metodoloxía da ensinanza
Neste escenario, tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de modo telemático, mantendo para os mecanismos síncronos os horarios programados.
Docencia expositiva:
A docencia expositiva será desenvolvida de modo telemático a través de sesións en MS Teams.
As sesións serán gravadas e estarán dispoñibles no equipo de MS Teams da materia, para posibilitar tamén o seu seguimento polo alumnado en modo asíncrono, sobre todo nos casos en que poidan existir problemas de conectividade ou outros derivados da situación sanitaria.
Docencia interactiva:
A docencia interactiva desenvolverase totalmente de modo telemático, combinando: sesións en modo síncrono (a través de MS Teams), para as que se manterán os horarios programados; e mecanismos asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades) por medio do Campus Virtual. En concreto, para cada unha das sesións interactivas programadas, a partir dos materiais dispoñibles na Aula Virtual o profesorado organizará unha tarefa (coa correspondente entrega por parte do alumnado) a través do Campus Virtual.
En todas esas actividades potenciarase o traballo e a aprendizaxe autónoma, con elementos de retroalimentación e/ou autoavaliación, para suplir no posible a interrupción da presencialidade.
Titorías:
As titorías terán lugar integramente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e os foros do Campus Virtual (que serán empregados como ferramenta habitual de consulta e resolución de dúbidas).
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Neste escenario, a avaliación realizarase integramente a través de medios telemáticos e con carácter xeral será de aplicación o mesmo sistema de avaliación previsto para o escenario 1. Adicionalmente incorporarase neste escenario unha terceira modalidade opcional de avaliación (sistema opcional adicional) para aquel alumnado que o solicite antes da finalización do calendario de clases, e que terá as seguintes características.
III. Sistema opcional adicional:
Nesta modalidade aplicarase a seguinte ponderación na cualificación final: 50% exame (proba final de coñecementos sobre os contidos da materia), 50% avaliación continua (entrega de tarefas e traballo final). Para poder acollerse a esta modalidade o alumnado deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Solicitalo expresamente a través do correo institucional ao profesorado responsable do seu grupo antes de que finalice a última semana de clases.
b) Entregar un traballo final ao profesorado responsable do seu grupo, que terá as seguintes especificacións técnicas e de contido: o traballo consistirá nun comentario global sobre a situación actual da economía mundial con base nos contidos da materia (crecemento económico, cambios estruturais, cambios demográficos, recursos e medioambiente, comercio, investimento estranxeiro directo, finanzas internacionais e integración económica). Formato de entrega: documento electrónico en formato word ou pdf. Límite de extensión: entre 3.000 (mínimo) e 5.000 (máximo) palabras. Prazo de entrega: ata a data oficial do exame da 1ª oportunidade. Na primeira páxina do documento deberá aparecer o nome completo do/a alumno/a e o grupo interactivo ao que pertence. Peso do traballo na parte de avaliación continua: 40% (peso do traballo na cualificación final da materia: 20%).
Ao alumnado que non cumpra con algún destes requisitos, aplicaráselle por defecto o sistema xeral de avaliación previsto para o escenario 1.
Información importante: Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Xavier Vence Deza
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811567
- Correo electrónico
- xavier.vence [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Oscar Rodil Marzabal
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811657
- Correo electrónico
- oscar.rodil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Angeles Pereira Sanchez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- angeles.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Emilio Nogueira Moure
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811581
- Correo electrónico
- e.nogueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Belén Rodríguez Soto
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- belen.rodriguez.soto [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Juan Alberto Turnes Abelenda
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- juanalberto.turnes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Hugo Campos Romero
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- hugo.campos.romero [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:15-10:45 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 08 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 28 |
15:30-17:00 | Grupo /CLIS_05 | Galego | Aula 30 |
17:15-18:45 | Grupo /CLIS_06 | Galego | Aula 26 |
Mércores | |||
15:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula C |
Xoves | |||
09:15-11:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula C |
11:45-13:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
Venres | |||
11:15-12:45 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 09 |
12:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 24 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_03 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_05 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_02 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_06 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_04 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_06 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_03 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_05 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_02 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_06 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_04 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_03 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_03 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_05 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula 17 |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
24.05.2021 09:15-12:15 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_05 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_06 | Aula 07 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_05 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_06 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula 08 |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |
07.07.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula C |