Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A matria G3061323 Facenda Pública: Ingresos e Gastos é unha materia ordinaria de Grao RD 1393/2007 que se imparte no primeiro semestre do Grao en Economía. O seu obxectivo fundamental é que os alumnos coñezan a actividade financieira pública, tanto dende o punto de vista dos ingresos coma dos gastos. Feita a introducción, cos antecedentes históricos e os principios xerais dos ingresos e dos gastos, defínense e clasifícanse os aspectos fundamentais relacionados cos mesmos. Estudianse os principais programas de gastos, o orzamento do sector público, os tipos de ingresos e a súa dimensión, os impostos, os requisitos dun bo sistema impositivo e a análise dos distintos impostos, coa referencia específica á actividade financieira en España.
I. FUNDAMENTOS:
I.1 A Economía Pública.
I.2 O Sector público e a actividade financieira
I.3 Fundamentación da Actividade Pública. Erros de mercado
. As funcións da facenda pública
. Eficiencia económica e mercados competitivos
. Tipos de intervención: instrumentos
I.4 Sector Público e orzamento
· O Orzamento do Sector Público
. concepto e ciclo orzamentario
. contido orzamentario: clasificación e fórmulas orzamentarias
. o orzamento en España
I.5 Elección Colectiva e Comportamento do Sector Público
II. O GASTO PÚBLICO
II.1 Gasto Público. Eficiencia e Equidade
II.2 Instrumentos de Análise do Gasto Público: eficiencia, analisis de proxectos, etc.
II.3 O Gasto Público no Estado de Benestar
II.4 Antecedentes históricos e nivel de gasto público vixente en España
III. INGRESO PÚBLICO
III.1 Estructura Tributaria
III.2 Principios de Imposición
III.3 Imposición e eficiencia. A imposición óptima
III.4 Análise económico da imposición
III.5 O sistema impositivo. Análise dos distintos impostos
III.6 Outros ingresos públicos
IV. FEDERALISMO FISCAL
IV.1 Xustificación Económica da Descentralización
IV.2 Niveis de gobierno e división de responsabilidades
ALBI, E. Et al. (2017): Economía Pública I y II, Ed. Ariel, Barcelona.
BACKHAUS, J. y WAGNER, R. (2004): Handbook of Public Finance, Kluwer Academic Publishers, Boston
BUSTOS, A. (2010): Lecciones De Hacienda Pública. Ed. Colex, Madrid.
CORONA, J., DÍAZ, A. (2000): Introducción a la Hacienda Pública, Ed. Ariel, Barcelona
FUENTES, E. (1990): Hacienda Pública. Introducción y Presupuesto, Ed. Rufino García Blanco, Madrid
GRUBER, J. (2005): Public Finances and Public Policy, Worth Publishers
LÓPEZ, M.; UTRILLA, A. (1998): Introducción al Sector Público Español. Ed. Civitas. Madrid
MUSGRAVE, R.; MUSGRAVE, P. (1999): Hacienda Pública Teórica y Aplicada, McGraw Hill, Madrid.
ROSEN, H. (2007): Hacienda Pública, Ed. McGraw-Hill, Madrid. (7ª edición)
STIGLITZ, J.E. (2006): La Economía del Sector Público, Ed. Antonio Bosch, Barcelona
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
ALBI, E. (2000): Público y Privado. Un Acuerdo Necesario. Ed. Ariel. Barcelona.
ARGIMÓN, I.; GÓMEZ, A.L.; HERNÁNDEZ DE COS, P.; MARTÍ, F. (1999): El Sector de las Administraciones Públicas en España. Estudios Económicos, núm. 68. Banco de España. Madrid
BAREA, J.; GONZÁLEZ-PÁRAMO, J. (1996): Pensiones y Prestaciones por Desempleo. Fundación BBV. Bilbao
BOADWAY, R., WILDASIN, D. (1986): Economía del Sector Público, Instituto de Estudios Fiscales. Madrid.
DE PABLOS, L. y VALIÑO, L. (2000): Economía del Gasto Público: Control y Evaluación, Ed. Civitas, Madrid.
GONZÁLEZ-PÁRAMO, J. (1997): “Déficit Público, Inflación y Convergencia de la Economía Española”, en J. Barea [dir.]: Déficit Público Y Convergencia Europea, pp. 54-109. Price Waterhouse. Madrid.
HERBER, B. (1975): Hacienda Pública Moderna. El Estudio de la Actividad Económica del Sector Público. Instituto de Estudios Fiscales. Madrid
JAÉN, M.; MOLINA, A. (1997): “Un Estudio Empírico de la Ley de Wagner Aplicado al Caso Español”, Hacienda Pública Española, núm. 141-142, pp. 277-286.
LÓPEZ, M. (1997): “La Fiscalidad y la Política de Vivienda En España”, Hacienda Pública Española, núm. 141-142, pp. 287-334.
LÓPEZ, M. y UTRILLA, A. (2000): Lecciones sobre el Sector Público Español, Ed. Civitas, Madrid.
LOZANO, J. (1983): Introducción a la Teoría del Presupuesto. Instituto de Estudios Fiscales. Madrid
MONASTERIO, C.; ZUBIRI, I. (1996): “La Financiación de las Comunidades Autónomas: Balance y Propuestas de Reforma”, Papeles de Economía Española, núm. 69, pp. 172-191.
MONASTERIO, C.; SUÁREZ, J. (1998): Manual de Hacienda Autonómica y Local. Ed. Ariel. Barcelona.
SAN SEGUNDO, M.J.; VAQUERO, A. (1998): “Indicadores de Resultados de las Universidades”, Papeles de Economía Española, monográfico, pp. 139-156.
SÁNCHEZ, J., DE SANTIAGO, R. (1998): Utilidad y Bienestar: Una Historia de las Ideas sobre Utilidad y Bienestar Social, Ed. Síntesis, Madrid.
SEN, A. (1976): Elección Colectiva y Bienestar Social. Ed. Alianza. Madrid
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía..
• Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
• Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas.
• Contribuír á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público.
• Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos.
Competencias específicas da materia:
O obxectivo principal da materia é proporcionar aos alumnos nocións básicas de carácter teórico- práctico relacionados coa Facenda Pública. Así, ao finalizar o curso, o alumno deberá ser capaz de:
• Comprender en cada caso a necesidade de intervención do Sector Público nunha economía de mercado.
• Coñecer a composición da Administración Pública en España.
• Coñecer, comprender e aplicar as normas orzamentarias necesarias para a elaboración os PGE.
• Coñecer os Estados Contables das contas da Administración Pública.
• Comprender a realidade dos ingresos e os gastos do Sector Público.
• Comprender e analizar o sistema de ingresos públicos, fundamentalmente de impostos.
• Ver como pode influír o sistema impositivo no comportamento dos axentes económicos, nas súas decisións de consumo, aforro, traballo, etc.
• Xulgar o sistema fiscal de distintos países e os impostos en función dos principios impositivos que se estudan.
• Estudo e coñecemento –desde o punto de vista teórico- dos impostos que verán en cursos posteriores.
Para o desenvolvemento do programa da materia conxúgase o método didáctico da clase expositiva, que ten como obxetivo a exposición completa, sistemática e ordeada do contido dos temas e epígrafes descritos con anterioridade; xunto coas clases interactivas, nas que se require da participación e traballo do alumnado. Tra-las exposición teóricas plantéxanse diferentes exercicios, algúns dos cais se realizarán con soporte informático no que se pretende conxugar o uso do software co teórico, sen perderse en automatismos.
O alumnado ha de manexar a aplicación da aula virtual e o Teams, a través do que se compartirá material, probas, etc. Para elo é requerido o uso de RAI e ter acceso aos equipos informáticos (www.rai.usc.es/).
Para o curso 2020-2021 están previstos 3 escearios segundo se detalla a continuación:
Esceario 1:Docencia presencial
O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 6 créditos ECTS. Deste xeito e, dacordo co horario establecido polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da meteria, seguida de estudos de caso
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, tendo en conta as directrices que establezan tanto o Decanato como a Reitoría e as medidas sanitarias oportunas en cada momento. Para o docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da mesma plataforma, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, ademáis dos traballos individuais, colectivos, clases expositivas e interactivas telemáticas, con distinto peso relativo segundo a altura do curso na que se produza a entrada en vigor deste esceario 3. En todo caso, as titorías será exclusivamente por vía telemática, a través do Teams, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
En tódolos dos escearios é obxectivo potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, o que inclúe elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación activa, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcional á materia. Os materiais empregados deben cumprir a normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
• Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os test de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
• A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguemento indicarase na guía docente da materia, que estará publicada na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final será presencial no esceario 1, presencial ou telemática dacordo coas directrices que establezan o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemáticas no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudelentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 40% mentres a proba final ponderará un 60% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO presencial ou virtual Horas
Clases expositivas 30
Clases interactivas 15
Titorías en grupo reducido ou individual 7
Avaliación grupo grande 8
Total horas traballo presencial na aula 60
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO Horas
Estudio autónomo individual o en grupo 55
Escritura de eXercicios, conclusións ou outros traballos 25
Otros traballos no ordenador/laboratorio 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou semellante 5
Total horas traballo persoal do alumno 90
Considérase imprescindible para a superación da materia non só a memorización dos contidos dos epígrafes senón, sobre todo, a comprensión dos mesmos. Para elo é oportuno tamén a resolución de xeito individual dos exercicios propostos, xa que o exame non é o mellor momento para que se plantexen dúbidas ao respeito.
No caso de que, tra-la participación activa en clase do alumno ao longo do curso, a realización das actividades propostas e a calificación obtida nos exames non fose suficiente para supera-la asignatura na primeira oportunidade, o alumno deberá realiza-lo exame da segunda oportunidade, conservando as notas obtidas nos traballos e asistencia e participación activa nas aulas. Esta reserva non se fará para cursos posteriores.
Plan de Continxencia no suposto de que se active o Esceario 2 (docencia presencial e virtual) ou o Esceario 3 (docencia virtual)
- Metodoloxía de ensinanza.
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e as medidas sanitarias establecidas nese momento. Para a docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da misma plataforma, previa cita acordada co profesorado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, combinando traballos individuais e colectivos, clases expositivas e interactivas con distinto peso relativo segundo a algura do curso no que se produza este esceario 3. As titorías será exclusivamente por vía telemática, a través de Teams, previa cita acordado co profesrado da materia.
En calquera dos escearios previstos para o curso 2020-2021 potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado, con elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas periódicas que se reaizarán a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcionado á materia e os materiais empregados deben cumprir coa normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
- Sistema de avaliación.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que se publicará na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final ou telemática dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemática no esceario 3. No suposto de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 40%, mentres que a proba final ponderará un 60% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
Alejandro Ballesteros Ron
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811577
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Cadaval Sampedro
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Santiago Calvo Lopez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.calvo.lopez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Martes | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 24 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 07 |
Xoves | |||
15:30-17:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán, Galego | Aula 22 |
18:45-20:15 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | Aula 07 |
Venres | |||
11:15-12:45 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 06 |
12:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 01 |
25.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
25.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
25.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 07 |
25.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
25.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
25.01.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 07 |
21.06.2021 15:30-18:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 28 |
21.06.2021 15:30-18:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula 28 |
21.06.2021 15:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 28 |
21.06.2021 15:30-18:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 28 |
21.06.2021 15:30-18:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula 28 |
21.06.2021 15:30-18:30 | Grupo /CLE_02 | Aula 28 |