Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia Federalismo Fiscal está enmarcada no bloque formativo relativo ao estudo do sector público, no Grao de Economía. Segundo o regulado no RD 1393/2007, e na lexislación propia da USC, a materia ten o carácter de obrigatoria no Plan de Estudos, que se sitúa temporalmente no primeiro semestre do 4º curso do Grao. Así, pois, está destinada aos alumnos do Grao en Economía do Campus de Santiago de Compostela.
O seu caracter obrigatorio no mesmo campo temático que outras materias obrigatorias do módulo de Facenda Pública revelan a súa importancia na formación do futuro graduado en Economía.
A programación docente está constituída por catro unidades didácticas, nas que se abordan os aspectos máis relevantes dos gobernos multinivel no ámbito da Teoría do Federalismo Fiscal e a práctica que se enmarca no coñocemento da realidade autonómica e local española.
Unidade I. Introdución
Federalismo fiscal: esquema funcional e normativo
Función de asignación: o modelo de Oates e a teoría de Tiebout
Función redistributiva
As políticas de estabilización macroeconómicas
Unidade II. A descentralización. Vantaxes e Inconvenientes
Os bens públicos locais coma bens mixtos.
Os efectos desbordamento
O efecto conxestión
Externalidades e economías de escala
Competencia fiscal
Redistribución e mobilidade
A descentralización: principios e práctica
Unidade III. Os sistemas de perecuación
A nivelación fiscal: vertical e horizontal
Transferencias. Tipos e efectos. Fly Paper effect
A débeda pública descentralizada
Experiencia comparada
Unidade IV. O Sistema de Financiamento autonómico e local en España
Desenvolvemento temporal do proceso autonómico e local
O sistema autonómico
- O sistema de financiamento Autonómico (común)
- Sistema foral
O sistema local
- Características e problemas de dimensión
- Os seus recursos: sistema tributario, subvencións e endebedamento
- O financiamento das corporacións locais: o sistema impositivo municipal.
BÁSICA
- CADAVAL, M. (2011): Sistema de financiamento local e autonómico en España. Unidade didáctica 4, USC.
- CARAMÉS, L. (2004) Economía Pública Local, Thomson Civitas, Madrid
- ECCLESTON, R. KREVER, R.(eds.)(2017): The future of Federalism. Intergovernmental financial relations in an age of austerity. Edward Elgar. Cheltenham, UK.
- GIMENEZ, A. (2003): Federalismo Fiscal. Teoría y Práctica, Tirant lo Blanch, Valencia.
- LAGO-PEÑAS, S. , MARTÍNEZ-VAZQUEZ, J. (coord).(2015). La nueva reforma de la financiación autonómica: análisis y propuestas. Papeles de Economía Española, vol. 143.
- MINISTERIO DE HACIENDA (2017): Informe de la Comisión de Expertos para la Revisión del Modelo de Financiación Autonómica, Madrid.
- MONASTERIO, C. e SUÁREZ, J. (2002): Manual de Hacienda Autonómica y Local, Ed. Ariel, Barcelona.
- RODDEN, J.; ESKELAND, G. e LITVACKM, J. (eds.). Fiscal Decentralization and Callenge of Hard Budget Constraints, MIT Press.
CÓDIGO TRIBUTARIO
Complementaria:
- BERDAHL,L. E VANDER, C. (2002): "Urban Finance: crisis and remedies", Horizons, 5 (1), 12-14.
- BIRD, R., SLACK, E. (2.004): "Fiscal aspects of metropolitan governance", Working Paper 0401, Institute for International Business, University of Toronto
- BOADWAY, R. y SHAH, A. (2009): Handbook on Fiscal Federalism, Cambridge University Press
- CADAVAL, M. y CARAMÉS, L. (2006): "Una aproximación a los modelos de intermunicipalidad", Urban Public Economics Review, 6, 33-69
- DAFFLON, B. (2002): "Structures communales: Qu'est-ce qui distingue la collaboration intercommunale, l'agglomération et la fusion?", Working Paper 325, BENEFRI, Université Fribourg.
- EHTISHAM, A., BROSIO, G. (Eds.)(2006): Handbook on Fiscal Federalism, Edgar Elgar Publishing, UK
- QUIGLEY, J.M. e RUBINFELD, D. (1996): "Federalism and Reductions in the Federal Budget", pp. 289-302, National Tax Journal
- ROBBERTS, J. (1992): "A Comment of the Many Faces of Tiebout Bias", pp. 45-51, Journal of Urban Economics, vol. 32.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía.
• Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
• Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas.
• Contribuír á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público.
• Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer as teorías positivas e normativas da materia.
• Adquirir habilidades para a análise empírica.
• Adquirir información sobre os sistemas federais comparados, no campo da facenda pública multinivel.
• Introducirse no campo do financiamento autonómico.
Esceario 1:Docencia presencial
O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. A metade deles teñen carácter expositivo e a outra metade interactivo, e intercala as clases en grupo grande, reducido, titorías, etc. Deste xeito e, dacordo co horario establecido polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da meteria, seguida de estudos de caso
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, tendo en conta as directrices que establezan tanto o Decanato como a Reitoría e as medidas sanitarias oportunas en cada momento. Para o docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da mesma plataforma, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, ademáis dos traballos individuais, colectivos, clases expositivas e interactivas telemáticas, con distinto peso relativo segundo a altura do curso na que se produza a entrada en vigor deste esceario 3. En todo caso, as titorías será exclusivamente por vía telemática, a través do Teams, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
En tódolos dos escearios é obxectivo potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, o que inclúe elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación activa, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcional á materia. Os materiais empregados deben cumprir a normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
• Tendo en conta a metodoloxía da ensinanza descrita no apartado anterior a avaliación combina a actividade interactiva e expositiva do alumnado. Unha parte desta depende dos resultados que acade ao realizar os tes de avaliación continua, os traballos, as discusións e intervencións que se produzan, así coma tamén o exame final.
• A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguemento indicarase na guía docente da materia, que estará publicada na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final será presencial no esceario 1, presencial ou telemática dacordo coas directrices que establezan o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemáticas no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudelentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de Avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 40% mentres a proba final ponderará un 60% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
TRABALLO PRESENCIAL e ou VIRTUAL
Clases expositivas 20
Clases de grupo reducido 10
Clases e titorías en grupo reducido ou individual 7
Avaliación en grupos grandes 8
Total horas traballo presencial na aula 45
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo 50
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 7,5
Actividades en computador ou prácticos 5
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 5
Total horas de traballo persoal do alumno 67,5
É necesario que o alumno se familiarice coa documentación legal, estatística e orzamentaria, tanto no ámbito local coma no autonómico. Deberá ser quen de consultar a información relativa aos sistemas fiscais dos países federais. Todo elo, en base á bibliografía que se facilita.
Considérase imprescindible para a superación da materia, non só a memorización dos contidos senón, sobre todo, a comprensión. Para elo é oportuna a resolución de xeito individual dos exercicios propostos, ademáis do traballo que se poida facer en grupo.
No caso de que, tra-la participación activa en clase do alumno ao longo do curso, a realización das actividades propostas e a calificación obtida nos exames non fose suficiente para supera-la asignatura na primeira convocatoria, o alumno deberá realiza-lo exame da convcatoria seguinte, conservando as notas obtidas nos traballos e a asistencia e participación activa nas aulas. Esta reserva non se fará para convocatorias posteriores.
Plan de Continxencia no suposto de que se active o Esceario 2 (docencia presencial e virtual) ou o Esceario 3 (docencia virtual)
- Metodoloxía de ensinanza.
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e as medidas sanitarias establecidas nese momento. Para a docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da misma plataforma, previa cita acordada co profesorado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, combinando traballos individuais e colectivos, clases expositivas e interactivas con distinto peso relativo segundo a algura do curso no que se produza este esceario 3. As titorías será exclusivamente por vía telemática, a través de Teams, previa cita acordado co profesrado da materia.
En calquera dos escearios previstos para o curso 2020-2021 potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado, con elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas periódicas que se reaizarán a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcionado á materia e os materiais empregados deben cumprir coa normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
- Sistema de avaliación.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que se publicará na aula virtual ao comenzo do curso. A proba final ou telemática dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría no esceario 2 e telemática no esceario 3. No suposto de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O peso relativo das probas de avaliación contínua será dun 40%, mentres que a proba final ponderará un 60% sobre a nota final.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase oficial ou repetidor, que así o solicite no plazo que se estableza na guía docente, presentarase a un exame final sobre os contidos da materia. Este exame será o 100% da nota final. En calquera caso, 5 días antes da realización da proba oficial deberá dirixir un email ao profesorado encargado da materia indicando os seus datos e a situación de dispensa ou repetición.
Maria Cadaval Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Rosa Maria Regueiro Ferreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Santiago Calvo Lopez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- santiago.calvo.lopez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Luns | |||
---|---|---|---|
15:30-17:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
Mércores | |||
16:30-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán, Galego | Aula 03 |
17:45-18:45 | Grupo /CLIS_02 | Castelán, Galego | Aula 21 |
18:45-19:45 | Grupo /CLIS_03 | Galego, Castelán | Aula 10 |
26.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
26.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
26.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
26.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
21.06.2021 18:30-21:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 29 |
21.06.2021 18:30-21:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
21.06.2021 18:30-21:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 29 |
21.06.2021 18:30-21:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula 29 |