Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia constitúe unha aproximación ao ámbito das finanzas, polo que se pretende que o alumno adquira un conxunto de nocións introdutorias e xerais sobre esta disciplina. O principal obxectivo a acadar é que o alumno poida manexar conceptos financeiros desde unha perspectiva práctica que poidan resultarlle útiles nas súas relacións coas institucións financeiras e no tratamento dos seus posibles investimentos financeiros, así como coñecer o contido da función financeira dentro do campo da xestión empresarial. É especialmente importante que o alumno perciba a aplicabilidade dos contidos, polo que se fai especial fincapé nas clases de contido práctico mediante o uso do computador.
1. FUNDAMENTOS DE FINANZAS
1.1. Introducción
1.2. ¿Qué son as finanzas?
1.3. A función financeira, a dirección financeira e as decisións financeiras na empresa
1.4. O obxectivo financeiro da empresa
1.5. O sistema financeiro: Activos, intermediarios e mercados financeiros.
1.6. Intermediarios financeiros:
1.6.1.- Intermediarios tradicionais: bancos, aseguradoras e outras institucións financeiras
1.6.2.- Fintechs: Neobancos, Crowdlending, Crowdfunding, Roboadvisors, medios de pagamento e criptodivisas.
1.7. Mercados financeiros:
1.7.1.- Mercado Interbancario
1.7.2.- Mercados de Renta fixa
1.7.3.- Mercados de renta variable.
1.7.4.- Mercados de divisas.
1.7.5.- Mercados de produtos derivados.
1.8. A estrutura actual do sistema financeiro español
2. INTRODUCIÓN ó CÁLCULO FINANCEIRO.
2.1. O valor do diñeiro no tempo
2.2. Leis financeiras de capitalización
2.3. Leis financeiras de desconto
2.4. Tasas de xuro equivalentes
2.5. Rendas financeiras e a súa valoración
3. AS DECISIóNS DE INVESTIMENTO NA EMPRESA
3.1. A inversión como proceso temporal. Parámetros que a definen
3.2. Estimación dos fluxos de caixa.
3.3. O custe de capital
3.4. Criterios de valoración e selección de investimentos
3.4.1. O criterio do payback descontado
3.4.2. O valor actual neto (VAN)
3.4.3. O índice de rendibilidade (IR)
3.4.4. La tasa interna de rendibilidade (TIR)
3.4.5. Comparación entre os criterios do VAN e da TIR
3.5. Análisis do risco nos investimentos
3.5.1. Análise de sensibilidade
3.5.2. Análise de escenarios
3.5.3. Análise do punto morto
4. ANÁLISE E VALORACIÓN DE ATIVOS FINANCEIROS
4.1. Principios de valoración
4.2. Activos de renta fija: características y valoración
4.3. Activos de renta variable: Valoración de empresas
4.4. Produtos derivados.
5. O FINANCIACIAMENTO NA EMPRESA
5.1. Estrutura financeira da empresa
5.2. Financiación a curto prazo: Desconto, anticipo comercial, factoring, confirming
5.3. Financiación a longo prazo: Préstamos, leasing
5.4. Financiación no exterior
5.5. Financiación con recursos propios
5.6. Endebedamento e decisións sobre a débeda
5.7. Apalancamento financeiro
5.8. Determinación da estrutura de capital e da capacidade de endebedamento.
BÁSICA:
MARTÍNEZ-ABASCAL, E. Finanzas para directivos, McGraw-hill, 2012
MASCAREÑAS,J., Finanzas para directivos, Pearson, 2010.
BAHILLO MARCOS, M., PÉREZ BRAVO, M.C. Y ESCRIBANO RUIZ, G., Gestión Financiera, Paraninfo.2019.
BREALEY,R., MYERS, S., ALLEN, F. PRINCIPIOS DE FINANZAS CORPORATIVAS, McGraw-hill, 2018.
PÉREZ-CARBALLO, J. Gestión Financiera de la Empresa, ESIC, 2015.
RUÍZ MOYA, C., NOGUERA VIDAL, T. Y ESTEVE CRESPO, MªLUZ, La Gestión Financiera, McGraw-hill, 2017.
XIMÉNEZ RODRÍGUEZ ET AL., Análisis y Cálculo de las Operaciones Financieras, Tórculo Ediciones, Santiago, 2000.
COMPLEMENTARIA:
CALVO, A. Y OTROS, Manual del Sistema Financiero Español, Ariel Economía 2019.
VVAA, Guía del sistema financiero español, Funcas-AFI. 2019
COMPETENCIAS BÁSICAS
CB1 - Que os estudantes demostren poseer e comprender coñecementos nun área de estudio que parta da base da
educación secundaria xeral, e sole encontrar a un nivel que, si ben apóiase en libros de texto avanzados, incluie tamén
algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
CB2 - Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo con vocación e de unha forma profesional e posean as
competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da
súa área de estudo
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo)
para emitir xuizos que incluian unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4 - Que os estudantes poidan trasmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non
especializado
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores
cun alto grado de autonomía
COMPETENCIAS XERALES
CG1 - Poseer e comprender os coñecementos que definen á economía como disciplina científica, incluindo as súas teorías,
historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación, a un nivel que se apoia nos libros de texto avanzados e incluie algúns dos
aspectos máis relevantes que están na vanguardia do coñecemento en economía.
CG2 - Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas á nivel xeral e non especializado, así como resolver
problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os
métodos científicos propios da economía.
CG3 - Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuizos
e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
CG4 - Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestiones de índole económica tanto a un
público especializado como non especializado, facendo uso tanto do lenguaxe verbal e escrito como dos medios e técnicas de
representación de relacións e presentación de datos que se emplean en economía
CG5 - Poseer os coñecementos xerais de economía e as ferramentas de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para
emprender estudos especializados en economía e en outras áreas relacionadas, cun alto grado de autonomía.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT6 - Resolución de problemas e CT7 - Toma de decisións que se valorarán nas probas de avaliación continua da materia
En todas as clases combinarase a exposición de contidos teóricos coa súa aplicación práctica e a análise de situacións reais do mercado. Préstase especial atención ao manexo de programas informáticos específicos (follas de cálculo, simuladores, etc.).
Os/as estudantes recibirán o apoio do campus virtual da USC a través da aula virtual da materia, na que se ofrecerá a programación periódica das clases e o material de apoio correspondente, tanto para as sesión expositivas como para as interactivas.
Tendo en conta as “DIRECTRICES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA NO CURSO 2020-2021” da USC, esta metodoloxía de ensino respectarase nos tres escenarios alternativos previstos (Escenario 1: normalidade adaptada, Escenario 2: distanciamento e Escenario 3: peche das instalacións), axustándose tan só en canto ao carácter presencial ou non da docencia. No escenario 1, tanto a docencia expositiva como a interactiva será presencial, contemplándose a posibilidade de que, de forma excepcional e xustificada, a docencia virtual combínese coa presencial ata un máximo do 10% das horas da materia. No escenario 2, a docencia expositiva impartirase de forma virtual en modo síncrono e a docencia interactiva de forma presencial, contemplándose a posibilidade de que se impartan de forma non presencial e síncrona como máximo ata un 50% das horas prácticas da materia. No escenario 3 tanto a docencia expositiva como a interactiva impartiranse de forma virtual en modo síncrono. A impartición de docencia en modo síncrono farase a través de MS Teams. En función das circunstancias, prevese tamén a posibilidade de desenvolver contidos en modo asíncrono mediante sesións gravadas en vídeo e postas ao dispor dos alumnos respectando os horarios oficiais.
O apoio titorial realizarase de forma preferentemente preferentemente virtual empregando o correo electrónico, a mensaxería e foros da aula virtual e MS Teams como canles de comunicación telemática.
Na primeira oportunidade, prevense dous sistemas alternativos de avaliación, tanto para alumnos que cursan por primeira vez a materia como para alumnos repetidores:
- Un sistema de avaliación continua, no que no transcurso do semestre os alumnos irán desenvolvendo diversas actividades de avaliación que lles permitirán superar a materia sen necesidade de realizar un exame final. Neste sistema inclúense tres tipos de actividades de avaliación:
o Probas teórico-prácticas en formato test: realizaranse dúas probas ao longo do curso, no horario habitual de clase, cubrindo todos os contidos da materia. Suporán o 40% da nota final.
o Proba en folla de cálculo: en horario de clase realizarase unha proba para avaliar a destreza no manexo da folla de cálculo para a análise de decisións de xestión financeira internacional. Suporá o 40% da nota final.
o Traballos relacionados co contido dos distintos temas que compoñen o programa ou outros de relevancia no ámbito da materia, para os que se fixará un prazo de entrega. Achegarán o 20% da nota final.
- Un sistema de avaliación única, consistente na realización dun exame final teórico-práctico na data oficial establecida, que supoñerá o 100% da nota final, reservado para aqueles alumnos que, por causas recollidas na Instrución nº1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias (enfermidade, traballo, acoso…) soliciten e obteñan dispensa de asistencia a clase, así como para aqueles que non aproben baixo o sistema de avaliación continua.
En 2ª oportunidade só contémplase a avaliación a través da realización dun exame final. En calquera das modalidades será necesario obter unha nota igual ou maior que 5 para superar a materia.
No escenario 1 todas as actividades de avaliación realizaranse de forma presencial, salvo aquelas para as que se fixe prazo de entrega. No escenario 2 combinaranse actividades de avaliación presenciais e telemáticas, e a proba final teórico-practica será presencial ou telemática de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento. No escenario 3 todas as actividades de avaliación terán carácter telemático. Todas as actividades de avaliación, en calquera escenario, realizaranse en modo síncrono, salvo aquelas para as que se fixe prazo de entrega.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación de competencias:
- Proba excel e traballos: CB2 CB3 CB4 CB5 CT1 CT4 CT2 CT5 CT6 CT7 CT9 CT10 D9 D10 CB2 CB3 CB4 CB5
- Exame final e probas test: CB1 CB2 CB5 CT6 CT9 A3 D7
Horas presenciais:
- Teóricas: 36%
- Prácticas, resolución de problemas e casos en prácticas de ordenador: 64 %
Horas non presenciais:
- Preparación do exame práctico: 15 horas
- Preparación do exame teórico: 15 horas.
Os temas que integran o programa están intimamente interrelacionados, por iso é polo que se recomende a revisión periódica dos conceptos e aplicacións prácticas. Así mesmo, aconséllase a revisión das prácticas realizadas na aula de informática.
Esta materia caracterízase por estar intimamente ligada á actualidade financeira, por iso é polo que a comprensión mellore considerablemente se o alumno fai un seguimento periódico da prensa financeira e visita as páxinas especializadas que aparecen detalladas en cada un dos temas.
Plan de continxencia.
Todas as actividades docentes, de avaliación e de titorización realizaranse de forma presencial ou remota (a través de Teams e con apoio da aula virtual), en función do escenario decretado pola USC, que tamén pode afectar á concreción de distribución horaria. En todos os escenarios respectarase a planificación de traballo inicialmente prevista (tanto en canto a contidos como en canto a actividades de avaliación). Cando a docencia haxa de ser remota realizarase de forma síncrona, gravando as sesións para facilitar a súa accesibilidade por parte do alumnado. En función das circunstancias, prevese tamén a posibilidade de desenvolver contidos en modo asíncrono mediante sesións gravadas en vídeo e postas ao dispor dos alumnos respectando os horarios oficiais. As titorías telemáticas poderán canalizarse a través do correo electrónico ou, previa solicitude, mediante titorías on-line ( Teams) individuais ou en grupo. Nos apartados de metodoloxía do ensino e sistema de avaliación detállanse as adaptacións previstas nos escenarios alternativos.
Luis Alberto Otero González
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811656
- Correo electrónico
- luis.otero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 22 |
Xoves | |||
17:45-20:15 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula de Informática 7 |
Venres | |||
09:15-11:45 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula de Informática 6 |
22.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula 26 |
22.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula 26 |
22.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |
22.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLE_01 | Aula de Informática 1 |
22.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_01 | Aula de Informática 1 |
22.01.2021 13:15-16:15 | Grupo /CLIS_02 | Aula de Informática 1 |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
30.06.2021 13:30-16:30 | Grupo /CLE_01 | Aula C |