Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Presentar unha visión histórica da evolución económica do mundo.
2. Alcanzar unha comprensión do proceso de formación do mundo contemporáneo, valéndose do instrumental conceptual procedente da Teoría Económica e dos métodos cuantitativos, na perspectiva temporal propia da análise histórica.
3. Percibir os mecanismos do crecemento económico, entre os que destacan e son decisivos os cambios institucionais e as innovacións tecnolóxicas.
4. Proporcionar os coñecementos da evolución da economía no pasado que poidan facilitar a comprensión do mundo actual.
TEMA 1. ECONOMÍAS AGRARIAS E PROCESOS DE INDUSTRIALIZACIÓN (1750-1870).
TEMA 2. SEGUNDA REVOLUCIÓN INDUSTRIAL E PRIMEIRA GLOBALIZACIÓN (1870-1914).
TEMA 3. GUERRAS, CRISE E DESINTEGRACIÓN ECONÓMICA INTERNACIONAL (1914-1945).
TEMA 4. DA RECONSTRUCCIÓN Á 'IDADE DOURADA' (1945-1973).
TEMA 5. CRISIS ECONÓMICAS E FINANCIERAS, CRECEMENTO E GLOBALIZACIÓN (1973-2014).
Bibliografía básica:
COMÍN COMÍN, F. (2011): Historia económica mundial. De los orígenes a la actualidad. Madrid (Alianza).
FELIU, G. e SUDRIÀ, C. (2013): Introducción a la historia económica mundial. Valencia (Universitat de València).
TELLO, E. (Ed.) (2012). Cómo hemos llegado hasta aquí. Una introducción a la historia económica global. Barcelona: Universitat Oberta de Catalunya. http://hdl.handle.net/10609/62305
Bibliografía complementaria:
DI VITTORIO, A. (Coord.) (2003): Historia Económica de Europa. Siglos XV-XX. Barcelona (Crítica).
EICHENGREEN, B. (2000): La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional. Barcelona (Antoni Bosch editor).
FRIEDEN, J.A. (2007): Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona (Crítica).
MADDISON, A. (2002): La economía mundial. Una perspectiva milenaria. Madrid (Ediciones Mundi-Prensa).
PALAFOX, J. (edit.) (2014): Los tiempos cambian. Historia de la Economía. Valencia, Tirant Humanidades.
ZAMAGNI, V. (2016): Una Historia Económica. Europa de la Edad Media a la crisis del euro. Barcelona (Crítica).
* Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
Coñecer e comprender os principios básicos da economía e da historia económica.
Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
Iniciarse na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
Participar no traballo en equipo
* Competencias específicas da materia:
Alcanzar unha comprensión do proceso de configuración do mundo contemporáneo, valéndose do instrumental conceptual procedente da Historia Económica, da Teoría Económica e dos métodos cuantitativos para a análise da realidade social e económica, todo isto na perspectiva temporal propia da análise histórica.
Desentrañar os mecanismos da evolución da economía, manifestos, especialmente, nos cambios na organización económica e nas grandes transicións tecnolóxicas da Humanidade.
Coñecer a relación entre os sucesos ocorridos no pasado e as súas consecuencias actuais.
As clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos do programa, recalcando os aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles.
As sesións interactivas dedicaranse a presentar e debater os resultados dos traballos realizados polos alumnos sobre temas previamente suscitados polo profesor (comentarios de texto, análises interpretativos sobre materiais e datos de carácter histórico...).
Os alumnos que seguen o sistema de avaliación continua realizarán as actividades propostas, ben na clase, ben a través do Campus Virtual da materia nos prazos indicados previamente polos profesores da materia.
A programación de entrega das actividades e a súa ponderación na cualificación, comunicaranse coa suficiente antelación na clase e na Aula Virtual da materia para facilitar unha correcta planificación. En todo caso, estas actividades conclúen nas datas establecidas no calendario académico da USC.
* Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
No escenario 1 a actividade do curso desenvólvese tanto de forma presencial como a través do Campus Virtual da materia, así como mediante as plataformas que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria (Teams) . Nelas os estudantes en sistema de avaliación continua realizarán as actividades propostas (probas, controis, traballos, comentarios, ...), e todo o alumnado, tanto en sistema de avaliación continua como en sistema de avaliación única, poderá completar os materiais básicos da materia, e expor as súas dúbidas sobre os contidos e o desenvolvemento do curso. Para ese efecto, a parte das mensaxes individuais, abriranse as canles correspondentes "foros de dúbidas/titorías".
* Aplicación do escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física). A actividade do curso pasa a desenvolverse basicamente a través do Campus Virtual da materia así como mediante as plataformas que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria (Teams). Mantense vixente o indicado no escenario 1, pero tanto as titorías como a proba final terán preferentemente carácter telemático. Sempre que sexa posible, a docencia impartirase de xeito sincrónico.
* Aplicación do escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A actividade do curso pasa a desenvolverse unicamente a través do Campus Virtual da materia así como mediante as plataformas que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria (Teams). Mantense vixente o indicado nos escenarios 1 e 2, pero tanto as titorías como a proba final terán carácter telemático. Sempre que sexa posible, a docencia impartirase de xeito sincrónico.
A cualificación do alumnado levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua que se baseará na realización en clase de controis periódicos da evolución do proceso de aprendizaxe e adquisición de competencias.
Aqueles estudantes que non superen o sistema de avaliación continua serán avaliados mediante a realización dun exame final.
A avaliación continua incluirá: a) A participación na clase, as prácticas, traballos e probas realizados no cuadrimestre (50% da cualificación final); b) Unha proba global de coñecementos realizada ao final do curso (50% da cualificación final). Superar esta proba será requisito imprescindible para aprobar a materia.
A avaliación única vai dirixida os alumnado que non seguira a avaliación continua e o que teña concedida "dispensa de asistencia a clase". Consistirá na realización un exame final sobre os contidos do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame suporá o 100% da súa cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As condicións de avaliación son as mesmas nas distintas oportunidades (xaneiro e xuño/xullo), e unha vez finalizado o curso académico non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.
* Para o caso de implementarse os escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche de instalacións) a avaliación desenvolverase de forma telemática a través do Campus Virtual, sen modificar a ponderación das actividades (avaliación continua: 50% exame, 50% actividades; avalidación única: 100% exame).
O total de horas de traballo presencial do alumno na aula será de 51 horas, e as estimadas para o seu traballo persoal (estudo autónomo, redacción de exercicios, lecturas, … ) serán 99.
Aínda que a materia non esixe requisitos previos, considérase recomendable un coñecemento básico de informática a nivel de usuario (procesador de texto, folla de cálculo, navegador de Internet...).
Tanto no escenario 1 (normalidade adaptada), como no caso de implementación dos escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche de instalacións), é preciso que o estudante conte con medios técnicos para desenvolver as actividades formativas a través do Campus Virtual da USC.
* Plan de Continxencia.
A) Metodoloxía de ensinanza.
- Aplicación do escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física). A actividade do curso pasa a desenvolverse basicamente a través do Campus Virtual da materia así como mediante as plataformas que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria (Teams). Mantense vixente o indicado no escenario 1, pero tanto as titorías como a proba final terán preferentemente carácter telemático. Sempre que sexa posible, a docencia impartirase de xeito sincrónico.
- Aplicación do escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A actividade do curso pasa a desenvolverse unicamente a través do Campus Virtual da materia así como mediante as plataformas que a USC pon ao dispor da comunidade universitaria (Teams). Mantense vixente o indicado nos escenarios 1 e 2, pero tanto as titorías como a proba final terán carácter telemático. Sempre que sexa posible, a docencia impartirase de xeito sincrónico.
B) Sistema de avalidación.
A cualificación do alumnado levarase a cabo segundo o indicado no apartado "sistema de avaliación da aprendizaxe" deste programa. No caso de implementarse os escenarios 2 (distanciamento) ou 3 (peche de instalacións) a avaliación desenvolverase de forma telemática a través do Campus Virtual, sen modificar a ponderación das actividades (avaliación continua: 50% exame, 50% actividades; avalidación única: 100% exame).
Alberto Lozano Courtier
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811563
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
David Soto Fernandez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881812638
- Correo electrónico
- david.soto.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pedro Varela Vazquez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811695
- Correo electrónico
- pedro.varela.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
11:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 24 |
15:30-16:30 | Grupo /CLE_03 | Galego | Aula C |
Martes | |||
11:45-14:15 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 09 |
Mércores | |||
09:30-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
10:30-11:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula C |
17:45-20:15 | Grupo /CLIS_05 | Galego | Aula 30 |
Xoves | |||
11:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 28 |
17:45-20:15 | Grupo /CLIS_06 | Galego | Aula 26 |
Venres | |||
11:30-14:00 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
01.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_03 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula 20 |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_03 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
13.07.2021 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula C |