Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia intenta:
a) Aproximar ao alumno ás características e tendencias máis destacadas das relacións económicas internacionais nos séculos XIX e XX.
b) Poñer de manifesto o carácter interdependente das economías nacionais e o proceso de transmisión dos cambios dunhas economías a outras. Trátase de que os alumnos comprendan que o desenvolvemento económico e as políticas económicas dun país non poden entenderse á marxe do que acontece no resto do mundo.
c) Facilitar a comprensión da historia das relacións económicas internacionais a través de conceptos económicos relevantes, de xeito que os alumnos aprendan a interpretar e analizar a información dispoñible e poidan valorar adecuadamente a transcendencia dos cambios históricos que se foron producindo a nivel mundial e as súa repercusión para cada país.
d) Axudar a que os alumnos aprendan a relacionar a descrición e a análise histórica a longo prazo da evolución dos feitos co desenvolvemento teórico. Intentarase tamén que os alumnos coñezan o estado dos debates máis recentes en cada un dos asuntos tratados.
TEMA 1. A expansión das Relacións Económicas Internacionais ata a 1ª Guerra Mundial e as súas causas. A Primeira Globalización económica.
TEMA 2. Os sistemas financeiros e monetarios no século XIX. Londres, centro financeiro internacional.
TEMA 3. Desintegración das Relacións Económicas Internacionais 1914-1945: cambios e retrocesos nos fluxos de comercio exterior.
TEMA 4. Inestabilidade monetaria e financeira no Período de Entreguerras (1918-1939).
TEMA 5. O comercio internacional despois da 2ª Guerra Mundial: da liberalización á globalizacion, do Atlántico ao Pacífico. Fases, causas, características e protagonistas.
TEMA 6. O sistema financeiro e monetario dende 1945: principais vaivéns e etapas na súa evolución. A City de Londres.
BÁSICA:
CASSIS, Y. (2006), Capitals of Capital: a History of International Financial Centres, 1780–2005. Cambridge, Cambridge University Press.
EICHENGREEN, B. (2000), La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional. Barcelona, Antoni Bosch.
FOREMAN-PECK, J. (1995), Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas internacionales desde 1850. Madrid, Prentice Hall.
GRAFF, M.; KENWOOD, A. G.; LOUGHEED, A. L. (2014), The growth of the international economy, 1820-2015. London, Routledge.
COMPLEMENTARIA:
ALDCROFT, D. H. (1985), De Versalles a Wall Street, 1919-1929. Barcelona, Crítica.
BAIROCH, P. (1993), Economics and World History. Myths and Paradoxes. New York, Harvester Wheatsheaf.
EICHENGREEN, B. (2011), Exorbitant Privilege: The Rise and Fall of the Dollar and the Future of the International Monetary System. New York, Oxford University Press.
FOREMAN-PECK, J. (Ed.) (1998), Historical Foundations of Globalization. Cheltenham, Edward Elgar.
FRIEDEN, J. A. (2006), Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona, Crítica.
HARLEY, C. K. (ed.) (1996), The Integration of the World Economy, 1850-1914. Cheltenham, Edward Elgar. 2 vols.
KINDLEBERGER, C. P. (1985), La crisis económica 1929-1939. Barcelona, Crítica.
MADDISON, A. (1991), Historia del desarrollo capitalista. Sus fuerzas dinámicas. Barcelona, Ariel.
MARICHAL, C. (2010), Las grandes crisis financieras. Una perspectiva, global, 1873-2008. Barcelona, Debate.
MILWARD, A. S. (1986), La Segunda Guerra Mundial, 1939-1945. Barcelona, Crítica.
MITCHELL, B. R. (1992-1999), International Historical Statistics. 1750-1993. Basingstoke, MacMillan. (Varios vols.).
NORFIELD, T. (2016), The City. London and the Global Power of Finance. London, Verso.
REINHART, C.M. y ROGOFF, K. S. (2009), This Time is Different. Eight Centuries of Financial Folly. Oxfordshire, Princeton University Press.
RODRIK, D. (2012), La paradoja de la globalización. Democracia y el futuro de la economía mundial. Barcelona, Antoni Bosch.
SCHENK, C. R. (2011), International Economic Relations since 1945. London & New York, Routledge.
STIGLITZ, J. E. (2002), El malestar en la globalización. Madrid, Taurus.
VAN DER WEE, H. (1986), Prosperidad y crisis. Reconstrucción, crecimiento y cambio 1945-1980. Barcelona, Crítica.
COMPETENCIAS XERAIS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE ESTA MATERIA:
- Coñecer e comprender os principios básicos da economía.
- Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
- Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
- Avanzar na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
- Afacerse a participar no traballo en equipo e aprender a resolver os conflitos que poidan xurdir.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Saber determinar as principais etapas no proceso de internacionalización económica e estar en condicións de explicar as características e os aspectos máis destacados de cada etapa histórica.
- Coñecer a evolución dos principais fluxos internacionais de bens, servizos e factores produtivos (comercio de bens e servizos, investimento, emigración, relacións monetarias e financeiras...) e ser capaz de indicar cales adquiriron maior relevancia en cada período concreto.
- Saber determinar e comprender os factores e causas (económicas, sociais, políticas, de innovación...) que impulsaron as relacións económicas internacionais ou que, no seu caso, dificultaron ou provocaron un retroceso nelas.
- Ser capaz de explicar razoadamente as consecuencias da internacionalización para os distintos participantes no proceso.
- Comprender e saber valorar criticamente o papel xogado polos distintos países, institucións e axentes sociais no desenvolvemento das relacións económicas internacionais.
- Coñecer os cambios institucionais que se foron producindo desde a segunda metade do século XIX ata a actualidade e comprender e valorar os devanditos cambios.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións de asistencia física)
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas empregaranse para introducir os contidos básicos dos temas que compoñen o programa, destacando aqueles aspectos máis relevantes e as relacións entre eles. Empregaranse para actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran a participación activa dos estudantes e nas que, polo tanto, o número de estudantes por grupo non é un factor crítico para o seu desenvolvemento.
As sesións interactivas de pequenos grupos estarán dedicadas a presentar e debater sobre os resultados do traballo realizado polos alumnos sobre temas anteriormente plantexados polo profesor. É decir, actividades presenciais que buscan ou requiren a participación activa do alumnado: comentarios de texto, análises interpretativas de materiais e datos históricos escollidos polos profesores, seminarios, etc. As actividades de traballo persoal dos estudantes inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, o desenvolvemento das actividades indicadas polos profesores.
Empregarase a aula virtual con material de apoio dispoñibles.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais de asistencia física)
A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual. No caso da docencia virtual será de maneira síncrona través de MS Teams e proporcionarase material de soporte a través da aula virtual.
Na ensinanza interactiva pódese combinar a presencialidade física coa telemática. Neste último caso, combinaranse actividades individuais e colaborativas tanto síncronas como asíncronas na Aula Virtual e en MS Teams que permitan o seguimento (comentarios de texto, análise interpretativa de materiais e datos históricos escollidos polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios) sempre con material de apoio na Aula Virtual.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de ensinar con presenza física)
A docencia expositiva e a docencia interactiva impartiranse completamente de xeito virtual.
A docencia expositiva farase de xeito síncrono a través de MS Teams e proporcionarase material de apoio na aula virtual.
Para a docencia interactiva combinaranse actividades individuais e colaborativas tanto síncronas como asíncronas na Aula Virtual e en MS Teams que permitan o seguimento (comentarios de texto, análise interpretativa de materiais e datos históricos escollidos polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios) sempre con material de apoio na Aula Virtual.
Nos escenarios 2 e 3, a bibliografía de referencia será, dentro da indicada na programación, a dispoñible en liña en acceso aberto.
A cualificación do alumnado realizarase seguindo un proceso de avaliación continua. O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polos estudantes: participación activa nas actividades propostas (comentarios de texto, análise interpretativa de materiais e datos carácter histórico escollido polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios, presentación e exposición de traballos, exames de contidos, etc.) e basearase en comprobacións periódicas da evolución do proceso de aprendizaxe e adquisición de habilidades. Os alumnos que non superen o sistema de avaliación continua avaliaranse mediante un exame final.
A avaliación continua incluirá: a) Participación na clase, prácticas, tarefas e probas realizadas ao longo do semestre (50% da nota final); b) Unha proba global de coñecemento realizada ao final do curso (50% da nota final).
Tanto os alumnos que non seguiran a avaliación continua como aqueles que teñan dispensa de asistencia á clase deberán realizar un exame final do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame supoñerá o 100% da súa nota. As condicións de avaliación serán exactamente as mesmas nas distintas oportunidades (xaneiro e xuño / xullo).
Así mesmo, unha vez rematado o curso académico, os estudantes que non superen a materia terán que seguir as normas establecidas na programación do curso seguinte. Polo tanto, a cualificación de mingunha parte da materia non se manterá para cursos posteriores.
Para aprobar, por calquera das opcións, débese obter unha nota de 5 ou máis puntos nunha escala de 10.
De acordo co Regulamento de permanencia vixente na USC para estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades obxecto de avaliación suporá que a nota final do alumno sexa diferente de NON PRESENTADO.
As probas realizaranse na data e hora establecidas pola facultade.
Para as probas é obrigatorio presentar un documento de identificación oficial: carnet de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Durante o curso facilitaranse outros detalles sobre estes criterios básicos.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restriccións de presencialidad física)
A avaliación continua incluirá: a) Participación en clase, prácticas, tarefas e probas realizadas ao longo do semestre (50% da nota final); b) Unha proba global de coñecementos realizada ao final do curso (50% da nota final).
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais de asistencia física)
A avaliación continua incluirá: a) Participación en clase, prácticas, tarefas e probas realizadas ao longo do semestre (50% da nota final); b) Unha proba global de coñecemento realizada ao final do curso (50% da nota final).
- O 50% da nota será por avaliación a través dun exame final, que poderá ser presencial ou non, dependendo da situación. Se o exame tivese que ser non presencial realizaríase a través da Aula Virtual.
- O 50 % restante será mediante avaliación continua en función das actividades realizadas tanto de xeito presencial como en liña (controis, intervencións, tarefas, cuestionarios ...).
Os controis de avaliación continua realizaranse durante a clase presencial ou telemática e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se poidan dar neles.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico ea revisión das cualificación ".
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de ensinar con presenza física )
- O 50% da nota será por avaliación mediante exame final, non presencial, a través da Aula Virtual.
- O 50% restante mediante avaliación continua en función das actividades realizadas de forma telemática (controis, intervencións, tarefas, cuestionarios...).
Os controis de avaliación continua realizaranse durante a clase telemática e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se poidan dar neles.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico ea revisión das cualificación".
As 150 horas totais (6 créditos ECTS * 25 horas/crédito) de dedicación do alumno a esta materia distribúense como segue:
Horas presenciais: 51
- Docencia expositiva ou clases teóricas: 17 (nestas horas inclúese 1 das 2 dedicadas a exame final).
- Docencia interactiva ou clases prácticas: 31 horas (nestas horas inclúense ás dedicadas a avaliación de lecturas e exposicións orais –véxase o apartado de metodoloxía; e tamén 1 das 2 horas dedicadas ao exame final. Estímanse arredor de 7 horas de actividades de avaliación).
- Titorías en grupos reducidos: 3 horas (dedicadas á aclaración de dúbidas de carácter xeral e, no caso de que os alumnos o soliciten, á orientación sobre temas de interese individual)
Horas estimadas de traballo non presencial do alumno: 99
Cada alumno decidirá a distribución desas 99 horas como considere máis adecuado. Non obstante, proponse como orientación o seguinte reparto:
- Estudo e preparación dos materiais correspondentes á parte teórica da materia: 32 horas (2 horas de estudo por cada hora de docencia expositiva, 16 *2=32).
- Preparación das lecturas, das exposicións orais e redacción de informes e comentarios de textos: 52 horas.
- Repaso para a preparación do exame final: 15 horas.
Tendo en conta que esta é unha materia optativa de 4º curso da titulación, os alumnos que desexen matricularse nela deberían ter coñecementos básicos de Historia Económica Mundial, Economía Mundial e Estatística. Enténdese aquí por básicos ter superadas as materias do Grao en Economía seguintes: Historia Económica Mundial, Estrutura Económica Mundial I e II, Principios de Economía, Estatística Económica I e II. Deberían así mesmo ser capaces de ler e comprender textos en inglés. E deberían, por último, saber manexar Excel.
De conformidade coas Directrices para ou desenvolvemento dunha docencia presencial segura, aprobada polo Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 19 de xuño de 2020, o desenvolvemento da programación adaptarase aos distintos escenarios en función da normativa en vigor, a programación do centro e os medios presenciais e dixitais postos ao dispor dos docentes e discentes.
Segundo o Plan de continxencia, dado o contexto de incerteza no que nos atopamos e para minimizar o impacto no proceso de ensino-aprendizaxe contémplanse tres escenarios:
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións á presencialidade física).
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física) no que se combinará docencia presencial e telemática
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física) A docencia expositiva e a docencia interactiva serán impartidas completamente de maneira virtual.
Metodoloxía da ensinanza
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restricións de asistencia física)
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas empregaranse para introducir os contidos básicos dos temas que compoñen o programa, destacando aqueles aspectos máis relevantes e as relacións entre eles. Empregaranse para actividades presenciais de tipo expositivo que non requiran a participación activa dos estudantes e nas que, polo tanto, o número de estudantes por grupo non é un factor crítico para o seu desenvolvemento.
As sesións interactivas de pequenos grupos estarán dedicadas a presentar e debater sobre os resultados do traballo realizado polos alumnos sobre temas anteriormente plantexados polo profesor. É decir, actividades presenciais que buscan ou requiren a participación activa do alumnado: comentarios de texto, análises interpretativas de materiais e datos históricos escollidos polos profesores, seminarios, etc. As actividades de traballo persoal dos estudantes inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, o desenvolvemento das actividades indicadas polos profesores.
Empregarase a aula virtual con material de apoio dispoñibles.
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais de asistencia física)
A docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual. No caso da docencia virtual será de maneira síncrona través de MS Teams e proporcionarase material de soporte a través da aula virtual.
Na ensinanza interactiva pódese combinar a presencialidade física coa telemática. Neste último caso, combinaranse actividades individuais e colaborativas tanto síncronas como asíncronas na Aula Virtual e en MS Teams que permitan o seguimento (comentarios de texto, análise interpretativa de materiais e datos históricos escollidos polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios) sempre con material de apoio na Aula Virtual.
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de ensinar con presenza física)
A docencia expositiva e a docencia interactiva impartiranse completamente de xeito virtual.
A docencia expositiva farase de xeito síncrono a través de MS Teams e proporcionarase material de apoio na aula virtual.
Para a docencia interactiva combinaranse actividades individuais e colaborativas tanto síncronas como asíncronas na Aula Virtual e en MS Teams que permitan o seguimento (comentarios de texto, análise interpretativa de materiais e datos históricos escollidos polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios) sempre con material de apoio na Aula Virtual.
Nos escenarios 2 e 3, a bibliografía de referencia será, dentro da indicada na programación, a dispoñible en liña en acceso aberto.
Sistema de avaliación
A cualificación do alumnado realizarase seguindo un proceso de avaliación continua. O sistema de avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polos estudantes: participación activa nas actividades propostas (comentarios de texto, análise interpretativa de materiais e datos carácter histórico escollido polos profesores, exercicios guiados, tarefas ou cuestionarios, presentación e exposición de traballos, exames de contidos, etc.) e basearase en comprobacións periódicas da evolución do proceso de aprendizaxe e adquisición de habilidades. Os alumnos que non superen o sistema de avaliación continua avaliaranse mediante un exame final.
A avaliación continua incluirá: a) Participación na clase, prácticas, tarefas e probas realizadas ao longo do semestre (50% da nota final); b) Unha proba global de coñecemento realizada ao final do curso (50% da nota final).
Tanto os alumnos que non seguiran a avaliación continua como aqueles que teñan dispensa de asistencia á clase deberán realizar un exame final do programa da materia preparado a partir da bibliografía básica. Este exame supoñerá o 100% da súa nota. As condicións de avaliación serán exactamente as mesmas nas distintas oportunidades (xaneiro e xuño / xullo).
Así mesmo, unha vez rematado o curso académico, os estudantes que non superen a materia terán que seguir as normas establecidas na programación do curso seguinte. Polo tanto, a cualificación de mingunha parte da materia non se manterá para cursos posteriores.
Para aprobar, por calquera das opcións, débese obter unha nota de 5 ou máis puntos nunha escala de 10.
De acordo co Regulamento de permanencia vixente na USC para estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades obxecto de avaliación suporá que a nota final do alumno sexa diferente de NON PRESENTADO.
As probas realizaranse na data e hora establecidas pola facultade.
Para as probas é obrigatorio presentar un documento de identificación oficial: carnet de identidade, tarxeta universitaria, pasaporte, etc.
Durante o curso facilitaranse outros detalles sobre estes criterios básicos.
Escenario 1: normalidade adaptada (sen restriccións de presencialidad física)
A avaliación continua incluirá: a) Participación en clase, prácticas, tarefas e probas realizadas ao longo do semestre (50% da nota final); b) Unha proba global de coñecementos realizada ao final do curso (50% da nota final).
Escenario 2: distanciamento (restricións parciais de asistencia física)
A avaliación continua incluirá: a) Participación en clase, prácticas, tarefas e probas realizadas ao longo do semestre (50% da nota final); b) Unha proba global de coñecemento realizada ao final do curso (50% da nota final).
- O 50% da nota será por avaliación a través dun exame final, que poderá ser presencial ou non, dependendo da situación. Se o exame tivese que ser non presencial realizaríase a través da Aula Virtual.
- O 50 % restante será mediante avaliación continua en función das actividades realizadas tanto de xeito presencial como en liña (controis, intervencións, tarefas, cuestionarios...).
Os controis de avaliación continua realizaranse durante a clase presencial ou telemática e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se poidan dar neles.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico ea revisión das cualificación".
Escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de ensinar con presenza física )
- O 50% da nota será por avaliación mediante exame final, non presencial, a través da Aula Virtual.
- O 50% restante mediante avaliación continua en función das actividades realizadas de forma telemática (controis, intervencións, tarefas, cuestionarios...).
Os controis de avaliación continua realizaranse durante a clase telemática e non teñen máis avisos que as posibles indicacións que se poidan dar neles.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na “Normativa de avalia ción do rendemento académico ea revisión das cualificación".
Angel Ignacio Fernandez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811566
- Correo electrónico
- geluco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 12 |
Martes | |||
11:45-14:15 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 13 |
Mércores | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 13 |
19.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
19.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
19.01.2021 17:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
28.06.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 26 |
28.06.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |
28.06.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula 26 |