Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica
Áreas: Fundamentos de Análise Económica
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia pretende ofrecer un marco actualizado e comprensible que permita que o estudante entre en estreito contacto cos acontecementos macroeconómicos actuais e obteña unha visión integrada da macroeconomía. O curso debe subministrar unha base ampla ao estudante para posteriores cursos avanzados de macroeconomía. Para axudar ao estudante a entender e asimilar a lóxica da materia, ilustraranse os desenvolvementos teóricos de cada etapa da mesma con datos relevantes e cuestións actuais de política económica.
I. O DESEMPREGO
1. Teorías alternativas
2. Evidencia empírica. Feitos estilizados e tipos de desemprego.
II. A TEORÍA DO CRECEMENTO ECONÓMICO. A ECONOMÍA NO LONGO PRAZO
1. A acumulación de capital e o crecemento da poboación
2. O progreso tecnolóxico. A análise empírica e a política económica
III. FUNDAMENTOS MICROECONÓMICOS DA MACROECONOMÍA
1. O consumo
2. O investimento
3. A oferta e a demanda de diñeiro
IV. A TEORÍA DOS CICLOS ECONÓMICOS
1. A teoría dos ciclos económicos reais
2. A nova economía keynesiana, a rixidez de prezos e salarios
V. EPÍLOGO
1. A historia da macroeconomía. Tendencias actuais e ideas comúns
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
MANKIW, N.GREGORY (2014), MACROECONOMÍA, Antoni Bosch editor, 8ª Edición.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
ACEMOGLU, D. Y J. ROBINSON (2013) Por qué fracasan los países. Planeta, Barcelona.
ABEL, ANDREW B. e BERNANKE, BEN S. (2004), MACROECONOMÍA, Pearson Educación, 4ª Edición.
BLANCHARD, OLIVIER (2006), MACROECONOMÍA, McGraw Hill, 4ª Edición.
BELZUNEGUI et. al. (2002), MACROECONOMÍA. Cuestións e exercicios resoltos. Pearson Educación.
JONES, CHARLES I (2000), INTRODUCIÓN AO CRECEMENTO ECONÓMICO. Pearson Educación.
HELPMAN, E. (2007) El misterio del crecimiento económico. Antoni Bosch, Barcelona
WEIL, D.N. (2007) Crecimiento económico. Pearson, Madrid.
O longo do curso facilitarase lecturas obrigatorias e optativas. Os estudantes deberan léelas con antelación o tema correspondente.
Web relacionadas
Banco de España: www.bde.es
Banco Central Europeo: http://www.ecb.int/home/html/lingua.es.html
Instituto Nacional de Estadística: www.ine.es
Eurostat: http://epp.eurostat.ec.europa.eu/portal/page/portal/eurostat/home/
Competencias da titulación as que contribue a materia Macroeconomia II
- Posuír e comprender os coñecementos que definen a economía e dentro de ela a macroeconomía como disciplina científica, incluíndo as súas teorías, historia, métodos, técnicas e áreas de aplicación.
- Saber elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas a un nivel xeral e non especializado, así como resolver problemas sobre estas cuestións, facendo uso dos seus coñecementos sobre a realidade económica, as teorías, os modelos e os métodos científicos propios da economía.
- Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
- Saber comunicar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica tanto a un público especializado como non especializado, facendo uso tanto de linguaxe verbal e escrito como nos medios e técnicas de representación de relacións que se utilizan na macroeconomía.
- Posuír os coñecementos analíticos básicos para estudar economía e adquirir as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudios especializados.
Competencias específicas da materia:
- Coñecemento dos conceptos e indicadores básicos que se utilizan na análise macroeconómica do desemprego, do longo prazo e dos ciclos económicos
- Dominio dos modelos básicos que se utilizan para o estudo do crecemento económico a longo prazo e das flutuacións económicas de curto prazo, así como do desemprego
- Profundar nos modelos que serven para estudar o comportamento do consumo e do investimento
- Estudar o papel que xoga o diñeiro, os mercados financeiros e a política monetaria nas flutuacións económicas
- Capacidade de aplicar modelos teóricos na interpretación dos datos macroeconómicos.
- Achegar racionalidade á análise e á descrición de calquera aspecto da realidade macroeconómica relacionada co desemprego, o crecemento a longo prazo e as flutuacións económicas de curto prazo.
O traballo na aula combina as exposicións teóricas con clases interactivas para a resolución de exercicios, a análise de casos e a análise e discusión de problemas.
- Escenario 1:Docencia presencial expositiva e interactiva nas que se presentarán os principais contidos e nas que os alumnos deberán participar activamente nas discusións e debates que se susciten. De maneira complementaria poderán realizarse estudos de casos ou prácticas realizadas de maneira autónoma polos alumnos a través de campus virtual. As titorías serán prioritariamente presenciais.
.- Escenario 2: Será unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. Para a docencia virtual utilizarase a aula virtual e a plataforma Teams combinando docencia síncrona ou asíncrona. As titorías serán prioritariamente por vía telemática.
.- Escenario 3: Docencia virtual. ara a docencia virtual utilizarase a aula virtual e a plataforma Teams combinando docencia síncrona ou asíncrona. As titorías serán prioritariamente por vía telemática.
O traballo individual do alumno oriéntase a preparar o traballo na aula e a consolidar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, a elaboración e a discusión de casos e a discusión e análise de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análise e expresión oral.
En todos os escenarios estara operativa unha aula virtual para o seguimento da docencia expositiva e interactiva.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición de competencias a que contribúe, así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A cualificación final está composta nun 40% pola avaliación continua e nun 60% polo exame final, ambos establecidos a través de probas escritas ou orais.
No caso de que a Reitoría e o Decanato decidan que a docencia debe ser unha combinación de docencia presencial e virtual, a avaliación poderá ser presencial ou telemática dependendo das directrices que se establezan. No caso de que a docencia deba ser únicamente virtual, a avaliación será telemática.
As probas de avaliación continua non serán recuperables, xa que o obxectivo da súa realización é coñecer a evolución da aprendizaxe do alumno durante o curso.
As probas que se realizarán para a avaliación do alumno se describirán con detalle na Guía Docente da materia que estará publicada na Aula Virtual ao comezo do curso.
En canto a cualificación da avaliación continua, terase en conta únicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a primeira oportunidade e a segunda oportunidade de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado”.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA:
Docencia expositiva: 31 horas
Docencia interactiva: 17 horas
Titorías en grupos reducidos: 3horas
Proba final: 2 horas
Total horas de traballo presencial na aula: 53 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo individual ou en grupo: 20 horas
Redacción de exercicios, conclusións ou outros traballos: 30 horas
Preparación de exames: 35 horas
Lecturas recomendadas e actividades en biblioteca: 10 horas
Total horas de traballo persoal do alumno: 95 horas
A asistencia regular ás sesións, a participación activa e a revisión extensa da bibliografía son os elementos fundamentais para o aproveitamento desta materia. Recomendase que o alumno realice un seguimiento continuo da materia dada a interrelación existente entre os distintos temas do programa.
A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
Plan de continxencia
Metodoloxia da ensinanza
Escenario 1 A docencia expositiva e interactiva será presencial. Non obstante, seguindo as directrices da docencia da USC para o curso 2020-2021, a ensinanza presencial e interactiva pódese combinar en casos xustificados coa ensinanza virtual ata un máximo do 10% das horas totais da materia.
Escenario 2: docencia semi-presencial A docencia expositiva poderá ser realizada total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos. Na docencia interactiva se poderá combinar a presencialidade física e a telemática, en todo caso garantindo para a primeira un mínimo do 50% das horas prácticas de cada materia. As titorías se realizarán exclusivamente por vía telemática.
Escenario 3: docencia 100% online Tanto a docencia expositiva como a interactiva se desenvolverán completamente de xeiro virtual, ben con mecanismos síncronos, ben con asíncronos. As titorías se realizarán exclusivamente por vía telemática.
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre considerando distintos aspectos da adquisición de competencias a que contribúe, así como outros aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación da materia ten en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre. A cualificación final está composta nun 40% pola avaliación continua e nun 60% polo exame final, ambos establecidos a través de probas escritas ou orais.
No caso de que a Reitoría e o Decanato decidan que a docencia debe ser unha combinación de docencia presencial e virtual, a avaliación poderá ser presencial ou telemática dependendo das directrices que se establezan. No caso de que a docencia deba ser únicamente virtual, a avaliación será telemática.
As probas de avaliación continua non serán recuperables, xa que o obxectivo da súa realización é coñecer a evolución da aprendizaxe do alumno durante o curso.
As probas que se realizarán para a avaliación do alumno se describirán con detalle na Guía Docente da materia que estará publicada na Aula Virtual ao comezo do curso.
En canto a cualificación da avaliación continua, terase en conta únicamente para o curso académico correspondente (é dicir, para a primeira oportunidade e a segunda oportunidade de xullo) e non se manterá para cursos posteriores.
Cando o alumno non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na Guía Docente, constará como “non presentado”.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da cualificación.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Alberto Meijide Vecino
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811543
- Correo electrónico
- alberto.meijide [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Dolores Riveiro Garcia
- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811536
- Correo electrónico
- dolores.riveiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Melchor Fernandez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Fundamentos da Análise Económica
- Área
- Fundamentos de Análise Económica
- Teléfono
- 881811551
- Correo electrónico
- melchor.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 22 |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 01 |
11:15-12:45 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 10 |
15:30-17:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 22 |
18:45-20:15 | Grupo /CLIS_04 | Castelán | Aula 04 |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
31.05.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula C |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
12.07.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula C |