Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa da materia pretende ofrecerlle ao alumnado unha visión xeral do Marketing de forma que adquiran un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que quen curse esta materia chegue a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do marketing e do súa contorna que condicionan a súa xestión.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos.
- Análise do programa de marketing-mix da empresa.
- Aspectos diferenciais da xestión do marketing en distintos ámbitos de actuación.
TEMA 1: O MARKETING NA EMPRESA
TEMA 2: PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA E PROCESO DE MARKETING
TEMA 3: RECOLLIDA DE INFORMACION E ANÁLISE DA CONTORNA
TEMA 4: ANÁLISE DOS CONSUMIDORES
TEMA 5:ANÁLISE DO ATRACTIVO DO MERCADO
TEMA 6: O MARKETING-MIX: O PRODUTO,O PREZO, A DISTRIBUCIÓN E A COMUNICACIÓN
BÁSICA
- Armstrong,G., Kotler,P., Merino, M. J., Pintado, M. T. y Juan, J. M. (2011). "Introducción al marketing (3ª ed.)". Ed. Pearson.
- Santesmases, M., Merino, M. J., Sanchez, J. y Pintado, T. (2009). "Fundamentos de Marketing". Ed. Pirámide.
COMPLEMENTARIA
- Jobber, D. y Fahy, J. (2007). "Fundamentos de Marketing". Ed. Mc Graw Hill.
- Munuera,J. L. y Rodriguez, A. I. (2012). "Estrategias demarketing (2ª ed.)". Ed. Esic.
Obxectivos formativos da materia:
-Coñecer e comprender a empresa desde un enfoque de xestión de mercadotecnia.
-Describir as variables máis importantes relacionadas coa xestión de mercadotecnia.
-Coñecer e comprender as funcións básicas do proceso de xestión de mercadotecnia.
-Aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da mercadotecnia.
Competencias xenéricas do grao ás que contribúe a materia:
Coñecementos:
A materia contribúe ao coñecemento e comprensión dos fundamentos teóricos da toma de decisión e dos modelos e técnicas de representación da realidade económica para a xestión comercial das empresas.
Capacidades ou destrezas:
A materia contribúe a mellorar a capacidade do alumnado para integrarse na xestión empresarial e para emitir informes de asesoramento sobre situacións concretas da xestión comercial das empresas.
Competencias transversais:
Ademais destes coñecementos e habilidades específicas a materia contribúe ao desenvolvemento dunha serie de competencias transversais:
Instrumentais
- Análise e síntese
- Organización e planificación
- Comunicación oral e escrita
- Xestión da información
- Resolución de problemas
- Toma de decisións
- Razoamento crítico
- Autonomía na aprendizaxe
Interpersoais:
- Traballo en equipo
- Habilidades nas relacións interpersoais
- Sentido ético
- Adaptación á contorna e ao cambio
- Coñecemento doutras culturas e costumes, e traballo nun contexto internacional
- Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
- Negociación e tratamento de conflitos
Tendo en conta a situación sanitaria e o que establece o documento “directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura curso 2020-2021” aprobado en Consello de Goberno da USC o 19 de xuño de 2020, a docencia impartirase en calquera dos tres escenarios que aparecen a continuación:
Escenario 1. Normalidade adaptada
As clases expositivas impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro. As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumno nos contidos dos temas que conforman o programa. Empregarase o ordenador e o canón proxector como soportes principais da materia, proxectando transparencias e diferente material que serve de guía ás explicacións realizadas. O profesor porá a disposición do alumnado o material necesario no Campus Virtual da materia.
As sesións interactivas impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro. Nestas clases presenciales intentarase que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Para iso analizaranse casos prácticos de empresa, comentaranse/debateranse lecturas de textos e artigos así como outras cuestións expostas polo profesorado, cobrando especial importancia as actividades en grupo. Tamén poderase propór a realización de traballos para ser expostos en clase.
As titorías para consulta de dúbidas serán presenciais, podendo realizar algunas de forma virtual a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
Escenario 2. Distanciamento
Se debido á situación sanitaria todas ou unha parte das sesións expositivas e interactivas non poden impartirse presencialmente, as clases serán unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoria para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. Realizaranse de xeito síncrono/asíncrono e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos disponibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e a plataforma Teams.
As titorías serán prioritariamente por vía telemática a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
Escenario 3. Peche das instalacións
A docencia será de modo non presencial a través de medios telemáticos (virtual). Realizaranse de xeito síncrono/asíncrono e sempre segundo o horario establecido polo centro. Porase a disposición do alumnado os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia. Tamén para as actividades a desenvolver nas sesións interactivas se enviará as instrucións para a realización das prácticas a través do Campus Virtual. Ademais, empregarase o servicio de email, a plataforma Teams ou outras ferramentas e plataformas similares autorizadas pola USC.
As titorías serán exlusivamente de carácter telemático, empregando o correo institucional da USC o Campus Virtual ou a plataforma Teams.
Debido á natureza dos escenarios e os condicionantes de cada un deles, na Aula Virtual da materia recolleranse de xeito máis específico a metodoloxía a empregar.
Escenario 1. Normalidade adaptada
1)Proba final sobre contidos: 60% da cualificación. A proba de contidos será presencial e incluirá todo o programa e o material exposto nas clases.
2)Actividades nas sesións interactivas: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, presentación de traballos e outras actividades vinculadas ás clases: 40% da cualificación. Tamén se poderán programar probas parciais de contidos. Estas actividades formarán parte da avaliación continua do alumnado. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Para sumar a puntuación das sesións interactivas será condición necesaria que o alumno alcance unha nota mínima de 2,5 puntos sobre os 6 na proba final de contidos. Na calificación final a suma de ambas puntuacións deberá ser igual ou superior a 5 para superar a materia.
Esta valoración aplicarase nas dúas convocatorias ordinarias (xuño e xullo) de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (40%) se manterá para a convocatoria de xullo. Os alumno/as que non obteñan ningunha puntuación vinculada ás actividades realizadas nas clases só poderán obter un máximo de 6 puntos nesta convocatoria, debendo obter unha cualificación de 5 sobre 6 puntos para superar a materia.
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final presencial que suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
Escenario 2. Distanciamento
Se debido á situación sanitaria non se poden realizar probas presenciais, manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
A proba final de contidos será presencial ou telemáticas de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoria para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. A proba realizarase nas datas establecidas pola USC, empregando as plataformas habilitadas pola USC para esa fin (Campus Virtual, Teams ou outras)... No caso de que se realicen probas parciais de contidos, aplicarase este mesmo procedemento.
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final presencial ou telemáticas de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoria para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. A proba suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
Escenario 3. Peche das instalacións
Manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
A proba final de contidos presencial substitúese por unha proba telemática a realizar nas datas establecidas pola USC e empregando as plataformas habilitadas pola USC para esa fin (Campus Virtual, Teams ou outras).. No caso de que se realicen probas parciais, aplicarase este mesmo procedemento.
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final telemática que suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
De modo global, o tempo de estudo que debe dedicar o estudantado á preparación da materia pola súa conta é de 90 horas.
- Interese pola materia.
- Asistencia a todas as actividades da materia: clases expositivas e interactivas.
- Consulta e manexo da bibliografía recomendada e utilización de enlaces en liña de interese.
- Utilización das horas de titorías sempre que o alumnado o estime oportuno.
Plan de continxencia
Metodoloxía:
Escenario 2. Distanciamento
Se debido á situación sanitaria todas ou unha parte das sesións expositivas e interactivas non poden impartirse presencialmente, as clases serán unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoria para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. Realizaranse de xeito síncrono/asíncrono e sempre segundo o horario establecido polo centro, a través dos diferentes medios telemáticos disponibles na USC, preferentemente o Campus Virtual e a plataforma Teams.
As titorías serán prioritariamente por vía telemática a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
Escenario 3. Peche das instalacións
A docencia será de modo non presencial a través de medios telemáticos (virtual). Realizaranse de xeito síncrono/asíncrono e sempre segundo o horario establecido polo centro. Porase a disposición do alumnado os materiais necesarios a través do Campus Virtual da materia. Tamén para as actividades a desenvolver nas sesións interactivas se enviará as instrucións para a realización das prácticas a través do Campus Virtual. Ademais, empregarase o servicio de email, a plataforma Teams ou outras ferramentas e plataformas similares autorizadas pola USC.
As titorías serán exlusivamente de carácter telemático, empregando o correo institucional da USC o Campus Virtual ou a plataforma Teams.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Escenario 2. Distanciamento
Se debido á situación sanitaria non se poden realizar probas presenciais, manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
A proba final de contidos será presencial ou telemáticas de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoria para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. A proba realizarase nas datas establecidas pola USC, empregando as plataformas habilitadas pola USC para esa fin (Campus Virtual, Teams ou outras)... No caso de que se realicen probas parciais de contidos, aplicarase este mesmo procedemento.
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final presencial ou telemáticas de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoria para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. A proba suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
Escenario 3. Peche das instalacións
Manterase o establecido no escenario 1, coas seguintes modificacións:
A proba final de contidos presencial substitúese por unha proba telemática a realizar nas datas establecidas pola USC e empregando as plataformas habilitadas pola USC para esa fin (Campus Virtual, Teams ou outras).. No caso de que se realicen probas parciais, aplicarase este mesmo procedemento.
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final telemática que suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
Zaira Camoiras Rodríguez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Correo electrónico
- zaira.camoiras [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Luns | |||
---|---|---|---|
11:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 23 |
Mércores | |||
09:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 12 |
Xoves | |||
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 |
Venres | |||
09:15-11:45 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 18 |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |
25.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
01.07.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
01.07.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
01.07.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
01.07.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |