Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Cuantitativa
Áreas: Economía Cuantitativa (propia da USC)
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo xeral da materia é proporcionar e ampliar os coñecementos e instrumentos matemáticos necesarios para o estudo e a comprensión de certos modelos económicos necesarios para outras materias do grao que precisen de contidos cuantitativos, así coma para o seu futuro profesional. De forma específica, o fins a acadar son que o alumnado sexa capaz de:
- Identificar o problema económico concreto.
- Plantexar o problema usando un modelo matemático.
- Resolver o problema empregando instrumentos cuantitativos.
- Interpretar os resultados, tanto dende un puntos de vista matemático como económico.
Tema 1: Optimización lineal e non lineal
1.1. Repaso de optimización sen restriccións
1.2. Repaso de optimización con restriccións de igualdade
1.3. Optimización con restriccións de desigualdade
1.4. Programación lineal
Tema 2: Ecuacións en diferenzas
2.1. Ecuacións en diferenzas de primeira orde
2.2. Ecuacións lineares con coeficiente e termo independente
2.3. Ecuacións lineares con coeficientes variables
2.4. Espazo de fases
2.5. Ecuacións en diferenzas de segunda orde
Tema 3: Ecuacións diferenciáis
3.1. Ecuacións diferenciais de primeira orde
3.2. Ecuacións diferenciais de variables separables
3.3. Ecuacións diferenciáis lineares de primeira orde
3.4. Teoría cualitativa e estabilidade
3.5. Ecuacións diferenciais de segunda orde
Tema 4: Teoría de xogos
4.1. Conceptos, elementos e representación dun xogo
4.2. Tipos de xogos e estratexias
4.3. Xogos estáticos con información completa. Equilibrios
4.4. Xogos dinámicos con información completa. Equilibrios
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
1. Barbolla, R.; Cerdá, E. e Sanz, P. (1991). Optimización matemática: teoría, ejemplos y contraejemplos. Ed. Espasa Calpe, Madrid.
2. Sydsaeter, K. e Hammond, P. (1998). Matemáticas para el análisis económico. Ed. Prentice-Hall, Madrid.
3. Pérez, J.; Jimeno, J. L. e Cerdá, E. (2013). Teoría de juegos. 2ª Edición, McGraw Hill, Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
1. Casas-Méndez, B.; Fiestras-Janeiro, M.G.; García-Jurado, I. e González-Díaz, J. (2012). Introducción a la teoría de juegos. USC editora.
2. Barbolla, R.; Cerdá, E. e Sanz, P. (2001). Optimización. Cuestiones, ejercicios y aplicaciones a la economía. Ed. Prentice-Hall.
3. Binmore K. (1993). Teoría de Juegos. Ed. McGraw-Hill.
4. Borrell, J. (1989). Métodos matemáticos para la economía: programación matemática. Ed. Pirámide.
5. Camacho, E. (coor.) (2005). Fundamentos de Cálculo para Economía y Empresa. Ed. Delta.
6. Chiang, A.C. (1987). Métodos fundamentales de Economía matemática. Ed. McGraw-Hill.
7. Gardner R. (1996). Juegos para empresarios y economistas. Ed. Antoni Bosch.
8. Guerrero, F. (1994). Curso de optimización. Programación Matemática. Ed. Ariel Economía.
9. Haeussler, E. F. e Paul, R. S. (2008). Matemáticas para administración y economía. Ed. Pearson educación.
10. Maschler, M.; Solan, E. e Zamir, S. (2013). Game theory. Ed. Cambridge University Press.
11. Sydsaeter, K.; Hammond, P. e Carvajal, A. (2012). Matemáticas para el análisis económico . Ed. Pearson.
12. Vega, F. (2000). Economía y juegos. Ed. Antoni Bosch.
13. Verdejo, A. (2013). Matemáticas: Grao en comercio. Ed. Universidade de Vigo.
As competencias que o alumnado debe acadar con esta materia son as seguintes:
Básicas e xerais:
CB2 - Aplicar os coñecementos ao seu traballo
CB5 - Habilidades da aprendizaxe para estudos posteriores
CX1 - Posuír e comprender os coñementos que definen á economía como disciplina científica (teorías, métodos, áreas de aplicación)
CX2 - Elaborar e defender argumentos sobre cuestións económicas e resolver problemas
CX3 - Identificar, reunir e interpretar datos incorporando consideracións sociais, científicas ou éticas
Transversais:
CT1 - Análise e síntese
CT3 - Comunicación oral e escrita
CT6 - Resolución de problemas
CT7 - Toma de decisión
CT9 - Traballo autónomo
CT10 - Traballo en equipo
Específicas:
CE3 - Coñecer e comprender coñecementos instrumentais
D8 - Derivar dos datos información relevante imposible de recoñecer por non profesionais
D10 - Aplicar á análise dos problemas criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos
A materia consta de 6 ECTS distribuídos en 16 sesións de clases teóricas de 2 horas cada unha (dúas delas só de 1.5 horas) e en 12 sesións prácticas de 1.5 horas de duración.
As sesións teóricas serán de tipo expositivo e nun grupo grande onde se explicarán os contidos teóricos de cada un dos temas que conforman a materia, combinándoos con exercicios prácticos que permitan asimilar e comprender con máis facilidade ditos contidos. A explicación de cada tema do programa irá precedida dos obxectivos que se pretenden conseguir.
As sesións prácticas serán interactivas en grupos pequenos e dedicaranse fundamentalmente a resolver exercicios que axuden a comprender e aplicar os conceptos e resultados previamente explicados nas clases teóricas. Nestas clases, a participación do alumnado é preferente, os exercicios propostos estarán dispoñibles no Campus Virtual con antelación e sempre que sexa posible primarase a resolución de exercicios e problemas do ámbito económco, a fin de que o alumnado poida ver a súa utilidade práctica.
Estas actividades complementaranse co traballo persoal que o alumno deberá dedicar a cada unha delas: resolución de exercicios, búsqueda de material bibliográfico, lectura do mesmo etc.
O profesor fixará un horario de titorías a través das cales o alumnado poderá resolver aquelas dúbidas que lle xurdan con respecto á materia en canto aos conceptos presentados nas sesións expositivas, aos exercicios ou actividades realizados nas aulas interactivas ou no desenvolvemento do traballo autónomo.
En virtude do documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura Curso 2020-2021”, aprobado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2020, onde se baralla o desenvolvemento das actividades docentes para ese curso segundo tres posibles escenarios marcados pola evolución epidemiolóxica do Covid-19, a metodoloxía docente desenvolverase do seguinte xeito:
- Escenario #1: Normalidade adaptada – Escenario primordialmente presencial.
1. Sesións expositivas e interactivas – Na aula.
2. Titorías – Posibilidade de titorías presenciais no despacho ou virtuais (Microsoft Teams, Campus Virtual, correo electrónico…)
3. Traballo autónomo – O alumnado poderá empregar os espazos da biblioteca así como as aulas de estudo e de informática, segundo os protocolos que se fixen polas autoridades académicas e sanitarias.
- Escenario #2: Distanciamento – Este escenario será unha combinación de docencia presencial e virtual dacordo coas directrices que establezan as autoridades académicas para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
1. Sesións expositivas e interacivas – Na aula, se as condicións o permiten, ou mediante reunións (preferentemente síncronas) a través dos equipos de clase de Microsoft Teams, con material dispoñible no Campus Virtual da materia e na propia ferramenta Microsoft Teams.
2. Titorías – Titorías prioritariamente virtuais a través da plataforma Microsoft Teams, Campus Virtual, correo electrónico ou outros medios telemáticos que a universidade dispoña.
3. Traballo autónomo – O alumnado poderá empregar os espazos da biblioteca así como as aulas de estudo e de informática, segundo os protocolos que se fixen polas autoridades académicas e sanitarias.
- Escenario #3: Peche das instalacións – Escenario de docencia virtual.
1. Sesións expositivas e interactivas – Mediante reunións (preferentemente síncronas) a través dos equipos de clase de Microsoft Teams, con material dispoñible no Campus Virtual da materia e na propia ferramenta Microsoft Teams.
2. Titorías – Titorías exclusivamente virtuais a través da plataforma Microsoft Teams, Campus Virtual, correo electrónico ou outros medios telemáticos que a universidade dispoña.
3. Traballo autónomo – O alumnado deberá desenvolver o traballo autónomo sen posibilidade de acceso aos recursos físicos existente no centro.
Os criterios que se seguirán para establecer a cualificación final perseguen asimilación dos coñecementos teóricos e prácticos do temario, a aplicación dos mesmos ao ámbito económico e a precisa utilización e interpretación da linguaxe matemática e económica.
O sistema de avaliación que se presenta a continuación é válido tanto para a 1ª como para a 2ª oportunidade, tanto para os alumnos de primeira matricula como para os de segunda ou sucesivas.
Para esta materia existen dous sistemas de avaliación:
1) Sistema de avaliación xeral – de aplicación xeral ao todo o alumnado que non dispoña dun recoñecemento oficial de dispensa de asistencia a clase.
- A cualificación final da materia será o resultado da suma das cualificacións obtidas nas avaliación continua e na avaliación final.
- A avaliación continua avaliará a participación activa do alumnado durante as clases, así como a realización de exercicios, problemas e/ou probas que se propoñan ao longo das sesión ou se propoñan no Campus Virtual para a súa posterior entrega.
- A avaliación final consistirá nunha proba única e obrigatoria que se celebrará na data fixada polo centro e, se o escenario o permite, se desenvolverá de xeito presencial. En caso contrario, realizarase a través das ferramentas telemáticas existentes no Campus Virtual da materia ou en Microsoft Teams.
- O documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura Curso 2020-2021”, aprobado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2020, baralla o desenvolvemento das actividades docentes para ese curso segundo tres posibles escenarios. A distribución da cualificación global da materia entre ambos compoñentes da avaliación dependerá do escenario final no que se desenvolvan as actividades docentes, pero en calquera caso a sumas das ponderación de ambas compoñentes será igual ao 100% e ditas ponderacións de cada compoñente estarán dentro das seguintes marxes:
a. Avaliación Continua – Ata un máximo do 50% da cualificación final da materia.
b. Avaliación Final – Como mínimo o 50% da cualificación final da materia. Para superar a materia, na avaliación final, será preciso obter unha puntuación mínima equivalente a un 3.75 sobre 10. En caso contrario, independientemente da cualificación de avaliación continua, a materia estará suspensa.
2) Sistema de avaliación para o alumnado con dispensa de asistencia
En virtude da Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida poderá obter o 100% da súa cualificación a través exclusivamente da avaliación final.
A avaliación final consistirá nunha proba única e obrigatoria que se celebrará na data fixada polo centro e, se o escenario o permite, se desenvolverá de xeito presencial. En caso contrario, realizarase a través das ferramentas telemáticas existentes no Campus Virtual da materia ou en Microsoft Teams.
A mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación implicará levar unha nota final distinta de Non presentado.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A carga estimada de traballo total para a materia é de 150 horas, das cales o 60% é traballo autónomo do alumnado e o restante 40% traballo presencial.
As horas de traballo presencial refírense ás clases expositivas e interactivas.
As horas de traballo autónomo encamíñanse maioritariamente á comprensión e estudo dos contidos, a resolución de exercicios e as lecturas recomendadas.
Se ben non son imprescindibles, si é recomentable que o alumnado teña coñecementos básicos de:
Álxebra e cálculo diferencial (Matemáticas para Economistas I e II)
Teoría Económica (Principios de Economía)
Estatística
O documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura Curso 2020-2021”, aprobado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2020, baralla o desenvolvemento das actividades docentes para ese curso segundo tres posibles escenarios. Dado que as metodoloxías da ensinanza que se recollen neste programa non supoñen unha substancial diferencia sexa cal sexa o escenario final que se leve a cabo, as recomendacións para o estudo da materia son comúns para todos os escenarios:
- Asistir regularmente e participar no desenvolvemento das clases sexan presenciais ou non.
- Esta é unha materia acumulativa e progresiva, o que supón que a comprensión de conceptos previos para poder estudar os novos. Por este motivo é fundamental un traballo regular fóra da aula para asentar os contidos explicados nas sesións docentes e preparar as actividades, revisando o material dispoñible e resolvendo os casos prácticos un mesmo.
- Para dominar os conceptos e as definicións, non é suficiente con memorizar os conceptos e exercicios, senón que se debe afondar e comprender o seu significado realizando o traballo persoal correspondente.
A lingua prioritaria para impartir a docencia será o galego.
PLAN DE CONTINXENCIA
En virtude do documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura Curso 2020-2021”, aprobado polo Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela o 19 de xuño de 2020, onde se baralla o desenvolvemento das actividades docentes para ese curso segundo tres posibles escenarios marcados pola evolución epidemiolóxica do Covid-19, a metodoloxía docente desenvolverase do seguinte xeito:
- Escenario #1: Normalidade adaptada – Escenario primordialmente presencial.
1. Sesións expositivas e interactivas – Na aula.
2. Titorías – Posibilidade de titorías presenciais no despacho ou virtuais (Microsoft Teams, Campus Virtual, correo electrónico…)
3. Traballo autónomo – O alumnado poderá empregar os espazos da biblioteca así como as aulas de estudo e de informática, segundo os protocolos que se fixen polas autoridades académicas e sanitarias.
- Escenario #2: Distanciamento – Este escenario será unha combinación de docencia presencial e virtual dacordo coas directrices que establezan as autoridades académicas para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
1. Sesións expositivas e interacivas – Na aula, se as condicións o permiten, ou mediante reunións (preferentemente síncronas) a través dos equipos de clase de Microsoft Teams, con material dispoñible no Campus Virtual da materia e na propia ferramenta Microsoft Teams.
2. Titorías – Titorías prioritariamente virtuais a través da plataforma Microsoft Teams, Campus Virtual, correo electrónico ou outros medios telemáticos que a universidade dispoña.
3. Traballo autónomo – O alumnado poderá empregar os espazos da biblioteca así como as aulas de estudo e de informática, segundo os protocolos que se fixen polas autoridades académicas e sanitarias.
- Escenario #3: Peche das instalacións – Escenario de docencia virtual.
1. Sesións expositivas e interactivas – Mediante reunións (preferentemente síncronas) a través dos equipos de clase de Microsoft Teams, con material dispoñible no Campus Virtual da materia e na propia ferramenta Microsoft Teams.
2. Titorías – Titorías exclusivamente virtuais a través da plataforma Microsoft Teams, Campus Virtual, correo electrónico ou outros medios telemáticos que a universidade dispoña.
3. Traballo autónomo – O alumnado deberá desenvolver o traballo autónomo sen posibilidade de acceso aos recursos físicos existente no centro.
No tocante á avaliación, a distribución da cualificación global da materia entre os compoñentes da avaliación dependerá do escenario final no que se desenvolvan as actividades docentes, pero en calquera caso a sumas das ponderación de ambas compoñentes será igual ao 100% e ditas ponderacións de cada compoñente estarán dentro das seguintes marxes:
a. Avaliación Continua – Ata un máximo do 50% da cualificación final da materia.
b. Avaliación Final – Como mínimo o 50% da cualificación final da materia. Para superar a materia, na avaliación final, será preciso obter unha puntuación mínima equivalente a un 3.75 sobre 10. En caso contrario, independientemente da cualificación de avaliación continua, a materia estará suspensa.
En virtude da Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC, o alumnado con dispensa de asistencia a clase concedida poderá obter o 100% da súa cualificación a través exclusivamente da avaliación final sexa cal sexa o escenario.
David Rodríguez González
- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Teléfono
- 881811519
- Correo electrónico
- davidrodriguez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Diana Fernandez Mendez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Cuantitativa
- Área
- Economía Cuantitativa (propia da USC)
- Correo electrónico
- di.fernandez.mendez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 08 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 08 |
Xoves | |||
11:15-12:45 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 21 |
12:45-14:15 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 12 |
17:15-18:45 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 26 |
18:45-20:15 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 08 |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
15.01.2021 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
25.06.2021 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula B |