Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O principal obxectivo deste asignatura é consolidar unha reunión de introdución á investigación, un foro de reflexión e debate colectivo arredor dos principais procesos e fenómenos da economía española que supoñan significativos casos aplicados para a proposta, aplicación e análise de resultados da política económica española. Os obxectivos da materia corresponden á necesaria visión crítica e omnicomprensiva das institucións, actores e procesos que caracterizan as orientacións actuais da política económica española no contexto da descentralización e da globalización. As finalidades da proposta docente, polo tanto, superpoñen o nivel formativo, de iniciación á investigación e de divulgación dos resultados da aprendizaxe e da procra de contraste con diferentes hipóteses de traballo que se consideran relevantes para comprender a materia do curso.
Trátase de facer unha revisión da política económica española dende a Guerra Civil (1936-1939). Tomamos este punto de partida, pero, en realidade, centrarémonos principalmente no período 1960-2020, por ser o momento no que se pode falar de política económica con letras maiúsculas. A atención prioritaria, en calquera caso, dirixirase a captar e explicar a evolución dos acontecementos máis actuais tentando seguir de cerca o proceso sociopolítico e as decisións de política económica segundo se van aplicando.
Programación temática da Política Económica Española
-PEE: Unha perspectiva histórica
-PEE Contemporánea: un consenso de política económica de transición
-PEE Actual: as implicacións políticas e económicas da crise económica
-Dinámica Finalista PEE, sectorial e instrumental
-Dinámica Interna do PEE no contexto desconcentración rexional
-Dinámica Internacional de PEE no contexto da globalización
-Estudio de institucións, instrumentacións e impacto das políticas económicas da UE
Contidos
1.- Axentes e dinámica da política económica en España
1.1.- O período franquista
1.2.- A institucionalización democrática
1.3.- A consolidación do Estado autonómico e as políticas comunitarias
2.- A inserción da economía española na economía internacional
2.1.- A autarquía
2.2.- O Plan de Estabilización
2.3.- Os “shocks” petrolíferos
2.4.- Os Pactos da Moncloa
2.5.- O proceso de achegamento e integración en Europa
2.6.- A integración na Unión Económica e Monetaria Europea
2.7.- Crise económico-financeira e pacto do euro: Rescate financeiro e redefinición institucional
2.8.- A economía española no proceso de globalización
3.- Política fiscal
3.1.- Os ingresos públicos
3.2.- O gasto público
3.3.- Evolución do déficit e a débeda públicas
3.4.- O financiamento das Comunidades Autónomas
4.- Política monetaria
4.1.- Orixe e evolución da política monetaria en España
4.2.- A política monetaria europea: o euro e o BCE
5.- Política industrial
5.1.- Características estruturais da industria en España
5.2.- O proceso de internacionalización da industria española. A reconversión industrial
5.3.- O proceso de globalización e a industria: as deslocalizacións
5.4.- Institucións e novas tendencias na política industrial. O neoproteccionismo
6.- Política agraria
6.1.- Características estruturais da agricultura en España
6.2.- A política agraria comunitaria en España
6.3.- As políticas das CC.AA. en materia agroforestal
7.- Política rexional
7.1.- Os fondos da Unión Europea en España: orixe, evolución e perspectivas
7.2.- Avaliación do impacto dos fondos UE nas CC.AA. españolas
8.- O sector servizos en España. Política turística
9.- O sector construción e a política de vivenda: a burbulla inmobiliaria e dos alugueres
10.- Políticas dos gobernos autonómicos
10.1.- Política económica da Xunta de Galicia
10.2.- Políticas económicas doutras CC.AA.
11.- A participación do Estado na economía
11.1.- Empresa pública versus privatizacións
11.2.- Política de infraestruturas
11.3.- Políticas de benestar social. A xestión da crise do Covid-19
11.4.- Política educativa
11.5.- Política medioambiental
11.6.- Regulamentación do mercado de traballo
11.7.- O papel da burocracia en España
12.- A participación de España na política económica global
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- DE LA DEHESA, Guillermo.- Lecturas de política económica española, Instituto de Estudios Económicos, A Coruña, 1999.
- GÁMIR CASARES, L.- Política Económica de España, 9ª edición, Alianza Ed., Madrid, 2013.
- GÁMIR CASARES, L.- Política Económica de España, 9ª edición, Alianza Ed., Madrid, 2013.
- SÁNCHEZ ANDRÉS, A. e TOMÁS CARPI, J.A. (directores).- Crisis y política económica en España. Un análisis de la política económica actual. Thomson Reuters Aranzadi, Navarra, 2014
- VALLES FERRER, J.- Política económica de España. Ed. Tirant lo Blanch, 2002
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- BBVA, Informes Anuais.
- BANCO DE ESPAÑA, Informes Anuais.
- CUADERNOS DE INFORMACION ECONOMICA. Fundación FIES. Funcas
- FUNDACION IEF.- Anuario del euro
- GOMÀ, R e SUBIRATS, J.- Políticas públicas en España. Contenidos, redes de actores y niveles de gobierno, Ariel, Barcelona, 1998.
- INFORMACION COMERCIAL ESPAÑOLA. Boletin Económico e Revista de Economía. Ministerio de Industria, turismo y Comercio
- ICE.- 75 años de política económica española y de economistas al servicio del Estado. nº 826, Novembro 2005. Ministerio de Industria, Turismo y Comercio.
- MONTES, P., La integración en Europa., Desde el Plan de Estabilización hasta Maastrich, Ed. Trotta, Madrid, 1993.
- OCDE, Informes periódicos sobre la Economía Española.
- PAPELES DE ECONOMÍA ESPAÑOLA, C.E.C.A. (a partir de 1980).
- PRADOS DE LA ESCOSURA, L., El progreso económico de España (1850-2000), Fundación BBVA Bilbao, pp. 761+CD, 2003.
- ROS HOMBRAVELLA, J. et al., Capitalismo español: de la autarquía a la estabilización, 1939-1959, 2ª edición, EDICUSA, Madrid, 1978.
- SOCIEDAD ABIERTA- FEDEA.- La crisis de la economía española: Lecciones y propuestas. Libro electrónico, www.sociedadabierta.es Febrero 2009
Ao longo do curso, para cada tema teórico e estudo de caso distribuiranse listados de bibliografía complementaria de forma máis específica. Igualmente proporcionaranse listaxes bibliográficas de partida para traballos de iniciación á investigación que deberán ser actualizados no curso. En particular, recorreremos as fontes proporcionadas pola REDIPE (Rede de Investigadores e Docentes de Política Económica)
No caso de que, por medidas fronte á pandemia do COVID-19, non se poda acceder á bibliografía recomendada, substituirase por outras fontes das que poda dispoñerse en líña.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Contribución á comprensión do sistema económico desde unha perspectiva multidisciplinar en Ciencias Sociais e enfocada ao estudo de caso prioritario por denominado do nome da materia.
• Coñecemento e comprensión dos procesos político-económicos actuais, con directa vinculación a estudos de casos de relevancia pola súa proximidade/relación co mercado de traballo da titulación.
• Iniciación en tarefas de investigación, tanto de forma individual como en equipo, e na elaboración dunha monografía de curso escrita segundo canons científicos e baixo tutela, sobre algún dos temas programáticos propostos.
• Práctica de presentación oral de liñas directrices e conclusións dos traballos elaborados, fomentando o debate argumentado e o intercambio científico en réxime de seminario.
Competencias específicas da materia:
• Coñecemento de fases, institucións e procesos de política económica no caso español, desde os seus antecedentes contemporáneos até a actualidade.
• Análise de contido e de impacto de políticas económicas finalistas, instrumentais e sectoriais na economía española.
• Estudo singularizado da política económica española no complexo marco de dúas forzas: a integración europea (proposta/impacto de aspectos institucionais e político-económicos da UE de gravitación na economía española) e a descentralización (política económica autonómica).
Incorporaremos unha metodoloxía que incentive o seguemento da política económica española en tempo real.
O estudantado ha de asistir e participar activamente na clase, formaranse grupos que traballarán sobre algún dos temas escollido dos epígrafes do programa. Sobre eses temas desenvolverán un traballo ao longo do curso que se presentará conxunta e/ou individualmente ao longo do curso. A realización de tarefas será continua con intercambio de opinións e debates periódicos nos que o estudantado poñerá de manifesto a súa capacidade expositiva e de argumentación.
No seu caso, poderá utilizarse material audiovisual ou requirir a participación en conferencias ou debates de persoas especialmente relacionadas e coñecedoras da política económica española
Sobre a Metodoloxía da ensinanza e o Coronavirus:
As actividades de curso serán as mesmas nos tres escenarios que plantea a Reitoría; o que variarán serán os medios para desenvolvelas, como se detalla de seguido.
No escenario 1 (docencia presencial) a docencia e as titorías serán fundamentalmente presenciais aínda que se contará co apoio de ferramentas en liña como a aula virtual e a aplicación TEAMS.
No escenario 2 (combinación de docencia presencial e virtual) a planificación final dependerá das directrices do Decanato e da Reitoría. Na docencia non presencial empregaranse a aula virtual e a aplicación TEAMS. En principio, a docencia será síncrona, aínda que non se descarta desenvolver algunhas aulas de xeito asíncrono dependendo do interese concreto e do deseño final do escenario 2. As titorías serán prioritariamente virtuais.
No escenario 3 (docencia non presencial) empregaranse a aula virtual e a aplicación TEAMS. En principio, a docencia será síncrona, aínda que non se descarta desenvolver algunhas aulas de xeito asíncrono dependendo do seu interese específico. As titorías serán virtuais
A avaliación considerará a asistencia e participación activa na aula, con especial énfase na calidade das intervencións, no dominio do temario e no seguemiento en tiempo real das políticas económicas implementadas en España. A avaliación considerará a calidade dos traballos de iniciación á investigación, contemplando o dominio de categorías e terminoloxía específica, a claridadé e nivel expositivo, a iniciativa persoal en complementar a bibliografía básica e no uso de medios audiovisuais na exposición oral dos mesmos en réxime de seminario. A avaliación continua representará o 50 por cento da cualificación final e ao inicio do curso especificarase a programación e actividades a realizar polo alumnado de carácter presencial.
Ao final do curso, para o alumnado de tipo presencial, realizarase un exame escrito sobre os temas impartidos e as conclusións dos seminarios expostos para a presentación dos traballos en curso. O exame representará o 50 por cento da cualificación final.
O Sistema de avaliación e o agravamento da crise do Covid-19:
O peso da puntuación das diferentes actividades do curso será a mesma nos tres escenarios que propón a Reitoría; o que variarán serán os medios para desenvolvelas, como se detalla de seguido.
No escenario 1 (docencia presencial) as probas, o exame final e a exposición oral realizaranse na aula. Non obstante, poderá empregarse a aula virtual como vehículo para a súa realización.
No escenario 2 (combinación de docencia presencial e virtual) a planificación final dependerá das directrices do Decanato e da Reitoría. Empregaranse a aula virtual e a aplicación TEAMS como medios para as avaliacións que finalmente resulten ser non presenciais.
No escenario 3 (docencia non presencial) os exames e probas realizaranse a través da aula virtual e as exposicións orais a través da aplicación TEAMS.
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL DE ASISTENCIA A CLASE
Para o alumnado que acredite de xeito oficial que lle foi concedida a dispensa de asistencia a clase, realizarase a avaliación a través dun exame final no que se poderá acadar o 100% da calificación. O alumnado con dispensa concedida deberá poñerse en contacto co profesor para ser informado con claridade e precisión sobre os contidos e materia específica da que vai ser examinado. Para superar a asignatura, o alumnado con dispensa deberá obter no exame unha nota mínima de 5 sobre 10.
O sistema de avaliación describirase máis polo miúdo na Guía Docente que se publicará na Aula Virtual da materia
Tempo de estudo e traballo individual como determinado polo grao Plan de Estudos de Economía
O traballo de clase: 60 horas
Traballo sen contacto: 90 horas
Tempo de estudos e de traballo persoal
- Horas teóricas: 60
- Prácticas dirixidas: 30
- Horas non presenciais: 45
- Total volume horario: 135
Recomendacións para o estudo da materia
- Beneficiarse, no seu caso, dos coñecementos adquiridos en materias afíns, en particular de Política Económica, Facenda Pública, Ciencia Política, Socioloxía, Macroeconomía, Estrutura Económica de España e Técnicas de Contabilidade Social.
- Manter un ritmo de traballo regular no seguimento da clase, na realización das tarefas asignadas e na procura bibliográfica e xornalística da información requirida.
"Aprender sen pensar, inútil; pensar sen aprender, perigoso"
CONFUCIO(551-479 a C)
A materia contará cunha Aula Virtual na que se ofrecerá a Guía Docente e otros materiais indispensables para o seguimento da mesma.
PLAN DE CONTINXENCIA
A pandemia do Coronavirus obriga a especificar a metodoloxía de ensinanza e o sistema de avaliación para os tres escenarios posibles no vindeiro curso 2020-2021
Escenario 1.- Normalidade adaptada con clases presenciais habituais. Seguirase o indicado no programa.
Escenario 2.- Mistura clases presenciais e telemáticas. Dependendo de se é ao principio ou ao final do desenvolvemento da asignatura o momento da supresión das clases presenciais afectará máis ou menos ao desenvolvemento das clases. Tanto a comunicación cos estudiantes como a presentación dos traballos que terán que realizar poderáse facer de xeito presencial ou por medio da plataforma telemática MS TEAMS polo que non é necesario modificar nada da metodoloxía da ensinanza nen no sistema de avaliación.
Escenario 3.- Clases telemáticas. Só cambiará a vía de comunicación interactiva que será a MS TEAMS ou algunha outra de superior calidade que a USC poida poñer a disposición de estudiantes e profesores. Os estudiantes deberán contar cos dispositivos telemáticos necesarios para atender ao desenvolvemento da asignatura e a súa calidade ou nivel de funcionamento non será responsabilidade do profesor.
Esta asignatura contará cunha Aula Virtual na que se ofrecerá a Guía Docente cunha especificación máis detallada das tarefas a realizar.
Manuel Cao Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811605
- Correo electrónico
- manuel.cao [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 25 |
Venres | |||
11:45-14:15 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 25 |
18.01.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |
18.01.2021 09:30-12:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 20 |
25.06.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 26 |
25.06.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 26 |