Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
A materia G3061423 Sistema Fiscal Español, ordinaria do Grao RD 1393/2007, impártese no primeiro semestre da titulación do Grao en Economía, con 4,5 créditos ECTS. O obxectivo da materia é proporcionarlle ao alumno coñecementos sobre a Lei Xeral Triburaria, a evolución do Sistema fiscal español e a imposición personal.
1.- Introdución ao sistema tributario español
2.- Principais conceptos impositivos
3.- Imposto sobre o patrimonio
4.- Imposto sobre a renda das persoas físicas
5.- Imposto de sucesións e doacións
6.- Imposto sobre a renda de non residentes
7.- Análise e valoración dos custos fiscais das decisións económicas no ámbito dos impostos persoais.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
O Código Tributario, que recolle a lexislación tributaria española, instrumento básico de uso para o alumno, de imprescindible manexo, interpretación e comprensión para a superación da materia.
Ademáis, o alumno ten a posibilidade de obter os textos íntegros das diferentes leis tributarias a través da web da Axencia Estatal Administración Tributaria: www.aeat.es ou do BOE: www.boe.es
ALBI, E., PAREDES, R. y RODRÍGUEZ, J. (última edición) (2017): Sistema Fiscal Español, I, Ed. Ariel. Barcelona.
ALBI, E., PAREDES, R. y RODRÍGUEZ, J. (última edición)(2017): Sistema Fiscal Español, II, Ed. Ariel, Barcelona.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
CUADRADO, J. y OTROS (2010): Política económica: elaboración, objetivos e instrumentos. última edición. McGraw- Hill. Madrid.
MANKIW, G. (2016): Principios de Economía.Ed. McGraw-Hill, NY.
Durante o curso facilitarase bibliografía complementaria.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
• Saber identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións económicas, incorporando na elaboración de xuízos e propostas as consideracións pertinentes sobre a súa dimensión social, científica ou ética.
• Saber identificar información, ideas, problemas e propostas de solución a cuestións de índole económica, facendo uso tanto da linguaxe verbal e escrita como dos medios e técnicas de representación de relacións e presentación de datos que se empregan en economía..
• Posuír os coñecementos xerais de economía e as habilidades de aprendizaxe necesarias para continuar estudando e para emprender estudos especializados en economía e noutras áreas relacionadas, cun alto grao de autonomía.
• Coñecemento da realidade económica nacional e internacional, sectores produtivos, sector público, institucións económicas e a súa evolución.
• Economía pública: natureza, xustificación e obxectivos da intervención do sector público na economía: facenda pública, fiscalidade, servizos sociais, saúde, educación, etc. A elaboración das políticas económicas.
• Contribuír á boa xestión da asignación de recursos, tanto no ámbito privado como no público.
• Adquisición de competencias relativas á xestión por obxectivos e xestión de proxectos.
Competencias específicas da materia:
• Coñecer os contidos esenciais da tributación persoal tanto de residentes como non residentes. A fiscalidade empresarial estudarase na materia Sistema Fiscal Español: Fiscalidade Empresarial
• Analizar e comprender cun enfoque práctico a tributación persoal, integrando lexislación e xurisprudencia, alternativa para unha planificación fiscal e valorando a incidencia dos impostos persoais na eficiencia e na equidad dos contribuíntes.
• Predicir os efectos das reformas fiscais para poder valorar as súas consecuencias e minimizar o custo fiscal.
• Valorar o custo fiscal das distintas alternativas á hora de tomar decisións, para optimiza a tributación.
• Realizar onda liquidacións dos impostos persoais.
Para o desenvolvemento do programa da materia combinaremos as clases expositivas, nas que se explican de xeito sistemático e ordenado os distintos temas; coas clases interactivas, nas que se esixe a participación dos alumnos e a realización de traballos e supostos prácticos .
Para adquirir capacidade no manexo da lexislación e das distintas fontes informativas, o alumno disporá na aula virtual de enlaces a páxinas de normativa básica que facilite o seu estudo e outras fontes informativas como consultas e xurispruedencia a través das bases de datos da biblioteca da USC.
Para o curso 2020-2021 contémplanse 3 posibles escearios:
Esceario 1:Docencia presencial
O contido da materia impártese no primeiro semestre do curso, cunha carga lectiva de 4,5 créditos ECTS. Deste xeito e, dacordo co horario establecido polo Centro, a distribución semanal da carga lectiva farase combinando as aulas expositivas coas interactivas. Esta mestura permitirá, en primeiro lugar, unha aproximación teórica aos aspectos máis relevantes da meteria, seguida de estudos de caso
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, tendo en conta as directrices que establezan tanto o Decanato como a Reitoría e as medidas sanitarias oportunas en cada momento. Para o docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da mesma plataforma, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, ademáis dos traballos individuais, colectivos, clases expositivas e interactivas telemáticas, con distinto peso relativo segundo a altura do curso na que se produza a entrada en vigor deste esceario 3. En todo caso, as titorías será exclusivamente por vía telemática, a través do Teams, previa cita acordada co profesorado encargado da materia.
En tódolos dos escearios é obxectivo potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado, o que inclúe elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación activa, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcional á materia. Os materiais empregados deben cumprir a normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
- Sistema de avaliación
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo deste curso. As probas poderán ser presenciais ou virtuais dependendo do esceario. Así, no esceario 1 será presenciais, para o 2 presenciais ou telemáticas, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e telemática no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación dos alumnos realizarase a través dun proceso continuo no que se levarán a cabo varias probas parciais durante o cuadrimestre, de tal xeito que os alumnos poidan mostrar además dos coñecementos adquiridos, aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa. Estas probas serán compensatorias da materia obxeto da mesma, sempre e cando o alumno supere o 40% de cada una delas e a media sexa igual ou superior a 5.
De non realizar ningunha das probas anteriores, ou non tendo superado algunha, o alumno deber facer un exame final, coas partes pendentes ou non examinadas. Neste exame deberá de superarse, polo menos, o 40 % da cada unha das partes, se a media é igual ou superior a 5.
Os alumnos que xa se examinaron en cursos anteriores da materia, poderán manifesta-la súa opción de ir só ao exame final, ao igual que os alumnos de intercambio ou con dispensa de asistancia a clase, nas condicións establecidas no apartado anterior. Neste caso, a nota do exame representará o 100 % da cualificación final.
O alumno ten que dedicar o tempo necesario de traballo persoal no estudo da materia, uniformemente repartido ao longo do curso e non concentrado nos días previos ao exame.
Traballo presencial na aula, repartido entre grupos expositivos, interactivos, clases con computador, titorías, etc., un total de 45, que requerirá traballo persoal e autonómo do alumno, escritura de exercicios, resolución de supostos fiscais, lecturas, etc. un total de 67,5 horas de traballo individual e/ou en grupo.
Recoméndase a asistencia a clase, o manexo da bibliografía básica e a consulta da bibliografía complementaria que se indicará para cada tema, a participación activa e a realización das actividades propostas.
Atendendo a este programa o alumno debe coñecer e comprender a realidade económica nacional e internacional, o sector público, as institucións económicas e a súa evolución, sendo precisos elementos básicos de contabilidade, modelos e técnicas de representación da realidade económica, para poder avanzar no ámbito da economía pública e na elaboración das políticas económicas.
Deste xeito, superadas as materias anteriores do grado e esta mesma, o graduado debe ser capaz de contribuir á boa xestión da asignación de recursos público e privados, avaliar as consecuencias das distintas alternativas de acción e seleccionar as mellores, para a consecución dun obxectivo. Elaborar ou emitir informes de asesoramento sobre situación concretas da economía internacional, nacional ou rexional. Derivar dos datos información relevante non doada de recoñecer por non profesionais e aplicar á análise dos problemas, criterios profesionais baseados no manexo de instrumentos técnicos propios da economía.
Plan de Continxencia no suposto de que se active o Esceario 2 (docencia presencial e virtual) ou o Esceario 3 (docencia virtual)
- Metodoloxía de ensinanza.
Esceario 2: Docencia presencial e virtual
O contido da materia impártese cunha combinación de docencia presencial e virtual, de acordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e as medidas sanitarias establecidas nese momento. Para a docencia virtual utilizarase a plataforma Teams e o Campus Virtual, de igual modo que para as titorías, que serán vía telemática a través da misma plataforma, previa cita acordada co profesorado da materia.
Esceario 3: Docencia virtual.
O contido da materia impártese exclusivamente a través de medios virtuais, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría. As plataformas a utilizar son o Campus Virtual e o Teams, combinando traballos individuais e colectivos, clases expositivas e interactivas con distinto peso relativo segundo a algura do curso no que se produza este esceario 3. As titorías será exclusivamente por vía telemática, a través de Teams, previa cita acordado co profesrado da materia.
En calquera dos escearios previstos para o curso 2020-2021 potenciarase a aprendizaxe autónoma do alumnado, con elementos de retroalimentación e autoavaliación, con probas periódicas que se reaizarán a través do campus virtual, entrega de traballos, listas de participación, etc. O tempo adicado ás tarefas en remoto será, en todo caso, proporcionado á materia e os materiais empregados deben cumprir coa normativa de propiedade intelectual e de protección de datos.
- Sistema de avaliación no suposto de que haxa que activar o esceario 2 ou 3.
A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación e seguimento indicarase na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comenzo deste curso. As probas poderán ser presenciais ou virtuais dependendo do esceario. Así, no esceario 1 será presenciais, para o 2 presenciais ou telemáticas, dacordo coas directrices que estableza o Decanato e a Reitoría, e telemática no esceario 3. Nos supostos de probas telemáticas, si se detectan realizacións fraudulentas de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A avaliación dos alumnos realizarase a través dun proceso continuo no que se levarán a cabo varias probas parciais durante o cuatrimestre, de maneira que se poidan mostrar ademáis dos aspectos adquiridos, aspectos legais tales coma a claridade e a capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a súa participación activa. Estas probas serán liberatorias, sempre que o alumno supere o 40% de cada unha delas e a media sexa igual ou superior a 5.
De non realizar ningunha das probas anteriores ou non supere algunha delas, debe facer o exame final, que constará das partes examinadas e pendentes ou das non examinadas. Neste exame deben superarse alomenos o 40% de cada unha das partes, si a media é igual ou superior a 5.
Os alumnos que se examinaron en cursos anteriores da materia, poderá manifestar a súa opción de ir so ao exame final, ao igual que os alumnos de intercambio ou con dispensa de asistencia a clase, nas condicións establecidas no apartado anterior. Neste suposto, a nota do exame será o 100% da cualificación final
Francisco Javier Santalices Romero
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Cadaval Sampedro
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811664
- Correo electrónico
- maria.cadaval [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:15-18:45 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 07 |
Mércores | |||
15:30-16:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 03 |
16:30-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 21 |
17:45-18:45 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 10 |
21.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 07 |
21.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula 07 |
21.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 07 |
21.01.2021 13:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula 07 |
29.06.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
29.06.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
29.06.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
29.06.2021 10:30-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Aula C |