Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
.- Iniciar ao alumnado na xestión empresarial, proporcionándolle unha visión xeral da realidade empresarial e dos retos aos que se enfronta a dirección.
.- Identificar os elementos constituíntes da empresa.
.- Comprender a complexidade e o contido da área directiva: actividades, destrezas, decisiones.
.- Comprender os elementos que influen na empresa, tanto externos como internos.
.- Comprender a importancia da planificación para consegui-los obxectivos da organización e do control.
.- Comprender os aspectos que afectan ó deseño da estructura dunha empresa.
.- Concienciar ao alumnado da importancia que teñen as persoas e da necesidade de dirixirlas adecuadamente.
1.- A empresa dende a perspectiva organizativa.
2.- Natureza da planificación e fundamentos de control.
3.- Fundamentos da estructura organizativa.
4.- Motivación, liderazgo e comunicación.
5.- A dirección dos recursos humanos.
6.- Fundamentos do comportamento individual e grupal.
Bibliografía básica:
ROBBINS, Stephen; COULTER, Mary (2018). Administración (13º edición). Pearson – Prentice Hall.
Bibliografía complementaria
ROBBINS, Stephen; DECENZO, David (2017). Fundamentos de Administración. Conceptos esenciales y aplicaciones. Pearson.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, Esteban (2010). Administración de Empresas. Un enfoque interdisciplinar. Paraninfo.
GOMEZ-MEJIA, Luis; BALKIN, David (2003). Administración. McGraw-Hill.
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Fundamentos teóricos da toma de decisións.
- Teoría básica da empresa.
- Xestión de empresas.
- Capacidade para integrase na xestión empresarial.
Competencias específicas da materia:
– Capacidade para comprender-la empresa dende unha perspectiva organizativa.
– Capacidade para identificar e comprender os factores contextuales que afectan as empresas e organizacións.
– Coñecer e comprender as funcións básicas do proceso de dirección e as súas interrelacions
– Capacidade para relacionar a teoría coa práctica.
– Capacidade para aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da xestión.
– Capacidade de razoamento crítico.
– Capacidade de análise e síntese.
– Capacidade de argumentación e comunicación.
– Capacidade para traballar en equipo.
Escenario 1: Normalidade adaptada
As sesións expositivas e interactivas serán presenciais. As sesións dedicadas ás clases expositivas servirán para presentar os contidos básicos dos temas que compoñen o programa, facendo fincapé nos aspectos especialmente relevantes e as relacións entre eles. Nas sesións interactivas trátase de que os alumnos apliquen os conceptos teóricos expostos nas sesións expositivas. Para elo, analizaranse casos, comentaranse lecturas de textos e artigos, ou debateranse cuestións propostas polo profesorado. Ademais, os estudantes deben preparar un traballo en grupo e presentalo oralmente. Con todo isto preténdese estimular o traballo cooperativo e desenvolver habilidades de argumentación e comunicación.
O profesorado de cada grupo vixiará a asistencia e participación dos estudantes nas sesións.
Durante o curso, utilizarase á aula virtual para tarefas de comunicación, docencia e avaliación.
Nas titorías, os profesores guiarán aos estudantes e axudarán a resolver as dúbidas e problemas cos que se enfrontan os alumnos no proceso de aprendizaxe. As titorías realizaranse de xeito presencial e virtual (asíncrono a través do campus virtual e/ou correo electrónico).
O sistema de avaliación será o seguinte:
a. Avaliación continua: 30% da nota. A avaliación continua recollerá a nota derivada de todas as actividades desenvolvidas polos estudantes (participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas, artigos ou novas na prensa, presentación e exposición de traballos, probas, cuestionarios, etc.) (20%) así como a realización e defensa do traballo en grupo (10%). Para poder realizar e defender o traballo en grupo requírese unha asistencia mínima do 50% ás sesións interactivas da materia.
* Os estudantes que estudaron esta materia e non a superasen no curso inmediatamente anterior poden solicitar que se manteña a súa nota de avaliación continua, a través dos mecanismos explicados na presentación da materia e/ou comunicados a través do campus virtual.
b. Exame final presencial de contidos: 70 % da nota.
Para engadir a avaliación continua, os alumnos deberán obter un mínimo de 3 sobre 7 na proba final. A nota engadida debe ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar o curso.
Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira oportunidade como na oportunidade de recuperación.
Os estudantes que reciban unha exención de asistencia a clase (seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a exención de asistencia a clase en determinadas circunstancias), serán avaliados cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
“En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.”
A materia é de 6 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo distribúense do seguinte modo:
- Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 60 horas.
- Traballo persoal do alumnado: 90 horas. A distribución do traballo persoal do alumnado distribúese como sigue:
- Estudo autónomo individual ou en grupo: 45 horas.
- Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos: 20 horas.
- Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar: 15 horas.
- Preparación de presentacións orais, debates ou similar: 10 horas.
Non se requiren coñecementos previos para estudar esta materia.
Para maximizar a aprendizaxe, é conveniente que os estudantes realicen todas as actividades propostas polo profesorado, asistan regularmente ás sesións expositivas e interactivas e empreguen as titorías.
Plan de Continxencia:
No caso de que se decreten os escenarios 2 ou 3, a metodoloxía da ensinanza e o sistema de avaliación da aprendizaxe terán as seguintes adaptacións:
Escenario 2: distanciamento
Metodoloxía da ensinanza: Neste escenario darase unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas normas que transmita o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas nese momento.
No caso da docencia virtual empregarase Microsoft Teams e o campus virtual e poderase realizara de xeito síncrono e/ou asíncrono. As titorías terán lugar preferentemente de xeito telemático.
Sistema de avaliación da aprendizaxe: As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán presenciais ou telemáticas de acordo coas normas que estableza a Reitoría e o Decanato e as medidas sanitarias establecidas nese momento.
Escenario 3: peche das instalacións
Metodoloxía da ensinanza: Neste escenario a docencia será de carácter virtual, desenvolverase a través de Microsoft Teams e o campus virtual e poderase realizar de xeito síncrono e/ou asíncrono. As titorías terán lugar de xeito telemático.
Sistema de avaliación da aprendizaxe: As probas e exercicios de avaliación continua e o exame final serán de carácter telemático.
“En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión das cualificacións.”
Maria Del Carmen Castro Casal
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811633
- Correo electrónico
- carmela.castro.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Monica Legaspi Diaz
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811599
- Correo electrónico
- monica.legaspi [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Maria Teresa Gomez Deus
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- mariateresa.gomez.deus [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Javier Bouzas Arufe
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- javier.bouzas.arufe [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Analia Lopez Carballeira
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- analia.lopez.carballeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Paula Alvarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 881811618
- Correo electrónico
- p.alvarez.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Manuel Guisado Gonzalez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- manuel.guisado [at] rai.usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-17:30 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 28 |
Martes | |||
11:45-13:15 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 |
Mércores | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 20 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
Xoves | |||
11:30-13:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula 24 |
17:45-19:15 | Grupo /CLE_03 | Castelán | Aula 28 |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula B |
20.05.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula B |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_03 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_06 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_05 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
06.07.2022 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |