Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Adquirir rudimentos de economía ecolóxica. Dotar ao alumno dun coñecemento básico sobre as limitacións do desenvolvemento relacionadas coa base física da economía, e sobre os instrumentos que a economía ecolóxica achega para a análise da sustentabilidade
1. As funcións económicas dos ecosistemas.
2. A economía como sistema aberto e os problemas da economía convencional
3. Diferenzas entre a economía ambiental e a economía ecolóxica
4. O concepto de Metabolismo Socioeconómico e as súas implicacións
5. A noción de sustentabilidade: sustentabilidade forte e feble
6. Instrumentos de política ambiental: impostos, taxas, incentivos, subsidios, límites normativos
7. Metodoloxías de contabilización da economía ecolóxica.
BIBLIOGRAFÍA BASICA PARA OS ESCENARIO 1 E 2 (NO 3, SÓ AQUELES DISPOÑIBLES ONLINE):
Aguilera Klink, F. e Alcántara, V. (comp.) (1994): De la economía ambiental a la economía ecológica, Icaria-Fuhem, Barcelona-Madrid. https://www.fuhem.es/media/ecosocial/File/Actualidad/2011/LibroEA_EE.pdf
Bermejo, R. (2011): Manual para una economía sostenible. Catarata, Madrid
Carpintero Redondo, O. (2005): El metabolismo de la economía española. Recursos naturales y huella ecológica (1955-2000). Fundación César Manrique. Teguise (Lanzarote). http://www.fcmanrique.org/recursos/publicacion/elmetabolismo.pdf
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988. http://www.ecominga.uqam.ca/PDF/BIBLIOGRAPHIE/GUIDE_LECTURE_1/CMMAD-Inf…
Gómez-Baggethun, E., de Groot, R. (2007): “Capital natural y funciones de los ecosistemas: explorando las bases ecológicas de la economía” en Ecosistemas, 16 (3): 4-14, setembro. https://www.revistaecosistemas.net/index.php/ecosistemas/article/view/88
Naredo, J.M. (2006): Raíces econômicas del deterioro ecológico y social. Siglo XXI, Madrid
Passet, R. (1996): Principios de bioeconomía, Fundación Argentaria-Visor, Madrid.http://fcmanrique.org/recursos/publicacion/4d3ed1b8principios%20de%20bi…
Spash, C.L (2020): Fundamentos para una economía ecológica y social. Catarata-Fuhem Ecosocial. Madrid.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Carpintero Redondo, O. (1999): Entre la economía y la naturaleza. La controversia sobre la valoración monetaria del medio ambiente y la sustentabilidad del sistema económico, Catarata-Fundación 1ª de Mayo, Madrid
Comisión mundial del medio ambiente y del desarrollo (1987): Nuestro futuro común, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
Costanza, R.; Perrings, C. e Cleveland, C.J. (eds.)(1997): The Development of Ecological Economics, Edward Elgar , Cheltenham.
Daly, H. E. e Cobb,Jr, J.B. (1989): Para el bien común. Reorientando la economía hacia la comunidad, el ambiente y un futuro sostenible, FCE, México, 1993.
Daly, H. E.(1999): Ecological Economics and the Ecology of Economics. Essays in Criticism, Edward Elgar , Cheltenham
Jacobs, M. (1991) : La economia verde. Medio ambiente, desarrollo sostenible y la política del futuro, Icaria-FUHEM, Barcelona- Madrid, 1996.
Jiménez Herrero, L. M. (1992): Medio ambiente y desarrollo alternativo. Gestión racional de los recursos para una sociedad perdurable, Iepala, Madrid.
Klare, M.T. (2003): Guerras por los recursos. El futuro escenario del conflicto global. Urano Tendencias, Barcelona
Martínez Alier, J. (1999): Introducción a la economía ecológica, Rubes, Barcelona
Martínez Alier, J. e Schlüpmann, K. (1991): La ecología y la economía, FCE, México.
Max-Neef, M.A. (1994): Desarrollo a escala humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones, Editorial Nordan-Comunidad – Icaria Editorial, Montevideo-Barcelona.
Naredo, J.M. (2015): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, J.M. e Parra, F. (comps.) (1993): Hacia una ciencia de los recursos naturales, Siglo XXI, Madrid.
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1990): Economía de los Recursos Naturales y el Medio Ambiente, Celes
Competencias da titulacións ás que contribúe a materia:
1. Valoración de diferentes enfoques metodolóxicos e as súas aplicacións
2. Capacidade de análise e síntese a través do fomento de hábitos de reflexión e de razoamento lóxico
3. Resolución de problemas
4. Habilidades de comunicación e debate
5. Capacidade crítica e autocrítica
6. Habilidades de investigación
7. Contribuír á comprensión do sistema económico desde perspectivas interdisciplinares
8. Recoller e manexar información relevante de diversas fontes a un nivel avanzado
Competencias específicas da materia:
1. Comprensión sistemática e dominio dos instrumentos económicos e metodoloxías de investigación relacionadas co uso sustentábel dos recursos naturais
2. Adopción dun pensamento sistémico que lle permita ao alumnado contextualizar o coñecemento adquirido nun marco académico e socioeconómico máis amplo
3. Capacidade de trasladar e aplicar o coñecemento científico sobre recursos naturais e sustentabilidade ás diferentes problemáticas do desenvolvemento económico
•Escenario 1 (Normalidade adaptada): Docencia presencial. As explicacións do profesorado acompañaranse de lecturas por parte do alumnado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Igualmente, promocionarase a participación activa do alumnado en clase a través da análise e reflexión en grupo que lle permita individualizar contidos e aplicalos. Poderá haber actividades específicas que se deseñen para a súa realización telemática. As titorías serán prioritariamente presenciais, aínda que cabe a posibilidade de concertar ocasionalmente titorías telemáticas.Estará dispoñible un aula virtual da materia
Para outros escenarios derivados da situación da pandemia Covid, aplicaranse as directrices recollidas no Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022, aprobado no Consello de Goberno do día 30 de abril de 2021. En particular para esta materia, aparece contemplado no apartado de Observacións.
•Escenario 1 (Normalidade adaptada)
Haberá dúas opcións de avaliación a escoller polo alumnado no primeiro mes de clases:
Opción 1. Sistema de Avaliación Continua. Os criterios de avaliación basearanse en:
a) 15% en relación á participación nas clases e nos debates que se formulen polo profesorado sobre diferentes temas.
b) 35% en relación aos traballos obrigatorios (individuais ou en grupo) realizados encomendados polo profesorado e que poderán ser expostos en clase. Terase en conta a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia.
c) 50% en relación ao resultado da proba final escrita onde se avaliará o coñecemento adquirido ao longo das clases e nos textos recomendados para cada tema. O exame será presencial
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que non se presentasen ao exame ou non se sometan á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria.
Opción 2. Sistema de Avaliación Única. Basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia. Formará parte da materia obxecto de exame todo o material que se indique nas clases, tanto expositivas como interactivas, así como os textos ou outro material utilizado na avaliación continua da opción 1. Esta opción poderá ser elixida por todas as persoas que por calquera motivo non poidan asistir regularmente ás clases interactivas ou por aquelas que teñan dispensa de asistencia a clase. O exame será presencial
Para outros escenarios derivados da situación da pandemia Covid, aplicaranse as directrices recollidas no Plan de Continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022, aprobado no Consello de Goberno do día 30 de abril de 2021. En particular para esta materia, aparece contemplado no apartado de Observacións.
AVALIACIÓN DE COMPETENCIAS:
Sistema de Avaliación continua:
- Traballos encomedados: Competencias Titulación (2, 3, 4, 5, 6, 8) Competencias Específicas (2, 3)
- Exame final: Competencias Titulación (1, 7) Competencias Específicas (1, 2, 3)
Sistema de Avaliación única: todas as competencias
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
Na realización dos exercicios e traballos encomendados ou dos exames co obxecto de ser avaliados, deben seguirse certos estándares:
- Toda reprodución literal total ou parcial tomada dun libro, revista, publicación electrónica, páxina web, etc. debe citarse entre comiñas, referenciando correctamente a fonte de onde se tomou, de modo que se poida comprobar que a cita é correcta.
- Tamén deberá facerse dita referencia se é tomada a idea principal doutro texto aínda que baixo unha nova redacción.
- De non seguirse estas normas, considerarase que se está realizando un plaxio, é dicir, unha copia no substancial de obras alleas, facéndoas pasar como propias.
- Tamén se considerará plaxio se dita copia se fai doutro compañeiro ou compañeira, facéndose pasar como autor/a do documento, ou se entrega un documento que foi escrito por outra persoa, ou o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas 30 horas
Clases interactivas 15 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO (90 horas)
Estudo autónomo individual ou en grupo 65 horas
Escritura de exercicios, conclusións ou outros traballos 10 horas
Lecturas recomendadas, actividades en biblioteca ou similar 10 horas
Preparación de presentacións orais, debates ou similar 5 horas
TITORIAS 12 horas
Avaliación 5 horas
- Coñecementos básicos sobre teorías do desenvolvemento económico, sobre o papel dos recursos naturais e o patrimonio natural e sobre as relacións económicas internacionais.
- Consulta da bibliografía básica e complementaria sinalada polo profesorado a lo longo do curso
- Consulta frecuente ás principais fontes estatísticas recomendadas polo profesorado con obxecto de familiarizarse co seu uso
Utilizarase o campus virtual para informacións xerais sobre a materia e para o depósito de materiais que se consideren de utilidade.
A lingua vehícular da materia para a impartición de clases e para diferentes materiais será o galego. Certos materiais que poden ser utilizados estarán noutros idiomas.
PLAN DE CONTINXENCIA
En aplicación do previsto nos documentos aprobados pola USC sobre a organización da docencia no curso 2021-2022 (Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-2022), no escenario 2 e no escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
-Metodoloxía da Ensinanza
•Escenario 2 (Distanciamento). Será unha combinación de docencia presencial e virtual de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría para este escenario e as medidas sanitarias que estean establecidas neste momento. As explicacións do profesor acompañaranse de lecturas por parte do alumnado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Igualmente, promocionarase a participación activa do alumnado en clase a través da análise e reflexión en grupo que lle permita individualizar contidos e aplicalos. Poderá haber actividades específicas que se deseñen para a súa realización telemática. Para a docencia virtual se utilizarán os medios que ofreza a USC (aula virtual, teams, etc) con docencia principalmente síncrona e, eventualmente asíncrona. As titorías serán prioritariamente por vía telemática previa solicitude do alumnado.
•Escenario 3 (Peche de instalacións): Docencia virtual. As explicacións do profesor acompañaranse de lecturas por parte do alumnado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Igualmente, promocionarase a participación activa do alumnado en clase a través da análise e reflexión en grupo que lle permita individualizar contidos e aplicalos. Poderá haber actividades específicas que se deseñen para a súa realización telemática. Utilizaránse os medios que ofreza a USC (aula virtual, teams, etc) con docencia principalmente síncrona e, eventualmente asíncrona. As titorías serán por vía telemática previa solicitude do alumnado.
En calquera dos escenarios previstos estará dispoñible un aula virtual da materia.
-Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
•Escenario 2 (Distanciamento)
Haberá dúas opcións de avaliación a escoller polo alumnado no primeiro mes de clases:
Opción 1. Sistema de Avaliación Continua. Os criterios de avaliación basearanse en:
a) 15% en relación á participación nas clases tanto presenciais como virtuais e nos debates que se formulen polo profesorado sobre diferentes temas.
b) 35% en relación aos traballos obrigatorios (individuais ou en grupo) realizados encomendados polo profesorado e que poderán ser expostos en clase presencial ou virtual. Terase en conta a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia.
c) 50% en relación ao resultado da proba final escrita onde se avaliará o coñecemento adquirido ao longo das clases e nos textos recomendados para cada tema. O exame será presencial ou telemático de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que non se presentasen ao exame ou non se sometan á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria.
Opción 2. Sistema de Avaliación Única. Basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia. Formará parte da materia obxecto de exame todo o material que se indique nas clases, tanto expositivas como interactivas, así como os textos ou outro material utilizado na avaliación continua da opción 1. Esta opción poderá ser elixida por todas as persoas que por calquera motivo non poidan asistir regularmente ás clases interactivas ou por aquelas que teñan dispensa de asistencia a clase. O exame será presencial ou telemático de acordo coas directrices que estableza o Decanato ou a Reitoría e as medidas sanitarias establecidas nese momento no escenario 2.
•Escenario 3 (Peche de instalacións)
Haberá dúas opcións de avaliación a escoller polo alumnado no primeiro mes de clases:
Opción 1. Sistema de Avaliación Continua. Os criterios de avaliación basearanse en:
a) 15% en relación á participación nas clases virtuais e nos debates que se formulen polo profesorado sobre diferentes temas.
b) 35% en relación aos traballos obrigatorios (individuais ou en grupo) realizados encomendados polo profesorado e que poderán ser expostos en clase virtual. Terase en conta a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia.
c) 50% en relación ao resultado da proba final escrita onde se avaliará o coñecemento adquirido ao longo das clases e nos textos recomendados para cada tema. O exame será telemático.
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que non se presentasen ao exame ou non se sometan á avaliación de calquera outra actividade obrigatoria.
Opción 2. Sistema de Avaliación Única. Basearase nun exame final sobre os coñecementos teóricos e prácticos desenvolvidos ao longo da explicación dos contidos da materia, que terá un peso relativo do 100% na cualificación final da materia. Formará parte da materia obxecto de exame todo o material que se indique nas clases, tanto expositivas como interactivas, así como os textos ou outro material utilizado na avaliación continua da opción 1. Esta opción poderá ser elixida por todas as persoas que por calquera motivo non poidan asistir regularmente ás clases interactivas ou por aquelas que teñan dispensa de asistencia a clase. O exame será telemático.
Xoan Ramon Doldan Garcia
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811569
- Correo electrónico
- xoan.doldan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Maria Regueiro Ferreira
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 26 |
Venres | |||
10:45-12:15 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 20 |
03.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
03.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |
03.06.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
01.07.2022 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
01.07.2022 18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
01.07.2022 18:00-21:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |