Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O programa desta materia, continuación de Estructura Economica Mundial I, organízase coa intención de que os alumnos dispoñan duns coñecementos que lles permitan comprender os aspectos fundamentais da análise estrutural en economía e algunhas pautas da formación do sistema económico mundial. Aspírase a que aprendan a analizar a economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, que saiban interpretar as súas características actuais a través de referencias históricas, a súa evolución e movementos cíclicos, e coñezan os elementos relacionais que hai detrás dos modelos de acumulación
Abordarase un tratamento concreto e detallado de certos temas claves da realidade económica mundial. Esta abordaxe tenta detectar e comprender as características estruturais do sistema económico, as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas globais. Daranse a coñecer as características das estruturas económicas dos países centrais e dos periféricos, a división internacional do traballo na que se insiren e o ámbito institucional no que se desenvolven estas relacións.
BLOQUE 1. Desenvolvemento económico. Definición e situación actual.
Tema 1: A economía dos países menos desenvolvidos. O concepto de desenvolvemento económico
Tema 2: A medición do desenvolvemento económico: Indicadores e enfoques
Tema 3: A configuración do centro e da periferia: as orixes do desenvolvemento e o subdesenvolvemento.
BLOQUE 2. A Economía do desenvolvemento. As teorías do desenvolvemento económico
Tema 4: A economía do desenvolvemento. Antecedentes á economía do desenvolvemento
Tema 5: A economía do desenvolvemento a partir de 1945. Enfoques optimistas e pesimistas.
BLOQUE 3. A nova orde económica mundial e o desenvolvemento económico
Tema 6: A UNCTAD e o comercio dos países menos desenvolvidos
Tema 7: O Banco mundial e a axuda ao desenvolvemento
Tema 8: FMI e o problema da débeda externa
BLOQUE 4. Outras cuestións relevantes para o desenvolvemento económico
Tema 9: Límites ao desenvolvemento económico. Outras cuestións relevantes.
Para cada tema os alumnos disporán de referencias ao material empregado para as clases expositivas. Estas referencias poden ser guións de clase e/ou material estatístico, artigos, enlaces web e /ou textos para a preparación dos temas.
(a) Básica:
CYPHER, J. (2014): The Process of Economic Development,. London New York Routledge, Taylor & Francis Group, 2014.
(b) Complementaria.
ALONSO, J. A. (dir.) (2019): Lecciones sobre economía mundial, Editorial Thomson-Civitas, Madrid.
BARDI, Ugo (2014): Los límites del crecimiento retomados, Catarata, Madrid.
BERZOSA, C.; BUSTELO, P. e DE LA IGLESIA, J. (Coord.) (2010), Estructura económica mundial, Editorial Síntesis, Madrid.
BUSTELO, P. (1998) Teorías contemporáneas del desarrollo económico, Síntesis.
CHANG, H. & GRABEL, I.(2006) Reivindicar el desarrollo : un manual de política económica alternativa, Oxfam-Intermon.
HAYAMI, Y. e GODO, Y. (2005): Development Economics: from the Poverty to the Wealth of Nations, Oxford University Press.
MARTÍNEZ GONZÁLEZ-TABLAS, Ángel (2007): Economía política mundial, vol.. I e II, Ariel, Barcelona.
MEIER, G. e RAUCH, J. (2005): Leading Issues in Economic Development, Oxford University Press.
REQUEIJO, Jaime (2017). Economia Mundial, McGraw-Hill/Interamericana de España, Madrid
RIDLEY, Matt (2011): El optimista racional. ¿Tiene límites la capacidad de progreso humana? Taurus, Madrid.
ROS, J. (2004) La teoría del desarrollo y la economía del crecimiento, Fondo de Cultura Económica.
SAMPEDRO, José Luis (2002). El mercado y la globalización, Ediciones Destino, Barcelona
STIGLITZ, Joseph E. (2010): Caída libre: el libre mercado y el hundimiento de la economía mundial, Taurus, Madrid.
TAMAMES, Ramón (2010): Estructura económica internacional, Alianza, Madrid
TODARO, M. & SMITH, S. (2014): Economic Development, Addison Wesley Longman Ltd.
- Capacidade de análise e de síntese.
- Capacidade crítica.
- Habilidade para analizar e buscar información.
- Fomento do traballo en equipo.
O alumnado desenvolverá a análise da economía mundial cos instrumentos propios dunha metodoloxía sistémica, o que lle permitirá comprender as relacións económicas mundiais, as desigualdades existentes e os problemas globais.
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva, e de docencia interactiva en grupos reducidos, todas elas de carácter presencial. Para isto un soporte esencial está constituído pola Aula Virtual da materia na que se irá subministrando a información relativa a cada tema. As titorías terán lugar de modo presencial ou virtual, en función da dispoñibilidade de alumnado e profesorado
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O sistema xeral de avaliación da materia combina a avaliación continua coa realización dunha proba final obrigatoria na data fixada polo Decanato da facultade. O peso relativo de cada parte na cualificación final é a seguinte:
1. Exame da materia: 80%
2. Tarefas realizadas nas sesións interactivas: 20%. (A puntuación acadada ó longo do curso nestas actividades de avaliación continua manterase, no caso de suspender a oportunidade ordinaria, para a oportunidade extraordinaria da mesma convocatoria).
Para poder ter en conta a puntuación das sesións interactivas será preciso asistir alomenos ao 80% das clases.
As persoas que teñan concedida a dispensa de asistencia a clase serán avaliados exclusivamente a través da proba final, que suporá o 100% da nota final. Esta opción poderá ser ofrecida ao resto do alumnado; de ser así tería que ser solicitado por parte do mesmo no prazo concreto e improrrogable comunicado polo profesorado.
Para a realización destas actividades estímase que o alumno debe adicar en torno a 2,5 horas á semana de traballo persoal autónomo. A estimación deste tempo medio de traballo autónomo é orientativa e virá modificada fundamentalmente pola atención e participación nas actividades da aula e as complementarias, a base de coñecementos e a actitude e aptitude de cada un.
Ademais da asistencia á clase e utilización do material, lecturas e recomendacións que se fagan ao longo do curso, cada alumno deberá adicar o que resulte necesario segundo a súa capacidade e coñecementos para asentar os contidos e realizar os traballos que, no seu caso, se demanden.
PLAN DE CONTINXENCIA PARA OS ESCENARIOS 2 E 3.
En aplicación do Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, aprobado polo Consello de Goberno do 30 de abril de 2021, no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO:
Metodoloxía da ensinanza:
En función das condicións sanitarias e das directrices que establezan o secanato e a reitoría, tanto a docencia expositiva como a interactiva poderán realizarse de modo telemático mantendo os horarios programados. No caso de que a docencia sexa telemática empregarase o MS Teams da materia. Na docencia interactiva combinaranse mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
As titorías terán lugar preferentemente de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e o Campus Virtual
Avaliación:
No suposto de que a situación e as normas sanitarias permitan programar probas finais de carácter presencial, manterase o sistema de avaliación previsto para o escenario 1 nas dúas modalidades (avaliación continua e avaliación única).
O sistema de avaliación non variará, pesando un 80% a proba final e o 20% a avaliación continua.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS:
Metodoloxía da ensinanza:
Tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de modo telemático, mantendo para os mecanismos síncronos os horarios programados. A docencia expositiva será desenvolvida de modo telemático a través de sesións en MS Teams. Na docencia interactiva combinaranse mecanismos síncronos (sesións a través de Ms Teams) e asíncronos (entrega de tarefas e outras actividades por medio do Campus Virtual).
As titorías terán lugar de xeito virtual, por medio de MS Teams, o correo electrónico institucional e o Campus Virtual.
Avaliación:
As actividades de avaliación serán realizadas en remoto, mantendo o calendario previsto para o Escenario 1 se así o prevén as directrices de Reitoría e Decanato. Para a súa realización empregarase en todos os casos o Campus Virtual.
O sistema de avaliación non variará, pesando un 80% a proba final e o 20% a avaliación continua.
Maria Del Pilar Murias Fernandez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811584
- Correo electrónico
- mdelpilar.murias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Diego Sande Veiga
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811692
- Correo electrónico
- diego.sande.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución S. Esp. e outros
Beatriz Valcárcel Aguiar
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811558
- Correo electrónico
- beatriz.valcarcel [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Francisco López Bermúdez
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811572
- Correo electrónico
- franciscolopez.bermudez [at] usc.gal
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
15:30-17:30 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
Xoves | |||
11:15-12:45 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 07 |
18:45-20:15 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 07 |
19.05.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
19.05.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
19.05.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
19.05.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |
19.05.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
19.05.2022 12:00-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
07.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
07.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
07.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
07.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_04 | Aula A |
07.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Aula A |
07.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Aula A |