Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Historia e Institucións Económicas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia intenta:
a) Aproximar ao alumno ás características e tendencias máis destacadas das relacións económicas internacionais nos séculos XIX e XX.
b) Poñer de manifesto o carácter interdependente das economías nacionais e o proceso de transmisión dos cambios dunhas economías a outras. Trátase de que os alumnos comprendan que o desenvolvemento económico e as políticas económicas dun país non poden entenderse á marxe do que acontece no resto do mundo.
c) Facilitar a comprensión da historia das relacións económicas internacionais a través de conceptos económicos relevantes, de xeito que os alumnos aprendan a interpretar e analizar a información dispoñible e poidan valorar adecuadamente a transcendencia dos cambios históricos que se foron producindo a nivel mundial e as súa repercusión para cada país.
d) Axudar a que os alumnos aprendan a relacionar a descrición e a análise histórica a longo prazo da evolución dos feitos co desenvolvemento teórico. Intentarase tamén que os alumnos coñezan o estado dos debates máis recentes en cada un dos asuntos tratados.
TEMA 1. A expansión das Relacións Económicas Internacionais ata a 1ª Guerra Mundial e as súas causas. A Primeira Globalización económica.
TEMA 2. Os sistemas financeiros e monetarios no século XIX. Londres, centro financeiro internacional.
TEMA 3. Desintegración das Relacións Económicas Internacionais 1914-1945: cambios e retrocesos nos fluxos de comercio exterior.
TEMA 4. Inestabilidade monetaria e financeira no Período de Entreguerras (1918-1939).
TEMA 5. O comercio internacional despois da 2ª Guerra Mundial: da liberalización á globalizacion, do Atlántico ao Pacífico. Fases, causas, características e protagonistas.
TEMA 6. O sistema financeiro e monetario dende 1945: principais vaivéns e etapas na súa evolución. A City de Londres.
BÁSICA:
CASSIS, Y. (2006), Capitals of Capital: a History of International Financial Centres, 1780–2005. Cambridge, Cambridge University Press.
EICHENGREEN, B. (2000), La globalización del capital. Historia del sistema monetario internacional. Barcelona, Antoni Bosch.
FOREMAN-PECK, J. (1995), Historia de la economía mundial. Las relaciones económicas internacionales desde 1850. Madrid, Prentice Hall.
GRAFF, M.; KENWOOD, A. G.; LOUGHEED, A. L. (2014), The growth of the international economy, 1820-2015. London, Routledge.
COMPLEMENTARIA:
ALDCROFT, D. H. (1985), De Versalles a Wall Street, 1919-1929. Barcelona, Crítica.
BAIROCH, P. (1993), Economics and World History. Myths and Paradoxes. New York, Harvester Wheatsheaf.
EICHENGREEN, B. (2011), Exorbitant Privilege: The Rise and Fall of the Dollar and the Future of the International Monetary System. New York, Oxford University Press.
FOREMAN-PECK, J. (Ed.) (1998), Historical Foundations of Globalization. Cheltenham, Edward Elgar.
FRIEDEN, J. A. (2006), Capitalismo global. El trasfondo económico de la historia del siglo XX. Barcelona, Crítica.
HARLEY, C. K. (ed.) (1996), The Integration of the World Economy, 1850-1914. Cheltenham, Edward Elgar. 2 vols.
KINDLEBERGER, C. P. (1985), La crisis económica 1929-1939. Barcelona, Crítica.
MADDISON, A. (1991), Historia del desarrollo capitalista. Sus fuerzas dinámicas. Barcelona, Ariel.
MARICHAL, C. (2010), Las grandes crisis financieras. Una perspectiva, global, 1873-2008. Barcelona, Debate.
MILWARD, A. S. (1986), La Segunda Guerra Mundial, 1939-1945. Barcelona, Crítica.
MITCHELL, B. R. (1992-1999), International Historical Statistics. 1750-1993. Basingstoke, MacMillan. (Varios vols.).
NORFIELD, T. (2016), The City. London and the Global Power of Finance. London, Verso.
REINHART, C.M. y ROGOFF, K. S. (2009), This Time is Different. Eight Centuries of Financial Folly. Oxfordshire, Princeton University Press.
RODRIK, D. (2012), La paradoja de la globalización. Democracia y el futuro de la economía mundial. Barcelona, Antoni Bosch.
SCHENK, C. R. (2011), International Economic Relations since 1945. London & New York, Routledge.
STIGLITZ, J. E. (2002), El malestar en la globalización. Madrid, Taurus.
VAN DER WEE, H. (1986), Prosperidad y crisis. Reconstrucción, crecimiento y cambio 1945-1980. Barcelona, Crítica.
COMPETENCIAS XERAIS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE ESTA MATERIA:
- Coñecer e comprender os principios básicos da economía.
- Orientar o proceso de aprendizaxe desde unha perspectiva interdisciplinar.
- Recoller e manexar información relevante de fontes bibliográficas, documentais e estatísticas.
- Avanzar na elaboración e presentación oral e escrita de informes e traballos.
- Afacerse a participar no traballo en equipo e aprender a resolver os conflitos que poidan xurdir.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Saber determinar as principais etapas no proceso de internacionalización económica e estar en condicións de explicar as características e os aspectos máis destacados de cada etapa histórica.
- Coñecer a evolución dos principais fluxos internacionais de bens, servizos e factores produtivos (comercio de bens e servizos, investimento, emigración, relacións monetarias e financeiras...) e ser capaz de indicar cales adquiriron maior relevancia en cada período concreto.
- Saber determinar e comprender os factores e causas (económicas, sociais, políticas, de innovación...) que impulsaron as relacións económicas internacionais ou que, no seu caso, dificultaron ou provocaron un retroceso nelas.
- Ser capaz de explicar razoadamente as consecuencias da internacionalización para os distintos participantes no proceso.
- Comprender e saber valorar criticamente o papel xogado polos distintos países, institucións e axentes sociais no desenvolvemento das relacións económicas internacionais.
- Coñecer os cambios institucionais que se foron producindo desde a segunda metade do século XIX ata a actualidade e comprender e valorar os devanditos cambios.
O ensino da materia levarase a cabo a través de actividades de docencia expositiva, en grupo grande, e de docencia interactiva, en grupos máis reducidos, todas elas de carácter presencial. A Aula Virtual da materia será un importante soporte, na que se irán poñendo a disposición dos alumnos e alumnas os materiais e actividades a desenvolver ao longo do curso.
As clases expositivas utilizaranse para introducir os contidos básicos do programa, recalcando os aspectos máis relevantes e as relacións existentes entre eles.
As clases interactivas dedicaránse a profundizar en aspectos máis concretos que, por falta de tempo, non poden ser abordados nas expositivas. Nas clases interactivas requírese a participación activa do alumnado, que deberá presentar os resultados dos traballos encargados previamente polo profesorado sobre os temas que se van desenvolvendo na materia [comentarios de texto sobre lecturas previamente preparadas, debates breves sobre textos curtos presentados na aula, respostas a cuestionarios, análises interpretativos sobre materiais diversos (textos históricos, vídeos, series de datos cuantitativos a longo prazo...). O profesorado aproveitará para corrixir os erros e problemas que vaia detectando nas exposicións dos estudantes e para completar aspectos relevantes dos temas abordados.
O alumnado que siga o sistema de avaliación continua realizará as actividades propostas e entregaraas nos prazos e polos medios que indique en cada caso o profesorado da materia (ben na clase, ben a través do Campus Virtual).
As titorías terán lugar ou ben de modo presencial ou ben por medios telemáticos.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa da USC de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
O alumnado poderá acollerse a un proceso de avaliación continua ou optar por avaliación única.
A AVALIACIÓN CONTINUA incluirá:
a) A participación na clase, as prácticas, traballos e probas realizados no cuadrimestre (40% da cualificación final);
b) Unha proba global de coñecementos realizada ao final do curso (60% da cualificación final). Superar esta proba será requisito imprescindible para aprobar a materia.
A AVALIACIÓN ÚNICA vai dirixida ao alumnado que non seguira a avaliación continua e tamén ao que teña concedida "dispensa de asistencia a clase". Consistirá na realización un exame final sobre os contidos do programa da materia preparados a partir da bibliografía básica. Este exame suporá o 100% da súa cualificación.
As condicións de avaliación son as mesmas tanto na primeira como na segunda oportunidade dentro do curso académico, e unha vez finalizado o curso académico non se conservará para cursos posteriores a cualificación de ningunha parte da materia.
As 150 horas totais (6 créditos ECTS * 25 horas/crédito) de dedicación do alumno a esta materia distribúense como segue:
Horas presenciais: 51
- Docencia expositiva ou clases teóricas: 17 (nestas horas inclúese 1 das 2 dedicadas a exame final).
- Docencia interactiva ou clases prácticas: 31 horas (nestas horas inclúense ás dedicadas a avaliación de lecturas e exposicións orais –véxase o apartado de metodoloxía; e tamén 1 das 2 horas dedicadas ao exame final. Estímanse arredor de 7 horas de actividades de avaliación).
- Titorías en grupos reducidos: 3 horas (dedicadas á aclaración de dúbidas de carácter xeral e, no caso de que os alumnos o soliciten, á orientación sobre temas de interese individual)
Horas estimadas de traballo non presencial do alumno: 99
Cada alumno decidirá a distribución desas 99 horas como considere máis adecuado. Non obstante, proponse como orientación o seguinte reparto:
- Estudo e preparación dos materiais correspondentes á parte teórica da materia: 32 horas (2 horas de estudo por cada hora de docencia expositiva, 16 *2=32).
- Preparación das lecturas, das exposicións orais e redacción de informes e comentarios de textos: 52 horas.
- Repaso para a preparación do exame final: 15 horas.
Tendo en conta que esta é unha materia optativa de 4º curso da titulación, os alumnos que desexen matricularse nela deberían ter coñecementos básicos de Historia Económica Mundial, Economía Mundial e Estatística. Enténdese aquí por básicos ter superadas as materias do Grao en Economía seguintes: Historia Económica Mundial, Estrutura Económica Mundial I e II, Principios de Economía, Estatística Económica I e II. Deberían así mesmo ser capaces de ler e comprender textos en inglés. E deberían, por último, saber manexar Excel.
PLAN DE CONTINXENCIA:
En aplicación do previsto nos documentos aprobados pola USC sobre a organización da docencia no curso 2021-2022 (Plan de continxencia para o desenvolvemento da docencia no curso 2021-22, aprobado polo Consello de Goberno o 30 de abril de 2021), no Escenario 2 e no Escenario 3 levaranse a cabo as adaptacións que se indican a continuación.
A) Metodoloxía de ensinanza.
- Aplicación do escenario 2: distanciamento (restricións parciais á presencialidade física). A actividade do curso pasa a desenvolverase combinando a actividade presencial do profesorado coa semipresencial do alumnado (segundo os aforos que estableza o decanato). As actividades non presenciais síncronas realizaránse mediante a plataforma Teams e as asíncronas realizaranse basicamente a través do Campus Virtual da materia. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas, segundo sexa a situación. Sempre que sexa posible, a docencia impartirase de xeito sincrónico. De ser posible, a proba final realizarase de xeito presencial e, en caso contrario, a través do campus virtual.
- Aplicación do escenario 3: peche das instalacións (imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). A actividade do curso pasa a desenvolverse unicamente a través de Teams e do Campus Virtual da materia. Tanto as titorías como a proba final terán carácter telemático. Sempre que sexa posible, a docencia impartirase de xeito sincrónico.
B) Sistema de avaliación.
A cualificación do alumnado levarase a cabo segundo o indicado no apartado "sistema de avaliación da aprendizaxe" deste programa.
No caso de adoptarse o escenario 2 (distanciamento), a avaliación se é posible será presencial e, de non ser posible, desenvolverase de forma telemática a través do campus virtual.
No caso de adoptarse o escenario 3 (peche de instalacións) a avaliación desenvolverase de forma telemática a través do Campus Virtual.
As ponderacións das actividades, tanto no escenario 2 como no 3, son as mesmas que se indican no apartado de avaliación para o escenario 1. É dicir:
a) Na modalidade de avaliación continua: 60% exame, 40% actividades; aprobar o exame será requisito para aprobar a materia.
b) Na modalidade de avaliación única: 100% exame.
Angel Ignacio Fernandez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Historia e Institucións Económicas
- Teléfono
- 881811566
- Correo electrónico
- geluco.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 21 |
Mércores | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 22 |
21.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A |
21.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A |
21.12.2021 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A |
22.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula C |
22.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula C |
22.06.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula C |