Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia Acción Socioeducativa coa Infancia e a Xuventude, céntranse nos seguintes aspectos:
1. Lograr un coñecemento crítico dos referentes teórico-conceptuais básicos da materia
2. Coñecer o marco contextual e normativo da atención á infancia e a xuventude e as súas implicacións sociais e individuais.
3. Saber valorar criticamente diferentes modelos de diagnóstico e intervención nestas etapas vitais.
4. Valorar o importante papel do educador social na atención á infancia e a xuventude
5. Desenvolver unha toma de conciencia e sensibilización cara á problemática destes sectores.
6. Adquirir actitudes, destrezas e habilidades para a intervención socio-educativa nestes ámbitos.
Os contidos a abordar na devandita materia xiran en torno ás seguintes temáticas:
Bloque I: Marco contextual, teórico e normativo
1. Aproximación contextual, conceptual e normativa á acción socioeducativa coa infancia e a xuventude. A intervención socioeducativa no ámbito da protección infantil e xuvenil: principios básicos.
2. O modelo sistémico na atención á infancia e a xuventude. Principais aportacións do modelo sitémico-fenomenolóxico. As leis sistémicas. Pautas básicas para a intervención.
Bloque II: A Intervención socioeducativa en diversos ámbitos relacionados coa infancia e a xuventude
3. A infancia en risco social: indicadores, fases e estratexias de atención ás situacións de desprotección infantil. Acollemento, adopción e atención residencial. Etapas no acollemento. O proceso de adopción. Tipos de centros na atención residencial e o seu funcionamento.
4. A violencia contra a infancia: o maltrato infantil na familia. Concepto e tipos de maltrato. Causas e consecuencias do maltrato infantil. Estratexias de intervención. Agresión e Bullyng no contexto socioeducativo: definición e tipos de bullyng. Manifestacións e indicadores. Causas e consecuencias. Estratexias de intervención.
5. Infancia e inmigración. Problemática social e escolar do menor inmigrante. Estratexias para mellorar a situación da infancia inmigrante
Bloque II: Habilidades e estratexias para a vida independente na infancia e a xuventude
6. A optimización do desenvolvemento psicolóxico na infancia e na xuventude. As habilidades sociais e de vida independente na infancia e xuventude. Actitudes e competencias antes as TIC e as Mass-media
Bibliografía básica
- Fernández Millán, J. M.; Hamido, A. y Fernández Navas, M. (2011). Educación Social y atención a la infancia. Madrid: Pirámide.
- Fernández Tilve, M. D. e Suárez, J. M. (Coords.). (2012). Menores en crisis. Propuestas de intervención y medidas reeducativas. Santiago: Universidade de Santiago de Compostela.
- Gómez Granell, C. et al. (Coords.) (2004). Infancia y familia: realidades y tendencias. Barcelona: Ariel.
Bibliografía Complementaria
- Amorós, P. y Ayerbe, P. (2000). Intervención educativa en la inadaptación social. Madrid: Síntesis.
- Balsells, M. A. e Alsinet, C. (2011) Infancia y Adolescencia en riesgo social. Estrategias de Intervención. Lleida: Milenio.
- Brullet, c. e Gómez Granell, C. (Coord.) (2008). Malestares: infancia, adolescencia y familia. Barna: Graó
- Echeburúa, E. e Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Madrid: Pirámide.
- García Diéguez, N. e Noguerol, V. (2007). Infancia maltratada. Manual de Intervención, Madrid: EOS.
- García Rodicio, M. L. e Iglesias Cortiza, M. J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Madrid: Biblioteca Nueva
- Kowalski, R.; Limberg, S. y Agatston, P. (2010) Cyber Bulling. el acoso escolar en la era digital. Bilbao: Desclée de Brouwer.
- Lebrero, M. P. (2005). Atención a la infancia en riesgo y dificultad social. Madrid: UNED
- Picornell, A. (2006) La infancia en desamparo. Valencia: Nau LLibres.
- Roldán, E. e cols. (2011). Terror en las aulas. Cómo abordar el acoso escolar o bullyng. Tarragona: Altaria.
- Ruíz Soro,R. M. (2012). Adolescentes: guía de educación pra la salud. Archidona (Málaga): Aljibe
- Zamora,M. (2011). Maltrato infantil. Pevención e intervención. Alcalá la Real (Jaén): Formación Alcalá.
- Velaz, C. (Coord.) (2009) Educación y protección de menores en riesgo, Un enfoque comunitario. Barcelona: Graó
DIRECCIÓNS DE INTERESE EN INTERNET:
www.ceesg.org
www.eduso.net
www.savethechildren.es
www.oijj.org
Referenzas mais específicas para o 2º e 3º escenario
- Melendro, M. & Rodríguez, A. E. (2013). Intervención con menores y jóvenes en dificultad social. https://www.researchgate.net/profile/Miguel _Estefania/publication/259475330_Los_escen arios_de_intervencion_Intervention_scenarios /links/0c96052c0054425d34000000
- Tendencias y buenas prácticas en la atención a la infancia en situación de riesgo social. https://dialnet.unirioja.es/descarg a/articulo/5984571.pdf
- La infancia en situación de riesgo social. https://www.oposinet.com/temario-interven cion-sociocomunitaria/temario-2-intervencio n-sociocomunitaria/tema-31-la-infancia-en-si tuacin-de-riesgo-social-indicadores-el-maltrato-infantil-indicadores-servicios-especializados-dentro-de-una-poltica-de-bienestar-social-ad opcin/
- Hernández González, E. (2018) El maltrato infantil: tipos, causas,consecuencias y prevención.
Psicología-online. https://www.psicologia-online.com/el-maltrato-infantil-tipos-causas-con…
- Lavilla, L. (2011). Bullying: estrategias de prevención. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3629218.pdf
- Ruiz de Lobera, M. (s.f). Inmigración, diversidad, integración exclusión: conceptos clave para el trabajo con la población inmigrante. http://www.injuve.es/sites/default /files/66CAP1.pdf
No desenvolvemento desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais e específicas:
A) COMPETENCIAS XERAIS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
4 G Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
B) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
2 T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
4 T Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.1 Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.3 Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, dende a infancia ata a vellez.
CE2.1 Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.2 Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura da paz e a sostibilidade.
CE2.3 Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
A USC é unha universidade presencial, polo que, na situación do 1º escenariol a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, tal como se especifica para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial de docencia. Os/as alumnos/as que obteñan a exención de docencia deberán presentar o documento ao profesor de forma inmediata, para poder establecer un plan de traballo alternativo. Este consistirá:
a) alumnado con exención de docencia das clases expositivas: lectura, resumo das ideas principais e valoración crítica dun manual
a determinar polo docente
b) alumnado con exención ou dispensa de asistencia, tanto as clases interactivas como as expositivas:
- realización do mesmo tipo de traballo co manual
- Desenvolvemento dun traballo teórico-práctico, a determinar de acordo co docente.
A metodoloxía de ensino céntrase fundamentalmente en estimular a participación activa do alumnado por medio de actividades que posibiliten a reflexión e o traballo en equipo, así como a análise e aplicación dos temas tratados a través da realización de actividades e supostos prácticos vinculados cos contidos da materia.
En concreto, a metodoloxía de ensinanza combinará diversas modalidades de traballo docente-discente:
- A exposición dalgúns temas do programa ou partes destes polo profesor. No caso do escenario 1 se producirían dun xeto presencial, no 2 combinando esta coa vía virtual e no 3, de xeito exclusivamente telemático.
- A presentación de documentos fotocopiados para realizar, no 1º escenario, unha análise-valoración en pequenos grupos, finalizando cun debate de todo o grupo-clase. Tamén se fomentará a realización de coloquios e debates en todas as actividades que o permitan. Nos escenarios 2 ou 3 a valoración sería individual e realizaríse dun xeito telemático
- O profesor formulará preguntas, problemas ou dilemas relacionados con determinadas cuestións do programa e que os grupos de traballo deberán responder. Posteriormente, no escenario 1, pódese realizar unha análise–valoración en pequenos grupos, para finalizar cun traballo de todo o colectivo sobre eles. Nos escenarios 2 ou 3 a valoración sería individual e realizaríse dun xeito telemático.
- Presentación e/ou ilustración dalgúns temas a través de material audiovisual. No escenario 1 presentaránse na clase e no 2 e 3 a través da aula virtual da materia.
- Realización de exercicios e actividades prácticas grupais. No escenario 1 e, na medida en que sexa posíble, no escenario 2, as prácticas realizaránse presencialmente, aínda que teña que ser subdividindo os grupos das clases interactivas. No escenario 3 realizaráse a través de vídeos
A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante e de promover o desenvolvemento dunha aprendizaxe máis significativa no alumnado, lévanos a propoñer un gran número de actividades variadas que, con carácter voluntario, permiten atender á diversidade de intereses e motivacións existentes:
- A organización, dirección e comentario dunha técnica unha técnica de grupo para o traballo coa infancia ou xuventude, aplicándoa para toda a clase. Entregaráselle ao docente unha ficha cun esquema no que se inclúen as cuestións básicas, xunto cun informe onde se recollerán os resultados da súa aplicación ao grupo. No escenario 1 e 2 , se é posible, realizarase na clase, traballando cos propios compañeiros. No escenario 3 poderase sustituir pola selección e presentación dunha serie de técnicas valorando as súas posibilidades para o traballo con nenos e xoves, que se poderá facer tamén en grupo.
-A realización de traballos en grupo sobre diferentes temas relevantes no ámbito desta materia. Estes constarán dunha parte teórica, onde se recollerán os conceptos, principios e liñas de actuación básicas, e dunha práctica onde se traballará, no 1º escenario, con todo o colectivo, algúns exercicios ou técnicas relacionados con esa temática. No 2º e 3º recolleríanse e xustificaríanse que tipo de técnicas poderían ser válidas para traballar este tema
- A lectura e recensión crítica dalgúns libros relacionados coa temática da materia. Para facela, poderán escollerse os libros que se prefiran entre os indicados polo profesor. Esta actividade será válidas para calquera dos 3 posíbeis escenarios
- A realización dun traballo práctico, ben sexa a nivel de simple observación ou de dirección dun grupo externo, aplicando diversas técnicas e analizando os resultados conseguidos con elas. Esta actividade só para o 1º escenario e , no caso de ser posíbel pra o 2º. Para o 3º estaría descartada
- Realizarase a visita a unha ou varias Institucións Socioeducativa relacionadas coa atención a menores. No escenario 1 e sempre que se conte coa correspondente subvención para prácticas de campo, faráse unha saída fóra de Santiago a diversas institucións. A elección de estas se negociará cos alumnos, tendo en conta os seus intereses e as posibilidades existentes. Posteriormente, se entregará un informe valorativo de esta ao profesor. No escenario 2 ou 3, esta visita poderá sustituirse pola análise de algún documental sobre unha instituciónn ou experiencia relacionada co traballo con menores.
A cualificación final será o resultado de diferentes tipos de procedementos:
1) Unha avaliación continua, ao longo do curso, a través do seguemento do traballo levado a cabo polo alumnado nos diversos ámbitos: a participación e achegas nas clases, prácticas, debates, etc. Isto no caso do 1º e 2º escenario. No 3º realizarase, ademais, a través de realización, por parte do alumnado, de actividades específicas de avaliación para cada parte do temario, que se presentarán a este ao final de cada tema e cun prazo limitado para entregar.
2) O desenvolvemento das diversas actividades propostas no programa: traballos teóricos, lecturas e recensións, saída de campo e elaboración de informe, organización e dirección dunha técnica na clase, etc. Estas serán avaliadas tendo en conta, principalmente, a calidade dos informes realizados para cada unha destas actividades. As que son factibeis nos escenarios 1 e 2 realizaranse tal e como están deseñadas, ou facendo as oportunas adaptacións no escenario 2. As que non son posibleis no escenario 3 se sustituirán por outras equivalentes que se podan realizar telemáticamente.
3) A realización dun exame sobre o temario da materia, no cal buscarase unha avaliación global do proceso de aprendizaxe do alumnado, tanto en canto á súa adquisición de coñecementos como de competencias. No 1º e, caso de ser posible facendo as necesarias adaptación, no 2º escenario, sería presencial. No 3º escenario, este exame podería ser sustituido por un conxunto de actividades a través das cales se avaliaría o aprendido polo alumnado en relación con cada tema.
Valoración das diferentes dimensións:
1) Realización dun exame sobre o temario da materia (80%) que se desenvolverá nas datas propostas oficialmente pola facultade. O mesmo valor terían as actividades que o sustituirían no 3º escenario.
2) Realización das diversas actividades propostas no programa. O alumnado poderá optar polas que prefira ata completar o 20% restante. O valor das diferentes actividades será o seguinte: traballo en grupo (20%), investigación na práctica, recensión (10%), organización e dirección dunha técnica en clase (10%) e asistencia á visita e realización do informe correspondente (0,5%)
3) A participación e achegas nas clases, prácticas, debates, visitas, etc. Esta terá unha valoración global, sen que se destine unha puntuación específica para ela. No escenario 3 terá que ver co nivel de continuidade da atención e seguemento das actividades on-line por parte de cada alumno/a
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquer traballo copiado supondrá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaluativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordenada.
Actividades docentes presenciais ou a súa equivalencia on-line:
- Clases expositivas: presentación e explicación de contidos: 20 horas
- Clases interactivas: 20 horas
- Titorías: 6 horas
- Avaliación: 4 horas
Traballo persoal do alumno/a:
- Estudo: 40 horas
- Estudo e elaboración de informes: 12 horas
- Visualización de materiais e elaboración de informes: 32 horas
- Lecturas: 16 horas
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 50
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100
A asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, a consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesor da materia, a participación activa no desenvolvemento das sesións de clase, así como a entrega das diferentes tarefas encomendadas, son fundamentais para o bo aproveitamento da materia.
Tamén é conveniente que as alumnas e alumnos participen activamente nas diversas tarefas propostas na materia, no caso do 1º e 2º escenario, no aula, e telemáticamente, no 3º escenario.
Asemade, aconséllase que, en función dos seus intereses e posibilidades particulares, realicen algunhas das actividades voluntarias que se propoñen no programa da materia, a maioría das cales poden ser perfectamente realizables en calquera dos 3 escenarios
Suxírese a utilización da titoría, ben sexa presencial ou telemática, para clarificar as dúbidas e para recibir orientacións, apoios e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia e a realización das actividades propostas.
O traballo constante durante o curso e o estudo persoal constituirán unha base fundamental no proceso de aprendizaxe.
Por outra parte, este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran. Dada a incertidume existente actualmente e a previsión de 3 posibeis escenarios para o traballo nesta materia, durante o vindeiro curso, cabe a posibilidade de que, se nos encontramos no 2º ou 3º escenario, teñan que facerse novas adaptacións ao presentado neste programa ou complementar, ampliar ou modificar algunhas das propostas que contén este, tanto a nivel de contidos como de actividades e de referenzas e materiais a utilizar.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XENERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos realizados.
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Quintin Alvarez Nuñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813836
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ana Rodriguez Groba
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A - I) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (J - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
29.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |