Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1.- Coñecer os principais referentes teóricos e metodolóxicos da análise de realidades sociais e da avaliación inicial/diagnóstica.
2.- Saber deseñar estudos de análises de realidades socioeducativas, tendo en conta a especificidade do obxecto.
3.- Saber deseñar estudos de avaliación inicial/diagnóstica.
4.- Desenvolver un pensamento crítico sobre os contidos teóricos e propostas metodolóxicas desenvolvidas na materia.
5.-Mostrar unha actitude de rigor científico á hora de realizar as tarefas correspondentes coa análise e diagnóstico socioeducativos.
6.-Apreciar a importancia que ten a avaliación das realidades socioeductaivas, principalmente, ao servizo da mellora da calidade das intervencións socioeducativas.
1. MARCO CONCEPTUAL
. Concepto de análise da realidade socioeducativa, funcións, momentos e ámbitos.
. Concepto de diagnóstico socioeducativo, finalidades, accións chave e fases e niveis fundamentais.
. Outros termos afíns.
2. NECESIDADES SOCIOEDUCATIVAS
. Concepto e compoñentes.
. Principais tipoloxías e indicadores.
. Concepto de avaliación de necesidades, proceso e técnicas de identificación de necesidades socioeducativas e procedementos e criterios na priorización de necesidades.
3 . RECOLLIDA DE DATOS NA ANÁLISE E DIAGNÓSTICO DE REALIDADES S.E.
. Proceso de recollida e uso dos datos na análise e diagnóstico S.E.
. Aspectos xerais sobre técnicas e instrumentos de recollida de datos en realidades S.E.
. Exemplos de técnicas e instrumentos de recollida de datos para a análise e diagnóstico en diferentes ámbitos de intervención socioeducativa.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ballesteros Velázquez, B. (2019). Investigación social desde la practica educativa. Madrid: UNED. Dispoñible no PRELO da USC.
Granados, P. y Mudarra, Mª. J. (2010). Diagnóstico en educación social. Madrid: Sanz Torres.
Rubio, M. J. y Varas, J. (2011). Análisis de la realidad social. Madrid: CCS.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Aguilar, Mª J. y Ander-Egg, E. (1995). Diagnóstico social. Buenos Aires: Lumen. Dispoñible en https://www.researchgate.net/publication/31701512_Diagnostico_social_co…
Ander-Egg, E. (2000). Técnicas o procedimientos para recoger datos y obtener información [Cómo realizar la investigación en comunidades de ámbito bien de limitado]. En Autor, Metodología y práctica del desarrollo de la comunidad (pp.158-161). Buenos Aires: Grupo Editorial Lumen.
Ander-Egg, E. (2011). Aprender a investigar. Nociones básicas para la investigación social. Córdoba, Argentina: Editorial Brujas. Dispoñible en: https://abcproyecto.files.wordpress.com/2013/06/ander-egg-aprender-a-in…
Ballesteros, B. y de Lara, E. (2007). Métodos de investigación en Educación Social. Madrid: UNED.
Benzanilla, J. M. (2011). Sociometría. Un método de investigación psicosocial. México: PEI Editorial. Dispoñible en http://bp000695.ferozo.com/wp-content/uploads/2012/02/Sociometria.pdf
Castillo,S. y Cabrerizo, J. (2011). Procedimientos, técnicas e instrumentos para la evaluación de la intervención socioeducativa. En Autores, Evaluación de la intervención socioeducativa: agentes, ámbitos y proyectos (pp.177-227). Madrid: UNED. Dispoñible en: https://www.academia.edu/29163789/Evaluaci%C3%B3n_de_la_intervenci%C3%B…
Ceballos, E. (2006). Dimensiones de análisis del diagnóstico en educación: el diagnóstico del contexto familiar. RELIEVE, 12, 33.47. Dispoñible en https://ojs.uv.es/index.php/RELIEVE/article/view/4244/3861
Corbetta, P. (2007). Metodología y técnicas de investigación social. Madrid: McGraw Hill. Dispoñible en: https://diversidadlocal.files.wordpress.com/2012/09/metodologc3ada-y-tc…
De la Riva, F. (2003). Metodologías de análisis de la realidad global y local. Col. A fuego lento. Dispoñible en: https://plataformavoluntariado.org/wp-content/uploads/2018/10/a-fuego-l…
Fernández Prados, J. S. (2000). Sociología de los grupos escolares: sociometría y dinámica de grupos. Almería: Universidad. Dispoñible en: https://www.edu.xunta.gal/centros/cfrourense/aulavirtual2/pluginfile.ph…
Mena, A. M. y Méndez, J. M. (2009). La técnica de grupo de discusión en la investigación cualitativa. Aportaciones para el análisis de los procesos de interacción. Revista Iberoamericana de Educación, 49(3). Dispoñible en: https://rieoei.org/historico/deloslectores/2859Manriquev2.pdf
Pérez Campanero, Mª P. (1991). Cómo detectar las necesidades de intervención socioeducativa. Madrid: Narcea.
Consonte ao establecido na ficha da materia incluída na Memoria do título, as competencias oficiais de referencia neste caso son as seguintes:
a) Competencias básicas e xerais:
CB1. Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CG2. Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3. Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG4. Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CG5. Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
b) Competencias transversais:
CT3. Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos e tarefas nos que participan.
c) Competencias específicas:
CE1. Deseñar de forma básica estudos de análises de realidades socioeducativas, tendo en conta a especificidade do obxecto.
CE2. Deseñar de forma básica estudos de avaliación inicial/diagnóstica: identificar audiencias, definir obxectos e obxectivos, especificar criterios, seleccionar técnicas de recollida de datos.
A metodoloxía empregada diríxese a favorecer a adquisición das competencias indicadas, propiciando que o alumnado se implique activamente na comprensión crítica dos contidos e na realización das tarefas prácticas programadas.
Nas sesións expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a comprensión, dándose a posibilidade de abrir a partición para a discusión sobre os temas abordados na clase.
As clases prácticas realizaranse en sesións interactivas de seminario nas que o alumnado traballará sempre en grupo e interactivamente os contidos correspondentes a partir da análise de documentos, manexo de técnicas e instrumentos, e resolución de situacións prácticas. Estes grupos conformaranse na primeira sesión interactiva. Nas sucesivas sesións os equipos de traballo disporán con antelación das indicacións e materiais para ir realizando as tarefas prácticas segundo o programado. Recoméndase que cada grupo de traballo dispoña polo menos dun dispositivo electrónico para poder desenvolver as tarefas encomendadas.
As actividades de traballo autónomo inclúen, basicamente, o estudo individual do material bibliográfico básico e complementario que se indique, e a realización das actividades sinaladas para as sucesivas sesións interactivas.
No desenvolvemento da materia utilizarase a plataforma virtual da USC como contorna de apoio asíncrono ao proceso de ensino-aprendizaxe, podendo atopar na aula virtual os seguintes elementos:
- Repositorio de materiais de consulta e de estudo: documentos bibliográficos de apoio, temario exposto nas clases expositivas, instrucións e recursos de apoio para a elaboración das prácticas a desenvolver nas sesións interactivas, e aqueloutros recursos necesarios para o seguimento da materia por parte de todo o alumnado (en réxime ordinario ou con exención de docencia).
- Ferramentas de comunicación co alumnado, tanto individual como grupal: empregaranse a mensaxería e os foros, principalmente.
- Espazo de entrega/realización de tarefas programadas para a realización grupal e/ou individual: a entrega/realización de actividades prácticas programadas e aqueloutras actividades que se poidan establecer (exercicios prácticos, actividades de avaliación, etc.), será realizada a través da activación de tarefas a través da aula virtual. Excepcionalmente, podería utilizarse o correo electrónico institucional para a entrega de traballos prácticos.
De ser o caso, na materia poderase contemplar a posibilidade de desenvolver, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras materias do curso (visitas, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A avaliación terá primariamente un propósito formativo (avaliación continua) -ao longo de todo o semestre- en base principalmente á observación das actividades grupais do alumnado desenvoltas fundamentalmente nas clases interactivas.
Na avaliación global da materia tomarase en consideración:
1. - O desempeño nunha proba, que terá un carácter práctico. Este terá un valor do 50% da nota.
A proba terá lugar na data e hora oficial. Non se cambiará a data da proba a ningún estudante, salvo nos casos contemplados na Normativa sobre Avaliación do Rendemento Académico da USC ou outras situacións sobrevidas e reguladas pola USC.
2. -As actividades prácticas en grupo propostas polo profesor (3 prácticas) fundamentalmente nas clases interactivas, que serán e desenvoltas total ou parcialmente nas clases interactivas. Terán un valor do 50% da nota (P1: 0,75 ptos.; P2: 0,75 ptos.; P3: 3,5 ptos.)
3. De darse o caso, a participación activa nalgunha tarefa eventual na aula poderá acadar ata un valor de 0,25 puntos.
Será preciso superar todas as partes para aprobar a materia.
Tamén para aprobar, será requisito imprescindible asistir ao 80% das clases da materia. Non se recollerán prácticas fóra das datas sinaladas. Só nos casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa citada, que o estudante deberá xustificar documentalmente, se lle permitirá realizar a práctica con posterioridade e entregala, sempre que cumpra o prazo que se lle indique.
Para obter unha valoración positiva na materia, haberá que ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
XULLO
O/a estudante que non cumpra o requisito de asistencia deberá entregar todas as prácticas e realizar a proba individual na oportunidade de xullo. O/a estudante que suspenda a proba individual en maio poderá repetila en xullo. O/a estudante que tendo asistido ao 80% das sesións non obtivera a metade da puntuación asignada á parte práctica, deberá realizar as tarefas prácticas que se lle indiquen e entregalas na data da proba de xullo. O/a estudante que non aprobara a parte práctica en maio poderá presentala en xullo.
EXENTOS/AS e outras casuísticas
O alumnado con exención de docencia oficial nas sesións expositivas deberá ter unha titoría co profesor da materia nos dez días seguintes da concesión da exención (comunicada ao profesor da materia). Nestes casos, a proba final a realizar por este alumnado terá unha parte extraordinaria. Outros casos xustificados-acreditados, serán tratados como o alumnado con exención de docencia, salvo que se vexa afectada a parte práctica.
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Así mesmo, na realización dos traballos/prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
A modo de referencia aproximada:
(a) Para preparación individual das prácticas (18 horas)
(b) Para elaboración dos traballos en equipo (46 horas)
(c) Para estudo (45 horas)
• Asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, ou, de ser o caso, seguimento regular da materia a través da aula virtual.
• Apoio na titoría presencial/virtual de xeito regular.
• Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesor da materia.
• Realización e participación activa nas actividades prácticas.
• Traballo do alumno/a dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
ASISTENCIA A CLASE
Lémbrase que "a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia".
A dispensa da asistencia á clase ante determinadas circunstancias (instrución num. 1/2017 da Secretaría Xeral da USC), non poderá ser aplicada ás clases interactivas onde se desenvolvan actividades prácticas que requiran da presencia do alumnado.
Para facilitar un axeitado desenvolvemento da docencia nesta e noutras materias é conveniente que respectemos os horarios de entrada e saída da aula. En consecuencia, por razóns organizativas e de respecto aos demais, espérase de todas/os que fagamos o esforzo de ser puntuais.
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
COMUNICACIÓN
O alumnado deberá empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es) na súa comunicación co profesorado.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC: https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
DATOS DE INTERESE:
Profesor: Miguel Anxo Nogueira Pérez
Tfno: 881813816
E-mail: miguelanxo.nogueira [at] usc.es (miguelanxo[dot]nogueira[at]usc[dot]es)
Horario de Titorías: exposto no despacho e na páxina web da Facultade
Datas de exames: no calendario oficial
PLAN DE CONTINXENCIA (https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…)
Si por razones de seguridad (directrices de la USC y protocolo establecido por la Facultad de CC. de la Educación) a lo largo del curso no es posible el desarrollo del presente programa concebido para una docencia 100% presencial (escenario 1 de normalidad adaptada), se contemplan los siguientes ajustes en la Metodología de la Enseñanza y Sistema de Evaluación del Aprendizaje de la materia:
- Escenario 2. Con medidas de distanciamento:
Metodoloxía da Ensinanza
Segundo o protocolo da Facultade e condicións polo número de alumnado e de espazos para o desenvolvemento da docencia, esta materia é considerada principalmente de tipo B, quedando condicionada a metodoloxía da ensinanza do seguinte xeito:
A docencia expositiva realizarase virtualmente, preferentemente de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio titorial poderá realizarse presencialmente previa cita co profesor no horario da materia ou de titoría, ou telematicamente por correo electrónico no horario da materia ou de titoría.
As sesións interactivas (se as condicións protocolarias se manteñen) serán principalmente presenciais, mantendo o distanciamento de seguridade nas aulas asignadas. De ser o caso de ter que alternar con docencia virtual, cada grupo interactivo podería dividirse alfabeticamente en dúas metades (materia tipo A por protocolo), que recibirían as clases de forma presencial/virtual de forma alternada en cada unha das metades establecidas. A docencia virtual apoiarase nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais audiovisuais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...), e seguimento aos grupos de traballo a través de correo electrónico.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
A avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas xa previstas para realizar en grupo polo alumnado, desenvolvendo complementariamente un sistema de co-avaliación (100% da puntuación) ou, se as circunstancias o permiten, complementaria cunha proba individual de carácter telemático a través da aula virtual da materia (50% avaliación continua, 50% proba final).
- Escenario 3. Peche das instalacións:
Metodoloxía da Ensinanza
A docencia expositiva realizarase de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio realizarse telematicamente por correo electrónico, preferentemente nos horarios da materia ou de titoría do profesor.
As sesións interactivas realizaranse virtualmente, preferente de forma asíncrona, apoiándose nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...), e correo electrónico; e, de ser posible tecnicamente, farase seguimento telemático aos grupos de traballo de maneira síncrona a través dos medios tecnolóxicos a disposición do profesorado e alumnado (Teams, aulas Lifesize, etc.).
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe
A avaliación será preferentemente continua a partir das tarefas xa previstas para realizar en grupo polo alumnado, desenvolvendo complementariamente un sistema de co-avaliación (100% da puntuación) ou, se as circunstancias o permiten, complementaria cunha proba individual de carácter telemático, preferentemente asíncrono, a través da aula virtual da materia (50% avaliación continua, 50% proba final).
Miguel Ángel Nogueira Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813816
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Ge - O) | Galego | AULA 1 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (P - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ga) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |