Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
XERAIS:
-Dominar a terminoloxía e conceptos fundamentais da materia.
-Reflexionar de xeito crítico sobre a realidade social e económica.
-Potenciar a busca, selección e síntese de información.
-Habituarse á resolución de problemas, cunha análise previa dos datos.
-Practicar a toma de decisións en relación cos problemas económicos da educación.
ESPECÍFICOS:
-Analizar e valorar os efectos da Economía na Educación e á inversa.
-Dominar as ferramentas fundamentais da Economía aplicándoas á Educación.
-Manexar as fontes estatísticas sobre gasto e financiamento da educación.
-Interpretar indicadores económicos representativos da realidade educativa.
-Comprender os criterios fundamentais de planificación económica da educación.
-Coñecer os instrumentos das Administracións públicas na asignación de recursos á educación.
-Identificar os principios de formulación e execución dos orzamentos públicos.
-Estudar os mecanismos polos cales o nivel educativo inflúe nas oportunidades de emprego.
-Debater a información nos medios de comunicación sobre esta materia.
-Familiarizarse coas estratexias de investigación máis usuais.
1.- CONCEPTOS BÁSICOS
-A Economía.- Indicadores
-O sistema educativo
2.- A ECONOMÍA DA EDUCACIÓN
-Educación e crecemento económico
-A economía da educación
-Teorías da análise económica aplicada á educación
-Educación e crecemento económico.- O capital humano
3.- PLANIFICACIÓN EDUCATIVA
-Dereito á educación.- Igualdade de oportunidades
-A calidade da educación desde o punto de vista económico
-Ámbitos e modelos de planificación educativa
-Plans e informes educativos
-A Administración pública da educación.- Aspectos económicos e normativos
4.- CUSTOS DA EDUCACIÓN
-Estrutura e ámbitos do gasto educativo
-A produtividade na educación
-Custo total e custo de oportunidade
5.- FINANCIAMENTO DA EDUCACIÓN
-Orixe, razóns e obxectivos do financiamento público da educación
-Taxas de retorno. Investimento en valores
-Os presupostos públicos
-Mecanismos de financiamento da educación
-Financiamento do sistema educativo en España
6.- FORMACIÓN E EMPREGO
-Do sistema educativo ao mercado de traballo
-Políticas activas e pasivas de emprego
-A formación profesional
-Inserción laboral.- A busca de emprego
-Taxa de desemprego
BASICA:
Power point de cada un dos seis capítulos que conforman os contidos (Imprescindible no escenario 3, de imposibilidade de docencia presencial).
FERMOSO, P. (1997). Manual de Economía de la Educación. Madrid: Narcea.
SALAS, M. (2008). Economía de la educación. Aspectos teóricos y actividades prácticas. Madrid: Pearson.
SAN SEGUNDO, Mª. J. (2001). Economía de la educación. Madrid: Síntesis.
COMPLEMENTARIA:
BALART CASTRO, P. (2016). Invertir en educación en un mundo globalizado. Barcelona: RBA Coleccionable.
BECKER, G. (1983). El capital humano. Madrid: Alianza.
BOSCH, F. e DÍAZ, J. (1998). La educación en España. Una perspectiva económica. Barcelona: Ariel.
CARNOY, M, (2006). Economía de la educación. Barcelona: UOC.
COHN, E. e GESKE, T.G. (1990). The economics of education. Oxford: Pergamon Press.
GERAINT, J. (1995). Economía de la educación. Madrid: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales.
GRAO, J. e IPIÑA, A.(Ed.) (1996). Economía de la Educación. Temas de estudio e investigación. Vitoria: Gobierno Vasco.
JOHNES, G. (1995). Economía de la educación. Capital humano, rendimiento educativo y mercado de trabajo. Madrid: Ministerio de Trabajo y Seguridad Social.
LASSIBILLE, G. e Navarro, M.L. (2004). Manual de economía de la educación. Teoría y casos prácticos. Madrid: Pirámide.
MOCHON, F. (1996). Economía básica. Madrid: Mc Graw-Hill.
MORENO, J.L. (1998). Economía de la educación. Madrid: Pirámide.
O'DONOGHUE, M. (1982). Dimensión económica de la educación. Madrid: Narcea.
OROVAL, E. e ORIOL, J. (1998). Economía de la educación. Madrid: Ediciones Encuentro.
PSACHAROPOULOS, G. e PATRINOS, H.A. (2004). "Returns to investment in education". Education Economics, 12, 111-134.
QUINTÁS, J.R. (1983). Economía y Educación. Madrid: Pirámide.
THOMAS, H. (1990). Education costs and performance. A cost effectiveness analysis. London: Cassell.
VENTURA, J. (Coord.) (1999). Perspectivas económicas de la educación. Barcelona: Universidad de Barcelona.
VILA, L.E. (2003). "Los beneficios no monetarios de la educación", Revista de Educación, 331, 309-324.
VILLARROYA, A. (2003). "La financiación pública de la enseñanza privada no universitaria en España". Revista de Educación, 330, 205-216.
WOODHALL, M. (1989). "Economía de la Educación". En HUSEN, T. e NEVILLE, T. (Dir.). Enciclopedia Internacional de la Educación (pp. 1505-1512). Barcelona: Ministerio de Educación y Ciencia-Vicens Vives.
PÁXINAS WEB:
http://www.mecd.gob.es/portada-mecd
http://www.economicsofeducacion.com
http://www.edu.xunta.es/portal/estatisticas
http://www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=es
http://www.usc.es
http://www.ine.es
BÁSICAS
CB1 - Posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e que inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Aplicar os coñecementos ao traballo dunha maneira profesional e adquirir as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Ter a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas importantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado ou non.
CB5 - Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
XERAIS
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades socio-políticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das intervencións educativas, atendendo ás circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se integre.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socio-educativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CG5 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etcétera.
CG6 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
TRANSVERSAIS
CT1 - Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3 - Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e labores nos que participan.
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
CT5 - Manter unha permanente actitude de formación e actualización respecto da súa desempeño profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
CT6 – Potenciar a procura, selección e síntese de información.
ESPECÍFICAS DA TITULACIÓN
CET1 - Demostrar coñecementos e capacidades que permitan unha comprensión básica do marco teórico e contextual do labor profesional.
CET2 – Posuír coñecementos e destrezas que permitan promover e desenvolver procesos de acción-intervención socio-educativa.
CET3 - Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
CET4 – Realizar informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados.
ESPECÍFICAS DA MATERIA
CEM1 – Comprender e utilizar adecuadamente o vocabulario económico.
CEM2 – Coñecer a planificación educativa con base económica.
CEM3 – Saber interpretar as gráficas e estatísticas relativas á materia.
CEM4 – Acceder a convocatorias públicas que teñan que ver coa materia.
CEM5 – Comprender e xestionar adecuadamente os orzamentos públicos de educación.
A metodoloxía será activa, potenciando a participación e o traballo individual e cooperativo do alumnado, co fin de lograr os obxectivos e competencias propostos. Fomentarase a aprendizaxe comprensiva, baseada na propia experiencia, así como a capacidade da/o estudante para aprender por si mesma/o, para traballar en equipo e para aplicar os métodos de investigación axeitados. Polo tanto o alumnado realizará, sobre todo nas clases interactivas e/ou na casa, traballos individuais ou en grupo, constituíndose estes a principio do cuadrimestre e con carácter fixo.
Integraremos as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no traballo cotián da aula e no individual do alumnado, potenciándose a comunicación entre este e o profesor a través do correo electrónico da propia universidade (USC). As titorías permitirán coñecer mellor ás/aos estudantes e facilitaranlles a posibilidade de expoñer as súas dúbidas e/ou solicitar as orientacións que precisen. Potenciarase a utilización da Aula Virtual, na que se incorporarán contidos da materia así como todo tipo de documentación complementaria.
Os contidos esenciais da materia serán impartidos nas clases expositivas. Nas interactivas o alumnado, individualmente ou en grupo, realizará diversas actividades seguindo as técnicas fundamentais de traballo intelectual e de dinámica de grupos. Son exemplos os resumes, informes, recensións, presentacións, debates, etcétera. Prestarase unha especial atención aos medios de comunicación, dada a frecuencia coa que se ocupan de conceptos relacionados con esta materia. Xa que logo, é obxectivo importante coñecer e comentar as últimas novas, mantendo actualizadas as fontes documentais e bibliográficas.
Os traballos que deban realizarse fóra da aula, presentaranse escritos a ordenador, seguíndose neles unha metodoloxía que permita iniciarse na investigación e presentación formal de informes e traballos, empregándose para elo as normas da American Psychological Association (APA).
Será continua, formativa e integral, afectando a tódolos elementos que conforman a programación docente. O desenvolvemento da materia constará de dúas partes: a teórica, baseada principalmente nas clases expositivas, que será avaliada no exame final do cuadrimestre, na data que se estableza no calendario oficial; e a práctica, constituída por tódalas actividades que se realicen nas clases interactivas ou fóra delas. Para superar a materia, ámbalas partes teñen que estar aprobadas: mínimo 5 sobre 10 en cada unha delas. A práctica terá unha ponderación na cualificación final do 30% e o exame do 70%.
Nas actividades prácticas escritas, individuais ou en grupo, que as/os estudantes realicen nas clases interactivas, valorarase o contido, presentación, estrutura, redacción e ortografía. Nas orais terase en conta ademais a participación, exposición e capacidade de argumentación. Os traballos realizados fóra da aula entregaranse nos prazos establecidos que, agás causas xustificadas, son improrrogables. Deben ser orixinais e non poderán presentarse a más de unha materia, con excepción de aqueles programados de maneira coordinada. As actividades non realizadas na aula, por falta de asistencia inxustificada, non poden presentarse con posterioridade e, xa que logo, terán una cualificación de cero para o cálculo da nota media da parte práctica.
O exame final, en maio/xuño, que en caso de suspenso poderá repetirse en xullo, constará de preguntas pechadas ou abertas, de resposta múltiple, de relación de conceptos e/ou de cálculos matemáticos. As respostas erróneas puntuarán negativamente. Nesta proba non poderá utilizarse material de consulta nin aparellos tecnolóxicos.
A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria. Máis do 20% de faltas, sen a xustificación de acordo co establecido legalmente, supón a non cualificación desta parte da materia, que polo tanto non poderá ser superada nin en maio/xuño nin en xullo.
O Consello de Goberno da USC ten aprobado normativa en relación coa avaliación do rendemento académico do alumnado e revisión das cualificacións, asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao Espazo Europeo da Educación Superior e dispensa desta en determinadas circunstancias. Establécese que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia á clase é un factor máis da avaliación continua, formando parte, xa que logo, da cualificación final. O alumnado que teña exención parcial ou total de asistencia a clase, deberá realizar os mesmos traballos que o asistente e tamén o exame final. Acordará co profesor o proceso de apoio ao seu traballo intelectual, tanto na parte teórica como práctica e por suposto no horario de titoría pode consultar as dúbidas en relación co estudo e avaliación da materia.
O alumnado que teña dispensa de asistencia a tódalas sesións, deberá poñerse en contacto co profesor nada máis iniciarse as clases, para determinar o ritmo de entrega dos traballos prácticos que se realicen na parte interactiva e que, en todo caso, debe ser o mesmo que para as/os estudantes que asisten ás clases. Terán que realizar tamén o exame final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
HORAS PRESENCIAIS: 50.
- Clases expositivas: 22 h.
- Clases interactivas: 24 h.
- Titorías: 2 h.
- Avaliación: 2 h.
TOTAL DE HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100
- Estudo: 60 h.
- Análise de documentación e elaboración de informes, traballos e prácticas: 40 h.
O alumnado deberá prestar a máxima atención ás explicacións e documentación entregada nas clases ou incluida na aula virtual. É recomendable que tome apuntes, coa rapidez e síntese adecuadas, e que faga resume ou esquemas dos principais contidos. Interesa que se acostume a manexar habitualmente a bibliografía e páxinas web aconselladas e a organizar dun xeito racional toda a información que reciben.
Á hora de estudar e preparar os traballos e probas de avaliación correspondentes, a/o estudante debe analizar con detemento o programa da materia e contrastalo cos apuntes tomados e as referencias documentais manexadas. As estatísticas consultadas han estar actualizadas e provir de fontes contrastadas.
Aspectos esenciais desta materia están con frecuencia de actualidade, razón pola que é importante que as/os alumnas/os, tanto nas clases coma no seu tempo de traballo fóra destas, consulten os medios de comunicación e seleccionen aquelas novas que poidan servir de apoio ás súas aprendizaxes e competencias.
Se desexan unha atención máis personalizada que a das nas clases, poden utilizar as titorías, tanto a nivel individual como en pequenos grupos.
PLAN DE CONTINXENCIA / ADAPTACIÓNS METODOLÓXICAS E DE AVALIACIÓN
ESCENARIO 2 (Restricións parciais)
As prácticas que se realicen na aula ou fóra dela, pero expostas de maneira presencial, suporán un 70% da cualificación final desta parte. As que teñan lugar de xeito virtual, suporán un 30%.
A outra parte, o exame, será independente e terá, xa que logo, a súa propia nota, entre 0 e 10. De non poder levarse a cabo este a nivel presencial, o alumnado realizará individualmente un mínimo de dúas probas virtuais, baseadas nas clases teóricas que se teñan impartido tanto presencial como virtualmente. Estas probas serán realizadas nun tempo máximo de dúas horas, fóra das cales non serán cualificadas. As/os alumnas/os que non acaden o aprobado poderán realizar outras no mes de xullo.
ESCENARIO 3 (Imposibilidade de impartir docencia presencial)
Explicaranse os seis capítulos que figuran nos contidos, así como as correspondentes cuestións prácticas, a través de clases síncronas por medio da plataforma Microsoft Teams, respondendo por este medio ás dúbidas das/os alumnas/os. Con posterioridade colgaranse na Aula Virtual un mínimo de tres cuestionarios teórico/prácticos baseados na materia impartida e que o alumnado deberá devolver resoltos nun prazo non maior de dúas horas. Os que se reciban fóra desta marxe non serán cualificados. A nota final será a media das que se obteñan en cada cuestionario. Para as/os estudantes que non aceden o 5, repetiranse estas probas no mes de xullo.
Na fase virtual do escenario 2 ou ao longo do 3, a atención de titoría ao alumnado realizarase por correo electrónico, por teléfono ou pola plataforma Microsoft Teams. Potenciarase o uso da Aula Virtual tanto para a inclusión de contidos ou probas como de mensaxes individuais ou grupais dirixidos ao alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia, compre ter en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras, en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco, como separadores de capítulos ou partes do traballo.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula coma nos traballos académicos encomendados.
TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo, seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
CORREO ELECTRÓNICO:
É obrigatorio o emprego do correo institucional rai.usc.es
NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS:
Deberá terse en conta o establecido na seguinte páxina web:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html.
Maria Esther Olveira Olveira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Celso Ramon Curras Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813748
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Fernández M) | Galego | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:30-18:00 | Grupo /CLIS_03 (Ñ - Z) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-19:30 | Grupo /CLIS_02 (Fernández N - N) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
03.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |