Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer as condicións socioculturais e históricas que hoxe en día nos permiten abordar o lecer e o tempo libre desde unha perspectiva educativa.
• Familiarizarse coas diferentes metodoloxías de acción-intervención socioeducativa en contextos de lecer e tempo libre, situando o papel dos profesionais.
• Identificar diferentes espazos e realidades vencellados ás prácticas de lecer, analizando as súas limitacións e posibilidades desde unha perspectiva pedagóxica.
Os contidos desta materia concrétanse nos seguintes bloques e temas:
Bloque I
1.- Lecer e tempo libre na sociedade contemporánea: as súas posibilidades educativas
1.1. O tempo como clave para a comprensión das realidades sociais: unha visión histórica do lecer e o tempo libre
1.2. Conceptualización do lecer e do tempo libre: o lecer como dereito
1.3. Xénese, desenvolvemento e actualidade da Pedagoxía do Lecer
1.4. Pedagoxía do lecer e desenvolvemento comunitario
Bloque II
2.- A pedagoxía do lecer como ámbito de profesionalización
2.1. A acción-intervención educativa no tempo libre. A intervención en problemáticas específicas
2.2. Espazos, ámbitos e contextos de acción-intervención no tempo libre. Ocio, escolas, familias e comunidades.
2.3. Metodoloxías de acción-intervención en ocio
2.4. Profesionais e profesións nos tempos de lecer
Bloque III
3.- Institucións, servizos, programas e equipamentos para a acción-intervención no ámbito do lecer e do tempo libre.
3.1. Administracións públicas e acción educativa no tempo libre
3.2. Terceiro sector e acción educativa no tempo libre
3.3. Sector empresarial e acción educativa no tempo libre
Bibliografía básica e complementaria
Bibliografía básica:
Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura (2012). Monográfico: Reflexiones sobre el ocio en el siglo XXI, vol. 188, nº 754.
Caride, J.A. (2018). Lo que el tiempo esconde, o cuando lo social necesita de la Pedagogía. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, nº 32, 17-29.
Cuenca Cabeza, M. (2004). Pedagogía del Ocio: modelos y propuestas. Bilbao: Universidad de Deusto.
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria (2012). Monográfico: “Tiempos educativos, tiempos de ocio”, nº 20 (tercera época).
Bibliografía complementaria:
Alonso, I. E Artetxe, K. (eds., 2019). Educación en el tiempo libre: la inclusión en el centro. Barcelona: Octaedro
Bringué, X., Sádaba, C. e Sanjurjo, E. (2013). Menores y ocio digital en el s. XXI. Análisis exploratorio de perfiles de usuarios de videojuegos en España. Bordón, 65, 147-164.
Caballo, M.B. (coord., 2015). Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. Monográfico Jóvenes, ocio y educación en la sociedad red, nº 25 (tercera época).
Caride, J.A., Caballo, M.B. e Gradaílle, Ri. (2018). Leer en tiempos de ocio: los estudiantes, futuros profesionales de la educación, como sujetos lectores. Ocnos: revista de estudios sobre la lectura, vol. 17, nº 3, 7-18.
Cimmino, M. (2018). Servicios de ocio y derecho al bienestar. Eunomía. Revista en Cultura de la Legalidad, 14, 51-70.
Csikszentmihalyi, M.; Cuenca, M.; Buarque, C.; Trigo, V. E outros (2001). Ocio y desarrollo. Potencialidades del ocio para el desarrollo humano. Documentos de Estudios de Ocio, nº 18. Bilbao: Universidad de Deusto.
Cuenca, M. (2014). Ocio valioso. Documentos de Estudios de Ocio, nº 52. Bilbao: Universidad de Deusto
De-Juanas, A. e García-Castilla, F.J. (2018). Educación y ocio de los jóvenes vulnerables. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, nº 31
Durán, A. (2007). El valor del tiempo: ¿cuántas horas te faltan al día?. Madrid: Espasa-Calpe.
Lázaro, Y., Madariaga, A. e Doistua, J. (2012). El derecho al ocio: un derecho humano en ocasiones desconocido. Revista Siglo Cero, 43 (1).
Madariaga, A. e Ponce de León, A. (eds., 2018). Ocio y participación social en entornos comunitarios. Logroño: Universidad de La Rioja.
Maroñas, A., Martínez, R., y Varela-Garrote, L. (2018). Tiempos de ocio compartidos en familia: una lectura socioeducativa de la realidad gallega. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 32, 71-83.
Monteagudo, M.J. e Lazkano, I. (2016, coord). Ocio, deporte y participación juvenil para el desarrollo humano. Revista de Psicología del Deporte, vol. 25, supl. 2.
Setién, M.L. e López, A. (2002, ed.). Mujeres y ocio. Nuevas redes de espacios y tiempos. Bilbao: Instituto de Estudios de Ocio, Universidad de Deusto.
Valdemoros, M.A., Sanz, E. e Ponce de León, A. (2016, coord). Ocio: escenario educativo y social. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado, nº 86.
Revistas dixitais de interese:
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria
Res.Revista de Educación Social http://www.eduso.net
Competencias da titulación ás que contribúe a materia
2G Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores e educadoras sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
3T Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan.
1.2E Analizar críticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
2.1E Deseñar, desenvolver e avaliar planes, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios,
no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación,
acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das personas na sociedade,
minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial
significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sostenibilidade.
Competencias específicas da materia
1. Ser capaces de identificar e coñecer as condicións socioeconómicas e culturais contemporáneas que permiten abordar o fenómeno do lecer en clave educativa, así como entender o seu papel nos procesos de desenvolvemento comunitario.
2. Dominar os fundamentos teóricos e conceptuais da Pedagoxía-Educación do Ocio.
3. Coñecer diferentes metodoloxías de acción-intervención socioeducativa en ocio, situando o papel dos profesionais.
4. Identificar espazos e actuacións vinculadas ás prácticas de ocio e á súa educación, analizando as súas posibilidades e límites desde unha perspectiva pedagóxica.
5. Coñecer as fontes documentais e institucionais básicas para o traballo en Educación do Ocio, estimando a relevancia destes recursos para a formación continua das educadoras e educadores sociais neste ámbito.
A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos, en ocasións, compartidos con outras materias do semestre:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os servizos, equipamentos e recursos de ocio.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Prácticas de campo, que se concretarán na visita a equipamentos e/ou servizos educativos de lecer que sexan de interese para a adquisición das competencias desta materia.
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha actividade compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dunha práctica interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
No apartado de observacións especifícanse as adaptacións metodolóxicas en función dos escenarios previstos a raíz da crise sanitaria provocada pola COVID-19.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
A avaliación desta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Participación activa nas sesións de aula, prácticas de aula e prácticas de campo (35%)
No marco desta materia as prácticas -agás algunha excepción puntual- iniciaranse e concluiranse no tempo de clases interactivas. Asemade, realizaranse, fundamentalmente, en grupo.
- Realización, presentación e debate na aula dun traballo grupal (mínimo 3 persoas, máximo 4) de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer(35%)
- Exame ou traballo final individual (en función do escenario) (30%)
Para obter unha valoración positiva na materia, deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como acadar un mínimo de 4 puntos en cada unha delas
(despois farase a oportuna ponderación). Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
No caso do alumnado con exención oficial de docencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Traballo individual monográfico sobre o dossier documental da materia (35%)
- Traballo individual de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer (35%)
- Exame ou traballo individual final (en función do escenario) (30%)
As profesoras facilitarán nas titoría as indicacións precisas e os prazos para a realización destas actividades. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Esta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como a busca e lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos, estudo persoal,...
Recoméndase ter cursado, preferentemente, materias vinculadas ao itinerario "Acción Socioeducativa e desenvolvemento comunitario".
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
Atenderanse especificamente mediante propostas alternativas os casos contemplados na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…) que sexan aprobados polos órganos correspondentes da Facultade.
COMUNICACIÓN ELECTRÓNICA COAS PROFESORAS
O alumnado deberá empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
NORMAS DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Ver guía resumida en castelán na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Recoméndase ao alumnado que lea con atención a "Guía práctica do estudantado" elaborada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, e dispoñible no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
PLAN DE CONTINXENCIA
Adaptacións metodolóxicas
Escenario 2:
- As sesións expositivas que non poidan ser presenciais, desenvolveranse de modo síncrono e co soporte da plataforma teams no horario previsto para a materia.
- As sesións interactivas que non poidan ser presenciais desenvolveranse, preferentemente, de modo síncrono e co soporte da plataforma teams no horario previsto para a materia. No caso de que o tipo de actividade así o requira, traballarase de forma asíncrona.
- Adaptaranse as prácticas previstas en función de se é posible ou non a presencialidade, por exemplo, no relativo á saída de campo para coñecer equipamentos ou programas de ocio.
- De ser preciso, adaptaranse as pautas de elaboración do traballo grupal de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer.
- As titorías, cando non poidan ser presenciais, desenvolveranse a través de correo electrónico, da plataforma teams ou por skype.
- Neste escenario, a aula virtual será un soporte imprescindible para o desenvolvemento do traballo da materia.
Escenario 3:
- As sesións expositivas desenvolveranse de modo síncrono e co soporte da plataforma teams no horario previsto para a materia.
- As sesións interactivas desenvolveranse, preferentemente, de modo síncrono e co soporte da plataforma teams no horario previsto para a materia. No caso de que o tipo de actividade así o requira, traballarase de forma asíncrona..
- Adaptaranse as prácticas previstas para, sen presencialidade, acadar igualmente os obxectivos da materia.
- Adaptaranse as pautas de elaboración do traballo grupal de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer. De non haber documentación suficiente na rede para analizar un programa de ocio, substituirase por un pequeno traballo de investigación sobre a realidade do ocio.
- As titorías desenvolveranse a través de correo electrónico, da plataforma teams ou por skype.
- Neste escenario, a aula virtual será un soporte imprescindible para o desenvolvemento do traballo da materia.
Adaptacións do sistema de avaliación
Mantéñense todas as consideracións indicadas no apartado de avaliación, incluído o peso porcentual de cada actividade, coas seguintes matizacións:
Escenario 2
- Participación nas sesións de aula (presenciais e virtuais), prácticas de aula e prácticas de campo (coas adaptacións precisas) (35%).
- Realización e presentación dun traballo grupal (mínimo 3 persoas, máximo 4) de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer (de ser preciso, faranse as adaptacións oportunas) (35%)
- Exame ou traballo final individual (asíncrono ou síncrono en función da situación sanitaria do momento) (30%)
Escenario 3
- Participación nas sesións virtuais de traballo, tanto expositivas como interactivas, e prácticas de aula (35%).
- Realización e presentación virtual dun traballo grupal (mínimo 3 persoas, máximo 4) de estudo, análise e valoración dunha realidade/programa de lecer (35%). De non haber documentación suficiente na rede para analizar un programa de ocio, substituirase por un pequeno traballo de investigación sobre a realidade do ocio.
- Traballo final individual. Proba asíncrona (30%).
Maria Belen Caballo Villar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813746
- Correo electrónico
- belen.caballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |