Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta é unha materia obrigatoria de 6 créditos ECTS do Grao de Educación Social. Os seus obxectivos son os seguintes:
1. Estudar a evolución do concepto de familia, para comprender as súas transformacións e a aparición de novas estruturas familiares na sociedade actual.
2. Coñecer as funcións da familia como axente educador e os diversos modelos educativos que teñen lugar nesta institución social.
3. Estudar as relacións da unidade familiar coa escola e a comunidade.
4. Analizar os programas, servizos e recursos de intervención socio-educativa familiar que se desenvolven no contexto local, autonómico e nacional.
1. Concepcións e perfiles educativos das familias, as escolas e as comunidades na sociedade contemporánea
2. A familia como axente educador: concepto, estrutura, obxectivos e funcións
3. A institución escolar como comunidade educativa: concepto, estrutura, obxectivos e funcións
4. As comunidades locais como contexto socioeducativo: concepto, estrutura, obxectivos e funcións
5. As relacións familia, escola e comunidade: o papel mediador da educación social
6. Programas, servizos e recursos para a educación familiar e comunitaria
7. A educación social en contextos e programas de educación escolar
8. O educador/a social nas institucións escolares e nos procesos de desenvolvemento comunitario
B. Básica
Santos Rego, M.A. (Dir.) (2015). La fuerza de la familia en la educación. Madrid: Síntesis.
Lorenzo Moledo, M. et al. (2010). Familias inmigrantes en Galicia. La dimensión socioeducativa de la integración. Madrid: Ministerio de Educación.
Musitu, G. E Cava Mª J. (2001). La familia y la educación. Barcelona: Octaedro.
Rodrigo, Mª. J. e Palacios, J. (coords.) (2000). Familia y desarrollo humano. Madrid, Alianza ed.
B. Complementaria
AA.VV. (2001). Familia, juventud y nuestros mayores. Santiago de Compostela: Fundación Caixa Galicia.
Aguilar Ramos, M.C. (2002). Educación familiar: una propuesta disciplinar y curricular. Málaga: Aljibe.
Arruabarrena, M.I. e Paúl, J. de (1997). Maltrato a los niños en la familia. Madrid: Pirámide.
Bernal, A., Rivas, S., e Urpí, C. (2012). Educación familiar. Madrid: Pirámide,
Bolívar, A. (2006). Familia y escuela: dos mundos llamados a trabajar en común. Revista de Educación, 339, 119-146.
Boutin G. E Durning. P. (1997). Intervenciones socioeducativas en el medio familiar. Madrid, Narcea.
Cánovas, P., e Sahuquillo, Mª P. (2013). La protección del menor en las familias. Edetania: estudios y propuestas socio-educativas, 44, 93-110.
Cea D'ancona, Mª. A. (2007). La deriva del cambio familiar. Hacia formas de convivencia más abiertas y democráticas. Madrid: CIS.
Dolto, F. (1999). La educación en el núcleo de la familia. Barcelona: Paidós.
Dowling, E. e Osborne, E. (1996). Familia y escuela. Una aproximación conjunta y sistémica a los problemas familiares. Barcelona: Paidós.
Fernández, J., e Fuertes, J. (2007). El acogimiento residencial en la protección a la infancia. Madrid: Pirámide
Gracia Fuster, E., e Musitu, G. (2000). Psicología social de la familia. Barcelona: Paidós.
Musitu, G. et al. (1996). Educación familiar y socialización de los hijos. Barcelona, Idea Books.
Orte-Sociais, C., e Amer-Fernández, J. (2014). Las adaptaciones culturales del Strengthening Families Program en Europa. Un ejemplo de programa de educación familiar basado en evidencia. Estudios sobre Educación, 26, 175-195.
Pérez Díaz, V. (2001). La familia española ante la educación de sus hijos. Barcelona: Fundación La Caixa.
Rodrigo, Mª J., Maíquez, Mª L., Martín, J. C., e Byrrne, S. (2008). Preservación familiar. Un enfoque positivo para la intervención con familias. Madrid: Pirámide.
Roza González, Mª R. (coord.) (2003). Guía de buenas prácticas para mejorar la relación familia-escuela. Gijón: Consejería de Educación y Ciencia-Gobierno del Principado de Asturias.
Valedor Do Pobo (2007). Menores vulnerables: desprotección y responsabilidad penal. Recuperado de http://www.valedordopobo.com/wp-content/uploads/2015/01/menores_caste_u…
Os alumnos e alumnas desenvolverán as competencias básicas, xerais e as transversais do título e as específicas E1.2-1.6 e as E2.1 a 2.6.
De forma máis concreta:
- Que os alumnos e alumnas teñan dominio conceptual e coñezan os perfís educativos das familias, a filosofía do centro e as esixencias das comunidades sociais de referencia no mundo contemporáneo
- Que os alumnos e alumnas coñezan e analicen a caracterización da familia como axente educador, a institución escolar como comunidade e as comunidades locais dentro da realidade socioeducativa
- Que os alumnos e alumnas se recoñezan como profesionais da educación social que median no trinomio familia, escola e comunidade
- Que os alumnos e alumnas sexan capaces de xerar procesos de intervención en relación á educación familiar e comunitaria, a educación escolar e a súa proxección á comunidade social dende os parámetros do desenvolvemento comunitario
A docencia estruturarase de xeito que se propicie a participación activa do alumnado nos contidos da materia. Para elo, introducirase aos alumnos nos distintos temas a partir fundamentalmente da exposición da profesora e do traballo en grupo, onde o alumnado pasa a ter un papel fundamental na dinámica de ensino-aprendizaxe, analizando e discutindo diferentes aspectos da materia.
De forma máis concreta, as actividades de ensino-aprendizaxe propostas nesta materia son:
- Exposición, aclaración e discusión do programa da materia.
- Introdución e exposición da profesora sobre os distintos temas.
- Traballo en pequenos grupos con materiais que serán especificarán previamente (prácticas de aula).
- Lectura Obrigatoria do libro Santos Rego, M.A. (ed.) (2015). El poder de la familia en la educación. Madrid: Síntesis.
Na materia prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións ...).
Os alumnos con exención de docencia deben informar á profesora nun prazo de 15 días dende o comezo das clases para deseñar o plan de traballo
A aula virtual da USC empregara para informar e achegar determinados materiais de estudo e traballo. Tamén se prevé a súa utilización a realización de actividades que favorezan a discusión e análise dos contidos da materia.
As referencias bibliográficas que sexan empregadas para a realización da actividades da materia deben seguir as norma APA-Publication Manual of the American Psychologica Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2019-. http://www.apastyle.or
A avaliación recollerá todas as dimensións do proceso de ensino-aprendizaxe de forma conxunta:
- Realización dunha proba obxectiva ao remate do cuadrimestre.
- Valoración da lectura obrigatoria
- Valoración dos traballos recollidos nas sesións de clase.
Para superar a materia é preciso ter acadada unha puntuación mínima en todas as dimensións avaliadas, así como ter entregadas as prácticas de aula que son todas obrigatorias.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada.
A non asistencia impedirá a superación da materia tanto na oportunidade ordinaria do cuadrimestre, como na oportunidade da recuperación.
A calificación final da materia calcularase tendo en conta que a proba obxectiva suporá o 70% da nota final e a recensión o 30%.
Actividades expositivas:45h
Prácticas de aula-seminario: 25h
Traballo individual (recensión): 30h
Titorías individuais, grupais ou virtuais de traballo de curso: 4h
Avaliación: 2h
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da USC, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
En relación ao alumnado que ten Dispensa de Asistencia seguirase o procedemento establecido na Instrución 1/2017 sobre a dispensa de asistencia a clase que, pode consultarse na web da Facultade (http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html)
O alumnado deberá comentar persoalmente coa profesora da materia esta circunstancia na primeira semana de clase se xa se ten constancia da concesión da mesma.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia o estudantado debe ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
COMUNICACIÓN POR E-MAIL CO PROFESORADO
En relación ás cuestións que o alumnado formula ao profesorado da materia mediante o correo electrónico clarexar dous aspectos:
1º O estudantado debe empregar necesariamente o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
2º A/o profesor dispón, preferentemente, do tempo que se encadra no horario de titorías parar dar resposta aos correos electrónicos dos estudantes.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: hgps://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
PLAN DE CONTINXENCIA
Escenario 2:
Metodoloxía:
Sesións expositivas: desenvolveranse, prioritariamente, de modo presencial. De ser necesario, poderán programarse sesións non presenciais (síncronas ou asíncronas) para a metade do grupo.
Sesións interactivas: desenvolveranse de modo presencial nos grupos que oficialmente se constitúan. Estas sesións combinaranse con outras de carácter non presencial atendendo ao calendario de organización temporal da docencia en ciclos de tres semanas establecido pola Facultade.
Titorías: realizaranse prioritariamente de modo presencial, e excepcionalmente (casos xustificados) telematicamente, en ambas circunstancias no horario oficial establecido.
-Avaliación:
As actividades de avaliación son as contempladas con carácter xeral no programa da materia.
Escenario 3:
Metodoloxía:
Sesións expositivas: desenvolveranse, prioritariamente, en modo telemático síncrono a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, Zoom, etcétera). Poderán programarse sesións asíncronas cando a tipoloxía da actividade a realizar así o requira.
Sesións interactivas: desenvolveranse, prioritariamente, en modo telemático síncrono a través das diferentes plataformas que ten habilitadas a universidade (Teams, Campus Virtual, Zoom, etcétera). Poderán programarse sesións asíncronas cando a tipoloxía da actividade a realizar así o requira.
Titorías: realizaranse telematicamente, no horario oficial establecido.
Avaliación:
As actividades de avaliación son as contempladas con carácter xeral no programa da materia.
Diana Priegue Caamaño
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813906
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Igor Mella Núñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- igor.mella [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Noemi Castelo Veiga
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- noemi.castelo.veiga [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (Ge - O) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (P - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ga) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
31.05.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
14.07.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |