Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Con esta materia, preténdese contribuír a que os estudantes adquiran os coñecementos e competencias que identifican e definen os contextos profesionais e laborais propios do seu proceso de inserción no conxunto das diferentes profesións e ocupacións.
Neste senso, máis alá dos diferentes ámbitos e contextos nos que a Educación Social proxéctase como profesión, os diferentes contidos a impartir deben favorecer un coñecemento e análise dos seus procesos de formación continua, itinerarios e proxectos de inserción, técnicas e recursos de orientación laboral, así coma o alcance ético e deontolóxico do seu quefacer profesional.
Disto, derívanse os obxectivos principais da materia, concretados do seguinte xeito:
- Adquirir unha visión teórico-práctica da relación entre mercado laboral, formación e orientación.
- Coñecer o subsistema de Formación Profesional Continua, as diferentes modalidades e iniciativas formativas existentes de cara a favorecer o desenvolvemento profesional dos/as Educadores/as Sociais.
- Identificar, coñecer e analizar os diferentes contornos sociais e laborais.
- Reflexionar sobre o perfil profesional do/a Educador/a Social e coñecer os principais ámbitos de inserción.
- Adquirir estratexias para o deseño e desenvolvemento de proxectos e itinerarios de inserción sociolaboral para os/as Educadores/as Sociais.
- Coñecer e analizar técnicas e instrumentos para a inserción laboral, proxectos e recursos socioeducativos e laborais para os/as profesionais da Educación Social.
- Empregar os distintos recursos formativos e de orientación existentes para favorecer unha adecuada transición ao mundo laboral dos/as Educadores/as Sociais.
- Axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
- Adquirir e desenrolar competencias socioprofesionais de cara a favorecer o desenvolvemento da súa profesión en distintas realidades e contextos.
Estrutúranse en torno aos seguintes bloques temáticos:
BLOQUE 1. FORMACIÓN CONTINUA E DESEMPEÑO LABORAL DOS/AS EDUCADORES/AS SOCIAIS.
- Perfil profesional do/a Educador/a Social e ámbitos de desempeño profesional.
- Sistema de formación para o emprego.
- Formación ao longo da vida.
- Formación de demanda.
- Formación de oferta.
- Formación en alternancia co emprego.
- Centros e entidades de formación: administracións públicas, organizacións empresariais e sindicais, empresas, centros integrados de formación, formación aberta a través da Rede.
- Xestión de accións formativas.
BLOQUE 2. ELABORACIÓN DE PROXECTOS DE INSERCIÓN PROFESIONAL
- Definición.
- Elementos.
- Deseño e planificación.
BLOQUE 3. O PROCESO DE BUSCA DE EMPREGO.
- Intereses profesionais.
- Busca de emprego na empresa pública e privada.
- Planificación do proceso de busca de emprego.
- Estratexias e recursos para a inserción laboral.
BLOQUE 4. COLEXIACIÓN EN EDUCACIÓN SOCIAL.
- Colexiación en Educación Social.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- ALFARO, I. (2004). Diagnóstico, transiciones y Orientación Profesional. En L. Sobrado (2004), Evaluación y Orientación de Competencias y Cualificaciones Profesionales. Barcelona: Editorial Estel.
- AGUADED, J.I. y CABERO, J. (2013). Tecnologías y medios para la educación en la e-sociedad. Madrid: Alianza.
- MAIZTEGUI, C. y SANTIBÁÑEZ, R. (Coords.) (2002). El futuro del educador: perfiles profesionales y adaptación de los pedagogos y educadores sociales a una sociedad en cambio. Bilbao: Universidad de Deusto.
- MANZANARES, A. y SANZ, C. (Dirs) (2016). Orientación Profesional. Fundamentos y estrategias. Universidad de Castilla-La Mancha: Wolters Kluwer.
- SALVA, F., PONS, C. y MORELL, A. (2000). Proyectos de inserción sociolaboral y economía social. Madrid: Ed. Popular.
- SOBRADO, L. y CORTÉS, A. (Coord.) (2009). Orientación Profesional. Madrid: Biblioteca Nueva.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- ALBERECICI, A. y SERRERI, P. (2005). Competencias y Formación en la Edad Adulta. El balance de competencias. Barcelona: Laertes educación.
- COLEGIO DE EDUCADORES Y EDUCADORAS SOCIALES DE GALICIA (2008). Documentos profesionalizadores. Santiago de Compostela: CEESG.
- FERNÁNDEZ GARCÍA T. y PONCE DE LEÓN ROMERO L. (2016). Planificación y actuación estratégica de proyectos sociales. Madrid: Pirámide.
- RIERA, J. (1998). Concepto, formación y profesionalización de: el educador social, el trabajador social y el pedagogo social. Un enfoque interdisciplinar e interprofesional. Valencia: Nau Llibres.
- RODRIGUEZ MORENO, Mª L. (2006). Evaluación, Balance y formación de Competencias Transversales. Barcelona: Laertes educación.
- ROMANS, M; PETRUS, A. y TRILLA, J. (2000). De profesión educador(a) social. Barcelona: Paidós.
- SALVÁ MUT, F. (DIR.) y NICOLAU COLOM I. (2009). Trabajo, formación y ciudadanía: conceptos básicos, políticas, programas y recursos. Madrid: Pirámide.
- SÁNCHEZ GARCÍA, Mª.F. (2004). Orientación laboral para la diversidad y el cambio. Madrid: Sanz y Torres.
- SOBRADO, L. y CEINOS, C. (2011). Tecnologías de la Información y de la Comunicación. Uso en Orientación Profesional y en la Formación. Madrid: Biblioteca Nueva.
A) Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- 6G. Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, co pleno respeto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
- 4T. Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
- 5T. Manter unha permanente actitude de formación e actualización no que atinxe ao seu desenvolvemento profesional, así como das realidades afectadas pola súa práctica.
- 1.6.E. Identificar académica e profesionalmente aos/ás educadores/as sociais como profesionais da educación, con funcións e tarefas diferenciadas en relación con outros profesionais da educación e da acción-intervención social.
- 2.6.E. Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
B) Competencias específicas da materia:
- Coñecer proxectos e recursos socioeducativos e laborais para os/as Educadores/as Sociais.
- Construír itinerarios de inserción laboral dos/as profesionais da Educación Social.
- Xestionar accións formativas de carácter ocupacional e/ou continuo para a inserción laboral de diferentes colectivos de profesionais.
A metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe desta materia oriéntase a que o alumnado poida implicarse activamente na comprensión crítica dos contidos, das fontes documentais e do alcance dos procesos formativos e de inserción laboral e desenvolvemento profesional dos/as educadores sociais. Dita cuestión xustifica a combinación dunha metodoloxía teórica e práctica, na que se inclúen clases expositivas para presentar e expoñer os contidos da materia, así como actividades prácticas de carácter individual e colectivo.
As clases expositivas serán dirixidas a todo o grupo de alumnos/as, nas cales presentaranse e serán expostos os contidos da mesma. En ditas sesións, serán presentadas tamén as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do/a alumno/a.
Nas sesións interactivas da materia, levaranse a cabo diferentes actividades individuais e/ou grupais (4/5 persoas) con carácter práctico e aplicado, destacando, entre outras, as seguintes: elaboración de proxectos de inserción; lectura e análise de documentos e de experiencias; redacción e presentación de traballos; elaboración de informes; presentación, estudo e debate de diferentes experiencias de inserción laboral por parte de profesionais de diversos ámbitos da Educación Social; programas e proxectos de orientación; así como o emprego de técnicas e recursos de Orientación para a inserción.
O alumnado que curse esta materia deberá realizar un traballo grupal que consiste na elaboración dun Plan de Inserción Laboral. Devandito plan ten por obxecto inserir no mercado de traballo a un grupo de suxeitos demandantes de emprego (neste caso serán os propios alumnos e alumnas de 4º curso de Educ. Soc.), mediante o deseño e desenvolvemento de accións de información, asesoramento, orientación e formación para mellorar a súa empregabilidade nun sector profesional determinado. Para a realización deste traballo vanse a empregar as clases interactivas da primeira parte da materia e será de obrigado cumprimento a asistencia ás mesmas, así como a supervisión e entrega dos informes de seguimento esixidos polas profesoras ao cargo, Raquel Mariño e Lorena Casal. O alumnado con exención de docencia debe realizar o mesmo traballo (adaptado para executar en individual), e acudir ás titorías presenciais que se acorden para facer o seguimento e supervisión do mesmo.
Complementariamente, cabe apuntar que o uso da Aula Virtual da asignatura será de especial relevancia, debendo entenderse como ferramenta de apoio, a cal proporcionará un entorno virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensinanza-aprendizaxe e unha boa integración da docencia.
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado ou en pequenos grupos e serán desenvoltas no horario especificamente dedicado a tal fin polo profesorado da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se leven a cabo ao longo do curso. En relación coas cuestións que o alumnado formule ás docentes da materia mediante o correo electrónico, debe clarificarse que os estudantes deberán empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es).
De ser o caso, na materia pode preverse o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións,...) na perspectiva dunha actividade interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
Tomando como referente os obxectivos e as competencias do programa, todas as actividades propostas, individuais e/ou colectivas, serán avaliadas de xeito que o sistema de avaliación teña un carácter procesual, formativo, continuo e integral. Nesta perspectiva, para a avaliación final, prevense os seguintes elementos:
1.Realización dunha proba escrita final sobre os contidos desenvoltos nas sesións de clase, coincidindo coas datas que se establezan no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da calificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2.5 puntos para ter en consideración os outros compoñentes da avaliación.
2.Elaboración de traballos prácticos:
2.1.Deseño dun proxecto de inserción en pequenos grupos (4/5 persoas e anteriormente detallado). Representará o 25% da calificación global. A realización deste traballo requirirá un seguimento do mesmo por parte das profesoras que imparten a materia (e de obrigado cumprimento).
2.2.Actividades prácticas de aula, as cales terán unha formulación diversificada (análise de documentos, experiencias e itinerarios, elaboración de informes,…), segundo a dinámica de clase que as propicie ou a temática que aborden. Representan o 25% da calificación global.
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizado e entregado en prazo a totalidade de actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como superar cada unha das dimensións de avaliación establecidas. Aquelas entregadas fóra dos prazos establecidos, non serán tomadas en consideración nin avaliadas.
O carácter procesual da materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase (mínimo 80%), salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención de docencia). No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderase ás normas ditadas na instrucción num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. En ambos supostos, os alumnos/as realizarán o proxecto de inserción (25%) e prácticas (25%) de xeito individual dentro do prazo establecido polo profesorado da materia, así como o exame oficial na data oficialmente establecida, o cal terá un peso do 50% da cualificación.
As prácticas entregadas na convocatoria ordinaria que obtivesen unha cualificación positiva manterán dita cualificación para a convocatoria de Xullo. Sen embargo, aqueles alumnos/as que acadasen unha cualificación de suspenso nas mesmas serán avaliados, na convocatoria de Xullo, a través dunha proba escrita específica que representará o 100% da avaliación.
As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manteñen en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as repetidores ou non presentados en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado para varias materias, salvo que se programe de forma coordinada.
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases Expositivas: 20 horas.
- Clases Interactivas: 20 horas.
- Titoría e Avaliación: 10 horas.
Traballo persoal do estudante (100 horas):
- Estudo: 40 horas.
- Realización de traballos prácticos: 44 horas.
- Titorías e Avaliación: 16 horas.
- En función dos obxectivos e contidos da materia, é aconsellable un traballo continuado na mesma, procurando, desde o seu inicio, unha implicación-participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan, moitas delas orientadas á avaliación.
- En relación coas actividades prácticas ou traballos a desenvolverse de xeito individual e/ou grupal, deberán realizarse e presentarse nos prazos que se determinen para a entrega das diferentes actividades.
- É recomendable, a un tempo, a consulta e lectura de bibliografía básica e complementaria de cara a favorecer a comprensión dos contidos abordados en clase, así como facer uso das titorías, o que favorece unha mellora significativa do proceso de aprendizaxe do alumnado.
- Facer unha lectura comprensiva de todo os aspectos, directrices e adendas recollidas neste programa.
PROFESORADO DA MATERIA:
ÁREA DE MÉTODOS DE INVESTIGACIÓN E DIAGNÓSTICO EN EDUCACIÓN (MIDE):
Cristina Ceinos Sanz. Despacho Nº 18, 1ª planta, Módulo A.
Teléfono: 881813823// email: cristina.ceinos [at] usc.es (cristina[dot]ceinos[at]usc[dot]es)
ÁREA DE DIDÁCTICA E ORGANIZACIÓN ESCOLAR (DOE):
Raquel Mariño Fernández. Despacho Nº 76, 2ª planta, Módulo C2.
Teléfono: 881813833// email: raquel.marino [at] us.es (raquel[dot]marino[at]us[dot]es)
Lorena Casal Otero. Despacho Nº 57, 2ª planta, Módulo A.
Teléfono: 881813845// email: lorena.casal [at] usc.es (lorena[dot]casal[at]usc[dot]es)
REALIZACIÓN DOS TRABALLOS:
Os traballos e actividades encomendadas deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser empregado en varias materias, salvo que fosen programados de forma conxunta e coordinada.
Na realización dos traballos/ prácticas seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA), 7ª ed. Washington: APA, 2019-, que poden consultarse no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
ASISTENCIA A CLASE:
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…)
Na mesma, expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia. No que atinxe á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, atenderanse as normas ditadas na instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. Ao respecto, pode consultarse a información correspondente no seguinte enlace: http://www.usc.es/gl/centros/cc_educacion/dispensa_asistencia_clase.html
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/vrestudante…
EMPREGO DO MÓBIL:
Queda restrinxido o emprego do teléfono móbil na aula á súa utilización como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumando das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun uso non axeitado do mesmo.
OBSERVACIÓNS A TER EN CONTA PARA PODER CURSAR ESTA MATERIA CON ÉXITO NOS POSIBLES ESCENARIOS FORMATIVOS SOBREVIDOS POR CAUSA DA COVID-19
Aspectos xerais:
O programa está deseñado para cursar esta materia nun escenario presencial. Non obstante, todo o material teórico, práctico, de apoio e bibliográfico empregado para abordar os diferentes contidos e bloques temáticos estarán dispoñibles na aula virtual da materia, así como na biblioteca universitaria e/ou en internet (de acceso libre). No caso de que algún material non estivese accesible, o equipo docente suplirá dito material por outro de iguais características -previo aviso pola aula virtual- para dar cumprimento aos obxectivos educativos contemplados no programa.
Se as circunstancias así o requiren e estivésemos obrigados a pasar a un novo escenario virtual, decretado por un novo estado de alarma ante unha crise sanitaria como a vivida recentemente, o equipo docente ao cargo da materia volverá a replanificar todo o calendario formativo a través da aula virtual da materia. É dicir, subirase de xeito automático un novo calendario de actividades e sesións expositivas e interactivas, de obrigado cumprimento, pero xestionadas, exclusivamente, a través da aula virtual e recursos telemáticos dispoñibles no entorno dixital da USC.
Neste escenario, o equipo docente a cargo da materia acomodaría as sesións síncronas e asíncronas tendo en conta as posibles necesidades, carencias e/ou demandas tecnolóxicas -manifestadas polo seu alumnado- de xeito que o acceso e a continuidade dos procesos formativos se desenvolvan con garantías de igualdade, viabilidade, flexibilidade e eficacia.
Aspectos avaliativos:
A avaliación contemplada nesta materia é sempre de carácter continuo; é dicir, tanto se os procesos formativos se desenvolven en escenarios presenciais como se teñen lugar en escenarios virtuais, xa que impera sempre o enfoque dun modelo de avaliación continua. Isto supón que, en ambos escenarios, débese dar cumprimento ao seguimento da materia nas sesións expositivas -presenciais, síncronas ou asíncronas, segundo se establezan e planifiquen con cada realidade-, así como a participación e entregas contempladas para o desenvolvemento das sesións interactivas e/ou tipoloxías de actividades/traballos nas datas e formatos oficiais.
Na totalidade de escenarios que poidan darse, nesta materia mantense o 50% do peso da cualificación en aspectos prácticos e o 50% do peso da nota en aspectos teóricos. Se o escenario é presencial a asistencia é obrigatoria a un mínimo do 80% das sesións, salvo as situacións excepcionais contempladas no programa. Se o escenario é virtual a asistencia ás sesións que se programen serán tamén obrigatorias como mínimo nun 80% salvo situacións excepcionais debidamente xustificadas ou de forza maior.
Nota de interese: Recórdase que para aqueles casos non que se detecte a realización fraudulenta de exercicios ou probas plaxiadas, será de aplicación inmediata o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Aspectos metodolóxicos:
A metodoloxía formativa no escenario presencial se desenvolverá como ven sendo frecuente nesta materia, complementado a teoría coas prácticas para lograr o desenvolvemento e adquisición de competencias profesionalizantes -aspectos detallados minuciosamente no programa-. Se o escenario é virtual o enfoque metodolóxico toma como eixo central a aula virtual e as ferramentas dixitais que pon á nosa disposición o espazo Moodle da USC. Chegado ese momento, de confinamento e sempre decretado por lei, o equipo docente subirá á aula virtual un documento con directrices específicas para facilitar e garantir o acceso e axeitado desenvolvemento desta materia.
Aspectos titoriais:
Informarase sempre dos horarios de titorías ao comezo do curso e a través da aula virtual e páxina web da Facultade tanto se o escenario é presencial como virtual, estando sempre a disposición do alumnado espazos de debate e resolución de dúbidas como son os foros virtuais.
Plan de continxencia:
(https://www.usc.gal/export9/sites/webinstitucional/gl/web/descargas/20_…)
Se por razóns de seguridade (directrices da U SC e protocolo establecido pola Facultade de Ciencias da Educación) ao longo do curso non é posible o desenvolvemento do presente programa concibido para unha docencia 100% presencial (escenario 1 de normalidade adaptada) contémplanse os seguintes axustes na Metodoloxía da Ensinanza e Sistema de Avaliación da Aprendizaxe da materia:
- Escenario 2. Con medidas de distanciamento:
Metodoloxía da Ensinanza:
Segundo o protocolo da Facultade e condicións polo número de alumnado e de espazos para o desenvolvemento da docencia, esta materia é considerada principalmente de tipo A, quedando condicionada a metodoloxía de ensinanza da seguinte maneira:
-A docencia expositiva realizarase virtualmente, preferentemente, de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio titorial poderá desenvolverse presencialmente previa cita coas profesoras ou telematicamente por correo electrónico ou calquera outro recurso que poida establcerse no horario da materia ou de titoría.
-As sesións interactivas combinarán a docencia presencial coa virtual, de xeito que cada grupo interactivo podería dividirse alfabeticamente en dúas metades (materia tipo A segundo protocolo), de xeito que recibirían as clases de forma presencial/virtual de xeito alternado en cada unha das metades establecidas.
Tanto para as sesións expositivas como interactivas, a docencia virtual apoiarase nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais audiovisuais de apoio, foros, espazos de entrega de tarefas,...) e levarase a cabo un seguimento aos grupos de traballo a través do correo electrónico ou de calquera outro recurso que poida establecerse.
Nota: En función do número de estudantes matriculados e da aula asignada, revisarase o tipo de materia establecido pudendo ser modificado de acordo co protocolo da Facultade en caso de excederse o aforo da aula asignada.
Sistema de Avaliación da Aprendizaxe:
El sistema de evaluación presentará siempre un carácter continuo y será equitativo entre la parte teórica y práctica de la materia, combinando la realización de una prueba final (50%), con presencialidad en el aula de ser posible, o telemáticamente, así como la realización de trabajos grupales (30%) e individuales (20%).
- Escenario 3. Peche das instalacións:
Metodoloxía da Ensinanza:
-A docencia expositiva realizarase de forma asíncrona a través da aula virtual da materia, con materiais explicativos e de apoio adaptados á situación. O apoio realizarse telematicamente por correo electrónico ou calquera outro recurso que poida establecerse, preferentemente nos horarios da materia ou de titoría das profesoras.
-As sesións interactivas realizaranse virtualmente, preferente de forma asíncrona, apoiándose nas ferramentas da aula virtual (indicacións, materiais de apoio, foros, espazo de entrega de tarefas...), e correo electrónico; e, de ser posible tecnicamente, farase seguimento telemático aos grupos de traballo de maneira síncrona a través de Teams.
Mª. Isabel Porta Martin
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813819
- Correo electrónico
- isabel.porta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Mª. Isabel Porta Martin
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813819
- Correo electrónico
- isabel.porta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Raquel Mariño Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813833
- Correo electrónico
- raquel.marino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Lorena Casal Otero
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813845
- Correo electrónico
- lorena.casal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego, Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_03 (Pi - Z) | Galego, Castelán | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fe) | Galego, Castelán | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:00-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Fi - Pe) | Castelán, Galego | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
10.12.2020 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |