Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Conceptualizar o conflito e coñecer os diferentes métodos de resolución de conflitos
- Delimitar o concepto e funcións da mediación.
- Analizar o papel que desempeña a mediación nos procesos de inclusión social.
- Mostrar as diferentes áreas de aplicación da mediación.
- Estudar os principios básicos, técnicas e instrumentos da mediación social.
- Coñecer programas, proxectos e recursos socioeducativos para a mediación social.
Os contidos da materia estrutúranse nos seguintes temas:
BLOQUE I. A MEDIACIÓN
Tema 1. Conflito e métodos de resolución de conflitos
Tema 2. Mediación: Concepto e fundamentación teórica. Mediación e inclusión social
Tema 3. Intervención mediadora. Estrutura e fases da mediación
Tema 4. A persoa mediadora. Ferramentas da persoa mediadora: habilidades de comunicación e escoita activa
Tema 5. Técnicas de mediación
Tema 6. Planificación en mediación. Elaboración de proxectos en materia de mediación
BLOQUE II. ÁMBITOS DE APLICACIÓN DA MEDIACIÓN
Tema 7. Mediación familiar
Tema 8. Mediación intercultural
Tema 9. Mediación escolar
Tema 10. Mediación na comunidade
Tema 11. Outros ámbitos
BÁSICA
De Diego, R. e Guillén, C. (2006). Mediación: proceso, tácticas y técnicas. Madrid: Pirámide.
Rozenblum de Horowitz, S. (2007). Mediación. Convivencia y resolución de conflictos en la comunidad. Barcelona: Graó.
Soleto Muñoz, H. (Dir.) (2011). Mediación y resolución de conflictos: técnicas y ámbitos. Madrid: Tecnos.
COMPLEMENTARIA
Aguirre, A. et al. (2009). La mediación escolar: una estrategia para abordar el conflicto. Barcelona: Graó.
Bermudez, K. e VV.AA. (2002). Mediación intercultural: una propuesta para la formación. Madrid: Ed. Popular.
Cabrera Mercado, R. (Dir.) (2017). La mediación como método para la resolución de conflictos. Madrid: Dykinson.
Comisión Europea (2010). Educación y formación para la inclusión social: buenas prácticas en Europa. D.G. de Educación y Cultura, Luxemburgo: Oficina de Publicaciones de la Unión Europea.
Conejero Paz, E. e Ortega Giménez, A. (2010). Inmigración, integración, mediación intercultural y participación ciudadana. San Vicente (Alicante): Club Universitario.
Escarbajal Frutos, A. (2010). Interculturalidad, mediación y trabajo colaborativo. Madrid: Narcea.
Farré, S. (2004). Gestión de conflictos: taller de mediación. Un enfoque socioafectivo. Barcelona: Ariel.
Gil-Madrona, P. e Abellán, J. (Coord.) (2016). Mediación educativa : juegos, ocio y recreación. Madrid: Pirámide.
Jabbaz, M. e Moncusí Ferré, A. (2009). Mediación intercultural natural: reflexiones a partir de una experiencia local. Migraciones, 26, 171-204.
Malik Liévano, B. e Herraz Ramos, M. (Coord.) (2005). Mediación intercultural en contextos socio-educativos. Archidona (Málaga): Aljibe.
Munduate, L. e Medina, F.J. (Coord.) (2006). Gestión del conflicto, negociación y mediación. Madrid: Pirámide.
Orozco Pardo, G. e Monereo Pérez, J.L. (Dir.) (2015). Tratado de mediación en la resolución de conflictos. Madrid: Tecnos.
Ridao Rodrigo, R. (2009). ¿Es necesaria la mediación intercultural? Una aproximación desde el contexto comunicativo. Migraciones, 26, 147-170.
Sarasola Sánchez-Serrano, J.L.; Malagón Bernal, J.L. e Barrera Algarín, E. (coords.) (2010). Mediación: elaboración de proyectos: casos prácticos. Madrid: Tecnos.
Soleto Muñoz, H. e Otero Parga, M. (Coord.) (2007). Mediación y solución de conflictos: habilidades para una necesidad emergente. Madrid: Tecnos.
Sorribas Pareja, M. (2014). Mediación comunitaria, CFGS Integración social : servicios socioculturales y a la comunidad. Barcelona: Altamar.
Torrego, J.C. (Coord.) (2013). Mediación de conflictos en instituciones educativas (7ª ed.). Madrid: Narcea.
WEBS DE INTERESE
ASEMED Asociación Española de Mediación: http://www.asemed.org/
APROMEGA Asociación Pro Mediación en Galicia: http://www.apromega.org/
Centro Universitario de Transformación de Conflictos: http://www.geuz.es/
Revista de Mediación: http://revistademediacion.com/
Revista Mediato (Universidad Pablo de Olavide): http://www.upo.es/mediacion/mediatio/index.jsp
A) COMPETENCIAS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA (Xerais, transversais e específicas):
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CE1.1 - Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE2.1 - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.2 - Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura de paz e á sostenibilidade.
CE2.3 - Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
B) OUTRAS COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DA MATERIA:
- Coñecer e comprender a educación para a mediación nos procesos de inclusión social.
- Coñecer os principios básicos da mediación social.
- Coñecer o proceso da mediación e identificar as distintas fases e elementos.
- Coñecer as características e aplicacións das técnicas e instrumentos principais a utilizar dentro da mediación.
- Coñecer políticas, proxectos e experiencias de educación para a mediación nos procesos de inclusión social.
- Deseñar e elaborar programas, proxectos e recursos socioeducativos para a mediación social.
A metodoloxía empregada oriéntase ao favorecemento da adquisición das competencias oficialmente indicadas, propiciando tamén que o alumnado se implique activamente no desenvolvemento dunha boa comprensión crítica dos contidos programados e na realización das tarefas de reflexión e aplicación práctica correspondentes.
A materia traballarase, nas clases expositivas de gran grupo, fundamentalmente de forma explicativa por parte da profesora. Nalgunhas destas sesións, poderase incluír actividades escritas que impliquen unha reflexión sobre o contido teórico que se está traballando. Estas clases desenvolven os aspectos fundamentais da materia e o seu obxectivo é servir de base para a organización do coñecemento do alumnado e fundamentar o traballo práctico que se levará a cabo na materia.
As sesións interactivas permitirán afondar nalgún aspecto destacado dos núcleos temáticos, a través de documentación escrita ou a través de material audiovisual. No seu transcurso desenvolveranse diversas actividades prácticas conducentes ao afianzamento dos coñecementos da materia. En todo caso, o traballo terá como soporte a actividade en pequeno grupo e, fundamentalmente, vanse a seguir técnicas de aprendizaxe cooperativa.
No escenario 2 a docencia será mixta combinando presencialidade e non presencialidade e docencia síncrona e asíncrona. A distribución da presencialidade e da temporalidade estará condicionada polo número de alumnado da materia e polo tipo de aula na que se desenvolva a materia.
A profesora da materia determinará e publicará, na aula virtual da materia, as sesións non presenciais que se levaran a cabo de forma síncrona e informará dos medios dixitais institucionais (Teams, Campus Virtual, correo institucional, aulas Lifesize, etc) a través dos que se desenvolverán ditas sesións.
No escenario 3 a totalidade da docencia será non presencial e impartirase de xeito síncrono ou asíncrono. A profesora da materia, ao inicio do paso ao escenario 3, determinará e publicará, na aula virtual da materia, as sesións que se levarán a cabo de forma síncrona e informará dos medios dixitais institucionais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia.
Respecto dos materiais indicar que haberá un dossier da materia que incorporará unicamente documentos de uso real no desenvolvemento das clases.
Se a evolución da crise sanitaria o fai necesario adaptaranse, na medida do posible, os materiais para facelos accesibles de acordo coas condicións dos escenarios 2 e 3.
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua ao longo do cuadrimestre. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes aspectos:
A) Realización e presentación das actividades solicitadas pola profesora e que se desenvolverán total ou parcialmente nas sesións interactivas (50%).
Non se recollerán actividades de alumnado que non asistira á sesión na que se presentou a actividade. Só naqueles casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa (que o/a estudante deberá xustificar documentalmente), se lle permitirá realizar a actividade con posterioridade e entregala cumprindo os prazos que se lle indiquen.
Para superar a materia será preciso ter entregadas, en prazo, un mínimo do 80% das tarefas solicitadas.
Na realización das actividades seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed. Washington: APA, 2011, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Ver guía resumida en castelán na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
B) Proba individual escrita (exame), na data e hora establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (50%).
Non se cambiará a data de exame a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do rendemento académico da USC.
A proba individual escrita unicamente terá carácter telemático se a evolución da crise sanitaria e a normativa vixente nese momento o fai necesario.
Para poder aprobar a materia é preciso superar todas as partes. É necesario aprobar o exame para ter en conta os outros compoñentes da avaliación.
O alumnado que teña concedida EXENCIÓN DE DOCENCIA ou DISPENSA DE ASISTENCIA segundo o recollido na Instrucción nº1/2017, deberá asistir a unha titoría presencial coa profesora da materia (nos 10 días posteriores á comunicación de dita concesión). Nesta titoría presentarase a documentación pertinente e acordarase o plan de traballo a desenvolver ao longo do cuadrimestre. O alumno/a deberá entregar as actividades propostas pola profesora nas datas que se lle indiquen en dita titoría e realizar una proba individual escrita (exame).
No caso de que pola evolución da crise sanitaria non sexa posible ter unha titoría presencial terase unha titoría telemática síncrona.
O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das convocatorias ordinaria ou de recuperación da materia.
O alumnado repetidor ou non presentado avaliarase segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Total horas presenciais (clases expositivas, clases interactivas de laboratorio, seminario, titorias, avaliación): 50 horas.
Total horas traballo persoal (lecturas, elaboración e análise de informes, estudo): 100 horas.
Os contidos desta materia están estructurados de tal forma que é preciso, dende a primeira clase, un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio, isto permitiralle resolver os traballos que conforman a práctica, conseguindo acadar os obxectivos e as competencias da materia.
Nas sesións de clase, atendendo ao calendario do cuadrimestre, estableceremos as datas límite para a realización e entrega das actividades.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente. Pode obterse información ao respecto no enlace:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES na que se expoñen os beneficios da asistencia a clase.
Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase (expositivas e interactivas) é obrigatoria. A asistencia é un requisito imprescindible para poder aprobar a materia. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia, aténdose ás condicións aprobadas a tal efecto.
Indicar que o criterio de asistencia ao 80% da actividade presencial, limitarase ás actividades desenvoltas durante o período de docencia presencial.
RESPONSABLIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensinanza:
No escenario 2 a docencia será mixta combinando presencialidade e non presencialidade e docencia síncrona e asíncrona. A distribución da presencialidade e da temporalidade estará condicionada polo número de alumnado da materia e polo tipo de aula na que se desenvolva a materia.
A profesora da materia determinará e publicará, na aula virtual da materia, as sesións non presenciais que se levaran a cabo de forma síncrona e informará dos medios dixitais institucionais (Teams, Campus Virtual, correo institucional, aulas Lifesize, etc) a través dos que se desenvolverán ditas sesións.
No escenario 3 a totalidade da docencia será non presencial e impartirase de xeito síncrono ou asíncrono. A profesora da materia, ao inicio do paso ao escenario 3, determinará e publicará, na aula virtual da materia, as sesións que se levarán a cabo de forma síncrona e informará dos medios dixitais institucionais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións.
Se a evolución da crise sanitaria o fai necesario adaptaranse, na medida do posible, os materiais para facelos accesibles de acordo coas condicións dos escenarios 2 e 3.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
Nos escenarios 2 e 3 a avaliación da aprendizaxe do alumnado continuará sendo continua ao longo do cuadrimestre. A proba individual escrita terá carácter telemático se a evolución da crise sanitaria e a normativa vixente nese momento o fai necesario.
O alumnado que teña concedida EXENCIÓN DE DOCENCIA ou DISPENSA DE ASISTENCIA a clase, no caso de que pola evolución da crise sanitaria non sexa posible ter unha titoría presencial, terá unha titoría telemática síncrona.
Indicar que o criterio de asistencia ao 80% da actividade presencial, limitarase ás actividades desenvoltas durante o período de docencia presencial.
Felicidad Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813827
- Correo electrónico
- felicidad.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIL_03 (Pe - Z) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
09:30-11:00 | Grupo /CLIL_01 (A - Gom) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
11:00-12:30 | Grupo /CLIL_02 (Gon - Pa) | Galego | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
22.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |