Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Ampliar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridas na Facultade a través das materias do Plan de Estudos, coa finalidade de que os estudantes teñan mellores e máis axustados niveis de cualificación teórica, técnica e profesional.
2) Coñecer a realidade social e institucional que configura a profesión da Educación Social, no que se refire ás persoas, servizos, programas, ámbitos de intervención, etc., favorecendo a participación directa dos estudantes.
3) Aplicar técnicas de observación e de análise que permita coñecer a situación contextual, as dinámicas de traballo institucional e os problemas de carácter especificamente educativo.
4) Expresar e analizar dende unha perspectiva educativa as necesidades e demandas socioeducativas nos contextos nos cales os estudantes desenvolverán as súas experiencias prácticas.
5) Deseñar propostas de intervención, programas, proxectos e actividades, axustadas ás necesidades e demandas educativas da institución e da poboación destinataria.
6) Elaborar e redactar informes, memorias e outros documentos pertinentes ao labor educativo e social nos contextos de intervención, utilizando a linguaxe e os conceptos propios do grao en Educación Social.
1) Aproximación experimental aos contextos e ámbitos de intervención en Educación Social.
2) Elaboración de proxectos de intervención en diversos ámbitos socioprofesionais da Educación Social (Inadaptación e Marxinación Social, Educación de adultos e Terceira Idade, Animación Sociocultural e Desenvolvemento Comunitario, etc.).
3) Elaboración de informes e memorias de intervención socioeducativa.
Castillo, S. y Cabrerizo, J. (2006). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Madrid: Pearson Educación.
Feliz, T. (2010). Diseño de programas de educación social. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Románs, M.; Petrus, A.; e Trilla, J. (2000). De profesión, educador(a) social. Barcelona: Paidós.
Santibáñez, R.; Montero, D. (Coords.) (1998). Practicum de Educación. Materiales de trabajo. Cuadernos monográficos del ICE. Nº 8. Bilbao: Universidad de Deusto
Os docentes encargados de supervisar as prácticas entregarán unha lista bibliográfica específica e apropiada a cada un dos ámbitos nos cales os estudantes desenvolven as súas prácticas.
1) Habilidade para elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
2) Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
3) Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
4) Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que respondan a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
5) Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
No desenvolvemento do practicum seguiranse un conxunto de etapas e de actividades que contribuirán á consecución dos obxectivos previstos:
Fase preparatoria: presentación do practicum e das institucións colaboradoras. Titoría previa. Coñecemento previo da institución e do ámbito de intervención a través de lecturas e busca documental.
Fase de acollida na institución e elaboración do plan de practicum.
Estadía na institución. (120h). As datas aprobadas na Comisión Permanente de realización da estadía na institución son: do 8 de marzo ao 23 de abril de 2021. Realización das tarefas recollidas na guía e realización da segunda titoría.
Seguimento por parte do supervisor/a, fundamentalmente a través de titorías grupais e individuais, presenciais e virtuais.
Titoría final e elaboración da memoria e o proxecto
As actividades programadas contribúen á construción da identidade do rol profesional da educadora e do educador social, e ao coñecemento real das oportunidades laborais da titulación.
Empregarase a aula virtual como ferramenta de apoio no desenvolvemento da materia, tanto como medio para a comunicación individual e grupal co alumnado, como repositorio de diversos documentos e para ofrecer información ao alumnado e ao profesorado da materia
A avaliación será continua ao longo do curso.
Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:
1- A asistencia e participación nas sesións expositivas (presentación da materia, etc), titorías e, se é o caso, nas sesións de seminario que se organicen polo conxunto do profesorado da materia, e seguimento do desenvolvemento do practicum por parte do/a profesor/a supervisor/a, fundamentalmente a través das titorías e do contacto coa institución.
2- A valoración do/a titor/a da institución sobre a/o estudante.
3- Calidade da memoria final.
4. -Calidade do proxecto de intervención
É requisito imprescindible para superar a materia o cumprimento dos prazos e procedementos en todas as fases do proceso de realización do Practicum I (asistencia ás sesións expositivas ou de seminario fixadas, asistencia ás titorías obrigatorias, desenvolvemento do período na institución nas datas oficiais aprobadas, entrega da memoria e o proxecto na data fixada).
Para superar a materia será imprescindible acadar o 50% da puntuación máxima de cada un dos apartados. A información detallada do peso de cada elemento recollerase na Guía da materia.
XULLO
O alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu período na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución non entregue a memoria e/ou o proxecto na data fixada para a oportunidade de maio ou estes non se avalíe/n positivamente, poderá entregar a memoria e/ou o proxecto na data que se fixe para a oportunidade de xullo.
O alumnado que non acade unha valoración positiva nos apartados 1 e 2 do sistema de avaliación non poderá superar a materia neste curso académico. (o período na institución non é recuperable dentro do mesmo curso académico).
EXENTOS/AS
Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia.
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
PERIODO DE ESTADIA: 8 de marzo ao 23 de abril de 2021.
Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 21-22 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación correspondente aos apartados 1, 2 e 3, debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
- Actividades presenciais 40 hs.
Clases expositivas, deseño de proxectos, titorías, avaliación
- Traballo persoal do/a estudante 260 hs.
Estudio, lectura, documentación, prácticas institucionais, elaboración da memoria, autoavaliación e valoración final do Prácticum I.
REQUISITO PREVIO: para que o alumnado poida cursar o Practicum I é requisito ter superado a materia de “Experiencias e Recursos en Educación Social”
É obrigatoria a realización da estadía de Practicum I no período establecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade ou pola Comisión Permanente.
PLAN DE CONTINXENCIA
“Por acordo da comisión permanente da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, as prácticas curriculares para o curso 2020-21 serán presenciais, tal e como se establece nas ordes ECI e nas memorias de verificación dos títulos. Polo tanto, levaranse a cabo nos centros educativos e/ou institucións colaboradoras e o alumnado en prácticas adaptarase aos plans de continxencia que estes habiliten no seu caso. Calquera outra cuestión sobrevida que poida producirse derivada da situación sanitaria e que requira toma de decisión ao respecto realizarase, garantindo a igualdade de oportunidades, de acordo cos criterios que a Conferencia de Decanas e Decanos de Educación determine. Estes acordos serán remitidos á CRUE, ao Ministerio de Universidades e as axencias españolas de calidade universitaria a efecto de cumprir cos procesos formais de seguimento e calidade dos títulos.”
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos académicos que se realicen para a materia cómpre ter en conta, se se entregan en formato papel, as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvoltos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Cristina Abeal Pereira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813830
- Correo electrónico
- cristina.abeal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Felicidad Barreiro Fernandez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813827
- Correo electrónico
- felicidad.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Agustin Godas Otero
- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Psicoloxía Social
- Teléfono
- 881813805
- Correo electrónico
- agustin.godas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Moran De Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813848
- Correo electrónico
- carmen.moran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alicia Diaz Balado
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Ana Isabel Couce Santalla
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813898
- Correo electrónico
- ana.couce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Ana Rodriguez Groba
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Milena Villar Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- milena.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Nieto Vieites
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Maria Isabel Novoa Perez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- mariaisabel.novoa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU