Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos formulados para esta materia atenden tanto á adquisición de coñecementos sobre datos e nocións da disciplina, como á práctica de destrezas relacionadas con ditos coñecementos e á adquisición de certas disposicións valorativas. Considérase prioritario que os alumnos/as cheguen a:
- Coñecer o obxecto de estudio da disciplina, a súa definición e os seus antecedentes históricos.
- Coñecer os procesos de cambio intra e interpersoais que teñen lugar ó longo do ciclo vital.
- Reflexionar sobre a aplicabilidade dos coñecementos sobre os procesos evolutivos en aras de optimizar o desenvolvemento.
- Aprender a analizar con sentido crítico e a sintetizar a literatura científica relevante para a disciplina.
- Adquirir inquietudes éticas en relación ás implicacións dos coñecementos adquiridos con miras ó exercicio profesional.
A organización dos contidos da materia articúlase arredor dunha unidade introdutoria e catro bloques temáticos. No primeiro tema analízanse aspectos xerais de tipo conceptual e metodolóxico. Cada un dos catro seguintes bloques dedícanse ó desenvolvemento físico y psicomotor, cognitivo, lingüístico e socioafectivo, respectivamente. Ao longo dos temas incluídos nestes bloques, describiranse os cambios normativos que acontecen nas diferentes etapas do ciclo vital (infancia, adolescencia, adultez e vellez), sen esquecer as diferenzas individuais. Ao mesmo tempo, describiranse os intentos explicativos máis relevantes en relación con estes cambios e as vías de optimización propostas.
O temario concrétase nas seguintes unidades:
Tema 1. Aproximación conceptual, histórica e metodolóxica á disciplina
Desenvolvemento físico e psicomotor
Tema 2. Cambios corporais e maduración neurofisiolóxica
Tema 3. Desenvolvemento psicomotor
Desenvolvemento intelectual
Tema 4. Desenvolvemento operacional
Tema 5. Procesos cognitivos
Desenvolvemento comunicativo e adquisición da linguaxe
Tema 6. Os inicios da comunicación
Tema 7. Desenvolvemento lingüístico
Desenvolvemento psicoafectivo
Tema 8. Desenvolvemento afectivo e relacional
Tema 9. Desenvolvemento moral e da personalidade
Bibliografía básica
Craig, G.J. (2009). Desarrollo psicológico (9ª ed.). México: Prentice-Hall.
Lizaso, I., Acha, J., Reizabal, L. e García, F.J. (2017). Desarrollo biológico y cognitivo en el ciclo vital. Madrid: Pirámide.
Mariscal, S., Giménez-Dasí, M., Carriedo, N. e Corral, A. (Coords.) (2009). El desarrollo psicológico a lo largo de la vida. Madrid: UNED/McGraw-Hill.
Bibliografía complementaria
Berger, K.S. (2009). Psicología del desarrollo: Adultez y vejez. Madrid: Panamericana.
Berger, K.S. (2006). Psicología del desarrollo: Infancia y adolescencia. Madrid: Panamericana.
Berk, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente (4ª ed.). Madrid: Prentice-Hall.
Cabezas, J.L. e Rubio, R. (2017). Prácticas de Psicología del Desarrollo II. Madrid: Pirámide.
Carranza, J.A. e Ato, E. (Coords.) (2010). Manual de prácticas de Psicología del Desarrollo. Murcia: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Murcia.
Carriedo, N. e Corral, A. (2013). Aprendizaje, desarrollo y prácticas. Un manual de actividades prácticas para aprender Psicología del Desarrollo. Madrid: UNED.
Córdoba, A.I., Descals, A. e Gil, M.D. (Coords.) (2006). Psicología del Desarrollo en la edad escolar. Madrid: Pirámide.
Delgado, B. (Coord.) (2008). Psicología del desarrollo: vol. 2. Desde la infancia a la vejez. Madrid: UNED.
Feldman, R.S. (2007). Desarrollo psicológico a través de la vida. México: Prentice-Hall.
García Madruga, J.A. e Delval, J. (2010). Psicología del Desarrollo I. Madrid: UNED.
Giménez-Dasí, M. e Mariscal, S. (Coord.) (2008). Psicología del desarrollo: vol. 1. Desde el nacimiento a la primera infancia. Madrid: UNED.
González-Cuenca, A.M., Fuentes, M.J., De la Morena, M.L. e Barajas, C. (2006). Psicología del desarrollo: teoría y prácticas. Málaga: Aljibe.
Gutiérrez, F. e Vila, J.O. (2011). Psicología del Desarrollo II. Madrid: UNED.
López, F., Etxebarría, I., Fuentes, M.J. e Ortiz, M.J. (Coords.) (1999). Desarrollo afectivo y social. Madrid: Pirámide.
Palacios, J., Marchesi, A. e Coll, C. (Comps.) (1999). Desarrollo psicológico y educación: Vol. 1 Psicología evolutiva (2ª ed.). Madrid: Alianza.
Shaffer, D.R. e Kipp, K. (2007). Psicología del desarrollo. Infancia y adolescencia. Madrid: Thomson.
Xerais
CG1 - Coñecer e comprender os fundamentos académicos e científicos nos que se sustenta o seu campo formativo e profesional, tendo capacidade para analizar criticamente a natureza das súas teorías, metodoloxías e ámbitos de intervención da Educación Social.
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña la labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG-4 - Promover e desenvolver accións educativas e/o socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
Transversais
CT1- Expresarse e comunicarse facendo uso de diferentes códigos e recursos lingüísticos, materiais e tecnolóxicos.
CT2- Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfases no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT3- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecemento, tarefas e cometidos nos que participan.
Específicas
CE1.3 – Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, desde a infancia á vellez.
A proposta docente para esta materia inclúe: leccións expositivas, seminarios, prácticas, autoavaliacións e titorías en grupo reducido e individuais. Os alumnos disponrán dos materiais necesarios para seguir o desenvolvemento das distintas actividades no Campus Virtual da USC.
Leccións expositivas
Teñen como obxectivo presentar os contidos da materia, proporcionando unha visión organizada e integrada dos distintos modelos explicativos existentes sobre o desenvolvemento, así como dos datos normativos dispoñibles e as diferenzas individuais no mesmo.
Proporcionarase unha guía de estudo para cada tema, que incluirá os obxectivos, un esquema dos contidos contemplados, as tarefas a realizar e a bibliografía específica recomendada.
Seminarios
Tomando como base a información recibida a través dos documentos e as leccións expositivas, proporanse seminarios consistentes en actividades que haberá que realizar en grupo, como responder a unha serie de preguntas, discutir sobre cuestións de opinión ou repercusións de situacións hipotéticas, ou sinxelamente sintetizar os contidos tratados. Despois de cada actividade de grupo, realizarase tamén unha posta en común de toda a clase, que se iniciará coa explicación por parte dun representante de cada grupo acerca do traballo realizado e seguirá coa participación dos alumnos/as que o desexen e a do propio profesor que intentará aclarar dúbidas, precisar conceptos, establecer relacións entre as distintas intervencións, etc.
Prácticas
Os alumnos terán a posibilidade de levar a cabo actividades de diversa índole, que os acercarán á vertente aplicada da materia. Así, facilitarase o acceso e/ou manexo de distintos materiais como instrumentos de avaliación e protocolos de observación.
Autoavaliacións
Mediante esta actividade os estudantes terán a oportunidade de revisar o nivel de comprensión acadado sobre os contidos da materia. Así, os estudantes disporán de preguntas tipo test e abertas; a resposta ás mesmas comentarase en clase.
Titorías en grupo e individuais
Fixaranse titorías de grupo, segundo a demanda dos estudantes, nas que poderán realizar consultas e recibir orientación sobre os traballos de curso, o temario, as prácticas, etc. En canto as titorías individuais, o horario de atención establecido por parte da profesora será de máxima dispoñibilidade, salvo en casos excepcionais en que outras actividades académicas o impidan.
En función da situación sanitaria, a metodoloxía pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
A avaliación final descansará nun exame final e nas actividades interactivas (asistencia e informes de seminarios e prácticas). Os estudantes entregarán dous informes de prácticas e dous de seminarios. Respecto das prácticas, os estudantes elixirán como obxecto de informe, alomenos unha das enmarcadas nos sete primeiros temas. Tanto os informes dos seminarios como os das prácticas, realizaranse en grupo e entregaranse, en formato dixital, a través da aula virtual da materia.
O exame constarán de preguntas de resposta alternativa e preguntas abertas. A contestación as últimas valorarase tendo en conta a pertinencia e a claridade expositiva. A calificación do exame será a media das dúas partes, outorgándose á primeira un peso do 40% e á segunda do 60%.
Para cada seminario e práctica propostos, proporcionaranse os materiais necesarios, as instrucións de realización e os criterios de avaliación. Como pauta xeral, os traballos deben contemplar:
- a contextualización teórica das tarefas
- a descrición de actividades realizadas en función das instrucións proporcionadas para cada tarefa e dos datos/resultados obtidos
- unha relación das conclusións obtidas
- un comentario global
En concreto, a contextualización consistirá nunha síntese ou esquema dos contidos da materia máis claramente relacionados coa tarefa proposta. Por outro lado, no comentario final, establecerase de xeito explícito, a conexión entre estes contidos e os datos/resultados obtidos.
A cualificación final do estudante será a media ponderada das notas obtidas nas distintas actividades. O peso do exame en dito cómputo será o 70%, o dos seminarios o 15% e o das prácticas o 15% restante. Como requisito para o cómputo dos traballos, establécese unha puntuación mínima de 4 no exame.
Controlarase a asistencia ás actividades que requiren traballo en clase por parte dos estudantes, como modo de asegurar a súa preparación para elaborar os respectivos informes e a súa implicación nas tarefas de grupo encomendadas. Os retrasos na entrega de informes e/ou ausencias non xustificadas en traballos de grupo, repercutirán na calificación da tarefa afectada.
En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que o permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).
Actividades presenciais (total: 51 horas)
- Sesións expositivas: 24 horas
- Sesións interactivas: 24 horas
- Titorías en grupo reducido: 3 horas
Traballo autónomo do estudante (total: 99 horas)
- Informes de prácticas: 30 horas
- Informes de seminarios: 30 horas
- Estudo: 39 horas
- Implicación activa na dinámica de clase.
- Realización puntual de traballos.
- Seguimento continuado da materia.
- Integración da información manexada nas distintas actividades presenciais e non presenciais.
- Procura de claridade e organización conceptual dos coñecementos logrados na materia.
Plan de Continxencia
Tendo en conta as características dos tres escenarios previstos nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”, aplicaranse segundo o caso, as seguintes medidas:
Escenario 1: normalidade adaptada
- As titorías serán fundamentalmente de carácter presencial, se ben se poderán programar titorías por vía telemática (a través de Teams).
- O exame final terán carácter presencial.
- Os estudantes que participen nalgún programa de mobilidade ou teñan concedida a exención de docencia poderán realizar as tarefas programadas en modo no presencial e titorizado.
Escenario 2: distanciamento
- A docencia expositiva poderá realizarase total ou parcialmente de xeito virtual, segundo se determine na Facultade.
- Na docencia interactiva, combinarase a presencialidade na aula coa asistencia virtual (a través de Teams), a partes iguais, manténdose os horarios oficiais.
- As titorías terán preferentemente carácter telemático (a través de Teams).
- O exame final terán carácter telemático e realizaranse a través da aula virtual.
- O peso do exame final e os traballos de curso na cualificación global será o mesmo.
Escenario 3: peche das instalacións
- Proporcionaranse os materiais audiovisuais necesarios para a adecuada asimilación dos contidos da materia.
- Programaranse sesións expositivas (a través de Teams), segundo o horario de clases previsto, nas que se proporcionarán organizadores previos sobre os contidos e orientacións para o manexo dos materiais audiovisuais proporcionados.
- Adaptaranse as sesións interactivas a un formato virtual.
- As titorías terán carácter telemático.
- Os exame final terán carácter telemático.
- O peso do exame final na cualificación global será do 40%, reservándose o 60% para os traballos de curso.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os estudantes procurarán utilizar unha linguaxe non sexista, en particular nos traballos encomendados.
Patricia Maria Iglesias Souto
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813741
- Correo electrónico
- patriciamaria.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Ana Nieto Vieites
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813679
- Correo electrónico
- ananieto.vieites [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Luns | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Castelán | AULA 2-3 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (Ñ - Z) | Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Fernández N - N) | Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Fernández M) | Castelán | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
28.05.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12.07.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |