Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os principios e fases da intervención socioeducativa a través de programas.
- Afondar nos procesos de deseño, xestión, desenvolvemento e avaliación de programas socioeducativos, atendendo ao ciclo dun proxecto.
- Desenvolver habilidades para o deseño, a xestión e o desenvolvemento de procesos de intervención socioeducativa a través de programas.
- Coñecer os procesos de innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos.
- Analizar e valorar programas de intervención vinculados ao perfil profesional do educador social.
1) Os principios da intervención socioeducativa. Elementos estruturais e principios educativos.
2) A intervención socioeducativa nos diferentes ámbitos sociais, formativos e profesionais.
3) Deseño, xestión e desenvolvemento de programas: dimensións institucional, administrativa e económica.
4) A xestión dos recursos nun programa de intervención socioeducativa: os recursos humanos, materiais e económicos.
5) Innovación e xestión da calidade nos programas socioeducativos: aproximación a diferentes modelos.
6) A participación.
A materia está vinculada ás materias Planificación e Deseño de Programas de Educación Social (primeiro cuadrimestre do 3º curso) e Avaliación de Programas de Educación Social (2º cuadrimestre do 3º curso). A secuenciación e ligazón de contidos é acordada entre os docentes das tres materias.
Bibliografía básica
Cohen, E.; Franco, R. (2006). Evaluación de proyectos sociales. Madrid: Siglo Veintiuno.
Losada, S. (2016). Metodología de la intervención social. Madrid: Síntesis.
Paglilla, R.; Paglilla, D. (2017). Modelo para la elaboración de proyectos sociales. Revista Iberoamericana de Educación, (41)4.
Bibliografía complementaria
Alberich, T. (2002). Guía fácil de asociaciones. Manual de gestión. 3ª edición. Madrid: Dykinson.
Álvarez Rojo, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. Madrid: EOS.
Ander-Egg, E. (2006). Metodologías de acción social. Jaén: Universidad de Jaén.
Ander-Egg, E. y Aguilar, Mª J. (1995). Cómo elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Buenos Aires: Humanitas.
Castillo, S. e Cabrerizo, J. (2006). Evaluación de programas de intervención socioeducativa: agentes y ámbitos. Madrid: Pearson Educación.
Colom, A.J. (1992). Modelos de Intervención Socioeducativa. Madrid: Narcea.
De Asís, A. e cols. (sd). Manual de ayuda para la gestión de entidades no lucrativas. Fundación Luis Vives. Dispoñible en http://www.fundacionluisvives.org
Expósito, J. e Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Granada: Grupo Editorial Universitario.
Fantova, F. (2005). Manual para la gestión de la intervención social. Madrid: CCS.
Feliz, T. (2010). Diseño de programas de educación social. Madrid: McGraw-Hill Interamericana.
Froufe, S. e Sánchez Castaño, M. A. (1994). Planificación e intervención socioeducativa. Salamanca: Amarú Ediciones.
García Herrero, G. e Ramírez Navarro, J.M. (2009). Manual práctico para elaborar proyectos sociales. Madrid: Siglo XXI.
Gavilán, B. e cols. (2010). Guía para la gestión de proyectos sociales. Bizkaia: Equipo del Observatorio del Tercer Sector de Bizkaia. Disponible en http://www.3sbizkaia.org
Gutiérrez, I., Sorribas, M. y Gil, M. (2005). Metodología de la intervención social. 2ª Edición. Barcelona: Altamar.
Marchioni, M. (2007). Planificación social y organización de la comunidad. Madrid: Ed. Popular.
Moreno, M. D. (2000). Gestión de la calidad y diseño de organizaciones. Madrid: Prentice Hall.
Palacio, I. ; Ruiz, C. (2003). Viejos usos y nuevos retos. Valencia: Universitat de València,
Pérez Serrano, G. (2005). Elaboración de proyectos sociales. Casos prácticos. Madrid: Narcea.
Pérez Serrano, M. G. (2009). Estrategias de intervención social. En, M. A. Murga, Escenarios de innovación e investigación educativa (pp. 157-170). Madrid: Universitas.
Pérez Serrano, G. (2016). Diseño de proyectos sociales. Aplicaciones prácticas para su planificación, gestión y evaluación. Madrid: Narcea.
Rodríguez Sedano, A., Bernal, A. e Urpí, C. (2005). Retos de la educación social. Pamplona: Eunate
Touriñán, J.M. (2014). Dónde está la educación: actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. A Coruña: Netbiblo.
Ventosa, V. (1997). Intervención socioeducativa. Madrid: CCS.
Vilar, J. e Riberas, G. (2002). Diseño de proyectos sociales. Barcelona: Fundació Pere Tarrés
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
CG3 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación e avaliación das súas intervencións educativas, atendendo á circunstancias, necesidades, problemáticas e expectativas nas que se insire, en relación aos suxeitos cos que traballa e ás dinámicas sociais das que participan.
CG4 - Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
CG5 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
TRANSVERSAIS
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE1.2 - Analizar criticamente as realidades socioeconómicas, políticas, educativas e culturais, así como os ámbitos da acción educativa nos que os educadores sociais desenvolven o seu labor profesional.
CE1.5 - Proxectar a súa formación teórica e metodolóxica en iniciativas e prácticas educativas que dean resposta a necesidades e demandas sociais, en diferentes contextos e realidades, por si mesmo e/ou en colaboración con outros axentes da sociedade.
CE2.1 - Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.5 - Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un axeitado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
Combínase a modalidade de aulas expositivas e interactivas, que implica a presentación dos contidos que configuran o programa desta materia de forma expositiva por parte do profesorado, a proposta de prácticas de formulación diversificada a desenvolver nas sesións de seminario e a implicación e participación continuada por parte do alumnado na realización das distintas actividades teórico-prácticas que se programen.
As titorías poderán ser parcialmente virtuais.
A aula virtual da materia constituirá un apoio fundamental ó desenvolvemento da materia.
A avaliación terá un dobre carácter, formativo -continuo ao longo do semestre- e sumativo. Na avaliación teranse en consideración os seguintes elementos:
- Actividades individuais e/ou grupais (55%)
- Proba final (45%)
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación, así como obter unha cualificación mínima de apto en cada unha delas (5 sobre 10 en cada unha das partes).
As actividades, de carácter obrigatorio, poderán ser individuais ou grupais, cun claro peso destas últimas. A súa temática versará sobre a Xestión Cultural, os Recursos, a Responsabilidade Social empresarial, Corporativa e Universitaria, o proceso de Licitacións, a Participación, o Enfoque do Marco Lóxico e/ou os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible; a temática das mesmas será susceptible de ser ampliada.
O alumnado que teña concedida a exención ou dispensa de docencia seguirá a mesma estrutura da avaliación. Por unha banda, elaborando as prácticas adaptadas que se colgarán na Aula Virtual correspondentes coa parte interactiva. Por outra, preparando a proba final que se corresponde co exame recollido no calendario do grao e publicado no sitio web da Facultade. Ao igual que o alumnado asistente, o alumnado que se acolla á exención deberá ter aprobadas as dúas partes da materia (5 sobre 10 en cada unha) para poder facer a media. O alumnado con exención de docencia para as aulas expositivas estará en condicións de elaborar as actividades co conxunto dos compañeiros e compañeiras, polo que deste xeito será cualificado en consecuencia. Neste caso, o alumnado realizaría tamén o exame final.
Para a realización dos exames de Fin de carreira, o sistema de avaliación seguirá as indicacións especificadas no programa do curso anterior.
Preferentemente, as actividades entregaránse en papel, sempre que as circunstancias así o permitan.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá un suspenso na materia.
No apartado Observacións contemplanse as modificacións na avaliación para os escenarios 2 e 3, nos que a porcentaxe do 55% atribuida para as tarefas individuais e grupais na normalidade adaptada elévase á cualificación do 100%, no caso de que houbese que acollerse a calquera destes dous escenarios, 2 ou 3.
Para os efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A aprendizaxe na materia apóiase en tres requisitos indispensables:
- participación activa nas sesións e actividades de aula,
- traballo individual ou en pequeno grupo, segundo se indique, para realizar as prácticas,
- estudo individual e continuado ao longo do semestre.
A proporción de tempo estimado de dedicación do estudante é:
Actividades presenciais (50 horas):
- Clases expositivas: 24 h.
- Prácticas de seminario e/ou laboratorio: 24 h.
- Titorías: 2 h.
Traballo persoal do estudante: 100 horas.
O seguimento da materia tanto no escenario 2 (Distanciamento) como no escenario 3 (Peche de instalacións), non significa un incremento no número de horas asignadas no tempo de estudos e de traballo persoal do estudante, por canto no conxunto dos tres escenarios o alumnado contará coas explicacións e supervisión do profesorado, así como coa bibliografía e documentos precisos tanto para a preparación do exame final como para a elaboración das actividades e/ou grupais.
- Asistencia regular ás sesións de clase.
- Estudo e análise dos documentos recomendados para cada bloque temático.
- Seguimento e dedicación en todas as prácticas xa sexan individuais e/ou de grupo.
- Planificación axeitada das tarefas de grupo (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante co profesorado).
- Uso axeitado das titorías ao longo do semestre.
Durante o curso facilitaranse outras orientacións puntuais que complementen ou maticen as que aquí figuran enunciadas dunha forma xenérica.
Segundo a normativa da USC, a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de aula é obrigatoria. Nos casos considerados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia, segundo ás normas ditadas na instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. En todo caso, a materia ten un marcado carácter práctico, polo que se contempla a necesidade acreditada de asistencia, en particular ás aulas de contido fundamentalmente práctico.
A asistencia ás aulas consideráse un requisito imprescindible para a avaliación, aínda que non puntúa na asignación da cualificación global final.
Queda restrinxido o uso do teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Nas citas e referencias bibliográficas das prácticas e traballos se seguirán as normas APA (Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 6ª ed., 2011. Washington: APA) que poden ser consultadas na seguinte ligazón: http://www.apastyle.org
A guía resumida pode ser consultada en castelán na seguinte dirección: http://www.suagm.edu/umet/biblioteca/pdf/GuiaRevMarzo2012APA6taEd.pdf
A USC protexe e garante o dereito fundamental á protección de datos e amósase especialmente sensibilizada pola salvagarda da privacidade das persoas. O tratamento de datos faise de acordo co Regulamento da Unión Europea 2016/679, de 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos e a Lei Orgánica 3/2018, de 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e garantía dos dereitos dixitais.
Recoméndase facer as comunicacións a través do correo electrónico da USC: @rai.usc.es ou @usc.es.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL: Os traballos que sexan entregados en arquivo electrónico a través da Aula Virtual da materia, seguirán os prazos establecidos ao respecto. Nos casos que sexa acordada a entrega en papel, teránse en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta".
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá da aula como nos traballos académicos encomendados.
1. PLAN DE CONTINXENCIA:
As previsións para a metodoloxía docente e avaliación para os escenarios 2 e 3 son as seguintes:
-Escenario 2 (Distanciamento): convivirá a docencia presencial e virtual e a avaliación será continua formativa. Prescindirase da realización da proba final e a cualificación no conxunto das tarefas individuais ou grupais constituirá o 100% da nota global na materia.
-Escenario 3 (Peche de instalacións): a docencia será só virtual, mediante mecanismos síncronos (Teams) e/ou asíncronos (gravación de aulas: explicacións de contidos básicos). Prescindirase da realización da proba final e a cualificación no conxunto das tarefas individuais ou grupais constituirá o 100% da nota global na materia.
Metodolóxicamente, en canto ás actividades realizadas:
- tanto nas aulas expositivas como interactivas, seguirase unha liña de sincronicidade, (posibilidade de clases expositivas mediante videoconferencia) e/ou asincronicidade (plataforma Teams); combinadas ou non con docencia presencial;
- as actividades están planificadas de cara ao favorecemento do desenvolvemento do alumnado: a partir de textos e documentos previos, o alumnado - individual ou grupalmente - establece inferencias e relacións, deseña os seus propios proxectos e reflexiona sobre os contidos específicos da materia. Para a realización do conxunto das actividades interactivas, a documentación precisa proporcionarase tanto nas aulas expositivas como nas aulas interactivas (xa mediante o texto completo, xa mediante a indicación de obras incluidas nas referencias bibliográficas, así como o seu acceso a través de links).
O sistema de avaliación (tarefas máis proba final) ou ben aquel constituido exclusivamente pola cualificación do conxunto das tarefas individuais e/ou grupais será o mesmo tanto na primeira como na segunda oportunidade do curso académico.
Cando as circunstancias non permitan a entrega en papel das actividades de avaliación, estas entregaranse vía telemática (a través do correo e/ou do Campus Virtual).
Alicia Diaz Balado
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Ana Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (Gon - Pat) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Gom) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_03 (Pau - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
21.05.2021 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
08.07.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |