Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos da materia Acción Socioeducativa coa Infancia e a Xuventude, céntranse nos seguintes aspectos:
1. Lograr un coñecemento crítico dos referentes teórico-conceptuais básicos da materia
2. Coñecer o marco contextual e normativo da atención á infancia e a xuventude e as súas implicacións sociais e individuais.
3. Saber valorar criticamente diferentes modelos de diagnóstico e intervención nestas etapas vitais.
4. Valorar o importante papel do educador social na atención á infancia e a xuventude
5. Desenvolver unha toma de conciencia e sensibilización cara á problemática destes sectores.
6. Adquirir actitudes, destrezas e habilidades para a intervención socio-educativa nestes ámbitos.
Os contidos a abordar na devandita materia xiran en torno ás seguintes temáticas:
Bloque I: Marco contextual, teórico e normativo
1. Aproximación contextual, conceptual e normativa á acción socioeducativa coa infancia e a xuventude. A intervención socioeducativa no ámbito da protección infantil e xuvenil: principios básicos.
2. O modelo sistémico na atención á infancia e a xuventude. Principais aportacións do modelo sitémico-fenomenolóxico. As leis sistémicas. Pautas básicas para a intervención.
Bloque II: A Intervención socioeducativa en diversos ámbitos relacionados coa infancia e a xuventude
3. A infancia en risco social: indicadores, fases e estratexias de atención ás situacións de desprotección infantil. Acollemento, adopción e atención residencial. Etapas no acollemento. O proceso de adopción. Tipos de centros na atención residencial e o seu funcionamento.
4. A violencia contra a infancia: o maltrato infantil na familia. Concepto e tipos de maltrato. Causas e consecuencias do maltrato infantil. Estratexias de intervención. Agresión e Bullyng no contexto socioeducativo: definición e tipos de bullyng. Manifestacións e indicadores. Causas e consecuencias. Estratexias de intervención.
5. Infancia e inmigración. Problemática social e escolar do menor inmigrante. Estratexias para mellorar a situación da infancia inmigrante
Bloque II: Habilidades e estratexias para a vida independente na infancia e a xuventude
6. A optimización do desenvolvemento psicolóxico na infancia e na xuventude. As habilidades sociais e de vida independente na infancia e xuventude. Actitudes e competencias antes as TIC e as Mass-media
Bibliografía básica
- Fernández Millán, J. M.; Hamido, A. y Fernández Navas, M. (2011). Educación Social y atención a la infancia. Pirámide.
- Fernández Tilve, M. D. e Suárez, J. M. (Coords.). (2012). Menores en crisis. Propuestas de intervención y medidas reeducativas. Universidade de Santiago de Compostela.
- Gómez Granell, C. et al. (Coords.) (2004). Infancia y familia: realidades y tendencias. Ariel.
Bibliografía Complementaria
- Amorós, P. y Ayerbe, P. (2000). Intervención educativa en la inadaptación social. Síntesis.
- Balsells, M. A. e Alsinet, C. (2011) Infancia y Adolescencia en riesgo social. Estrategias de Intervención. Milenio.
- Brullet, c. e Gómez Granell, C. (Coord.) (2008). Malestares: infancia, adolescencia y familia. Graó
- Echeburúa, E. e Requesens, A. (2012). Adicción a las redes sociales y nuevas tecnologías en niños y adolescentes. Pirámide.
- García Diéguez, N. e Noguerol, V. (2007). Infancia maltratada. Manual de Intervención. EOS.
- García Rodicio, M. L. e Iglesias Cortiza, M. J. (2011). El acoso escolar. Diagnóstico y prevención. Biblioteca Nueva
- Kowalski, R.; Limberg, S. y Agatston, P. (2010) Cyber Bulling. el acoso escolar en la era digital. Desclée de Brouwer.
- Lebrero, M. P. (2005). Atención a la infancia en riesgo y dificultad social. UNED
- Picornell, A. (2006) La infancia en desamparo. Nau LLibres.
- Roldán, E. e cols. (2011). Terror en las aulas. Cómo abordar el acoso escolar o bullyng. Altaria.
- Ruíz Soro,R. M. (2012). Adolescentes: guía de educación pra la salud. Aljibe
- Zamora,M. (2011). Maltrato infantil. Pevención e intervención. Formación Alcalá.
- Velaz, C. (Coord.) (2009) Educación y protección de menores en riesgo, Un enfoque comunitario. Graó
DIRECCIÓNS DE INTERESE EN INTERNET:
www.ceesg.org
www.eduso.net
www.savethechildren.es
www.oijj.org
Referenzas mais específicas para o 2º e 3º escenario
- Melendro, M. & Rodríguez, A. E. (2013). Intervención con menores y jóvenes en dificultad social. https://www.researchgate.net/profile/Miguel _Estefania/publication/259475330_Los_escen arios_de_intervencion_Intervention_scenarios /links/0c96052c0054425d34000000
- Tendencias y buenas prácticas en la atención a la infancia en situación de riesgo social. https://dialnet.unirioja.es/descarg a/articulo/5984571.pdf
- La infancia en situación de riesgo social. https://www.oposinet.com/temario-interven cion-sociocomunitaria/temario-2-intervencio n-sociocomunitaria/tema-31-la-infancia-en-si tuacin-de-riesgo-social-indicadores-el-maltrato-infantil-indicadores-servicios-especializados-dentro-de-una-poltica-de-bienestar-social-ad opcin/
- Hernández González, E. (2018) El maltrato infantil: tipos, causas,consecuencias y prevención.
Psicología-online. https://www.psicologia-online.com/el-maltrato-infantil-tipos-causas-con…
- Lavilla, L. (2011). Bullying: estrategias de prevención. https://dialnet.unirioja.es/descarga/articulo/3629218.pdf
- Ruiz de Lobera, M. (s.f). Inmigración, diversidad, integración exclusión: conceptos clave para el trabajo con la población inmigrante. http://www.injuve.es/sites/default /files/66CAP1.pdf
No desenvolvemento desta materia, fomentaranse as seguintes competencias xerais e específicas:
A) COMPETENCIAS XERAIS DA TITULACIÓN ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA:
4 G Promover e desenvolver accións educativas e/ou socioeducativas en diferentes contextos institucionais e comunitarios, no traballo directo con persoas e colectivos, así como no asesoramento, mediación, xestión, organización, coordinación, acompañamento e avaliación das iniciativas nas que interveñan.
B) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
2 T Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
4 T Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1.1 Comprender os referentes teórico-conceptuais, históricos, comparados, metodolóxicos e pedagóxicos da Educación Social e das prácticas que nela se promoven.
CE1.3 Avaliar as circunstancias persoais, institucionais e sociais que constitúen ao ser humano como protagonista da educación e das súas prácticas profesionais, dende a infancia ata a vellez.
CE2.1 Deseñar, desenvolver e avaliar plans, programas, proxectos e actividades de intervención socioeducativa en diversos contextos institucionais e sociais.
CE2.2 Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía. Terá un especial significado neste logro a atención á diversidade, á igualdade de xénero, aos valores da cultura da paz e a sostibilidade.
CE2.3 Facer uso de estratexias, procedementos, medios, técnicas, métodos, etc. que posibiliten unha intervención educativa directa con persoas e colectivos afectados por distintas problemáticas ou circunstancias sociais.
Metodoloxía da ensinanza
O traballo ao longo do curso desenvolverase artellando diversas opcións metodolóxicas:
1. Método expositivo, para a transmisión do marco teórico e conceptual, así como para presentar as fontes bibliográficas e documentais necesarias para o estudo autónomo do alumno/a.
2. Actividades prácticas individuais e grupais a desenvolver na aula, as cales, de xeito articulado, se centrarán na Acción Socioeducativa coa Infancia e a Xuventude: resolución de problemas, análise e comentario de documentos, debates,
3. Aprendizaxe cooperativa, potenciando o traballo en grupo.
Complementariamente, convén apuntar que o uso da Aula Virtual da materia será de especial relevancia, debendo entenderse como unha ferramenta de apoio, a cal proporcionará unha contorna virtual cos recursos necesarios para favorecer os procesos de ensino-aprendizaxe e unha boa integración da docencia. Nela estarán dispoñibles os materiais de traballo das sesións, materiais dixitais complementarios e as producións do alumnado. Para iso, é necesario que todos os alumnos/ as teñan activo o seu correo electrónico institucional dá USC (imprescindible ao comezo da materia).
As titorías terán un carácter fundamentalmente personalizado e/ou en pequenos grupos. Levaranse a cabo no horario especificamente dedicado a tal fin pola profesora da materia. Estas sesións posibilitarán o desenvolvemento teórico-práctico da materia e a orientación dos traballos que se realicen ao longo do curso. O horario de titorías especificarase a comezos do curso, tendo lugar no mesmo a atención persoal e on-line (a través do correo electrónico) das dúbidas e consultas formuladas polos/as estudantes no que atinxe aos contidos abordados na materia.
A intención de facer a clase máis dinámica, amena e interesante e de promover o desenvolvemento dunha aprendizaxe máis significativa no alumnado, lévanos a propoñer un gran número de actividades variadas que permiten atender á diversidade de intereses e motivacións existentes:
- A organización, dirección e comentario dunha técnica unha técnica de grupo para o traballo coa infancia ou xuventude, aplicándoa para toda a clase. Entregaráselle ao docente unha ficha cun esquema no que se inclúen as cuestións básicas, xunto cun informe onde se recollerán os resultados da súa aplicación ao grupo.
-A realización de traballos monográficos sobre diferentes temas relevantes no ámbito desta materia. Estes constarán dunha parte teórica, onde se recollerán os conceptos, principios e liñas de actuación básicas, e dunha práctica onde se traballará, no 1º escenario, con todo o colectivo, algúns exercicios ou técnicas relacionados con esa temática. No 2º e 3º recolleríanse e xustificaríanse que tipo de técnicas poderían ser válidas para traballar este tema
- Poderán realizarase visitas a unha ou varias Institucións Socioeducativa relacionadas coa atención a menores. No escenario 1 e sempre que se conte coa correspondente subvención para prácticas de campo, farase unha saída fóra de Santiago a diversas institucións. A elección de estas se negociará cos alumnos, tendo en conta os seus intereses e as posibilidades existentes. Posteriormente, entregarase un informe valorativo á profesora. No escenario 2 ou 3, esta visita poderá substituírse pola análise de algún documental sobre unha institución ou experiencia relacionada co traballo con menores.
Asistencia a clases e control de asistencia:
O programa inclúe clases teóricas e prácticas.
• A profesora levará a cabo un control de asistencias dos seus alumnos ás súas clases. As faltas de asistencia xustificadas ás clases tanto teóricas como prácticas non eximirán ao alumnado do cumprimento dos requisitos establecidos no programa. Se existe un impedimento á asistencia ás clases teóricas e/ou prácticas a/o estudante deberá comunicalo á profesora.
• Dado o carácter colaborativo das prácticas e a unión entre teoría e práctica, a “non asistencia” reiterada ás sesións prácticas -mesmo xustificada- que supón non participar nas actividades de aprendizaxe e tarefas deseñadas conlevará a obrigación de realizala individualmente, previa negociación coa profesora e supervisión continuada das mesmas.
Sistema de avaliación da aprendizaxe
Tomando como referencia os obxectivos e as competencias establecidas, así como a preparación inicial do alumnado, a avaliación terá un carácter procesual e formativo ao longo do semestre.
Para a avaliación final teranse en conta os seguintes elementos:
1. Actividades de avaliación continua: consistirán na elaboración e entrega no prazo establecido das actividades encomendadas, realizaranse en pequenos grupos (4/5 persoas). Representará o 50% da cualificación global. Para conservar o dereito a avaliación continua será preciso ter entregado en tempo e forma todas as actividades e acadado unha nota mínima de 2.5 puntos sobre o global das mesmas.
2. Proba final escrita: sobre os contidos desenvolvidos nas sesións de clase, coincidindo coas datas establecidas no calendario oficial de exames da Facultade. Representará o 50% da cualificación global, sendo imprescindible acadar unha nota mínima nesta proba de 2.5 puntos para ter en consideración os outros compoñentes da avaliación.
Será requisito cumprir co 80% da asistencia e entregar en prazo a totalidade de actividades encomendadas para ser avaliado/a de acordo co sistema de avaliación continua establecido.
O carácter procesual da materia implica a asistencia asidua ás sesións de clase, salvo nos supostos oficialmente contemplados (exención ou dispensa de docencia). En relación á dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias atenderase ás normas ditadas na Instrución núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC. En ambos supostos, deberase presentar ás profesoras o xustificante de ter obtido a condición de exención ou dispensa. Este alumnado realizará as prácticas de xeito individual dentro do prazo establecido polas profesoras da materia e o exame final, que terán a mesma ponderación que a establecida para o resto do alumnado.
As prácticas entregadas na primeira oportunidade que obtiveran unha cualificación positiva manterán esta cualificación para a segunda oportunidade.
As cualificacións obtidas nas diferentes dimensións que constitúen a avaliación no presente curso non se manterán en cursos posteriores.
Os/as alumnos/as que repitan ou non se presentaran en convocatorias anteriores serán avaliados seguindo os criterios establecidos para o presente curso académico.
A realización das prácticas, de ser o caso, poderá implicar a outras materias.
Aqueles alumnos/ as que teñan exención ou dispensa de asistencia deberán poñerse en contacto coa profesora cando soliciten a mesma e como máis tardar nos 10 días seguintes á concesión dá mesma para determinar ou sistema de titorización. Neste caso, ou alumnado deberá seguir a mesma secuencia temporal e prazos que ou alumnado asistente.
Os traballos, individuais ou grupais, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá ou suspenso dá materia e a avaliación do estudante na convocatoria correspondente.
Para os efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
En caso de escenario 2 e 3 a avaliación seguirá a mesma ponderación pero ou exame realizarase de xeito telemático.
Actividades docentes presenciais ou a súa equivalencia on-line:
- Clases expositivas: presentación e explicación de contidos: 20 horas
- Clases interactivas: 20 horas
- Titorías: 8 horas
- Exame: 2 horas
Traballo persoal do alumno/a:
- Estudo: 40 horas
- Estudo e elaboración de informes: 12 horas
- Visualización de materiais e elaboración de informes: 32 horas
- Lecturas: 16 horas
TOTAL HORAS PRESENCIAIS: 50
TOTAL HORAS DE TRABALLO PERSOAL: 100
A asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, a consulta e estudo dos materiais recomendados pola profesora da materia, a participación activa no desenvolvemento das sesións de clase, así como a entrega das diferentes tarefas encomendadas, son fundamentais para o bo aproveitamento da materia.
Tamén é conveniente que as alumnas e alumnos participen activamente nas diversas tarefas propostas na materia, no caso do 1º e 2º escenario, no aula, e telemáticamente, no 3º escenario.
Suxírese a utilización da titoría, ben sexa presencial ou telemática, para clarificar as dúbidas e para recibir orientacións, apoios e directrices que faciliten a aprendizaxe da materia e a realización das actividades propostas.
O traballo constante durante o curso e o estudo persoal constituirán unha base fundamental no proceso de aprendizaxe.
RECOMENDACIÓNS PREVIAS
Recomendase un certo dominio (a nivel de usuario/a) de coñecementos de informática, fundamentalmente orientados ao procesamento de textos, navegación por Internet, etc.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
Asemade, seguirase as indicacións vixentes, cando proceda, sobre a dispensa de asistencia e de exención de docencia en determinadas circunstancias.
Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar:
DISPENSA DE ASISTENCIA (TODAS AS SESIÓNS)
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA.ÁS CLASES EXPOSITIVAS
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
EXENCIÓN DE DOCENCIA A TODAS AS SESIÓNS SI ASÍ SE DETERMINA
https://nubeusc.sharepoint.com/sites/centro-ciencias-educacion/SitePage…
CALIDADE FORMAL DOS TRABALLOS:
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7 ª ed. Washington: APA, 2020, que se poden consultar no enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección:
https://universoabierto.org/2020/03/12/normas-apa-7-a-edicion-guia-de-c…
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Tamén se utilizarán outras medidas para aplicar o enfoque de xénero na docencia, tales como:
- A promoción dun clima de interaccións igualitario,
- A mostra das contribucións científicas e técnicas das mulleres, en xeral, e das propias alumnas, na materia e,
- A introdución do xénero como categoría de análise dos traballos do alumnado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións, cando se presenten en papel:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PROTECCIÓN DE DATOS
Aplicarase a normativa vixente na USC:
https://www.usc.gal/gl/normativa/protecciondatos/index.html
USO DO TELÉFONO MÓBIL:
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo/a docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAN DE CONTINXENCIA:
-En relación coa metodoloxía de ensino, nos escenarios 2 e 3 empregarase para a docencia telemática a ferramenta teams. En caso de escenario 2 e 3 a metodoloxía de ensino combinará sesións telemáticas síncronas e asíncronas tanto para clases expositivas como interactivas coa necesidade de seguimento por parte do alumnado.
-En relación coa avaliación, nos escenarios 2 e 3, esta realizarase de maneira telemática manténdose as mesmos porcentaxes de ponderación.
Silvia Lopez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- silvialopez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Me) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 (Mi - Z) | Galego | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
13.12.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 5 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |