Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
- Adquirir a terminoloxía básica propia das distintas modalidades de investigación socioeducativa.
- Diferenciar os criterios de uso dos distintos métodos de investigación utilizados na investigación socioeducativa.
- Ser capaz de planificar investigacións socioeducativas nos seus elementos básicos.
- Coñecer a codificación e análise de datos por medios informáticos.
- Saber analizar datos cualitativos e cuantitativos, así como realizar a correspondente interpretación de resultados.
Os contidos da materia estrutúranse nos seguintes bloques temáticos:
1.Perspectiva xeral da metodoloxía de investigación socioeducativa
2.Principais métodos de investigación socioeducativa
• Métodos de investigación cuantitativa
• Métodos de investigación cualitativa
3.Análise de datos en investigación socioeducativa
• A análise de datos no proceso xeral de investigación socioeducativa
• Análise cuantitativa de datos
• Análise cualitativa de datos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Bisquerra, R. (2014). Metodología de la investigación educativa. La Muralla.
Etxeberria, J. e Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. La Muralla.
Porto Castro, A. Mª e Mosteiro García Mª J. (2016). Análisis descriptivo de datos con IBM SPSS Statistics. Andavira.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ander-EGG, E. (2003). Técnicas para la recogida de datos e información. Lumen.
Corbeta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. McGraw Hill.
Cubo Delgado, S.; Martín Marín, B. e Ramos Sánchez, J.L. (Coords.) (2011). Métodos de investigación y análisis de datos en ciencias sociales y de la salud. Pirámide.
Del Rincón, D., Arnal, J., Latorre, A. e Sans, A. (1995). Técnicas de investigación en Ciencias Sociales. Dykinson.
Elliot, J. (2000). La investigación-acción en educación. Morata.
García Ferrando, M., Ibañez, J. e Alvira, F. (2007). El análisis de la realidad social. Alianza.
Gibbs, G. (2012). El análisis de datos cualitativos en investigación cualitativa. Morata.
Gutierrez Brito, J. (2008). Dinámica del grupo de discusión. CIS.
Lara Guijarro, E. e Ballesteros Velázquez, B. (2009). Métodos de investigación en educación social (2ª ed.). Universidad Nacional de Educación a Distancia.
McNiff, J. e Whitehead, J. (2006). All you need to known about Action Research. Sage.
Murillo Torrecilla, F. J. e Martíez-Garrido, C. (2012). Análisis de datos cuantitativos con SPSS en investigación socioeducativa. Universidad Autónoma Ediciones.
Rodriguez Gómez, G., Gil Flores, J. e García Jiménez, E. (1999). Metodología de la investigación cualitativa. Aljibe.
Rubio, M.J. e Varas, J. (1997). El análisis de la realidad en la intervención social. Métodos y técnicas de investigación. Síntesis.
Salazar, M. C. (Ed.) (2006). La Investigación-acción participativa : inicios y desarrollos. Popular.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa: comprender y actuar. La Muralla.
Valles, M.S. (1997). Técnicas cualitativas de investigación social. Reflexión metodológica y práctica profesional. Síntesis.
WEBS DE INTERESE
Revista de Investigación Educativa (RIE): http://revistas.um.es/rie
Revista Electrónica de Investigación y Evaluación Educativa (RELIEVE): http://www.uv.es/relieve/
Asociación Interuniversitaria de Investigación Pedagógica (AIDIPE): http://www.uv.es/aidipe/
Instituto Nacional de Estadística (INE): http://www.ine.es/
A) Competencias da titulación ás que contribúe a materia (xerais, transversais e específicas):
CG2 - Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG6 - Estar en condicións de tomar decisións relativas á mellora da súa formación e da práctica profesional, con pleno respecto aos principios deontolóxicos aos que se remite a Educación Social, tendo como soporte os valores cívicos e os dereitos humanos.
CT4 - Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
CE2.5 - Realizar e facer uso de informes técnicos, de investigación e avaliación sobre accións, procesos e resultados socioeducativos.
CE2.6 - Valorar e axustar a súa práctica profesional ás esixencias e compromisos deontolóxicos da Educación Social.
B) Outras competencias específicas da materia:
- Identificar o método de investigación utilizado en investigacións socioeducativas.
- Seleccionar o método de investigación adecuado aos obxectivos e ao contexto do estudo.
- Planificar investigacións socioeducativas nos seus elementos básicos.
- Seleccionar e deseñar adecuadamente técnicas de recollida de datos atendendo aos obxectivos e contexto do estudo.
- Analizar datos cualitativos e cuantitativos utilizando distintas técnicas de análise con apoio de aplicacións informáticas, interpretando adecuadamente os resultados e extraendo conclusións.
A metodoloxía empregada oriéntase a favorecer a adquisición das competencias oficialmente indicadas, propiciando tamén que o alumnado se implique activamente no desenvolvemento dunha boa comprensión crítica dos contidos programados e na realización das tarefas de reflexión e aplicación práctica correspondentes.
Nas clases expositivas presentaranse os contidos fundamentais con apoio de materiais seleccionados que faciliten a súa adecuada comprensión.
Nas clases interactivas desenvolveranse fundamentalmente actividades en parella e/ou grupais de carácter aplicado e dirixiranse a poñer en práctica os contidos abordados nas sesións expositivas. Estas actividades poderán ser diversas: análise de informes e artigos de investigación, resolución de casos prácticos, … Se a evolución da crise sanitaria o permite algunhas das sesións interactivas centraranse na utilización do programa IBM SPSS Statistic na análise de datos socioeducativos.
Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC como ferramenta de apoio ao desenvolvemento da docencia. Empregarase en todas as sesións interactivas da materia e tamén para a comunicación co alumnado, como repositorio de material, etc.
Respecto dos materiais indicar que haberá un dossier da materia que incorporará unicamente documentos de uso real no desenvolvemento das clases.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua ao longo do cuadrimestre. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes aspectos:
A) Realización e presentación das actividades solicitadas pola profesora e que se desenvolverán total ou parcialmente nas sesións interactivas (40%).
Non se recollerán actividades de alumnado que non asistira á sesión na que se presentou a actividade. Só naqueles casos en que a ausencia sexa debida a algunha das razóns contempladas na normativa (que o/a estudante deberá xustificar documentalmente), se lle permitirá realizar a actividade con posterioridade e entregala cumprindo os prazos que se lle indiquen.
Na realización das actividades seguiranse as normas APA-Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed.
B) Proba individual escrita (exame), na data e hora establecida na convocatoria oficial, na que se valorarán os contidos tratados na materia (60%).
Non se cambiará a data de exame a ningún estudante salvo nos casos contemplados na Normativa sobre avaliación do rendemento académico da USC.
A proba individual escrita unicamente terá carácter telemático se a evolución da crise sanitaria e a normativa vixente nese momento o fai necesario.
Para poder aprobar a materia é preciso superar todas as partes. É necesario aprobar o exame para ter en conta os outros compoñentes da avaliación.
O alumnado que teña concedida EXENCIÓN DE DOCENCIA ou DISPENSA DE ASISTENCIA a clase segundo o recollido na Instrución nº1/2017, deberá ter unha titoría presencial coa profesora da materia nos 10 días posteriores á comunicación de dita concesión. Nesta titoría presentarase a documentación pertinente e acordarase o plan de traballo a desenvolver ao longo do cuadrimestre. O alumno/a deberá entregar as actividades propostas pola profesora nas datas que se lle indiquen en dita titoría e realizar una proba individual escrita (exame).
O sistema e criterios de avaliación expostos son idénticos en calquera das convocatorias ordinaria ou de recuperación da materia.
O alumnado repetidor ou non presentado avaliarase segundo os criterios establecidos en cada curso académico.
Os traballos individuais ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria.
A efectos de avaliación, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A modo de referencia aproximada:
- Horas presenciais: 48
- Horas non presenciais: 96
- Horas de exame: 3
- Horas de titoría: 3
Tempo estimado total: 150
Os contidos desta materia estrutúranse de tal forma que é preciso un traballo diario e constante para que o alumno/a vaia acadando progresivamente o seu dominio.
Tanto para lograr un óptimo dominio da materia, en liña co que se pide, como para aprobala, resulta didacticamente necesario asistir de forma regular ás sesións expositivas e interactivas e, sobre todo, participar activamente nelas.
- Nas sesións de clase, atendendo ao calendario do cuadrimestre, estableceremos as datas límite para a realización e entrega das actividades.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
- Asistencia a clase. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES na que se expoñen os beneficios da asistencia a clase.
Cabe recordar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase (expositivas e interactivas) é obrigatoria. A asistencia é un requisito imprescindible para poder aprobar a materia. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar exención oficial de docencia ou dispensa de asistencia, aténdose ás condicións aprobadas a tal efecto.
Indicar que o criterio de asistencia ao 80% da actividade presencial, limitarase ás actividades desenvoltas durante o período de docencia presencial.
PLAN DE CONTINXENCIA
Metodoloxía da ensinanza:
No escenario 2 a docencia será mixta combinando presencialidade e non presencialidade e docencia síncrona e asíncrona. A distribución da presencialidade e da temporalidade estará condicionada polo número de alumnado da materia e polo tipo de aula na que se desenvolva a materia.
A profesora da materia determinará e publicará, na aula virtual da materia, as sesións non presenciais que se levaran a cabo de forma síncrona e informará dos medios dixitais institucionais (Teams, Campus Virtual, correo institucional, aulas Lifesize, etc) a través dos que se desenvolverán ditas sesións.
No escenario 3 a totalidade da docencia será non presencial e impartirase de xeito síncrono ou asíncrono. A profesora da materia, ao inicio do paso ao escenario 3, determinará e publicará, na aula virtual da materia, as sesións que se levarán a cabo de forma síncrona e informará dos medios dixitais institucionais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións.
Se a evolución da crise sanitaria o fai necesario adaptaranse, na medida do posible, os materiais para facelos accesibles de acordo coas condicións dos escenarios 2 e 3.
Sistema de avaliación da aprendizaxe:
Nos escenarios 2 e 3 a avaliación da aprendizaxe do alumnado continuará sendo continua ao longo do cuadrimestre. A proba individual escrita terá carácter telemático se a evolución da crise sanitaria e a normativa vixente nese momento o fai necesario.
O alumnado que teña concedida EXENCIÓN DE DOCENCIA ou DISPENSA DE ASISTENCIA a clase, no caso de que pola evolución da crise sanitaria non sexa posible ter unha titoría presencial, terá unha titoría telemática síncrona.
Indicar que o criterio de asistencia ao 80% da actividade presencial, limitarase ás actividades desenvoltas durante o período de docencia presencial.
Felicidad Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813827
- Correo electrónico
- felicidad.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor