Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1, Coñecer o papel da Educación Social na definición e desenvolvemento das políticas culturais promovidas dende os diferentes niveis da administración pública, con especial énfase nas administracións locais.
2. Dominar os diferentes modelos de políticas culturais e as súas implicacións no desenvolvemento das comunidades, así como as súas repercusións no desempeño profesional das educadoras e educadores sociais.
3. Adquirir os coñecementos necesarios para valorar e promover o papel da iniciativa social e dos movementos culturais nas propostas culturais dos territorios.
4. Adquirir a competencia básica para desenvolver a súa función profesional en servizos e/ou equipamentos culturais, dominando as destrezas que permitan deseñar plans, programas e/ou iniciativas de carácter cultural.
1. Educación Social, políticas culturais e administracións públicas.
2. Educación Social e desenvolvemento cultural: modelos de políticas culturais.
3. Declaracións, principios e estratexias de acción en cultura.
4. A acción cultural das iniciativas e movementos sociais.
5. Deseño e avaliación de políticas culturais.
6. Investigación, formación e profesionalización pedagóxico-social nos espazos e tempos culturais.
Especificarase máis detalladamente no desenvolvemento da materia.
Bibliografía básica:
Caride, J.A. (Coord.)(2000). Educación Social y Políticas Culturales. Facultad de Ciencias de la Educación, Universidad de Santiago de Compostela.
Monclús, C. (2020). Cultura, animación y gestión cultural. Animacionet.
Roselló i Cerezuela, D. (2006). Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
Bibliografía complementaria:
Aldanondo, P. e Escudero, J. (coord.) (2002). La política cultural en el municipio. Fundación Autor.
Bouzada X. (2004). Da relación entre participación e cultura á cultura da participación. En X.Bouzada (coord.) Cultura e participación. Actas dos III Encontros “Cultura e Concellos”. Consello da Cultura Galega.
Calvo, A. (2002). La animación sociocultural, una estrategia educativa para la participación. Alianza Editorial.
Carnacea Cruz, A. e Lozano, A. (2011). Arte, intervención y acción social. La creatividad transformadora. Grupo 5.
Casacuberta, D., Rubio, N.e Serra, L. (Coords.) (2011). Acción cultural y desarrollo comunitario. Graó.
Coelho, T. (2009). Diccionario crítico de política cultural: cultura e imaginario. Gedisa.
Escudero, J. (coord.) (2009). Guía para la evaluación de políticas culturales locales. Federación Española de Municipios y Provincias.
Fernández, E (1991). La Política cultural: qué es y para qué sirve. Trea.
García, I. (2020). La cultura, su acción y su gestión, desde la educación social. Revista de Educación Social, 31, 11-27. https://eduso.net/res/revista/31/el-tema-revisiones/la-cultura-su-accio…
García Quiroga, F. (coord.) (2020). Pensar y hacer en el medio rural. Prácticas culturales en contexto. Ministerio de Cultura.
Heras i Trias, P. (Cord.) (2008). La acción política desde la comunidad. Graó.
Pose, H. (2006). La Cultura en las ciudades: un quehacer cívico-social. Graó.
Pose, H. e P. Rúa, M. (coords.) (2007). Caderno Temático 4: Políticas Culturais e creación artística a nivel local. Deputación da Coruña.
Pose, H. e Pérez Rúa, M. (2008). La acción cultural pública en Galicia: entre la definición y la precariedad. En Planificación estratégica de la cultura en España (pp. 205-226). Fundación Autor.
Sánchez-Valverde, C. e Franch, X. (2016). La gestión cultural, clave en el desarrollo de la educación social. En Domínguez, G (ed.) y Martín, V.M. (Coord.) La educación social: una profesión de compromiso en continua reflexión y construcción (pp, 77-105). Exlibric.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS:
CG2- Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o traballo profesional das educadoras e educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG5- Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
CT3- Desenvolver unha actitude autocrítica, así como de reflexión, análise e síntese respecto dos coñecementos, tarefas e cometidos nos que participan as educadoras e educadores sociais.
CT4- Implicarse activamente na resolución de problemas e na toma de decisións.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE2.2- Promover e desenvolver actuacións educativas orientadas a dinamizar a participación das persoas na sociedade, minimizando as situacións de risco ou dependencia e maximizando os seus potenciais de inclusión e autonomía.
CE2.4- Elaborar, xestionar e/ou utilizar medios e recursos socioeducativos que posibiliten un adecuado desenvolvemento do seu labor profesional e das institucións ou entidades nas que se leve a cabo.
O desenvolvemento teórico e práctico da materia fundamentarase nas seguintes dinámicas formativas:
- Sesións expositivas por parte do profesorado e/ou alumnado.
- Actividades tipo ‘forum’ (vídeo, libro, cine...)
- Prácticas de campo e saídas de estudo (visitas a institucións e encontros con profesionais), que serán programadas no marco da materia, de ser posible en coordinación con outras materias da Titulación e do cuadrimestre.
- Participación en propostas formativas fóra das aulas que sirvan para ampliar e consolidar os coñecementos acadados na materia.
- Dinámicas de formación grupal que posibiliten a implicación individual e colectiva do estudantado (planificación, organización e desenvolvemento dunhas xornadas de experiencias culturais).
- Reflexión e diálogo crítico en base aos contidos da materia.
- Titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
Farase un uso activo do campus virtual para informar, documentar e solicitar tarefas a realizar polo alumnado.
Todas as actividades e propostas formativas teñen o obxectivo de favorecer a adquisición de competencias profesionais e o compromiso de actuación acorde cos principios deontolóxicos da Educación Social.
A avaliación será continua ao longo do curso. Na avaliación final teranse en consideración os seguintes elementos:
1) Asistencia as sesións de clase, expositivas e interactivas. (preceptivo para superar a materia)
2) Prácticas de aula, nas que cada un dos/as estudantes debe participar de forma activa e presentar as tarefas que encargue o profesor. (10%)
3) Xornadas de Experiencias Culturais. Participación activa da totalidade dos alumnos e alumnas na proposta, planificación, desenvolvemento e avaliación da xornada, organizada co obxectivo de visibilizar modelos de políticas culturais e as súas implicacións no desenvolvemento das comunidades. (15%)
4) Cartafol da materia, que deberá integrar todas as tarefas (individuais e grupais) encargadas polo docente da materia (50%).
5) Traballo final: Proxecto cultural. (15%)
6) Prácticas de campo e accións formativas fóra do marco das aulas (saidas e participación en seminarios, congresos o propostas formativas desenvolvidas noutros contextos. (5%)
7) Autoavaliación de coñecementos. (5%)
Para obter unha valoración positiva na materia, será preciso ter realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas.
Os traballos individuais ou grupais do estudantado deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
ALUMNOS/AS CON EXENCIÓN OFICIAL DE DOCENCIA E DISPENSA DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…), ou con exención de docencia (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/centros/cc_educacio…) deberá realizar as seguintes tarefas:
- Participar de forma activa no desenvolvemento das xornadas.
- Desenvolver e presentar o cartafol da materia, que deberá integrar as tarefas encargadas expresamente polo profesor.
- Traballo final: Proxecto cultural.
- Elaborar un dossier de lectura que integre documentos científicos relevantes sobre políticas culturais. Deberá realizarse unha síntese crítica de cada un dos documentos integrados no dossier.
O alumnado nesta situación deberá asistir –obrigatoriamente– a unha titoría co profesorado ao inicio do cuadrimestre.
ACTIVIDADES PRESENCIAIS (50 horas)
- Clases expositivas: presentación, memoria (24 horas)
- Clases interactivas (24 horas)
- Titorías obrigatorias (2 horas)
TRABALLO PERSOAL DA/DO ESTUDANTE (100 horas)
- Estudo e elaboración de Informes (70 horas)
- Análise, documentación e investigación (30 horas)
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose aos prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilitar unha "mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa".
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
O programa segue as novas da instrución num. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias. Esta materia ten a “necesidade acreditada de asistencia" debido ao seu contido fundamentalmente práctico.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
OBRIGATORIEDADE DE USO DA CONTA DE CORREO RAI.USC.ES
OBRIGATORIEDADE DE EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
NON SE PODERÁ EMPREGAR O TELÉFONO MÓBIL, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
TER EN CONTA QUE O ENSINO-APRENDIZAXE (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
OBRIGATORIEDADE DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Iván García García
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- ivan.garcia.garcia [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
18.01.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |