Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
® Ofrecer o soporte teórico necesario para comprender a realidade e funcións das institucións, entidades, equipamentos, servizos e recursos educativos e culturais, especialmente nas realidades locais.
® Coñecer a realidade e potencialidades dos equipamentos e servizos educativos e culturais máis frecuentes, tanto de titularidade pública como privada, destacando as funcións profesionais desenvolvidas polos educadores e educadoras sociais nos mesmos.
Bloque I: A crise do Estado do Benestar e as políticas educativo-culturais: novas perspectivas para a Educación Social.
- A redefinición do papel dos axentes sociais (públicos e privados) nunha sociedade relacional. A súa influencia nos servizos educativos e culturais.
Bloque II: Equipamentos e recursos educativos e culturais na acción comunitaria. Tipoloxía, características, funcións e programas.
Bloque III: Os servizos educativos e culturais na calidade de vida das comunidades: identificación, concepto e tipoloxías.
Bloque IV: O papel das educadoras e educadores sociais nos equipamentos e servizos educativos e culturais.
Bibliografía básica
Díaz-Gibson, J., Civis, M., Carrillo, E. e Cortada, M. (2015). El liderazgo y la gobernanza colaborativa en proyectos educativos comunitarios. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 26, 59-83.
Observatorio Vasco de la Cultura (2016). El factor proximidad en las políticas culturales. Vitoria-Gasteiz: Servicio Central de Publicaciones del Gobierno Vasco.
Muñoz Moreno, J.L. e Gairín Sallán, J. (2016). Desarrollo educativo en las ciudades españolas: el protagonismo de los ayuntamientos. Revista Electrónica de Investigación Educativa, 18 (3), 81-98.
Bibliografía complementaria
Caballo, M.B. (coord., 2009). O Eixo Atlántico: un territorio educador, unha comunidade educativa. Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular: Vigo.
Caballo, B. e García, I. (2019). Papel e protagonismo educativo das administracións locais. Revista Galega de Educación, 75, 62-64.
Caride, J.A. e Pose, H. (coord., 2020). Proxecto xerf@ Formación e profesionalización da acción cultural pública en Galicia. https://www.xerfa.gal/
CEPAIM (2007). Prácticas participativas en el ámbito local: expresiones de ciudadanía. Agrupación de desarrllo Nexos, Murcia.
Díez, E.J e Rodríguez, J.R. (2018). La “polis” secuestrada. Propuestas para una ciudad educatora. Gijón: Trea.
FEMP (2008). Guía del concejal de educación. Manual de consulta para gobernantes y técnicos. Madrid: Federación Español de Municipios y Provincias.
Fundación Kaleidos.red (2015). Las políticas y servicios de proximidad en el ámbito local: una oportunidad para la innovación social, la actividad económica y la gobernanza. Gijón:Trea.
Innerarity, D. (2020). Una teoría de la democracia compleja: gobernar en el siglo XXI. Barcelona: Galaxia Gutenberg
Lavandeira, F.R. e García, I. (coords., 2022). Cultura, territorio e socioeducación. Monográfico Revista Galega de Educación, 82.
López de Aguileta (2000). Centralidad y proximidad. Equipamientos culturales de barrio en Bilbao. Bidebarrieta: Revista de humanidades y ciencias sociales de Bilbao, 6, 223-232.
López de Aguileta, I. (2009). Receitas para a xestión cultural en tempos de crise. Grial, 182, 48-51.
Pérez Rúa, M., Caballo, M.B. e Montero, P. (coords. 2006). Asociacionismo e participación cidadá: análise e propostas. A Coruña: Deputación da Coruña.
Pose, H. E Caride, J.A. (2020). A educación, compromiso e responsabilidade dos concellos democráticos en Galicia (1978-2018). Sarmiento. Revista galego-portuguesa de Historia da Educación, 23, 161-182.
Revista Galega de Educación (2011), nº 49. Monográfico Concellos e educación.
Subirats, J. (2015). España-reset: herramientas para un cambio de sistema. Ariel: Barcelona.
Subirats, J. (2015). Todo se mueve. Acción colectiva, acción conectiva. Movimientos, partidos e instituciones. Revista Española de Sociología, 24, 123-131.
Tonucci, F. (2014). A cidade dos nenos: un novo xeito de pensar a cidade. Pontevedra: Kalandraka.
Varios (2000): Los centros cívicos ante el nuevo milenio. Nuevos retos de participación, descentralización y territorio. Madrid: Miraguano.
Varios (2006): El público y la biblioteca. Metodologías para la difusión de la lectura. Gijón: Trea.
Revistas
Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa
Galeduso. Revista do Colexio de educadoras/es sociais de Galicia http://www.colexioeducadores.com/galeduso.asp.
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria. http://www.uned.es/pedagogiasocial.revistainteruniversitaria/
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
CG2 Ter capacidade para analizar as realidades sociopolíticas, económicas, educativas, culturais e lingüísticas nas que se desempeña o labor profesional dos educadores sociais, tanto en termos diagnósticos como prospectivos.
CG5 Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metrodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión y que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
Competencias específicas da materia:
1. Que os alumnos e alumnas coñezan os diferentes servizos educativos e culturais, así como os equipamentos e recursos educativos existentes.
2. Que os alumnos e alumnas adquiran habilidades para traballar en equipos e sensibilizar sobre a necesidade de desenvolver accións con distintos axentes, institucións, administracións públicas, asociacións e demais profesionais da acción local.
3. Que os alumnos e alumnas estean capacitados para promocionar e xestionar servizos educativos e culturais en colaboración coa administración pública e privada.
A metodoloxía de traballo nesta materia comprenderá os seguintes elementos, en ocasións, compartidos con outras materias do semestre:
• Sesións expositivas, por parte do profesorado e/ou alumnado, dos contidos teórico-conceptuais recollidos no programa.
• Sesións tipo ‘forum’ (video, libro, disco, cine...) que tomen como referencia os servizos, equipamentos e recursos educativos e/ou culturais.
• Outras dinámicas que posibiliten a implicación activa, a participación e o diálogo do estudantado no traballo dos contidos referidos no programa (debate sobre artigos de prensa, construción de mapas conceptuais, análise de casos prácticos...).
• Prevese o desenvolvemento de, cando menos, unha práctica de campo compartida con outras do curso (visita, encontros con profesionais, celebración de conmemoracións) na perspectiva dun traballo interdisciplinar que será abordada e valorada desde cada unha das materias participantes.
• Realización de titorías individuais e grupais para acompañar o proceso de ensino-aprendizaxe.
A materia conta cun dossier documental básico que sirve de apoio e reforzo aos contidos traballados nas clases, tanto de carácter expositivo como interactivo.
A aula virtual servirá como espazo de traballo para a difusión de información e materiais, envío de avisos, etc.
A asistencia regular a clase é un requisito para a avaliación, que nesta materia contémplase como resultante da integración de diversas dinámicas e procesos de traballo (individual e colectivo):
- Participación activa nas sesións de aula, prácticas de aula e prácticas de campo (35%).
No marco desta materia combinaranse prácticas de elaboración individual e grupal. Realizaranse un mínimo de 3 e un máximo de 5 prácticas avaliables.
- Realización, presentación e debate na aula dun traballo grupal (mínimo 4 persoas, máximo 5) de estudo, análise e valoración dun servizo e/ou equipamento educativo e/ou cultural (35%)
- Exame sobre os contidos da materia (30%)
No caso de alumnado con exención de docencia ás clases teóricas, requeriráselle un traballo individual monográfico sobre o dossier documental facilitado
Para obter unha valoración positiva na materia, deberán estar realizadas e entregadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas anteriormente, así como ter aprobado cada unha delas
(despois farase a oportuna ponderación). Estes criterios manteranse en todas as convocatorias do curso académico.
No caso do alumnado con dispensa oficial de asistencia a avaliación axustarase aos seguintes requisitos:
- Traballo individual monográfico sobre o dossier documental da materia (35%)
- Traballo individual de estudo, análise e valoración dun servizo e/ou equipamento educativo e/ou cultural (35%)
- Exame sobre os contidos da materia (30%)
As profesoras facilitarán nas titoría as indicacións precisas e os prazos para a realización destas actividades. As titorías poderán ser presenciais ou telemáticas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisión de cualificacións
Esta materia contempla 50 horas de traballo presencial, nas que se inclúen as clases expositivas (presentación e explicación de temas), as prácticas de seminario (estudos de casos, sesións tipo forum, etc.) e as titorías de traballo de curso (para a orientación e seguimento do traballo dos estudantes).
O tempo de traballo persoal do estudante supón 100 horas, e dedícase a actividades de carácter individual e en pequeno grupo como lectura de documentos, elaboración de informes, análise de casos ouestudo persoal.
Recomendacións para o estudo da materia:
Para lograr unha axeitada adquisición das competencias desta materia, fanse as seguintes recomendacións:
- Participación activa e continuada nas sesións de clase desde o inicio da materia.
- Implicación no desenvolvemento das diferentes dinámicas que se promovan.
- Realizar lecturas complementarias de artigos, libros, etc. sobre a temática desta materia.
- Acometer a realización de traballos obrigatorios –individuais e grupais–, axustándose ós prazos que se establezan.
- Facer uso das titorías para favorecer o proceso de aprendizaxe dos contidos da materia.
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar dispensa de asistencia.
Atenderanse especificamente mediante propostas alternativas os casos contemplados na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias (http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…) que sexan aprobados polos órganos correspondentes da Facultade.
COMUNICACIÓN ELECTRÓNICA COA PROFESORA E CUESTIÓNS RELACIONADAS CO USO DAS TIC
O alumnado deberá empregar o correo electrónico da USC (@rai.usc.es)
Asemade, debe empregar as ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
O ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
É de obrigado cumprimento a normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMAS DE CITACIÓN
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2012-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que no teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
Recoméndase ao alumnado que lea con atención a "Guía práctica do estudantado" elaborada pola Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Formación Continua da USC, e dispoñible no enlace http://www.usc.es/export/sites/default/gl/goberno/vrestudantes/descarga…
Maria Belen Caballo Villar
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813746
- Correo electrónico
- belen.caballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Ge) | Galego | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (Gi - O) | Galego | AULA 9 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 (P - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | AULA 10-11 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
30.05.2023 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
07.07.2023 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | AULA 15 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |