Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O programa da materia pretende ofrecerlle ao alumnado unha visión xeral da xestión comercial no ámbito dixital de forma que adquira un conxunto de nocións introdutorias básicas. En concreto, preténdese que os/as alumnos/as que cursen esta materia cheguen a coñecer e a comprender os seguintes aspectos:
- Conceptos básicos do márketing e do márketing dixital e de seu contorno que condicionan a súa xestión.
- Comprender a cultura da orientación ao mercado.
- Coñecemento do mercado, identificación e avaliación dos segmentos, e elección dun posisionamento adecuado.
- A función comercial na empresa
- Definición da estrategia de márketing na era dixital
- Comportamento do consumidor dixital
- Segmentación de mercados e identificación do buyer persoa
- Posicionamiento e optimización do posicionamiento na web
Básica:
- Rodríguez-Ardura, I. (2020). Marketing digital y comercio electrónico, 2ª ed. Pirámide
- Santesmases Mestre, M. (2018): Fundamentos de marketing, 1ª ed. Pirámide
Complementaria:
- Florido, M.A. (2020): Curso de Marketing Digital. Ed. Anaya Multimedia
- Kerin R.A. (2018): Marketing. 13ª ed. Mc Graw Hill
- Kotler, P.; Armstrong, G. (2017): Fundamentos de marketing, 13e, Pearson
- Kotler, P., Kartajaya, H., Setiawan, I.: (2019). Marketing 4.0. Ed. LID
- Macía Domene, F. (2013): Marketing online 2.0, Ed. Anaya Multimeedia
- Martín Jiménez, M. (2019): Marketing digital. Ed. S.A. Marcombo
- Martrat, F.; Martrat, J. (2018): Menos Likes, más leads. Ed. Pearson
- Santesmases, M. (2012): “Marketing. Conceptos y estrategias”. 4ª ed. Ed. Pirámide.
- Shahafraquel Oberlander, R. (2020): El AVC del marketing digital. Planeta
- Somalo, N. (2017): Marketing digital que funciona. Ed. LID
BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas en era dixital.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG4. Desenvolver un pensamento e razonamiento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter empresarial e económico en era dixital, e comunicalos de xeito efectivo, tanto nas linguas propias como en inglés.
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económico a nivel macro e micro, con especial atención ao comportamento do consumidor e a evolución dos sectores produtivos, no marco global da nova economía e a sociedade da información.
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas.
CE6. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas áreas funcionais, e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que de soporte a un negocio.
CE7. Deseñar e xestionar a estratexia comercial e coñecer novas formas de comercialización nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas desde diferentes perspectivas.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
CT7. Comunicación oral e escrita adaptada ás necesidades dos destinatarios.
CT11. Desenvolver a creatividade, a iniciativa e o espírito emprendedor.
As sesións de aula dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo principal introducir ao alumno nos contidos dos temas que conforman o programa, destacando os aspectos máis relevantes e as relación entre estes e a actualidade.
Nas sesións interactivas intentarase que o alumnado aplique os conceptos teóricos. Estas sesión están encaminadas á participación activa do alumnado para iso realizaranse discusións de casos, traballarase na resolución de problemas, comentaranse/debateranse lecturas de textos, artigos ou temas de actualidade. As actividades de traballo persoal do alumnado inclúen, ademais do tempo dedicado ao estudo, a realización das actividades sinaladas polo profesorado.
As sesión expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro e terán carácter presencial.
O profesorado fará un seguimiento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesión.
O traballo autónomo do alumnado será guiado polo/a profesor/a nas horas destinadas a titorías.
Tentarase realizar visitas a empresas, que permitan un maior achegamento á realidade empresarial.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas artículos ou temas de actualidade, visualización e comentario de vídeos, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a una segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a calificación acadada fose superior.
O sistema de avaliación destas oportunidades será o seguinte:
Primeira oportunidade ordinaria. Contémplase a avaliación continua combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua: resolución e participación na análise de casos, debates, realización e presentación de traballos, cuestionarios e outras actividades vinculadas ás sesións expositivas e interactivas.
Peso na calificación final: 50%.
Las actividades evaluables estarán recollidas na aula virtual así como a súa ponderación.
Nesta parte avaliaranse as siguientes competencias: CB1, CB5, CG2, CG4, CT1, CT6, CT7, CT11, CE6, CE7
2. Exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e que poderá incluir preguntas de respuesta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseandose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre.
Peso na calificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as siguientes competencias: CB2, CB3, CB4, CG1, CT5, CE1, CE2, CE3
A proba final terá carácter presencial.
Para poder engadir á nota do exame/proba de contenidos a puntuación acadada na avaliación continua, o alumnado deberá acadar unha nota mínima de 2 puntos sobre 5 no exame final de contenidos e ter participado como mínimo na elaboración do 70% das actividades (casos, exercicios, debates, etc) propostos. A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para superar a materia.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
Na segunda oportunidade extraordinaria de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en cualquiera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudiante sexa distinta do NON PRESENTADO.
O alumnado ao que se lle teña concedida a dispensa de asistencia a clase seguindo a Instrucción nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A materia é de 6 créditos.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte xeito: Horas de clase expositiva e interactiva, tutorías e avaliación na modalidade que se determine: 54.
Traballo persoal do alumnado: 96.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas (presencial ou en remoto segundo o escenario determinado pola evolución das condicións sanitarias), participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado.
As tutorías son un recurso útil que o alumnado debería empregar as veces que fose necesario. O acceso ao Campus Virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
PLAN DE CONTINXENCIA
Aplicaranse as seguintes adaptacións nos apartados de METODOLOXÍA DA ENSINANZA e SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE en cada escenario alternativo que sexa de aplicación en función das indicacións da administración competente e da USC.
METODOLOXÍA DA ENSINANZA
O desenvolvemento das sesións realizarase nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito en cada un dos escenarios alternativos:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
- Expositivas: presencial e/ou non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Interactivas: presencial e/ou non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Titorías: presenciais ou non presenciais por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams) segundo se recomende nese momento.
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
- Expositivas: non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Interactivas: non presencial por vía telemática (preferentemente de forma síncrona, a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Titorías: non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE
O desenvolvemento da avaliación a través dos instrumentos establecidos neste apartado realizarase nas datas fixadas no calendario de probas finais e nos horarios de clase establecidos do seguinte xeito en cada un dos escenarios alternativos:
ESCENARIO 2 (DISTANCIAMENTO):
- Proba final: presencial ou non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams), de acordo coas directrices que se establezan nese momento.
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do mail/campus virtual da USC) e resolución presencial ou non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
ESCENARIO 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
- Proba final: non presencial por vía telemática (a través do campus virtual da USC e/ou da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
- Avaliación continua: entrega non presencial por vía telemática (a través do mail/campus virtual da USC) e resolución non presencial por vía telemática (a través da plataforma corporativa da USC MS’Teams).
Sandra Castro Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 982824481
- Correo electrónico
- sandra.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
26.05.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
04.07.2022 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |