Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 21 Clase Interactiva: 30 Total: 54
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo principal desta materia é proporcionar ao alumnado os coñecementos necesarios para comprender como se dirixe unha empresa ou organización, tendo en conta os distintos limitantes do administrador con especial énfasis nas características da contorna actual.
Tema 1. Concepto de empresa
Tema 2. O enfoque de sistemas: os subsistemas empresariais
Tema 3. A contorna da empresa
Tema 4. Ética e responsabilidade social
Tema 5. Subsistema de dirección: planificación, organización, xestión e control
Tema 6. Novos modelos de negocio nunha contorna dixital
BÁSICA
- Barroso Castro, Carmen (2012). “Economía de la empresa”. Ed Pirámide. 1ª edic.
- Castillo Claver, Ana Mª (2018). “Dirección de empresas”. Ed Pirámide. 1ªedic.
- González Domínguez, F.J.; Ganaza Vargas, J.D. (2017). “Fundamentos de economía de la empresa”. 2ªedic.
- Iborra, M; Dasí, A.; Dolz, C.; Ferrer, C. (2014) 2ª edic. Fundamentos de Dirección de Empresas. Conceptos y habilidades directivas. Ed. Paraninfo
COMPLEMENTARIA
- Ávila Cano, A.; Mochón Morcillo,, F. (2015). “Economía digital. El nuevo entorno de la empresa”. Ed. García Maroto editores.
- Gareth R.J.; George, J. (2019). “Administración contemporánea”.Ed. McGrawHill. 10ªedic
- Koontz, H.; Weihrich, H.; Cannice, M. (2016). “Administración una perspectiva global”. Ed. McGrawHill. 15ªedic
- Olcese, A.; Alfaro, J. (2014). “La responsabilidad social, motor del cambio empresarial”. Ed. McGrawHill1ªedic..
- Robbins, S.; Coulter, M. (2018). “Administración”. Ed. Pearson educación.
BÁSICAS E XERAIS
CB1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital.
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico.
CG4. Desenvolver un pensamento e razoamento crítico, incluíndo reflexións éticas sobre temas fundamentais de carácter empresarial e económico na era dixital, e comunicalos de xeito efectivo, tanto nas linguas propias como en inglés.
ESPECÍFICAS
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social.
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis axeitadas.
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica, e abordar os problemas dende diferentes perspectivas.
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á prácticos.
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabéndoos comunicar ao resto do equipo e a organización.
CT7. Comunicación oral e escrita adaptada ás necesidades dos destinatarios.
CT8. Manter un compromiso ético e mostrar sensibilidade cara a temas sociais ou ambientais
As sesións dedicadas ás clases expositivas terán como obxectivo introducir ao alumnado nos contidos dos temas que conforman o programa, destacando os aspectos máis relevantes e as relacións entre estos e a contorna actual.
As sesións interactivas basearanse na aplicación práctica dos contidos teóricos expostos nas sesións expositivas. Estas sesións estarán encamiñadas á participación activa do alumnado na resolución e debate de casos tratando de simular os problemas aos que se enfrontan as empresas. Combinaranse con talleres nos que participarán directivos de distintas empresas, así como visitas virtuales/presenciales a empresas.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse no horario oficial publicado polo centro en terán carácter presencial.
O profesorado fará un seguimento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións.
As tutorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado, atendendo a demanda do alumnado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual creada para ese efecto na plataforma Moodle.
A avaliación terá en conta todas as actividades desenvolvidas polo alumnado (realización e participación activa na análise de casos, debate e comentario de lecturas artigos ou noticias de prensa, visualización e comentario de vídeos, realización e exposición de traballos, realización de cuestionarios sobre contidos teóricos ou prácticos, etc.).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudiantado e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación conseguida fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades será o seguinte:
Primeira oportunidade ordinaria.
Contémplase a avaliación continua, combinada cunha proba final.
1. Avaliación continua: resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos, cuestionarios e outras actividades vinculadas ás sesións expositivas e interactivas.
Peso na cualificación final: 50%.
As actividades evaluables estarán recollidas no aula virtual así como a súa ponderación.
Nesta parte se evaluarán as seguintes competencias: CB1, CB5, CG2, CG4, CT1, CT6, CT7, CT8, CE2, CE3
2. Exame final de contidos: proba de carácter obligatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e poderá incluír preguntas de resposta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o alumnado debe dar unha solución, baseándose nos contidos teóricos da asignatura e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuatrimestre.
Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte evaluaranse as seguintes competencias: CB2, CB3, CB4, CG1, CT5, CT8, CE2, CE3
A proba final terá carácter presencial.
En actas constará a nota agregada da avaliación continua e o exame final, coas seguintes excepcións. Si o alumno/a non alcanza a porcentaxe mínima de actividades a entregar (75% das planteadas), a nota que figurará en actas será a alcanzada nas actividades, non se agregará a nota do exame. Si o alumno/a non alcanza a nota mínima no exame (2,5 sobre 5), a nota que figurará en actas será a alcanzada nesta proba, non se agregará a avaliación continua. Si o alumno/a non se presenta ao exame final a nota en actas será igual a cero, non se agregará a avaliación continua.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación
Na segunda oportunidade extraordinaria de recuperación aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade. É dicir, farase un novo exame final de contidos coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
O alumnado ao que se lle concedeu dispénsa de asistencia seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispénsa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, será avaliado cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
A asignatura é de 6 créditos.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Horas de clase expositiva e interactiva, tutorías e avaliación na modalidade que se determine: 54.
Traballo persoal do alumnado: 96.
Para maximizar a aprendizaxe é recomendable que o alumnado asista regularmente ás sesións expositivas e interactivas, participe activamente en todas as actividades propostas polo profesorado e consulte a bibliografía e outro material recomendado.
As tutorías son un recurso útil que o alumnado debería utilizar as veces que fose necesario. O acceso ao campus virtual e ao correo institucional para informarse de diferentes cuestións que xurdan ao longo do curso e poder dispoñer e revisar antes das clases o material complementario, facilita a participación do alumnado e a súa capacidade de adquirir coñecementos.
Begoña Barreiro Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
11:30-12:50 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
24.01.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
21.06.2024 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |