Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
-Conocer o rol da economía dixital na economía
-Identificar e explicar as políticas públicas para o desenvolvemento da economía dixital
-Coñecer e saber utilizar as fontes estatísticas fundamentais relacionadas co economía digital
1. Economía dixital: conceptos e características.
2. Teoría da política económica. A interdependencia entre política, economía dixital e estructura económico-empresarial.
3. Políticas de competencia e de mercados na UE, España e Galicia.
4. O papel do sector financiero na economía dixital.
5. Visións de futuro sobre o rol da tecnoloxía.
6. Efectos da economía digital nos sectores productivos, o emprego, a distribución da renda e o comercio exterior. Efectos sobre o bienestar humano.
Bibliografia básica e recomendada
-Barefoot K, Curtis D, Jolliff W, Nicholson J, Omohundro R (2018) Defining and Measuring the Digital Economy, Bureau of Economic Analysis, Working Paper https://www.bea.gov/sites/default/files/papers/defining-and-measuring-t…
-Buitrago Esquinas, E.M.; Romero Landa, L.B. (2013) Economía de la UE: análisis económico del proceso de integración europeo. Pirámide.
-Frase, P. (2016) Four Futures:Life After Capitalism, New York.
-Cuadraro Roura, J. R. (dir.) (2010) Política Económica: Objetivos e instrumentos, McGraw-Hill, Madrid.
-Robles JM (Coord) (2017) Las desigualdades digitales. Los límites de la sociedad de la Red. Panorama Social 25. https://www.orientamartamouliaa.es/wp-content/uploads/2017/09/Las-desig…
-Steiner, E. et al (2021) The New Possible: Visions of Our World beyond Crisis, 298 p.
Además da anterior bibliografía, ao inicio do curso o profesor facilitará outras fontes bibliográficas para o estudo da materia.
Páginas web
https://www.humanetech.com/
https://www.youtube.com/watch?v=w-tFdreZB94&ab_channel=MicrosoftinBusin…
Truth Decay and the Technology Threat, New York Times https://www.youtube.com/watch?v=3IZt5MeIP3Y&t=2174s&ab_channel=NewYorkT…
Banco de España. Publicaciones: https://www.bde.es/bde/es/secciones/informes/
Banco Mundial: www.bancomundial.org
EUROSTAT: https://ec.europa.eu/eurostat/web/main/home
Fondo Monetario Internacional: www.imf.org
Fundación BBVA: https://www.fbbva.es/
Fundación de las Cajas de Ahorro: www.funcas.es
Instituto de Comercio Exterior (ICEX): www.comercio.es
Instituto Nacional de Estadística (INE): www.ine.es
Instituto Universitario de Predicción Económica (I.R. Klein): https://www.uam.es/otroscentros/klein/
Instituto Valenciano de Investigaciones Económicas: http://www.ivie.es/es_ES/
Ministerio de Economía y Hacienda: www.meh.es
Organización Mundial de Comercio: www.wto.org
Organización para la Cooperación y el Desarrollo Económico: www.oecd.org
CB1. Que os estudantes demostren comprender o coñecemento nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecemento procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes sepan aplicar os seus coñecemento a seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3. Que os estudantes teñan a capacidad de reunir e interpretar dados relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuizos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
CT6. Traballar en equipo, compartindo os coñecementos e sabelos comunicar ao resto do equipo e da organización
CT9. Capacidade para a aprendizaxe autónomo e autoevaluación
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais do entorno social e económico a nível macro e micro, e en particular o comportamento do consumidor, no marco global da nova economía e a sociedade da información.
CE13. Identificar fontes de información fiable, elaborar e interpretar dita información utilizando as técnicas de análise e as ferramentas matemáticas, estatísticas e tecnolóxicas apropriadas para dar apoio á toma de decisións.
CEX. Coñecer a evolución dos sectores productivos nun contexto socioeconómico dixital e globalizado.
A docencia expositiva na súa modalidade presencial está orientada á presentación dos contidos teóricos da materia. Empregarase fundamentalmente a lección maxistral. Estas exposicións irán acompañadas por lecturas por parte dos alumnos de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións.
A docencia interactiva presencial de seminario estará orientada a fomentar unha participación activa do alumnado e a achegalo aos aspectos prácticos da materia, mediante a utilización de estudos do caso, discusións e debates, resolución de problemas, realización de traballos en grupos ou individuais con ou sen exposición en público.
Titorías en grupo
Actividades presenciais de orientación, dinamización e titoría do traballo dos estudantes: orientación para a realización de traballos, preparación das exposicións, procura e selección de material bibliográfico e fontes estatísticas, así como revisión de prácticas ou problemas.
A aula Virtual ofrece material sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. A guía docente detallada do curso (na que se describe de forma pormenorizada o sistema de avaliación, as guías docentes para cada tema, os boletíns de exercicios, material de apoio, actividades complementarias...) proporcionarase a través da aula virtual do curso.
O traballo individual do alumno oriéntase cara á preparación do traballo na aula para cimentar, aplicar e ampliar os seus coñecementos. A través da resolución de exercicios, da elaboración e discusión de casos, e da investigación, análise e discusión de problemas, o alumno reafirma os seus coñecementos e desenvolve as súas habilidades de análises e expresión oral.
Asistencia
A asistencia é obrigatoria. Non se permite o uso de dispositivos electrónicos na aula sen autorización previa por parte do profesor. Eventualmente será posible realizar individualmente traballos ou lecturas monográficas sobre algún aspecto do programa.
Alumnos repetidores
Os alunos repetidores e aqueles que non poidan asistir con regularidade deberán contactar co profesor para abordar a sua situación na primeira semana do cuadrimestre.
Conforme á anterior proposta docente a avaliación recollerá o resultado da totalidade do esforzo realizado ao longo do curso: participación activa; debate e comentario de lecturas, artigos ou noticias de prensa; realización e exposición de traballos; probas e exame final; etc. Avaliaranse todas as competencias sinaladas no apartado correspondente.
O sistema de avaliación da materia basearase en dous compoñentes:
a) A proba final, que consiste nun exame escrito que se celebrará na data e hora que determine o calendario oficial do centro (60% da puntuación total).
b) A realización das actividades propostas durante as sesións expositivas e interactivas da materia (40% da puntuación total).
Nas convocatorias oficiais de exame ordinaria e de recuperación serán obxecto de exame os temas que figuran no programa, as lecturas obrigatorias, as explicacións do professor e o resto do material que se facilite. Os criterios de avaliación serán idénticos nas duas convocatorias. Non haberá probas liberatorias parciais. Para os casos de realización fraudulenta de exercizos ou probas será de aplicación o disposto na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Para superar a materia é necesario obter um mínimo de cinco pontos sobre dez. Estes dez pontos distribúense en dúa partes: 6 corresponden ao exame final, e os 4 pontos restantes reflectirán as outras actividades académicas desenvolvidas.
Os alunos repetidores poden conservar a qualificación obtida no curso anterior na parte correspondente á avaliación continuada se assi o desejam. Deverám informar ao professor na primeira semana de curso.
Ao alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia, seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias, avaliarase cun ou máis exames finais específicos que supoñerán o 100% da cualificación. A tal fin deberán informar ao professor dentro da semana seguinte á resolución oficial.
Seguindo a normativa oficial, a cualificación dunha convocatoria en que o alumno non se presenta ou non supera os obxectivos establecidos será de suspenso, salvo que o estudante non realice ningunha actividade académica avaliable conforme ao establecido na programación ou guía docente, caso en que constará como non presentado/a.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, estarase ao disposto no “Reglamento de Evaluación del Rendimiento Académico y Revisión de Cualificaciones” da USC.
Unha valoración estimativa do tempo de traballo, á marxe das clases, para a adecuada preparación da materia na modalidade presencial é de 112,5 horas, distribuídas como segue:
ACTIVIDADES PRESENCIAIS HORAS
Docencia expositiva 14
Docencia interactiva 22
Avaliación e revisión 3
Tutorías en grupos reducidos 2
Total actividades presenciais 41
ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
Estudo en grupo o individual 18
Resolución de casos prácticos/ exercicios, lecturas, ou outros traballos 38
Preparación traballos 2
Preparación exames 13,5
Total actividades non presenciais 71,5
No caso de docencia telemática nos escenarios 2 e 3 as horas de aula sustituense por horas de traballo en aulas virtuáis, manténdose a estimación total
Recoméndase contar con coñecementos básicos de ferramentas de análise económico, matemática e administración de empresas.
Recoméndase o seguimento continuado das clases presenciais, e o estudo da bibliografia básica, preferiblemente de forma previa ao desenvolvemento de cada tema do programa.
Aconsellase a consulta frequente das principais fontes estatísticas empregadas, así como algún dos principais xornais económicos.
Lembrase a disponibilidade de servizo de tutorias para a resolución de cualquer tipo de dúbida ou problema que se presente ao longo do curso.
Carlos Sebastian Villasante Larramendi
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 982824441
- Correo electrónico
- sebastian.villasante [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 6 |
25.01.2024 12:00-15:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |
21.06.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 6 |