Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 22 Total: 41
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Administración e Dirección de Empresas
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Despois do estudo desta materia o estudante debería ser capaz de:
• Coñecer os principais conceptos, metodoloxías e ferramentas para a análise estratéxica
• Comprender os aspectos máis relevantes vinculados ao deseño e implementación de estratexias
• Coñecer os factores impulsores da estratexia de innovación e o seu impacto na competitividade organizativa
1. Dirección estratéxica
2. Análise da contorna
3. Análise do sector
4. Análise da empresa
5. Vantaxe competitiva e estratexia de negocio
6. A relevancia da innovación na empresa
7. A dimensión estratéxica da innovación
8. Formulación de estratexias de innovación
9. Modelos de negocio innovadores
BÁSICA:
-GUERRAS MARTÍN, Luís A. y NAVAS LÓPEZ, José E. (2023): Fundamentos de dirección estratégica de la empresa (3ª edición). Editorial Civitas.
-GUERRAS, L.A.; NAVAS, J.E. (2022): La dirección estratégica de la empresa. Teoría y aplicaciones. (6ª edición revisada) Ed. Civitas.
-SCHILLING, M.A. (2023): Strategic management of technological innovation. (7ª Edición) Ed. McGraw Hill.
-SCHILLING, M.A. (2008): Dirección estratégica de la innovación tecnológica. (2ª edición) Ed. McGraw Hill.
-THOMSON, A.; PETERAF, M.; GAMBLE, J.; STRICKLAND III, A. (2023). Administración Estratégica. (23 edición).Ed. McGraw Hill.
COMPLEMENTARIA
- FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2005): Estrategia de innovación. Ed. Thomson.
- GRANT,Robert M. (2006): Dirección Estratégica. Conceptos, Técnicas y Aplicaciones. Editorial Civitas.
- GRANT, R.M. (2014): Dirección Estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. (8ª edición) Ed. Civitas.
- FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. (2005): Estrategia de innovación. Ed. Thomson.
-JOHNSON, Gerry; SCHOLES, Kevan y WHITTINGTON, Richard (2010): Fundamentos de estrategia. Madrid: Pearson Educación.
- JOHNSON, G.; WHITTINGTON, R.; SCHOLES, K.; ANGWIN, D.; REGNER, P. (2017): Exploring strategy. Text and cases. (11th edition) Ed. Pearson.
- TIDD, J.; BESSANT, J.R. (2018): Managing innovation: integrating technological, market and organizational change. (6th ed.) Ed. Wiley.Competencias básicas y generales
BÁSICAS E XENERALES
CB1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
CB5. Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
CG1. Adquirir un conxunto de coñecementos teóricos e prácticos en relación co proceso de creación e administración de empresas na era dixital
CG2. Identificar, reunir, analizar e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas co ámbito empresarial e tecnolóxico
CG3. Aprender a planificar e implantar as novas tecnoloxías para contribuír á mellora da competitividade das empresas
ESPECÍFICAS
CE1. Entender os aspectos fundamentais da contorna social e económica a nivel macro e micro, e en particular o comportamento do consumidor, no marco global da nova economía e a sociedade da información
CE2. Coñecer e comprender os elementos básicos da dirección de empresas e das súas principais áreas funcionais baixo o marco da ética e a responsabilidade social
CE3. Analizar, diagnosticar e tomar decisións nas distintas áreas funcionais da xestión de empresas seleccionando e aplicando as ferramentas tecnolóxicas máis apropiadas
CE4. Identificar, deseñar, desenvolver, planificar, xestionar e avaliar proxectos de creación ou transformación de produtos, servizos, procesos ou empresas, potenciando a innovación e o emprendemento
CE5. Comprender o rol integrador da tecnoloxía e coñecer os principais produtos tecnolóxicos e tendencias da tecnoloxía asociados aos diversos ámbitos da xestión empresarial
CE6. Desenvolver a análise estratéxica da empresa e a súa contorna para tomar decisións estratéxicas e tácticas nas distintas áreas funcionais e ser capaz de formular unha estratexia tecnolóxica que de soporte a un negocio
TRANSVERSAIS
CT1. Pensar de forma integrada e crítica e abordar os problemas desde diferentes perspectivas
CT2. Buscar, procesar, analizar e sintetizar información procedente de distintas fontes
CT5. Capacidade de resolver problemas e tomar decisións aplicando os coñecementos teóricos á práctica
Estudio autónomo por parte do estudantado.
A avaliación será mediante un exame final de contidos: proba de carácter obrigatorio na que se valorarán os resultados da aprendizaxe, e que poderá incluir preguntas de respuesta curta, preguntas tipo test, preguntas de razoamento breve, ou casos (reais ou inventados) aos que o estudantado debe dar unha solución, baseandose nos contidos teóricos da materia e/ou nas habilidades/competencias desenvolvidas ao longo do cuadrimestre. Peso na calificación final: 100%. Nesta parte avaliaranse as siguientes competencias: todas
A proba final terá carácter presencial.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O estudantado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no suposto de que a calificación acadada fose superior.
Na segunda oportunidade aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en cualquiera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta do NON PRESENTADO.
As titorías desenvolveranse no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado atendendo á demanda do estudantado.
A materia ten 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas de traballo.
É relevante o traballo autónomo por parte do estudante.
As tutorías son un recurso útil que o estudantado debería utilizar as veces que fose necesario.
Begoña Barreiro Fernandez
- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Teléfono
- 982824421
- Correo electrónico
- begona.barreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
14.01.2026 12:00-15:00 | Grupo de exame | Aula 6 |
12.06.2026 15:00-18:00 | Grupo de exame | Aula 6 |