Créditos ECTS Créditos ECTS: 24
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 598 Clase Interactiva: 2 Total: 600
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
OBXECTIVOS CONCEPTUAIS (SABER)
- Coñecer o centro escolar, o seu funcionamento e a interacción co seu contexto.
- Coñecer o currículo da Educación Infantil, en particular daquelas áreas sobre as que se traballe especificamente durante o período de prácticas.
- Coñecer as características do alumnado, as súas singularidades, os seus intereses e as súas necesidades educativas. Coñecer as relacións interpersoais que teñen lugar na aula de referencia e a súa influencia no clima de aula.
- Coñecer as posibilidades e limitacións dos materiais e recursos susceptibles de emprego nas aulas de educación infantil.
- Coñecer as pautas para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos de aula.
OBXECTIVOS PROCEDEMENTAIS (SABER FACER)
- Recoller datos para a descrición do centro escolar, o seu funcionamento e a interacción co contexto: familias, ANPA, concello, servizos sociais, etc.
- Describir e analizar os documentos impresos que emprega a/o docente para a planificación e o desenvolvemento das súas tarefas na aula: unidades didácticas, proxectos, adaptacións curriculares, fichas, libros de texto, etc.
- Describir e analizar os recursos existentes na aula desde diversas dimensións: plástica e visual, motriz e literaria.
- Describir e analizar o uso das TIC e os recursos electrónicos empregados na aula: gravadoras, cámaras fotográficas e de vídeo, ordenadores, etc.
- Describir e analizar as actividades complementarias que desenvolva a/o docente: conmemoracións, visitas, excursións, etc.
- Deseñar, desenvolver, avaliar e documentar proxectos ou novas experiencias na aula, tendo en conta as suxestións do titor/a, a orientación do supervisor/a e os intereses do alumnado.
- Describir o clima de aula, tendo en conta as relacións horizontais e verticais.
- Identificar os conflitos e as estratexias para a súa resolución, analizalos e facer novas propostas tendo en conta as características do grupo e o propio autocoñecemento. OBXECTIVOS ACTITUDINAIS (SABER SER)
- Cooperar coa titora ou titor en novas propostas que sexan de interese para o alumnado da aula.
- Crear unha relación de confianza coa titora ou titor correspondente que permita un bo traballo en equipo e contribúa á construción dun adecuado clima de aula.
- Valorar e asumir a responsabilidade que, como docentes en prácticas, se vai adquirindo na relación co alumnado, o profesorado, as familias e aqueloutros axentes que interveñan no centro educativo.
- Esforzarse por adquirir e potenciar algunhas das características que son necesarias para desenvolver adecuadamente a función docente: autocontrol, paciencia, interese, actitude reflexiva e crítica, curiosidade intelectual e capacidade de adaptación e improvisación.
- Mostrar valores e actitudes de compromiso coa defensa da democracia e os dereitos humanos, de forma que se traduzan en comportamentos apropiados cara o alumnado, o profesorado do centro e os restantes membros da comunidade educativa.
- Tomar conciencia da propia habilidade comunicativa e dos recursos verbais e non verbais empregados.
AULA: PROXECTOS E ACCIÓN DOCENTE DO APRENDIZ DE PROFESOR.
- Modelos didácticos e desenvolvemento da docencia polo futuro profesor de Educación Infantil: desexos e realidades.
- Planificación de unidades didácticas e proxectos adaptados ás características do alumnado e contexto.
- Problemas e dilemas na posta en práctica de proxectos, unidades didácticas e actividades polos futuros profesores de Educación Infantil.
PROCESOS DE INNOVACIÓN E MELLORA NA AULA
- Práctica cotiá e innovación e mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe nas aulas de Educación Infantil.
- Investigación-acción, diarios e outras estratexias de investigación do profesorado.
- Dificultades de ensino-aprendizaxe de contidos procedementais, actitudinais e conceptuais de diferentes áreas de Educación Infantil, desenvolvemento de competencias básicas e proxectos de mellora.
- A mellora da convivencia nas aulas de Educación Infantil.
PROCESOS DE INNOVACIÓN E MELLORA NO CENTRO
- Proxectos de mellora do centro e colaboración do profesorado.
- Participación e liderado en procesos de mellora no centro.
- Mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co territorio e proxectos comunitarios.
- Condicionantes, problemas e resistencias en procesos de innovación no centro.
- Calidade e escolas de Educación Infantil.
PROCESO DE APRENDIZAXE DA ENSINANZA
- Socialización profesional de futuros profesores e procesos de mellora de aula e centro.
- As relacións aprendiz-titor, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro en procesos de innovación e mellora.
- A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas nas teorías persoais, nas expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións de mellora emprendidas a nivel de aula e centro.
- Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nas escolas de Educación Infantil.
- Proxecto de mellora da competencia docente.
BIBILIOGRAFÍA BÁSICA
Antón, M. (2007). Planificar la etapa 0-6. Compromiso de sus agentes y práctica cotidiana. Barcelona: Graó. Arnaiz, P., & Isús, S. (1997). La tutoría, organización y tareas. Barcelona: Graó. Cela, J., Palou, J., & Gómez, C. B. (2005). Carta a los nuevos maestros. Barcelona: Paidós. Díez, M. C. (1999). Un diario de clase no del todo pedagógico. Madrid: Eds. de la Torre. Guerra, M. A. S. (1999). El crisol de la participación. Investigación sobre la participación en consejos escolares de centro. Málaga: Aljibe. Imbernon, F., & Angulo, K. (2005). Vivencias de maestros y maestras. Compartir desde la práctica educativa. Barcelona: Graó. Loughlin, C. E., & Suina, J. H. (1987). El ambiente de aprendizaje. Diseño y organización. Madrid: MEC-Morata. Marchesi, Á. (2004). Qué será de nosotros, los malos alumnos. Madrid: Alianza. Martin, J., & Ariza, R. P. (1997). El diario del profesor: Un recurso para la investigación en el Aula. Diada Editora. Martín, X., Puig, J. M., & Padrós, M. (2008). Tutoría: técnicas, recursos y actividades. Madrid: Alianza. Mata, C. P. (2010). Preguntas y respuestas del profesorado de la enseñanza pública no universitaria. Madrid: WoltersKluwer. Pennac, D. (2008). Mal de escuela. Barcelona: Random House Mondadori. Sacristán, J. G. (2001). Los retos de la enseñanza pública. Madrid: Akal. Torrego, J. C (coord.) (2006). Modelo integrado de mejora de la convivencia. Estrategias de mediación y tratamiento de conflictos. Barcelona: Graó. Vaello, J. (2007). Como dar clase a los que no quieren. Madrid: Santillana. Zabalza, M. A. (2008): La calidad en la educación infantil. Madrid: Narcea. Zavalloni, G. (2011). La pedagogía del caracol. Por una escuela lenta y no violenta. Barcelona: Graó. BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA INNOVACIÓN DOCENTE
Alonso, J. I., Escarbajal, A., & Nortes, R. (2012). Experiencias de innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Murcia: Universidad de Murcia.
Austin, R. (2009). Deja que el mundo exterior entre en el aula: nuevas formas de enseñar y aprender más allá del aula de Educación Infantil. Madrid: Ediciones Morata.
Barrio, J. M. (2013). La innovación educativa pendiente: formar personas. Barcelona: Erasmus.
Díez, M. C. (2013). La Educación Infantil: 10 ideas clave. Barcelona: Graó.
Fernández, E. (2010). Hacia una utilización innovadora de las TIC en Educación Infantil: una propuesta para reconstruir el currículum investigando sobre la propia práctica. Leioa: UPV.
García, A., Hernández, F., Miralles, P., & Maquilón, J. J. (Eds.) (2012): Investigación e Innovación en Educación Infantil y Educación Primaria. Monográfico de la Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación do Profesorado, 15(40), 1-206.
Jakku-Shivonene, R., & Niemi, H. (Eds.). (2011). Aprender de Finlandia: la apuesta por un profesorado investigador. Madrid: Kaleida Forma.
Martínez, P. M., González, M. B. A., & Pérez, R. A. R. (Eds.). (2014). Investigación e innovación en Educación Infantil. Murcia: Ediciones de la Universidad de Murcia (Editum).
Paredes, J., & Joaquín & de la Herrán, A. (coords.). La práctica de la innovación educativa. Madrid: Sintesis.
Pedrero, A. (2012): Metodología de rincones: tradición e innovación en educación infantil (3-6 años): propuestas didácticas, estrategias y recursos para la competencia matemática y el proceso lectoescritor. Valladolid: Editorial de la Infancia.
Rivas, M. (2010). Innovación educativa: teoría, procesos y estrategias. Madrid: Síntesis.
XERAIS G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e
volitiva. G3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan as singulares necesidades educativas dos estudantes, a igualdade de xénero, a equidade e o respecto aos dereitos humanos.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G7 - Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10 - Actuar como orientador de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios na educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos. BÁSICAS CB1 - Que os estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita se atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
No marco da formación inicial dos futuros docentes de Educación Infantil, o Prácticum constitúe un período determinante ao tomar contacto co contexto da futura actividade profesional. No caso específico do Prácticum II, a formación oriéntase cara aos proxectos, as prácticas do centro escolar e o seu contexto, cara á aprendizaxe do ensino e cara aos procesos de mellora da aula e do centro.
Nesta materia pódese distinguir entre actividades presenciais na Facultade coordinadas polo profesorado universitario (supervisores/as), e actividades presenciais no centro escolar orientadas polo profesorado de cada centro de prácticas (titores/as). Así, o proceso de ensino-aprendizaxe nesta materia organízase en cinco fases:
FASE DE ORGANIZACIÓN
Ten a finalidade principal de concretar o centro escolar no que cada alumno/a realizará o período de prácticas. Con este fin, a Coordinación Xeral do Prácticum citará ao alumnado universitario na Facultade (previsiblemente na semana do 30 de novembro de 2020) para ter unha primeira reunión na que se informará sobre o calendario a seguir, a oferta de centros educativos e as posibilidades de realizar o Prácticum fóra de Lugo. Nunha segunda convocatoria (prevista para
a semana do 1 de febreiro), o alumnado entregará a ficha para solicitar centro educativo; posteriormente, a Coordinación Xeral comunicará a todos os axentes implicados os centros educativos asignados a cada alumno/a. Finalmente, volverase citar ao alumnado na Facultade a unha terceira reunión para explicarlle as normas que deberán seguir durante o período de prácticas e entregarlle a documentación que deberá presentar ao seu titor/a o primeiro día de prácticas.
FASE DE PREPARACIÓN
Nesta fase (semana do 1 de febreiro), o profesorado da Facultade convocará ao alumnado antes de iniciar o período de prácticas para dar a coñecer as características do Prácticum II en relación coa súa participación no centro educativo, as competencias e os obxectivos a alcanzar, as fases a seguir, os contidos a tratar, as actividades e traballos a desenvolver, os requisitos a cumprir, o informe final a entregar, etc. Todas estas cuestións quedarán detalladas na guía docente da materia. Nesta fase, tamén terán cabida os encontros con profesionais en exercicio e outras actividades que anticipen as tarefas a desenvolver polo alumnado e que favorezan a súa integración no centro de prácticas.
FASE DE ESTADÍA
Correspóndese co período de prácticas no centro educativo. Durante o curso 2020/21 empezará o luns 8 de febreiro ata o mércores 12 de maio de 2021. Neste período de tempo, exceptuando os casos debidamente autorizados, a presenza e participación do alumnado no centro educativo non será inferior a cinco horas/día de luns a venres laborables.
FASE DE SEGUIMENTO
Simultaneamente á fase de estadía, o profesorado da Facultade manterá o contacto co alumnado en prácticas para coñecer a súa evolución no centro educativo, guiar o proceso e resolver as dúbidas. Cada supervisor/a explicará a forma na que se realizará o seguimento na fase de preparación. Celebrarase previsiblemente a semana do 22 de marzo de 2021.
FASE DE REFLEXIÓN
Destinada a reflexionar, valorar e compartir a experiencia no centro de prácticas e o resto das actividades formativas do Prácticum desde un enfoque crítico e construtivo, así como a tomar conciencia do nivel de logro alcanzado nas competencias e a apoiar na elaboración do informe final. As sesións de reflexión (previstas para o xoves 13 e venres 14 de maio de 2021) serán convocadas polos supervisores tras o período de prácticas e con anterioridade á entrega do informe final.
Para completar a formación do alumnado, durante o cuadrimestre no que se insire o Prácticum II, programaranse relatorios relacionados con propostas innovadoras ou de mellora nos procesos de centro e aula. Na guía docente concretaranse as temáticas, os relatores e as datas nos que se celebrarán.
A cualificación distribuirase da seguinte maneira:
- Participación e implicación nas sesións presenciais na Facultade (organización, preparación, seguimento, reflexión e relatorios): máximo 10% (1 punto).
- Avaliación da titora ou titor do centro de prácticas: máximo 40% (4 puntos).
- Avaliación do supervisor/a do informe final de Prácticum: máximo 50% (5 puntos).
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA
- Asistencia mínima ao 80% das actividades presenciais na Facultade.
- Asistencia ao centro de prácticas de maneira continuada, sen faltas, segundo o establecido no calendario de Prácticum II e cumprimento rigoroso do horario. As ausencias ao centro de prácticas por enfermidade ou outras causas de forza maior deberán informarse e xustificarse documentalmente o antes posible, tanto ao supervisor/a da Facultade como ao titor/a do centro de prácticas. Sempre que sexa viable, buscarase a forma de recuperar as horas correspondentes a estas ausencias.
- Participación en todas as actividades da Facultade e nas propostas polo titor ou titora do centro de prácticas.
- Avaliación positiva por parte da titora ou titor respecto do labor desenvolvido durante a fase de estadía no centro de prácticas.
- Avaliación positiva por parte da/do supervisor da Facultade.
- Entrega en tempo e forma do informe final de Prácticum ou calquera outro traballo que se solicite por parte do profesorado da Facultade.
O INFORME FINAL DE PRÁCTICUM
Todo o material escrito que elabore o/a estudante para esta materia quedará recollido neste documento, do que se ofrecerá a debida concreción na guía docente. En todo caso, será un documento inédito, individual e orixinal que abarcará todas as fases do proceso e terá como data límite de entrega a marcada no calendario oficial de exames. A vía e o lugar de entrega será proposto polo profesorado da Facultade con suficiente antelación.
Outras observacións acerca da avaliación:
- A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso automático na materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións". - O informe de prácticas deberá seguir expresamente os criterios establecidos para a súa elaboración neste programa e na guía docente, tanto en contido como en forma. - O alumnado con avaliación negativa por parte do titor/a do centro suspenderá a materia na primeira oportunidade e non poderá optar á segunda, debido á imposibilidade de realizar un novo período de prácticas. En consecuencia, poderá superar a materia no seguinte curso académico. - O alumnado con avaliación negativa no informe final poderá presentalo novamente na segunda oportunidade (xuño/xullo).
Matrículas de Honra:
Poderá optar á mención “Matrícula de Honra” o alumnado que obteña a máxima cualificación na materia e sexa proposto polo seu supervisor/a. Na guía docente concretarase un procedemento para a concesión desta mención cando haxa máis candidatos/as que Matrículas de Honra dispoñibles. En caso contrario, a mención recaerá nas persoas propostas sen máis trámites.
Horas presenciais na Facultade (sesións de organización, preparación, seguimento, reflexión e relatorios): 40 horas.
Horas de estadía no centro de prácticas: 350 horas.
Horas de traballo autónomo da/do estudante: 210 horas.
Horas totais de dedicación á materia: 600.
- Ter adquirido as competencias mínimas relacionadas coas materias ligadas máis directamente con procesos de planificación curricular, organización de ambientes de aula e desenvolvemento de estratexias de intervención en aulas de Educación Infantil e atención á diversidade, así como aquelas relacionadas cos procesos de planificación e organización de centros educativos, relacións destes coa súa contorna e procesos de innovación e mellora.
- Ler a guía docente que o profesorado ofrecerá ao comezo do cuadrimestre; nese documento detallaranse con máis concreción numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia, especialmente os relativos a actividades de aprendizaxe e instrumentos e criterios de avaliación.
- Darse de alta e consultar regularmente o campus virtual.
- Para matricularse no Prácticum II será requisito ter superados polo menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os do Prácticum I.
- En ningunha circunstancia o alumnado poderá iniciar a fase de estadía nun centro de prácticas sen que este tivese recibido a notificación pertinente por parte da Coordinación Xeral do Prácticum. Incumprir esta norma suporá non superar a materia.
- Nesta materia non se considera a exención de docencia. Toda as actividades desenvolvidas na materia de Prácticum son de asistencia obrigatoria, polo que esta materia non se verá afectada pola Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias. En consecuencia, todo o alumnado matriculado deberá asistir e participar en todas as fases descritas neste programa.
- O alumnado da materia que precise dalgún tipo de adaptación ou apoio específico por características de necesidades específicas de apoio educativo deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que tiveran sido valorados e informados polo Servizo de Participación e Integración Universitaria.
- Cómpre lembrar que non se poden realizar fotografías do alumnado sen previo permiso do centro. Ademais, está totalmente prohibido publicar información en calquera soporte acerca dos nenos ou dos colexios alén do Informe Final de Prácticum (por exemplo, en redes sociais).
PLAN DE CONTINXENCIA: adaptacións correspondentes aos apartados de metodoloxía, sistema de avaliación e recomendacións para o estudo da materia segundo o documento “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021” e o documento “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura. Curso 2020-2021”.
De producirse a situación establecida para o escenario 2 (DISTANCIAMENTO: restricións parciais á presencialidade física), prevese unha adaptación da metodoloxía de ensino establecida sen interferir, en todo caso, no calendario previsto aos efectos.
Deste xeito, as sesións a celebrar en gran grupo coa Coordinación Xeral de Prácticum celebraríanse por quendas de alumnado (pequenos grupos) en espazos amplos (Salón de Actos, p. e.) para evitar aglomeracións e poder manter as medidas de distanciamento e hixiénico – sanitarias establecidas polas autoridades (distancia de seguridade, número máximo de persoas en espazos pechados, etc.).
En canto ás sesións a desenvolver polo alumnado cos seus supervisores/as, poderán ser individuais ou grupais, sempre atendendo ás medidas de distanciamento, hixiénico – sanitarias e de control establecidas polas autoridades.
En ditas sesións atenderase, igualmente, ao cumprimento das condicións previstas en canto á obrigatoriedade de asistencia, informacións destinadas ao alumnado por parte da Coordinación e supervisores/as, etc. Evitaranse, así mesmo, a celebración de sesións conxuntas (conferencias e experiencias impartidas por profesionais externos).
Como ferramenta fundamental de seguimento, contacto e traballo, a materia posúe unha Aula Virtual na que se colgarán os principais avisos, se ofrecerá toda a información e documentación pertinente, e se realizará a entrega de tarefas (Informe, entre outras) solicitadas ao alumnado.
A fase de estadía veríase afectada polo establecemento de medidas e protocolos nos centros de prácticas sobre distanciamento social e adaptación do traballo académico a esta posible circunstancia.
O sistema de avaliación e os requisitos para a superación da materia, en liñas xerais, non variarían conforme ao establecido para un ensino normalizado.
Ante unha eventual suspensión da actividade nos centros colaboradores por mor de motivos sanitarios ou outros durante a fase de estadía do alumnado (e por conseguinte, na Facultade), a materia desenvolveríase de xeito telemático (escenario 3 – PECHE DE INSTALACIÓNS: imposibilidade de impartir docencia presencial). Isto supón que tanto a titorización como a supervisión do alumnado en prácticas se desenvolvería de xeito virtual, sempre e cando o titor/a do centro así o considerase. As tarefas a desenvolver polo alumnado nese caso adaptaríanse á situación de ensino virtual habilitada no centro, e a partir das pautas dos titores/as de prácticas Estas actividades deberían quedar adecuadamente reflectidas nos apartados correspondentes do Informe Final de Prácticum.
Así mesmo, as sesións a desenvolver tanto coa Coordinación Xeral de Prácticum como cos supervisores/as realizaríase a través dos recursos e ferramentas telemáticos que a USC pon a disposición da comunidade universitaria (Skype empresarial, correo-e, M. Teams, Forms, etc.) que mellor se adapten á situación de cada alumno/a - profesor/a supervisor/a. A ferramenta
fundamental de seguimento, información, subida de materiais e documentación, avaliación, etc., continuará a ser a Aula Virtual da materia.
En ditas sesións atenderase, igualmente, ao cumprimento das condicións previstas en canto á obrigatoriedade de asistencia, informacións destinadas ao alumnado por parte da Coordinación e supervisores/as, etc. Evitaranse, así mesmo, a celebración de sesións conxuntas (conferencias e experiencias impartidas por profesionais externos).
Tanto o sistema de avaliación como os requisitos e tarefas esixidos para superar a materia serán os mesmos que no escenario de docencia presencial (escenario 1), manténdose os criterios en canto á distribución de porcentaxes entre as distintas partes da avaliación, criterios de cualificación, etc. En todo caso, sería posible elaborar instrumentos de avaliación adaptados á situación de estadía virtual (avaliación dos titores/as de prácticas).
Francisco Rodriguez Lestegas
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821039
- Correo electrónico
- f.lestegas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Teresa Susana Vázquez Regueiro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- teresasusana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Monserrat Pena Presas
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- montserrat.pena [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Pablo Gonzalez Sequeiros
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 982821040
- Correo electrónico
- pablo.gonzalez.sequeiros [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Virginia Aznar Cuadrado
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821027
- Correo electrónico
- virginia.aznar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Cristina Martinez Tejero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821049
- Correo electrónico
- cristina.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
José Agustín Candisano Mera
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 982821042
- Correo electrónico
- joseagustin.candisano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Aixa Permuy Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- aixa.permuy.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Estella Leticia Freire Perez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 982821029
- Correo electrónico
- estela.freire [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Pablo Garcia Marin
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821037
- Correo electrónico
- pablo.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Angel Daniel Diaz Trigo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
24.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Despachos do profesorado |
21.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Despachos do profesorado |