Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
CONCEPTUAIS.
1. Coñecer e comprender os principais modelos de estudo no campo da psicoloxía do desenvolvemento, diferenciando os constructos teóricos que caracterizan as distintas teorías, os principais modelos e métodos de investigación.
2. Recoñecer e interiorizar a relación desenvolvemento-educación, a través das diversas implicacións educativas das teorías do desenvolvemento, esencial para fomentar o interese do futuro profesorado na práctica educativa de 0 a 3 anos.
3. Coñecer o proceso evolutivo desde a o nacemento ata o final da infancia temperá (0-3 anos)
4. Recoñecer as principais pautas evolutivas e as capacidades, habilidades e destrezas propias e emerxentes en cada momento madurativo da etapa 0-3 anos nos diversos ámbitos do desenvolvemento: intelectivo, afectivo, lingüístico, comunicativo, comportamental e social.
5. Recoñecer as características evolutivas e a sua función educativa no ámbito de 0 a 3 anos
6. Coñecer os diversos contextos de desenvolvemento do neno e a súa relación coa aprendizaxe, os distintos ritmos, contextos e modificabilidade cognitiva.
7. Coñecer e comprender as funcións do proceso de actividade lúdica, a coordinación familia e escola infantil para o óptimo desenvolvemento nesta etapa evolutiva.
8. Recoñecer os factores persoais e/ou sociais que poden explicar a diversidade e as diferenzas no proceso de desenvolvemento dos nenos e nenas.
9. Aproximarse ó concepto de atención temperá e comprender a súa relevancia no eido da educación infantil.
PROCEDIMENTAIS.
1. Aplicar os coñecementos adquiridos sobre as pautas evolutivas en distintos momentos da etapa 0-3 para adecuar programas educativos orientados a potenciar o desenvolvemento óptimo dos nenos, respectando o proceso evolutivo e fomentando a coordinación nas respostas educativas así como as boas prácticas a través da aprendizaxe e a estimulación óptima.
2. Favorecer o desenvolvemento de estratexias e habilidades dentro do marco da creatividade para xerar e adecuar apoios, actividades e recursos educativos que se axusten ás características propias da etapa evolutiva e as características diferenciais das persoas e contextos.
3. Favorecer o desenvolvemento de habilidades cognitivas e metacognitivas de análises, reflexión e organización da información.
4. Fomentar a capacidade de traballo cooperativo e o desenvolvemento de habilidades sociais en grupo.
5. Favorecer o desenvolvemento de habilidades de comunicación, empatía y rigor profesional no profesorado futuro.
6. Fomentar o manexo de recursos bibliográficos e documentais e TICS dentro do marco da competencia informacional.
7. Fomentar o uso e manexo de plataformas virtuais como medio didáctico que permite unha maior continuidade na comunicación profesor-alumno e un mellor seguimento da aprendizaxe.
ACTITUDINAIS.
1. Favorecer valores de tolerancia e respecto hacia as outras persoas.
2. Fomentar o desenvolvemento de actitudes abertas, flexibles, comunicativas, empáticas e asertivas na interacción e o traballo en equipo.
3. Desenvolver o respecto á diversidade funcional e das persoas tanto como persoas como futuro profesorado.
A materia desenvólvese a través de sete bloques temáticos que diversifican os contidos, co fin de lograr unha mellor organización da materia e un mellor seguimento por parte dos alumnos, tratando de condensar en cada bloque os coñecementos en función da súa finalidade temática: de rigor en canto a coñecemento actual e contemporáneo, relativa ao coñecemento do proceso de desenvolvemento en si mesmo e contextual.
BLOQUE 1. PSICOLOXÍA, PSICOLOXÍA DO DESENVOLVEMENTO E EDUCACIÓN INFANTIL. Psicoloxía, desenvolvemento e educación. Teorías, relacións desenvolvemento e aprendizaxe mais destacables e coñecemento psicolóxico e implicacións para a educación. Desenvolvemento e aprendizaxe escolar.
Factores e explicacións actuais do desenvolvemento desde as recentes teorías evolutivas: Principais aportacións da psicoloxía do desenvolvemento para a práctica educativa escolar. O caracter de modificabilidade do desenvolvemento humán, a plasticidade cerebral e a sua estimulación e cambeo Implicacións para a práctica educativa escolar
BLOQUE 2. O DESENVOLVEMENTO INTELECTUAL E/OU COGNITIVO DE 0-3 ANOS.MODULO 2. A intelixencia cognitiva e cognoscitiva. O desenvolvemento cognitivo desde os 0 a 3 anos. O desenvolvemento intelectual ou cognitivo: A explicación evolutiva contemporánea, a explicacións dos estadios piageteanos e os períodos de crisis vygotskianos. Etapas e factores do desenvolvemento intelectual. O estadio sensoriomotriz e o preoperacional temperá. Os períodos de crisis evolutivas e a sua explicación: características, implicacións educativas e coñecementos relevantes para a educación
BLOQUE 3: O DESENVOLVEMENTO DA PERSONALIDADE E AFECTIVIDADE INFANTIL. O desenvolvemento persoal e afectivo dos 0 a 3 anos. O apego, o razonamento moral, o autoconcepto e a identidade persoal. Autoconcepto, autoestima, construcción da personalidade e educación. O desenvolvemento do autoconcepto e características de 0 a 3 anos. O desenvolvemento da identidade humana e a sua explicación. O desenvolvemento moral, a construcción da conciencia moral e a vontade. Implicacións para a educación de 0 a 3 anos.
BLOQUE 4. O DESENVOLVEMENTO SOCIAL: HABILIDADES E INTERACCIÓN SOCIAL DE 0 A 3 ANOS. O social e o individual do desenvolvemento: variables persoais e interpersoais. A importancia do factor social no desenvolvemento cultural. Os outros e a sua aportación ao desenvolvemento persoal. Etapas e características do desenvolvemento das habilidades e interacción social de 0 a 3 anos. O desenvolvemento de boas prácticas educativas na intelixencia social.
BLOQUE 5. O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE E A COMUNICACIÓN DE 0 A 3 ANOS. Etapas e características do desenvolvemento lingüístico e comunicativo de 0 a 3 anos. Funcións da linguaxe e a comunicación no desenvolvemento humán: da eatapa prelingüística á gramática estrutural de frase. Fitos da linguaxe comprensiva e expresiva. Comunicación verbal e nono verbal no desenvolvemento das persoas de 0 a 3 anos. Apoios e boas prácticas para o desenvolvemento da linguaxe humana.
BLOQUE 6. O DESENVOLVEMENTO DO COMPORTAMENTO ADAPTATIVO E SOCIAL. Autodeterminación e a funcionalidade do comportamento humano. Cambeo e desenvolvemento. Contextos e situacións de capacidade e aprendizaxe. A vivencia coas dificultades e necesidades humáns. As experiencias de aprendizaxe na vida diaria. Etapas e características do desenvolvemento do comportamento de 0 a 3 anos. A importancia da coordinación de apoios e atención para o desenvolvemento. O cambeo cognitivo como consecuencia da escolarización.
BLOQUE 7: O DESENVOLVEMENTO DE APOIOS EDUCATIVOS E BOAS PRÁCTICAS DE O A 3 ANOS: Versarán sobre os contidos teóricos e os problemas actuais en torno ao desenvolvemento e a educación, o crecemento e a sua estimulación, a formación das persoas e a construcción do coñecemento así como a o mundo social que queremos e que buscamos coas persoas que formamos. Constarán dunha rúbrica e os recursos necesarios para o seu desenvolvemento así como a tutorización obligatoria por parte do profesorado que guiarán a práctica e determinarán a sua posta en escena. Terán como obxeto a aproximación pola vía real aos contidos da materia.
“Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia”.
BERGER, K.S. (2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Madrid: Médica Panamericana.
BERK, L.E. (2004). Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
CRAIG, G.J.; y BAUCUM, D. (2009). Desarrollo psicológico. Méjico: Prentice-Hall.
DELVAL, J. (2002). El Desarrollo humano. Madrid: Siglo XXI.
DELVAL, J. (2001). Jean Piaget: El constructivismo (cap. 8) en F. Beltrán (Ed.). Pedagogías del Siglo XX. Barcelona: GRAO.
ELKONIN, A (1985) Psicología del Juego. Madrid: Visor.
FELMAN, R.S. (2008): Desarrollo en la infancia. México: Prentice Hall (4ª ed.)
FLAVELL, J (1982): El desarrollo cognitivo. Madrid: Visor.LEONTIEV, A (1984). Actividad, conciencia y personalidad. México: Cártago.
MIETZEL, G. (2005): Claves de la psicología evolutiva. Infancia y juventud. Barcelona: Herder.
MIRAS, F.; SALVADOR, F. e ÁLVAREZ, J. (2001): Psicología de la educación y del desarrollo en la edad escolar. Granada: Grupo Editorial Universitario
MOLL, L. (1993). Vygotski y la educación. Connotaciones y aplicaciones de la psicología sociohistórica a la educación. Argentina: Aique.
MORALEDA, M. (1992): Psicología del desarrollo. Infancia, adolescencia, madurez y senectud. Barcelona: Boixareu Universitaria
MUJINA, M.(1985) Psicología de la edad preescolar. Madrid: Visor.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.) (1990): Desarrollo psicológico y educación, I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza Psicológica.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. e COLL, C. (Comps.) (2002): Desarrollo psicológico y educación, I. Psicología evolutiva. Madrid: Alianza. Psicología y Educación (2ª ed.)
PAPALIA, D.E., WENDKOS, S. e DUSKIN, R. (2005): Desarrollo humano. Madrid: McGraw-Hill (9ªed.)
PERINAT, A. (2002): Psicología del desarrollo. Del nacimiento al final de la adolescencia. Barcelona: UOC.
PIAGET, J (1975). Seis Estudios de Psicología. Buenos Aires: Paidós-
PIAGET, J. (1976). De la lógica del niño a la lógica del adolescente. Buenos Aires: Aiqué.
PIAGET, J. (1984): Psicología del niño. Madrid: Morata
GARCIA MADRUGA, J.A. y Cols.(2002) Psicología Evolutiva (vol.I,II). Madrid: UNED.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y CARRETERO, M. (2004). Psicología evolutiva (vol. I, II). Madrid: Alianza.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y COLL, C. (2006). Desarrollo psicológico y Educación (vol. I, II). Madrid: Alianza.
PAPALIA, D.E.; OLDS, S.W. y FELDMAN, R.D.(2009). Psicología del desarrollo: de la infancia a la adolescencia. Bogotá: McGraw-Hill.
SHAFFER, D.R.(2007). Psicología del desarrollo: infancia y adolescencia. Méjico: Internacional Thomson.
SANTROCK, J.W. (2007). Desarrollo infantil. Madrid: McGraw Hill.
VYGOTSKI, L. S. (1982) Obras escogidas (Vol. 2). Madrid:Visor Distribuciones
WERSCHT, J. V. (1985) Vygotsky y la formación social de la mente. Barcelona: Paidós.
WERSCHT, J. V. (1989) Los mecanismos semióticos en la actividad cognitiva conjunta. Infancia y aprendizaje, 47, 2-22.
WERSCHT, J. V. (1991) Voces de la mente. Un enfoque sociocultural para el estudio de la acción mediada. Madrid: Visor Distribuciones.
WERSCHT, J.V. y SOHMER, R. (1995). Vygotsky on learning and development. Human Development, 38, 332-337.
WERSCHT, J. V. y STONE, C.A. (1985) The concept of internalization in Vygotsy's account of the genesis of higher mental functions. En J. Wertsch (Ed.), Culture, communication and cognition: Vygotskian perspectives (pp. 162-179). Cambridge, MA: Cambridge Uni
A. COMPETENCIAS XERAIS
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e
integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.8.- Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e
destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promovelo nos estudantes.
B. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E.2. Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3.
E.3. Coñecer os fundamentos de atención temperá.
E.4. Recoñecer a identidade da etapa e as súas características cognitivas, comportamentais, comunicativas, sociais, afectivas.
E.5. Saber promover a adquisición de hábitos ao redor da autonomía, a liberdade, a curiosidade, a
observación, a experimentación, a imitación a aceptación de normas e de límites, o xogo simbólico e
heurístico.
E.21. Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo no aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3.
C. COMPETENCIAS BÁSICAS
B.2. Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B.5. Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para
emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
D. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
A metodoloxía do proceso de ensino-aprendizaxe diversificarase en tres tipos de traballo que implican sesións de distinta natureza, con grupos de distinta composición de acordo ao seu tamaño e, en consecuencia, ás posibilidades de desenvolver actividades de diferente índole.
a) Sesións expositivas en gran grupo: inclúen clases de natureza explicativa e expositiva, nas cales facilitaranse aos alumnos os conceptos fundamentais dos temas do programa, destacando os aspectos máis relevantes do contido de cada un dos temas. Empregaranse apoios educativos como presentacións ppt, ou materiais audiovisuais que faciliten o seguimento e a comprensión do contido por parte dos alumnos. O seu fin último é a consecución de ideas e coñecementos básicos que o alumno necesitará para outro tipo de traballos posteriores na materia.
b) Sesións en grupo mediano (grupo interactivo): inclúen sesións de natureza comprensivo-significativa, nas cales tratarase de profundar nos contidos básicos dos temas, impartidos nas clases expositivas, a través de actividades de lectura persoal, reflexión e formulación de dúbidas, ou cuestionamiento da información. Por outra banda, utilizaranse estes tempos de sesións con grupos interactivos para organizar e orientar as directrices para a elaboración dos diversos traballos prácticos daqueles temas ou aspectos do temario que o requiran. Tamén se realizarán nestas sesións as presentacións ou exposicións dos traballos en grupo ou individualmente, segundo indíqueo o profesor para cada traballo. Finalmente, nestas sesións facilitaranse aos alumnos instrucións para o desenvolvemento da competencia informacional, en canto a uso de recursos BUSC (bibliográfico-documentais) ou da plataforma virtual empregada para o desenvolvemento da materia.
c) Sesións en pequeno grupo (grupo de tutorías). Organizaranse o alumnado en pequenos grupos a partir dos grupos de traballo establecidos nas sesións interactivas. Nestas sesións realizarase o seguimento e tutorización dos traballos, e estableceranse as pautas de reorientación necesarias para a elaboración oportuna dos mesmos. Tratando de reservar as tutorías ordinarias para a atención de necesidades individuais.
No Escenario 2: Distanciamento. levarase a cabo unha docencia semipresencial, con docencia presencial con grupos reducidos e docencia telemática. As adaptacións estableceranse en función das decisións que adopte a Facultade a través da súa Xunta. Neste caso, seguindo a mesma distribución horaria e de localización independente das aulas de cada curso, tomaríanse as seguintes medidas:
a)Dividir os grupos de expositivas en dous e impartir presencialmente a metade dos contidos con asistencia alterna dos grupos (A1/A2; B1/B2/B3) no día da semana que corresponda. Os restantes contidos impartiríanse mediante actividades non presenciais coma vídeos demostrativos gravados, lecturas, e recursos colgados para todos e todas na aula virtual independentemente do tipo de escenario.
b) Os grupos de interactivas non se subdividen si as aulas contan con espazo suficiente e impártense presencialmente, cando menos, o 50%. As restantes substitúense por actividades non presenciais coma vídeos demostrativos gravados, descricións narradas, casos a analizar, ensaios a realizar... para tódolos escenarios cos mesmos recursos colocados na aula virtual da USC.
No Escenario 3: Peche das instalacións. Mantense as horas e días contemplados para cada materia, toda a docencia, expositiva e interactiva realizándose de xeito virtual. Os recursos serían os mesmos dos outros escenarios incorporando grabacións e contactos a través dos recursos audivisuais e TIC da USC para todos e todas
“Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, a metodoloxía poderá ser modificada en función dos escenarios contemplados, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia” (ver apartado de Observacións).
ELEMENTOS DE AVALIACIÓN E PORCENTAXE DE CUALIFICACIÓN
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------
A) PARTICIPACIÓN NAS ACTIVIDADES: 10%---------Control de participación e rexistro de interés/esforzo
B) PROBAS ESPECÍFICAS: 50%---------------Proba obxectiva tipo test
C) INFORMES ESCRITOS E
OUTRAS PRODUCIÓNS 30%--------------Actividades didácticas e traballo académico
D) PRESENTACIÓNS ORAIS 10%--------------Exposicións en aula
A) Observación da participación na aula presencial/virtual. Avaliarase positivamente a participación asidua, a actitude e boa disposición para aprender e a participación con interese na actividade realizada no aula. Contará ata un 10% da cualificación da materia. Será necesario participar como mínimo ao 80% das sesións teóricas e/ou prácticas e participar activamente e con interese nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado (1 punto). O alumnado que falte sen xustificación a máis dun 20% das sesións de aprendizaxe (4 faltas), non terá puntuación neste apartado. O alumnado que, polas razóns que sexan, non acade a un mínimo do 50% das sesións presenciais, non poderá presentar traballos, nin actividades, nin participar nas presentacións orais, polo tanto, será avaliado unicamente polo exame final, mantendo a proporcionalidade antes indicada.
B) Probas específicas. O alumnado deberá superar unha proba específica ou exame final ao final do período lectivo. Consistirá nun exame tipo test con resposta verdadeiro-falso. Suporá ata un 50% da cualificación da materia. Será de tempo restrinxido, (35 minutos) e aplicarase a fórmula de corrección Acertos-erros/2. É condición necesaria para a superación da materia ter un aprobado nesta proba. Unha vez superado este requisito, sumaranse as puntuacións do resto de apartados da avaliación. Neste caso, a nota que figurará nas actas será a nota do exame.
C) Informes e outras producións escritas. Durante curso cada alumna/o debera presentar a súa produción escrita resultado do seu traballo nas sesións expositivas, interactivas e titoriales . O profesorado da materia dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos. Valorarase ata un máximo do 30% da cualificación da materia (3 puntos); esta actividade desenvolvida polo alumnado na plataforma virtual ou presencial si é o caso seguirá as instruccións especificadas para ilo na aula virtual ou presenxial
D) Presentacións orais. Contarán ata un máximo do 10% da cualificación da materia. Esixirase un traballo académico e a súa exposición en formato PPT.
Ademais destas indicacións específicas, son tamén criterios para avaliar o rendemento académico do alumnado:
- A actitude aberta e receptiva para aprender novos contidos e incorporalos á formación do futuro docente de Educación Infantil.
- A participación activa nas clases en relación cos contidos do programa e a realización puntual das tarefas previstas para as actividades presenciais.
- O coñecemento e dominio dos principais conceptos, teorías e métodos da materia e a capacidade para relacionalos cas demais materias do curso
- A habilidade para integralos no saber do/a alumno/a, futuro docente de Educación Infantil.
- A competencia para saber aplicar os coñecementos aprendidos na resolución de casos prácticos.
- A calidade da actividade autónoma (informes, traballos, ?) que inclúe, ademais do contido, a presentación ordenada das actividades e a súa entrega nos prazos indicados.
- A competencia lingüística oral e escrita, manifestada na propiedade e corrección expresiva.
IMPORTANTE
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas e superar a metade da puntuación total de cada un dos apartados.
Os traballos individuais ou grupales dos estudantes deben ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno/a na seguinte convocatoria.
A efectos evaluativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
Durante a primeira semana do curso, todos os alumnos/as matriculados na materia teñen que rexistrarse na plataforma. Este tamén é un requisito básico para superar a materia. Un alumno/a non matriculado, non será avaliado nos apartados de informes e outras producións escritas, nin no apartado de presentacións orais.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade e preséntase en xullo, manterá todas as puntuacións acumuladas nos diferentes apartados da avaliación, tendo que facer unicamente ao exame e superalo nas mesmas condicións da primeira oportunidade común. Se non tivo puntuacións nalgún dos apartados, participará igualmente do ata exame, pero neste caso a puntuación máxima que se poderá conseguir é un.
Ao alumnado de 2ª e sucesivas convocatorias, é dicir, alumnado repetidor, aplicaráselle este mesmo criterio: Unicamente terá que facer o exame teórico e terá unha puntuación máxima de 7 puntos, excepto os alumnos repetidores que se integren no curso común, para os que se seguirán os mesmos criterios que para o resto do alumnado matriculado nese curso.
Nos escenarios 2 e 3 seguirase o mesmo procedemento de avaliación, no que as actividades de avaliación continua teñan o mesmo peso e contémplase a posibilidade da proba non presencial que se colgará e abrirá na aula virtual e corrixirase da mesma forma especificada previamente. Contarase con tempo restrinxido para ilo e informarase ao alumnado dos acertos e erros unha vez finalice o tempo da proba por tempo reducido. A calificación que se obteña non ten peso algún dado que se aplicará a fórmula especificada previamente. As actividades continuas contaràn cunha rúbrica e recursos así como un foro onde consultar, plantexar ou sinalar o que se considere en función da necesidade de axuda e apoio. Non incrementarán o tempo de aprendizaxe e esforzo que se especifica nas actividades posteriores aínda que demandarase mais participación e traballo autónomo por parte do alumnado ao non contar coa aula presencial.
"Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
“En función da situación sanitaria, o sistema de avaliación pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”
Nº de horas presenciais------------------------------Actividades de traballo autónomo
Actividades en gran grupo-------24--------------------------------------------------35
Actividades en grupo mediano--24--------------------------------------------------45
Actividades en pequeno grupo---3--------------------------------------------------19
Total horas (25h x nº crédt)----51--------------------------------------------------99= 150 horas
Recoméndase aos alumnos:
1. A organización e secuencialización do traballo segundo os criterios establecidos polo profesor.
2. O mantemento dunha comunicación continuada co profesor que garanta o seguimento oportuno da materia, e a consulta de todas aquelas cuestións que lle poidan expor dúbida ou conflito para a máxima comprensión do contido.
3. A dispoñibilidade dun computador con acceso a rede, ou na súa falta a posibilidade de uso dos computadores e os recursos dos que poda dispor. Este requisito é indispensable para o seguimento da materia a través da plataforma virtual que se utilizará como recurso didáctico na materia.
O seguimento do profesorado así como a demanda das suas instruccións son obrigatorias para o desenvolvemento e entrega das prácticas; así mesmo, pode demandarse a sua millora si estas non cumpren coas características da demanda.
“En función da situación sanitaria, as recomendacións para o estudo da materia pode sufrir cambios que a permitan adaptar a escenarios de docencia telemática ou de semipresencialidade (ver Observacións).”.
A USC é unha Universidade presencial, polo que a asistencia e seguimento a un mínimo do 80% das sesións de clase, cumprimento e seguimento das actividades de ensino e aprendizaxe é obrigatorio.
No caso de que o alumnado presente unha ausencia ou un seguimento non xustificado a máis dun 20% das sesións terá un 0 neste apartado, e no caso de que por algunha razón non asista a un 50% ou máis das sesións, o alumnado non terá opción a entregar traballos ou outras producións escritas.
O alumnado con dispensa de docencia deberá manter, desde o principio, contacto e comunicación co profesor, o cal informaralle da canle máis oportuna para o seguimento da materia no seu caso, así como dos traballos que terán oportunidade de realizar, e que, por razóns obvias, poden ser de distinta natureza á dos traballos dos alumnos presenciais. Neste sentido, deberán respectarse, igualmente, as datas de entrega e os criterios establecidos polo profesor en canto a forma e contido do traballo.
PLAN DE CONTINXENCIA:
Os cambios que terían lugar na metodoloxía de ensinanza, sistema de avaliación, tempo de estudo e traballo persoal e recomendacións para o estudio da materia en función dos escenarios previstos serán informados por este medio así como a través da aula virtual da materia.
Neste sentido, informarase:
a. Para a metodoloxía de ensino, contémplase a posibilidade de que parte dos contidos sexan impartidos con recursos telemáticos asíncronos (presentacións narradas, textos, cuestionarios de autoavaliación...) e, incluso, que parte deste contido non sexa obxecto de avaliación. Utilizaranse os recursos e tecnoloxía aportada pola propia USC que permita o acceso a información e a procura de actividades para a aprendizaxe do alumnado para o que se posibilitará a axuda e apoio que se demande.
Ademáis, utilizaranse ferramentas como a aula virtual, o teams e algunha outra que posibilite o acceso ao aprendizaxe así como a interacción co alumnado en caso de requirirse docencia telemática (tanto expositiva como interactiva); o sistema de seguimento das actividades non presenciais (programación de entregas, listaxes de participación etc.) farase a través da aula virtual. A carga de traballo para o alumnado será sempre a mesma e proporcionada aos créditos da materia.
b. A avaliación será a mesma en tódolos escenarios para os que se abrirán os recursos na aula virtual así como facilitarase a información para desenvolvelos a través de rúbricas e instrumentos. En todo caso, co tempo suficinte para o seu desenvolvemento e cumprimento.
“Dada a incerteza ocasionada pola situación sanitaria actual, parte dos contidos, aínda que serán traballados na materia, poderán non ser obxecto de avaliación, a metodoloxía e o sistema poden ser obxeto de cambio, o que será debidamente informado con tempo suficiente a través do Campus Virtual da materia”.
BIBLIOGRAFIA COMPLEMENTARIA.
AEBLI, H. (1985). Doce formas básicas de enseñar. Madrid: Narcea, 1988.
AINSCOW, M. (2001). Desarrollo de escuelas inclusivas. Ideas, propuestas y experiencias para mejorar las instituciones escolares. Madrid,
Narcea.
AINSCOW, M.; BERESFORD, J.; HARRIS, A.; HoPKINS, D. y WEST, D. (2001). Crear condiciones para la mejora del trabajo en el aula. Manual para la formación del profesorado. Madrid: Narcea.
Arnaiz, P. (2003) Educación inclusiva: una escuela para todos. Málaga: Ediciones Aljibe.
BELTRÁN, J. y BUENO, J. A. (1995) Psicología de la Educación. Barcelona: Boixareu Universitaria.
BERK, L. (1999) Desarrollo del niño y del adolescente. Madrid: Prentice-Hall.
BERMEJO, V. (Coord.)(1994). El desarrollo cognitivo. Madrid. Síntesis.
BOADA, H. (1986). El desarrollo de la comunicación en el niño. Barcelona: Anthropos.
BOWER, T. (1979) El mundo perceptivo del niño. Madrid: Morata.
BOWLBY, J. (1986) Vínculos afectivos: formación, desarrollo y pérdida. Madrid: Morata.
BRADLEY, S. (1989). Concepciones
de la infancia. Madrid: Alianza.
BRONFENBRENNER, U. (1987) La ecología del desarrollo humano. Barcelona: Paidós.
BRUNER, J. (1988) Desarrollo cognitivo y educación. Madrid: Morata.
CARRETERO, M. y GARCIA-MADRUGA, J. (Comps.)(1984). Lecturas de psicología del pensamiento. Madrid: Alianza Psicología.
COLL, C. (1987): Psicología y currículum. Barcelona, Laia.
COLL, C y otros (2000) El constructivismo en el aula. Ed Grao
COLL, C. (2007) Una encrucijada para la educación escolar. Cuadernos de pedagogía, 370, 19-23
COLL, C., PALACIOS, J. y MARCHESI, A. (1990) Desarrollo psicológico y educación, II. Psicología de la Educación. Madrid: Alianza Editorial.
COMELLAS,M.J. y PERPINYA,A. (1984) La psicomotricidad en preescolar. Barcelona: CEAC.
CORRAL, A. (1 994). Capacidad mental y desarrollo. Madrid: Visor.
DELVAL, J. (Comp.) (1978) Lecturas de psicología del niño. Vol.1 y Vol.2. Madrid: Alianza.
DEMAUSE, Li. (1 974). Historia de la infancia. Madrid: Alianza, 1982.
DONALSON, M. (1979) La mente de los niños. Madrid: Morata.
DUNN, J. (1993) Los comienzos de la comprensión social. Buenos Aires: Nueva Visión.
ECHEITA, G. (2006). Educación para la inclusión o educación sin exclusiones. Madrid: Narcea.
ELBOJ, C. y cols. (2002). Comunidades de aprendizaje. Transformar la educación. Barcelona: Editorial Graó.
ENESCO, 1. (2000). Psicología del Desarrollo. Enciclopedia Micronet. . Htpp//www.encicionet.es
ERIKSON, E.H. (1980) Identidad, juventud y crisis. Madrid: Taurus.
FLAVELL, J. H. (1992). Desarrolla cognitivo. Nueva edición revisada. Madrid: Visor, 1993
FOSS, B. (1978) Nuevas perspectivas en el desarrollo del niño. Madrid: Fundamentos.
FURTH, H.G. y WACHS, H. La teoría de Piaget en la práctica. Buenos Aires: Kapelusz.
GARCIA-MADRUGA, J.A. (1991). Desarrollo y conocimiento. Madrid: Siglo XXI.
GARTIN, B.C., MURDICK, N.L., IMBEAU, M., y PERNER, D.E. (2002). How to use differentiated instruction with students with developmental disabilities in the general education classroom. ALEXANDRIA, VA: A Publication of the Developmental Disabilities of the Council for Exceptional Children
GARVEY, C. (1985) El juego infantil. Madrid: Morata
GARVEY, C. (1986) Lenguaje infantil. Madrid: Morata.
GINÉ, C. y FONT, J. (2007). El alumnado con discapacidad intelectual y del desarrollo. En Joan Bonals y Manuel Sánchez-Cano (coord.) Manual de asesoramiento pedagógico (pp. 879-914). Barcelona: Editorial Grao.
GONZÁLEZ, Ma C. Y TOURÓN, J. (1992). Autoconcepto y rendimiento escolar. Pampiona: EUNSA.
GONZÁLEZ-CUENCA, A.M.; FUENTES, M.J.; DE LA MORENA, M.L. y BARAJAS, C. (1995) Psicología del desarrollo. Teoría y prácticas. Málaga: Aljibe.
GOOD, T.L. y BROPHY, J.E. (1983) Psicología educacional. México: Interamericana.
GREGORY, G.H. y CHAPMAN, C. (2002) Differentiated Instructional Strategies. Thousand Oaks, Ac: Corwin Press.
HARRIS, P. (1992) Los niños y las emociones. Madrid: Alianza.
HERNANDEZ DE LA TORRE, E. (1997). El grupo clase y sus diferencias individuales desde la perspectiva significativa del aula. En P. Darder y J. Gairín (Coords.). Organización y gestión de centros educativos (pp.114-120). Barcelona: Praxis.
HOFFMAN, L.; PARIS, S. y HALL, E. (1995) Psicología del desarrollo hoy. Vol.1 Madrid: McGraw-Hill.
INHELDER, B. y PIAGET, J. (1 955). De la lógica del niño a la lógica del adolescente. Buenos Aires: Paidós, 1972.
INHELDER, B., SINCLAIR, H. y BOVE, M. (1975). Aprendizaje y estructuras del conocimiento. Madrid: Morata.
KAIL, R. (1984) El desarrollo de la memoria en los niños. Madrid: Siglo XXI.
KAMII, C. y DEVRIES, R. (1977). La teoría de Piaget y la educación preescolar. Madrid: Pablo del Río, 1988.
KAYE, K. (1986) La vida mental y social del bebé. Barcelona: Paidós.
KIMMEL, D. Y WEINER, 1. (1995). La adolescencia: una transición del desarrollo. Barcelona: Ariel, 1998.
KOZULIN, A. (1990). La psicología de Vygotsky. Madrid: Alianza Psicología, 1994.
LANE, H. (1979). El niño salvaje de Aveyron. Madrid: Alianza, 1984.
LANGFORD, P. (1987). El desarrollo del pensamiento conceptual en la escuela primaria. Madrid: Paidós/MEC, 1989.
LINAZA, J. y MALDONADO, A. (1987) Los juegos y el deporte en el desarrollo psicológico del niño. Barcelona: Anthropos.
LINAZA, J. (1985) El desarrollo físico y motor. Madrid: Ministerio de Educación.
LINAZA, J. (1991) Jugar y aprender. Madrid: Alhambra Longman.
LOPEZ, F. (1985) La formación de los vínculos sociales. Madrid: Ministerio de Educación y Ciencia.
LURIA, A.R. y YUDOVICH, F.I. (1984) Lenguaje y desarrollo intelectual en el niño. Madrid: Siglo XXI.
MARTÍN, C. (1999) Psicología del desarrollo y de la educación en edad escolar. Valladolid: Ámbito.
NELSON, C. (1988) El descubrimiento del sentido. Madrid: Alianza.
NICKERSON, R.S., PERKINS, D.N. y SMITH, E.E. (1985). Enseñar a pensar. Aspectos de la aptitud intelectual. Madrid: Paidós/MEC,
OVEJERO, A. (1990). El aprendizaje cooperativo: una alternativa eficaz a la enseñanza tradicional. Barcelona, PPU.
PARRILLA, A. (2001): 0 Longo camiño cara a Inclusión». Revista Galega do Ensino, 32 pp. 35-54
PALACIOS, J., MARCHESI, A. y COLL, C. (Comps.)(1 990). Desarrollo psicológico y educación. VoL 1. Madrid: Alianza.
PALACIOS, J.; MARCHESI, A. y CARRETERO, M. (1985) Psicología Evolutiva (3 vols.) Madrid: Alianza.
PAPALIA, D. Y WENDKOS, S. (1992) Psicología del desarrollo. De la infancia a la adolescencia. Madrid: McGraw-Hill.
PÉREZ GÓMEZ, A. y ALMARAZ, J. Lecturas de aprendizaje y enseñanza. Madrid: Zero S.A
PEREZ DE LARA, N. (1998). La capacidad de ser sujeto. Barcelona, Paidós.
PERRET-CLERMONT, A-N. La construcción social de la inteligencia en la interacción socíal Madrid: Visor.
PIAGET, J. e INHEIDER, B. (1966). La psicología del niño. Madrid: Morata, 1975.
PIAGET, J. (1978) Seis estudios de psicología. Barcelona: Seix Barral.
PIAGET, J. e INHELDER,B. (1981) Psicología del niño. Madrid: Morata.
PIAGET,J. (1983) El criterio moral en el niño. Barcelona: Fontanella.
POZO, J.I. (1987). Aprendizaje de la ciencia y pensamiento causa¡. Madrid: Visor.
POZO, J.I. (1996) Aprendices y maestros. La nueva cultura del aprendizaje. Madrid: Alianza editorial.
POZO, J.¡. (1996). Teorías cognitivas del aprendizaje. Madrid: Morata.
Pujolas, P. (2001) Atención a la diversidad y aprendizaje cooperativo en la educación obligatoria. Málaga: Aljibe
RODRIGO, M.J. (1994) Contexto y desarrollo social. Madrid: Síntesis.
SCHAFFER, R.H. (1994) Decisiones sobre la infancia. Madrid: Aprendizaje/Visor.
SELIGMAN, M.E.P. (1975). Desarrollo emocional y educación. Madrid: Debate.
SIEGEL, I.S. y BRAINERD, C.J. (1983). Alternativas a Piaget. Madrid: Pirámide.
SIGUAN, M. (Comp.) (1986) Estudios sobre Psicología del lenguaje infantil. Madrid: Pirámide.
SINCLAIR, H. y otros (1982).Los bebés y las cosas. La creatividad del desarrollo cognoscitivo. Barcelona: Gedisa, 1983.
STAIMBACK, S. y STAIMBACK, W. (1999): Aulas inclusivas. Madrid: Narcea
TOMLINSON, C. A. (2000) Differentiation of Instruction in the Elementary Grades. ERIC Digest. ED443572 2000-08-0
TURIEL, E.; ENESCO, I y LINAZA, J. (Comp.) (1989) El mundo social en la mente infantil. Madrid: Alianza.
UNESCO (1994): Declaración de Salamanca. Conferencia Mundial sobre Necesidades Educativas Especiales: acceso y calidad. Salamanca, Unesco.
UNESCO (2001) Understanding and responding to children´s needs in inclusive classrooms. A guide for teachers. Paris: UNESCO.
VASTA, R.; HAITH, M.M. y MILLER, S.A. (1996) Psicología Infantil. Barcelona: Ariel.
VILA, I. (1990) Adquisición y desarrollo del lenguaje. Barcelona: Graó.
VILLIERS, P.A. y VILLIERS, J.G. (1980) Primer lenguaje. Madrid: Morata.
VYGOTSKI, L. (1977) Pensamiento y lenguaje. Buenos Aires: Pléyade.
VYGOTSKI, L.S. (1979) El desarrollo de los procesos psicológicos superiores. Barcelona: Crítica.
WELLMAN, H.M. (1 990). Desarrollo de la teoría de/ pensamiento. Bilbao: Desclée de Brouwe
Manoel Baña Castro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 982821024
- Correo electrónico
- manoel.bana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 22 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 22 |
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Seminario de Investigación |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 21 |
15.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
23.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |