Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Conceptuais (saber):
*Conceptualizar significativamente terminoloxía relacionada cos contidos da materia *Coñecer as teorías sobre o xogo, a súa evolución e ás súas características
*Identificar a importancia do xogo no desenvolvemento infantil e o seu papel como recurso metodolóxico
*Identificar as características do xogo nas nenas e nos nenos
* Coñecer algúns xogos tradicionais
* Coñecer algúns xogos didácticos e sensibilizadores.
Procedimentais (saber facer):
*Analizar os elementos e contidos básicos do xogo infantil para poder tomar decisións reflexivas e argumentadas.
*Planificar e poñer en práctica simulada xogos e formas xogadas para a etapa educativa correspondente; analizando, reflexionando, interpretando e sacando conclusións das observacións das prácticas realizadas.
*Recoñecer a importancia do xogo como factor de inclusión e convivencia.
*Recoñecer e empregar a linguaxe non verbal como un reforzo á comunicación verbal, evitando que aquela contradiga a mensaxe enviada coa palabra.
*Manexar, con actitude crítica e reflexiva, os recursos documentais da materia, empregando con rigor académico a información extraída das diferentes fontes.
*Expresarse oralmente en galego, de xeito que a mensaxe sexa clara, coherente e convincente.
*Presentar traballos académicos en lingua galega, con calidade universitaria na forma e no contido, tanto oralmente como por escrito, e conforme ós criterios que lle foron ofrecidos ao alumnado durante o primeiro curso.
*Acadar e acreditar competencia en lingua galega, por formar parte a materia do proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade.
Actitudinais (saber ser):
*Tomar conciencia da importancia do xogo como actividade vital para o desenvolvemento humano.
*Tomar conciencia, a partir da práctica e da teoría, sobre a transmisión de valores a través dos xogos competitivos e cooperativos, coa finalidade de acadar unha opinión consciente sobre unha cuestión que impregna a vida social e, polo tanto, escolar.
*Vivenciar xogos diversos tanto para: recoñecer as característica dos mesmos, analizar os roles que xeran, comprender os recursos que precisan e tomar conciencia dos valores que poden transmitir.
*Recoñecer, como futuras e futuros docentes, a influencia da propia percepción corporal e motriz sobre as expectativas motrices que se proxectan nos demais.
*Analizar, reflexionar e valorar o recreo escolar como tempo educativo.
*Valorar a importancia da investigación e o traballo en equipo para o desenvolvemento da profesión docente.
*Construír unha conciencia reflexiva, innovadora e comprometida coa formación permanente
Bloque I. O xogo. Conceptualización e características.
Bloque II. O xogo ao longo do desenvolvemento:
•Xogo sensoriomotor ou funcional
•Xogo presimbólico e Xogo simbólico
•Xogos de regras
•Xogos de construción
•Videoxogos
Bloque III. Tipoloxía de xogos:
• O xogo heurístico
• Os xogos tradicionais e populares
• O xogo como recurso de aprendizaxe: xogos didácticos
• O xogos sensibilizadores
• O xadrez na escola
Bloque IV. O xogo no tempo de recreo escolar
Bloque V. O xogo na área de educación física
• A competición e a cooperación.
Sesións prácticas: prácticas de ensinanza referidas aos contidos teóricos da materia
BIBLIOGRAFÍA básica:
Berruezo, Pedro Pablo; Lázaro, Alfonso (2009): Jugar por jugar. El juego en el desarrollo psicomotor y en el aprendizaje infantil. Sevilla, Eduforma.
Ferland, Francine (2005): ¿Jugamos?. El juego con niñas y niños de 0 a 6 años. Madrid, Narcea.
Huizinga, Johan (1972-2000): Homo ludens. Madrid, Alianza Editorial.
BIBLIOGRAFÍA complementaria:
Aixline, Virginia (1984): Terapia de juego. México D.F., Diana.
García, Carmen; MArtinez, Amparo (2004): El juego de las cuatro esquinitas del mundo. Madrid, Catarata.
González, C. (1987): Juegos y Educación Física. Madrid, Alhambra.
Guitart, Rosa (1997): 101 Juegos no competitivos. Barcelona, Graó.
hallmann, Heinz Willi; Zilling, J. (1979): Parques infantiles. Málaga, Unisport.
Kac, María; Renée, María; Urcola, Diana (2019): El juego y el jugar en el jardín maternal. Buenos Aires: Ediciones Novedades Educativas.
Mora, Josep María; Díez, Robert; Llamas, Josue (2003): Un mundo en juego. Barcelona, INDE.
Mir, Victoria; Corominas, Dolores; Gómez, María Teresa (1997): Juegos de fantasía en los parques infantiles. Madrid, Narcea.
Moreno, Cristobal; Mata, David; Gómez, Javier (1993): Aspectos recreativos de los juegos y deportes tradicionales en España. Madrid, Gymnos.
Pelegrín, Ana (2008): Cada cual que atienda a su juego. Madrid, Anaya.
Ríos, Mercedes (1998): El juego y los alumnos con discapacidad. Barcelona, Paidotribo.
Rodríguez, Cintia (2006): Del ritmo al símbolo. Los signos en el nacimiento de la inteligencia. Barcelona, I.C.E. Universitat de Barcelona.
Ruiz, Francisco et al. (2008): Los juegos en la motricidad infantil de los 3 a los 6 años. Barcelona, INDE.
Serrano, Paula (2019): La integración sensorial en el desarrollo y el aprendizaje infantil. Madrid: Narcea.
Stern, André (2017): Jugar. Albuixech (Valencia),Litera libros.
Subirats, Marina; Tomé, Amparo (1992): Pautas de observación para el análisis del sexismo en el ámbito educativo. Barcelona, Institut de Ciències de l’Educació.
Tuttle, Cheryl; Paquette, Penny (2005): Juegos imaginativos para desarrollar la inteligencia de los niños. Barcelona, Ceac.
VV. AA. (2002): Género y educación: la escuela coeducativa. Barcelona, Graó.
Moyles, Janet (1990): El juego en la educación infantil y primaria. Madrid, Morata.
Pugmire; Stoy (1996): El juego espontáneo: vehículo de aprendizaje y comunicación. Madrid, Nárcea.
Romaní, Arturo (1979): Xogos infantiles de Galicia. A Coruña, Follas Novas.
Ruiz, Ángeles; ABAD, Javier (2011): El juego simbólico. Barcelona, Graó.
VV.AA. (2008): El juego como estrategia didáctica. Barcelona, Graó.
Veiga, Paco (2001): Xogo popular galego. Educación e identificación cultural. Santiago de Compostela, Sotelo Blanco.
Revistas básicas:
Aula de Infantil. Barcelona: Graó.
Tándem. Didáctica de la Educación física. Barcelona: Graó.
Páxinas web:
Asociación galega de xogo popular e tradicional. En: http://www.agxpt.org/
Asociación española de terapia de juego AETJ. En: http://www.terapiadejuego.es/webs/enfoques.htm.
Ditos, recitados e cancións infantís. En, www.orellapendella.org
Xerais:
G5. Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
Específicas:
E2. Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia.
Básicas
B.2 Saber aplicar os coñecementos ao traballo dunha forma profesional. Elaborar, defender argumentos e resolver problemas dentro desta área de estudo.
B.3 Ser capaces de reunir e interpretar datos relevantes (dentro desta área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4 Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais:
T.2 Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3 Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
METODOLOXÍA
Nas sesións expositivas traballaranse teoricamente os contidos, centrándose naqueles que presenten unha maior dificultade de comprensión e incidindo nos aspectos máis relevantes. A docente empregará varias técnicas expositivas e, se fose o caso, o estudantado realizará determinados exercicios referidos aos contidos tratados.
Para o traballo nas sesións interactivas o alumnado organizarase en equipos de traballo de 3 ou 4 persoas, e elaborará, cando lle corresponda, os informes das sesións. Na guía docente da materia concretarase este traballo.
Nas sesións interactivas levaranse a cabo as prácticas específicas, e nelas traballaranse os contidos relativos ao xogo nas etapas de educación infantil e primaria. As actividades de aprendizaxe propostas procurarán á toma de conciencia, a análise e a reflexión individual e compartida. Outros recursos serán a análise de documentos e o estudo de casos.
Coa intención de contribuír a que o alumnado –futuras mestras e mestres– sexa capaz de empregar competentemente a lingua galega, esta materia participa no proxecto CompetenteS impulsado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade co perfil de galego. Polo tanto, a profesora desenvolverá en lingua galega a docencia da materia (expositiva, interactiva e titorial) e todas as actividades ligadas a ela, á marxe de que algún dos textos escritos que o alumnado deberá ler puidesen ofrecerse noutra lingua. O alumnado, pola súa parte, tamén interactuará coa docente na lingua de perfil da materia, tanto a nivel oral como escrito, nas clases e nas titorías, nas actividades presenciais e nas telemáticas ou non presenciais.
Para o desenvolvemento da materia empregarase o campus virtual, a través do cal presentaranse os contidos, tanto os de referencia obrigatoria como opcional.
NORMAS QUE REXEN NAS SESIÓNS
No seu conxunto:
• Acudir e permanecer coa máscara facial. Respectar a distancia de seguridade establecida.
• Chegar en tempo e non saír ata o remate da sesión.
• Non comer nin beber.
• Non facer uso do móbil, a excepción de que a dinámica da sesión así o esixa.
• Entregar a ficha de datos persoais debidamente cuberta na primeira semana de clase.
Nas sesións interactivas-prácticas:
• Acudir e permanecer durante toda a sesión con máscara facial. Manter o espazo de seguridade establecido.
• Empregar e aplicar o xel desinfectante cando a docente o indique (tanto nas propias mans como nos materiais fixos e móbiles que se empreguen).
• Asistir con calzado deportivo e con roupa que permita o movemento cómodo.
• Limpar os pés no felpudo antes de acceder ao polideportivo.
• Deixar o material e roupa de abrigo nos vestiarios.
• Colaborar na colocación e recollida do material cando corresponda.
• O alumnado que non asista, que incumpra o horario ou as normas establecidas terá a falta correspondente.
• Dúas faltas de incumprimento de horario computarán como unha falta de asistencia.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente.
As sesións interactivas desenvolveranse no polideportivo do CIFP Politécnico ou na aula de música.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente ou a través da aplicación Teams. Neste caso manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse, preferentemente, no polideportivo do CIFP Politécnico ou na aula correspondente. Seguiranse as indicacións e rotacións de grupos e horarias establecidas pola Facultade de Formación do Profesorado.
Manteranse todas as normas indicadas nos parágrafos anteriores e que sexan de aplicación neste escenario.
As modificacións serán informadas a través do campus virtual da materia.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
As sesións expositivas desenvolveranse a través da aplicación Teams. Manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse mediante tarefas que se colgarán no campus virtual da materia. Durante o horario establecido para esta docencia, tanto a docente como o alumnado estará conectado á aplicación Teams. Isto permitirá guiar a docencia, facilitará o control da participación do alumnado e mellorará a realimentación do proceso de aprendizaxe das sesións interactivas.
A comunicación entre docente e alumnado levarase a cabo a través do campus virtual.
Manteranse as normas indicadas nos parágrafos anteriores que sexan de aplicación neste escenario.
Coa finalidade de que o alumnado poida organizar o seu traballo e predicir o seu rendemento e as consecuencias do mesmo, é necesario que coñeza os requirimentos da materia.
1. Exame:
A data queda establecida no calendario oficial de exames. O exame puntuarase sobre 4. Na primeira oportunidade o exame será tipo test sobre 40 preguntas; para superalo, deberán responderse correctamente 28 como mínimo.
Aquelas persoas que na primeira oportunidade suspenderan o exame e/ou a materia, poderán presentarse ao exame na segunda oportunidade.
2. Asistencia e participación nas sesións prácticas ou interactivas:
Para acadar cualificación neste apartado o alumnado deberá asistir, como mínimo, ao 80% das sesións e implicarse activamente nelas. Controlarase a asistencia.
A non superación deste apartado supón o suspenso na 1ª oportunidade.
3. Elaboración de traballos individuais nas sesións interactivas ou prácticas:
O alumnado, cando lle corresponda, redactará o informe da sesión práctica e compartirao co seu equipo de traballo a través do correo electrónico.
O alumnado, cando así llelo indique a docente, enviarlle un dos informes realizados para a revisión e valoración do mesmo.
A avaliación dos apartados 2 e 3 será de ata 2 puntos na cualificación final. Valorarase:
• A asistencia, a participación oral e motriz e a implicación en todas as actividades.
• A elaboración reflexiva dos informes das sesións.
• O envío á docente do informe requirido e na data solicitada.
• A selección, dirección e análise dun xogo ante o grupo-clase.
• Outras actividades referidas aos contidos da materia que se concretarán na guía docente.
• A asistencia e participación á conferencia sobre O xadrez na escola.
• O visionado e a análise do documental: Bebés.
• A construción dun xoguete.
• En virtude da participación desta materia no proxecto CompetenteS co perfil de galego, e coa intención de que a profesora poida avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (coñecemento instrumental da lingua galega, tanto a nivel oral como escrito), o estudantado presentará en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Ao mesmo tempo seranlles valoradas as súas intervencións en galego.
4. Traballo opcional
Poderase realizar só un deles:
• Un traballo e a súa exposición ante o grupo clase sobre el tema: O xogo posible: os patios de recreo escolar. Valorarase ata 2 puntos.
• Este traballo poderá realizarse individualmente, en parellas ou en equipo de traballo.
• Traballo e exposición ante a clase dun libro (de entre os citados na guía docente ou outros que escolla o alumnado e acepte a docente). Valorarase ata 1 punto.
• Traballo e exposición ante o grupo-clase dun artigo (de entre os citados na guía docente ou outros escollidos polo alumnado e aceptados pola docente). Valorarase ata 0,5 puntos.
• Na guía docente presentaranse as orientacións para a elaboración de cada un destes traballos e as datas de comunicación.
• O traballo realizado incluirase no cartafol.
5. Cartafol
O cartafol é a carpeta onde, por equipos de traballo, o alumnado recollerá tanto os informes das sesións interactivas como o resto de traballos realizados para a materia. Este compendio permitirá ao alumnado dispoñer das evidencias do que foi aprendendo a través do experimentado e reflexionado: saberes, habilidades, actitudes e valores.
Coa elaboración do cartafol búscase que o alumnado sexa capaz de recoller os contidos, obxectivos e vivencias das sesións prácticas; incluír as achegas, preguntas e reflexións referidas pola docente; tamén as intervencións do resto do alumnado e, finalmente, as reflexións persoais sobre o vivido e aprendido nas clases.
Este documento entregarase, como data límite o 18 de decembro de 2020, e terá unha valoración de ata 2 puntos. Non se inclúe nesta valoración o traballo opcional.
Na guía docente da materia indicarase os contidos concretos e o formato deste documento.
6. Traballo específico e exclusivo para alumnado con problemas de asistencia
Só para o alumnado que, por razóns debidamente xustificadas, non poida participar no 80% das sesións interactivas.
• O xogo nos tempos de recreo escolar. Observación e análise: traballo individual a partir da observación, recollida de datos, análise e lectura sobre a cuestión, con posterior exposición e debate. Valorarase ata 2 puntos.
• Na guía docente presentarase o guión para a realización do mesmo.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA:
O proceso e os instrumentos de avaliación serán os citados nos parágrafos anteriores.
CONCRECIÓNS RESPECTO AOS ESCENARIOS 2 (DISTANCIAMENTO) E 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
Malia que na guía docente concretaranse os cambios respecto ao proceso e instrumentos de avaliación citados nos apartados anteriores. En termos xerais as modificacións serán as seguintes:
1. Respecto ao exame: será telemático e puntuarase sobre 4. A través do campus virtual informarase ao alumnado das características do mesmo.
2. Respecto á asistencia e participación nas sesións interactivas (presenciais e/ou non presenciais) o control farase a través de Teams durante a realización desas clases. Non haberá cambios na puntuación.
3. Respecto á elaboración de traballos individuais nas sesións prácticas ou interactivas: a docente comunicará o tipo de envío; as presentacións de las actividades realizaranse a través de Teams. Non haberá cambios na puntuación.
4. Respecto ao traballo opcional: as exposicións serán telemáticas a través de Teams. Non haberá cambios en canto á puntuación.
5. Respecto ao cartafol: cada equipo de traballo colgará o seu cartafol na tarefa do campus virtual correspondente. Non haberá cambios na puntuación.
6. Respecto ao Traballo específico e exclusivo para alumnado con problemas de asistencia: En función do momento de cese da docencia nos centros educativos a docente comunicará as modificacións pertinentes para a adaptación deste traballo.
Outras aclaracións sobre a AVALIACIÓN
Para aprobar a materia na primeira oportunidade será preciso:
• Aprobar o exame.
• Acadar, como mínimo, o 50% na cualificación en cada un dos apartados da avaliación (2, 3 e 5).
• Obter unha cualificación mínima de 5 puntos (sobre 10) na cualificación global.
Se algunha persoa incorrese nunha falsificación ou outro tipo de fraude, e fora descuberta, será cualificada cun “suspenso” na convocatoria correspondente. Concretamente: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O alumnado que non supere a materia na 1ª oportunidade –xaneiro– pode atoparse nunha das seguintes circunstancias:
• Se asistiu ao 80% das sesións interactivas (ou realizou o traballo de sustitución) e ten cualificación no resto de apartados da avaliación, presentarase ao exame da 2ª oportunidade, e manteránselle as cualificacións e a súa proporcionalidade.
• Se no período ordinario non obtivo cualificación nalgún dos catro apartados, participará da mesma proba específica de xullo que o alumnado que se atopa no caso anterior, pero a súa cualificación máxima será de 7 puntos e deberá obter un mínimo de 5 puntos para superala.
Non se admitirán traballos para a oportunidade de xullo.
• Na convocatoria de xullo, o exame será presencial ou telemático en función do escenario no que nos atopemos.
O alumnado de 2ª convocatoria (repetidor) poderá:
Optar por implicarse en todas as actividades que realiza o alumnado ordinario dende inicios do semestre e, neste caso, acadará novas cualificacións nos diversos apartados de avaliación.
Optar por non participar da activid ade ordinaria da materia, neste caso manteránselle as cualificacións obtidas no curso anterior, podendo mellorar só aquelas referidas a informes ou producións individuais –estes traballos serán entregados como data límite o día do exame–, ademais terá que presentarse de novo á proba específica.
Todo o alumnado repetidor deberá poñerse en contacto coa docente (empregando o horario de titorías) nas primeiras semanas de semestre, para concretar o seguimento da materia.
122,5 horas totais (38,5 presenciais e 74 de traballo autónomo), que se reparten do seguinte xeito:
- Actividades expositivas en gran grupo: 18 horas presenciais e 25 de traballo autónomo.
- Actividades interactivas en grupo mediano: 18 horas presenciais e 36 de traballo autónomo.
- Actividades titoriais en pequeno grupo: 2,5 horas presenciais e 13 de traballo autónomo.
RECOMENDACIÓNS
• Asistencia continuada ás sesións prácticas e expositivas, e participación activa nelas.
• Realización dos traballos e actividades programadas.
• Se algunha alumna ou alumno tivera necesidade, debido a disfunción ou enfermidade, de condicións especiais no desenvolvemento das clases e/ou dos exames, seranlle facilitadas; para isto é necesario que se poña en contacto e informe da súa situación ao SEPIU e, simultaneamente á docente.
NORMAS SOBRE A ELABORACIÓN E ENTREGA DOS TRABALLOS
• Todos os traballos da materia escribiranse en galego e, previamente á entrega, pasarase o corrector pertinente. Con isto búscase desenvolver a competencia comunicativa escrita nesta lingua.
• Empregarase unha linguaxe non sexista que consistirá na utilización de xenéricos reais, ou no nomeamento explícito dos dous xéneros lingüísticos. Visibilizando a presenza das mulleres sempre que esa sexa a realidade presentada nos textos e/ou na fala.
• Cando os traballos se entreguen impresos:
• Non se empregará ningún tipo de plastificado para reducir o petróleo necesario para a elaboración do citado material.
• Sempre que sexa posible, imprimiranse as follas polas dúas caras.
• Non se empregarán folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
• Sempre que sexa posible, empregaranse grampas en lugar de espiral para a encadernación do cartafol.
• Limitarase o uso das “negriñas” e maiúsculas para reducir o gasto de tinta.
A atención ao alumnado terá lugar no horario de titorías da docente no despacho 116 e a través do correo: uxia.garrido [at] usc.es (uxia[dot]garrido[at]usc[dot]es)
Esta materia só permite a exención de docencia ás clases expositivas, xa que as sesións interactivas son de asistencia obrigatoria; polo tanto a materia non se verá afectada pola “Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias”. O alumnado con dispensa de docencia teórica (exención parcial) deberá falar presencialmente coa docente, na mesma semana na que solicite a exención, a fin de concretar o seu plan de traballo na materia.
Seguirase este mesmo criterio co alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sempre que a súa situación estea xustificada.
Plan de continxencia:
Seguindo o documento BASES PARA O DESENVOLVEMENTO DUNHA DOCENCIA PRESENCIAL SEGURA NO CURSO ACADÉMICO 2020-2021, APROBADO POLO CONSELLO DE GOBERNO DO 19 DE XUÑO DE 2020; as medidas de adaptación da docencia a cada un dos escenarios definidos para esta materia, serán:
EN RELACIÓN Á METODOLOXÍA:
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente.
As sesións interactivas desenvolveranse no polideportivo do CIFP Politécnico ou na aula de música.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente ou a través da aplicación Teams. Neste caso manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse, preferentemente, no polideportivo do CIFP Politécnico ou na aula correspondente. Seguiranse as indicacións e rotacións de grupos e horarias establecidas pola Facultade de Formación do Profesorado.
Manteranse todas as normas indicadas nos parágrafos anteriores e que sexan de aplicación neste escenario.
As modificacións serán informadas a través do campus virtual da materia.
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
As sesións expositivas desenvolveranse a través da aplicación Teams. Manterase o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse mediante tarefas que se colgarán no campus virtual da materia. Durante o horario establecido para esta docencia, tanto a docente como o alumnado estará conectado á aplicación Teams. Isto permitirá guiar a docencia, facilitará o control da participación do alumnado e mellorará a realimentación do proceso de aprendizaxe das sesións interactivas.
A comunicación entre docente e alumnado levarase a cabo a través do campus virtual.
Manteranse as normas indicadas nos parágrafos anteriores que sexan de aplicación neste escenario.
EN RELACIÓN AOS SISTEMAS DE AVALIACIÓN:
CONCRECIÓNS RESPECTO AO ESCENARIO 1: NORMALIDADE ADAPTADA:
O proceso e os instrumentos de avaliación serán os citados nos parágrafos correspondentes neste programa.
CONCRECIÓNS RESPECTO AOS ESCENARIOS 2 (DISTANCIAMENTO) E 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
Malia que na guía docente concretaranse os cambios respecto ao proceso e instrumentos de avaliación citados nos apartados anteriores. En termos xerais as modificacións serán as seguintes:
1. Respecto ao exame: será telemático e puntuarase sobre 4. A través do campus virtual informarase ao alumnado das características do mesmo.
2. Respecto á asistencia e participación nas sesións interactivas (presenciais e/ou non presenciais) o control farase a través de Teams durante a realización desas clases. Non haberá cambios na puntuación.
3. Respecto á elaboración de traballos individuais nas sesións prácticas ou interactivas: a docente comunicará o tipo de envío; as presentacións de las actividades realizaranse a través de Teams. Non haberá cambios na puntuación.
4. Respecto ao traballo opcional: as exposicións serán telemáticas a través de Teams. Non haberá cambios en canto á puntuación.
5. Respecto ao cartafol: cada equipo de traballo colgará o seu cartafol na tarefa do campus virtual correspondente. Non haberá cambios na puntuación.
6. Respecto ao Traballo específico e exclusivo para alumnado con problemas de asistencia: En función do momento de cese da docencia nos centros educativos a docente comunicará as modificacións pertinentes para a adaptación deste traballo.
Uxia Garrido Filgueira
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821047
- Correo electrónico
- uxia.garrido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Silvia Basanta Camiño
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Correo electrónico
- s.basanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Martes | |||
---|---|---|---|
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Pavillón |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Pavillón |
Mércores | |||
17:30-18:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | Aula 22 B |
Venres | |||
13:30-15:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
13.01.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
23.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 20 |