Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O alumnado deberá adquirir os coñecementos necesarios relacionados coa fundamentación da ensinanza do Medio Natural na Etapa Infantil de tal xeito que lles permita:
- Valorar a necesidade e a importancia desta ensinanza na etapa Infantil
- Coñecer a dinámica da construción do coñecemento científico e as súas implicacións didácticas
- Identificar as dificultades que poden ter o alumnado de Infantil no recoñecemento e interpretación do Medio Natural
- Coñecer as metodoloxías de ensinanza/aprendizaxe das Ciencias na Etapa infantil
- Analizar e deseñar propostas metodolóxicas e actividades para o ensino do Medio Natural na Etapa Infantil.
Parte expositiva:
TEMA 1.- Elementos e estrutura da ciencia.
1.1.- Que é a Ciencia?
1.2.- As metodoloxías científicas.
1.3.- Como cambia a Ciencia? Interrelacións ciencia-tecnoloxía-sociedade.
1.4.- Implicacións didácticas: As prácticas científicas
TEMA 2.- O papel das ciencias na educación Infantil
2.1.- Para que ensinar Ciencias?
2.2 – O alumnado de infantil e a aprendizaxe das ciencias.
2.3.- Procesos de cambio nas ideas e nas formas de razoar dos nenos e nenas.
2.4.- As Ciencias da Natureza no currículo de Educación Infantil.
TEMA 3.- Elaboración de propostas didácticas de ciencias en educación infantil.
3.1.- As competencias básicas.
3.2.- A formulación de obxectivos
3.3.- Os tipos de contidos.
3.4.- Deseño e secuenciación de actividades. Ciclos de aprendizaxe.
3.5.- A avaliación.
TEMA 4.- O ensino-aprendizaxe das ciencias da natureza na educación Infantil
4.1.- Análise de modelos de ensinanza-aprendizaxe.
4.2.- A construción do coñecemento en dominios específicos mediante proxectos.
TEMA 5.- Recursos para a ensinanza das ciencias na educación infantil
5.1.- Recursos para as ciencias: rincóns, saídas, contos
5.2.- Recursos na web para o ensino das ciencias
Parte Interativa:
- Desenvolveranse as correspondentes sesións de laboratorio ou interativas, coa posibilidade dunha saida de campo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.-
- AMARO, F., MANZANAL MARTÍNEZ, A.I., CUETOS REVUELTA, M.J. (2015).Didáctica de las Ciencias Naturales y Educación Ambiental en Educación Infantil. La Rioja:UNIR
- FERNÁNDEZ MANZANAL, R. e BRAVO TUDELA, M. (2015). Las Ciencias De La Naturaleza En La Educación Infantil. El Ensayo, La Sorpresa Y Los Experimentos Se Asoman A Las Aulas. Madrid:Pirámide
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
-ALBERTÍN, A.M. et al. (2006). La Educación infantil como tarea de maestras: claves de formación y contexto de desarrollo profesional. Barcelona:Octaedro
-ARIAS CORREA, A.; ARIAS CORREA, D.; NAVAZA BLANCO, M.V.; RIAL FERNÁNDEZ, M.D. (2009). O traballo por proxectos en infantil, primaria e secundaria. Xunta de Galicia. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
- BASSEDAS, E. (2006). Aprender y enseñar en educación infantil. Barcelona:Graó.
- BENLLOCH, M. (1992). Ciencias en el parvulario. Barcelona:Paidós.
- BROWN, S. e STAMPER, S. (1993). Experimentos de Ciencias en educación infantil, Madrid:Narcea.
- DRIVER, R.; GUESNE, E. e TIBERGHIEN, A. (1989). Ideas científicas en la infancia y en la adolescencia, Madrid:MEC-Morata.
- GUN, J. (2005). Talleres de Ciencia para educación Infantil. Editorial de la Infancia.
- IZQUIERDO, M. (2012). Química en Infantil y Primaria. Una nueva mirada. Barcelona:Graó.
- KAMII, C. e DE VRIES, R. (1983). El conocimiento físico en la educación preescolar. Madrid:Siglo XXI.
-MARÍN, N. (2006). La enseñanza de las Ciencias en Educación Infantil. Granada:Grupo Editorial Universitario.
- PERALES, F. e CAÑAL, P. (directores) (2000). Didáctica de las Ciencias Experimentales. Teoría y práctica de la enseñanza de las Ciencias. Alcoy:Marfil.
- POZO, J. I. e GÓMEZ, C. M. (1998). Aprender y enseñar ciencia. Madrid:Morata.
- POZO, J.I. e FLORES,F. (coord.) (2007). Cambio conceptual y representacional en el aprendizaje y la enseñanza de las Ciencias, Madrid: Libros Machado.
- PUIG, I. (2004). Jugar a pensar: recursos para aprender a pensar en educación infantil. Barcelona:Octaedro
-TRAMONEDA, S.V. (2006). Ciencia 0-3: laboratorios de ciencias en la escuela infantil. Barcelona:Graó.
-TRAMONEDA, S.V. (2011). Ciencia 3-6: laboratorios de ciencias en la escuela infantil. Barcelona:Graó.
Revistas:
Alambique; Aula de Infantil; Aula de innovación educativa; Cuadernos de Pedagogía; Infancia y aprendizaje; Investigación en la Escuela
Competencias Xerais do Título de Mestre en Educación Infantil:
G.1.- Coñecer os obxectivos, contidos curriculares e criterios de avaliación da Educación Infantil.
G.2.- Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e evolutiva.
G.4.- Fomentar a convivencia no aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G.7.- Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
G.11.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativo e promoverlo nos estudantes.
Competencias Específicas:
E.33. Coñecer os fundamentos científicos, matemáticos e tecnolóxicos do currículo desta etapa así como as teorías sobre a adquisición e desenvolvemento das aprendizaxes correspondentes.
E.36. Coñecer a metodoloxía científica e promover o pensamento científico e a experimentación.
E.38. Coñecer os momentos máis sobresalientes da historia das ciencias e as técnicas e a súa transcendencia.
E.39. Elaborar propostas didácticas en relación coa interacción ciencia, técnica, sociedade e desenvolvemento sostenible.
E.40. Promover o interese e o respecto polo medio natural, social e cultural a través de proxectos didácticos adecuados.
E.41. Fomentar experiencias de iniciación ás tecnoloxías da información e a comunicación.
Competencias Básicas:
B.1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo
B.2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B.3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
B.4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
B.5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
Competencias transversales USC:
T.1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías.
A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
As clases expositivas consistirán na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado; de modo que a explicación do profesorado convértese nun elemento importante que se integra no proceso de construción de coñecementos dos estudantes. Asimesmo as expositivas terán un carácter práctico no senso de que se pretende que o alumnado teña que realizar actividades e deseñar propostas de ensino e aprendizaxe das ciencias durante ditas sesións, procurando a participación do alumnado nas sesións expositivas.
As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. As actividades realizaranse preferentementemente en pequenos grupos, como estratexia intermedia cara á comunicación co grupo de clase.
Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polo profesorado tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas sesión se atenderá aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación con as súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do estudante ou grupo de estudantes relacionada coa materia.
Usarase a aula virtual como ferramenta de comunicación e de apoio á docencia.
Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual a clase.
Na avaliación terase en conta:
a.- Asistencia e participación activa nas actividades que se organicen na aula, no laboratorio ou nas saídas de campo (10%).
b.- Elaboración e presentación de informes ou traballos escritos que poidan ser requiridos polo profesorado ao longo do curso (individualmente ou en pequenos grupos), que comprendan reflexións sobre os contidos abordados nas sesións expositivas (poñendo de manifesto o aprendido), así como sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas (30%).
c.- Presentacións orais na aula (10%).
d.- Proba final (individual) sobre os contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva (50%). Debido á situación sanitaria ocasionada polo Covid-19, esta proba final consistirá na entrega de traballos escritos individuais, mantendo a opción da elaboración dun exame final para circunstancias moi específicas como exención de docencia e alumnado de 2º convocatoria.
CONDICIÓNS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistencia: para ter cualificación positiva neste apartado é imprescindible asistir a un mínimo 80% das sesións presenciais.
- Asistencia entre 50-80%: non terá puntuación no apartado a), pero podería presentar traballos e as exposicións, se a/o docente o considera pertinente.
- Asistencia inferior ao 50%: non terá puntuación nos apartados a), b) e c)
A xustificación das faltas terase en conta para non perder o dereito a avaliación continua, mais non proporcionarán puntuación no apartado de asistencia.
2. Primeira oportunidade de avaliación da materia: é necesario obter como mínimo un 2 sobre 5 puntos no apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación dos apartados a), b) e c). No caso de non superar esta proba a nota que constará na acta será a do 50% da proba final.
3. Segunda oportunidade de avaliación: dado que a avaliación é continua e que a presencia nas clases é obrigatoria na USC, nesta oportunidade o alumnado só terá dereito a entregar os traballos (ou realizar o exame) correspondentes ao apartado d “proba final”, manténdonselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados (a, b e c), sempre que se asistise como mínimo ao 80% das sesións presenciais, sen a posibilidade de entregar traballos novos ou obter outras cualificacións novas alén das da proba final.
4. O alumnado de 2º convocatoria e posteriores (incluindo a extraordinaria de fin de carreira). A/o estudante deberá falar co docente en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia. Este plan de traballo será acordado entre o docente e o estudante. Se este alumnado non asiste ás titorías, ou se pon en contacto co docente, dentro deste prazo para pautar o plan de traballo, entenderase que se atén á avaliación ordinaria. Independentemente do escenario docente no que nos atopemos.
5. O alumnado que dispoña de exención oficial de docencia (atendendo ás normas citadas na Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias e Normativa para a concesión de dispensa da asistencia a clase aprobada pola Xunta de Facultade), deberá acordar un plan específico de traballo co profesorado dentro das dúas primeiras semanas do semestre, ou na mesma semana da solicitude de ser o caso, con independencia do escenario docente no que nos atopemos.
6. O alumnado con necesidades educativas especiais deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, presentando o xustificante oportuno aportado por el SPIU, a fin de adaptar o plan de avaliación ás súas necesidades, con independencia do escenario docente no que nos atopemos.
7. Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo plaxiado poderá supoñer o suspenso na materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser usado para varias materias, salvo programarse de maneira coordinada.
8. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado do seguinte xeito:
Estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates, e preparación de probas: 35 horas
Lecturas sobre a parte práctica, programación de traballos prácticos, escritura de traballos e conclusións, e preparación de presentacións orais: 45 horas.
Preparación individual de probas escritas e de presentacións orais, revisións de probas de avaliación, e orientación e seguimento de traballos prácticos: 19 horas.
A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso, supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
A atención ao alumnado terá lugar no horario de titorías da docente no seu despacho e a través do correo electrónico.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
Os traballos serán entregados dixitalmente no espazo habilitado para iso no Campus Virtual.
Nas exposicións débense empregar as técnicas que menos residuos xeren, evitando plásticos e materiais tóxicos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
PLAN DE CONTINXENCIA
Seguindo a normativa vixente, as medidas de adaptación da docencia a cada un dos escenarios definidos para esta materia, serán:
En relación á METODOLOXÍA: CONCRECIÓNS DE ADAPTACIÓN DA DOCENCIA
ESCENARIO 2: DISTANCIAMENTO
Seguindo as indicacións que no seu momento indique a Facultade adaptarase a docencia ás circunstancias. Non obstante, prevese que:
As sesións expositivas desenvolveranse na aula correspondente ou a través da aplicación Teams, de forma síncrona, mantendo o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse no laboratorio de ciencias. As saídas de campo poderán realizarse en función da situación sanitaria e tendo en conta distintas distribucións do alumnado participante.
As titorías desenvolveranse vía correo electrónico ou Teams.
As modificacións serán informadas a través do campus virtual da materia.
ESCENARIO 3: PECHE DAS INSTALACIÓNS
As sesións expositivas desenvolveranse a través da aplicación Teams e do campus virtual, de forma síncrona e mantendo o horario establecido para esta docencia.
As sesións interactivas desenvolveranse mediante tarefas que se colgarán no campus virtual da materia. Durante o horario establecido para esta docencia, tanto a docente como o alumnado manterán vías de comunicación para atender dúbidas. Isto permitirá guiar a docencia, facilitará o control da participación do alumnado e mellorará a realimentación do proceso de aprendizaxe das sesións interactivas. Valorarase a viabilidade de acometer saídas de campo mediante a virtualidade.
As titorías desenvolveranse vía correo electrónico ou Teams.
A comunicación entre docente e alumnado levarase a cabo a través do campus virtual.
En relación coa AVALIACIÓN: CONCRECIÓNS DE ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN
ESCENARIOS 2 (DISTANCIAMENTO) E 3 (PECHE DAS INSTALACIÓNS):
En termos xerais, a avaliación mantén as pautas citadas anteriormente coas seguintes puntualizacións:
1. Asistencia e participación: será valorada pola asistencia ás sesións presenciais e/ou virtuais e á entrega de traballos ou informes no prazo establecido.
2. As presentacións orais, de non poder manterse presencialmente, realizarase a través da realización dun video que se subirá á aula virtual
3. Nos casos que impliquen facer o exame, éste desenvolverase de xeito presencial (escenario 2) ou virtual a través do campus virtual (escenario 3).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Sabela Fernandez Monteira
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 982821025
- Correo electrónico
- sabela.fernandez.monteira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_02 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_04 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_03 | Galego | Laboratorio de Ciencias |
24.01.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
30.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |