Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo xeral da materia é achegar ao alumnado aos coñecementos, habilidades e destrezas precisas para iniciarse no desenvolvemento das competencias necesarias para o traballo no ámbito da didáctica e a profesión docente.
Para acadar este obxectivo e desenvolver as competencias que se establecen no Plan de Estudos para esta materia propóñense os seguintes obxectivos específicos:
Obxectivos referidos ao saber
1. Tratar de comprender a relación entre educación e sociedade, coñecendo as funcións da educación no contexto próximo, analizando as diferentes fontes do currículum.
Obxectivos referidos ao saber facer
2. Coñecer os fundamentos básicos da investigación (como se investiga): elemento chave do desenvolvemento persoal e profesional.
3. Favorecer o traballo en grupo a través de experiencias de traballo en equipo (en diferentes equipos e contextos) como adestramento pre-profesional, considerando que a educación é unha labor de moitos e moi diferentes axentes.
4. Adquirir os coñecementos necesarios, mediante actividades de aula e tarefas que inviten a seguir indagando sobre as situacións que se poden presentar no desenvolvemento da profesión.
5. Avanzar no razoamento crítico e reflexivo, por medio da lectura de textos, imaxes, vídeos e da súa interpretación.
6. Ser capaz de expresarse de forma oral e escrita, tendo en conta que unha das tarefas básicas dx mestrx é saber comunicarse correctamente co alumnado e co resto da comunidade educativa.
7. Favorecer o traballo autónomo do alumnado e a súa curiosiodade.
Obxectivos referidos ao saber ser
1. Reformular o compromiso ético do maxisterio coa sociedade desde a posición de mestrx, desenvolvendo un compromiso socioeducativo consciente cos contidos que se impartan e co contacto directo con materiais da práctica, ademais de con outrxs profesionais en activo do ámbito da educación.
2. Favorecer unha actitude de respecto e comprensión cara a diversidade.
3. Incoporar unha perspectiva sensible, feminista e eco-naturista á futura función docente.
- Introdución á complexidade da profesión de mestrx en Educación Infantil en escenarios cambiantes.
- As tarefas das persoas que interveñen no proceso formativo da escola: alumnado, profesorado, familias e sociedade en xeral.
- O currículum de Educación Infantil como ferramenta de traballo: aproximación xeral (marco, deseño e valoración); posibilidades e limitacións na práctica diaria.
- O deseño e o desenvolvemento de proxectos singulares en Educación Infantil: innovación e cambio.
- Iniciación á investigación educativa: modelos cualitativos aplicables á Educación Infantil.
*Nota: a secuencia poderá sufrir variacións debido ás peculiaridades de cada grupo.
Ademais, seguindo as indicacións recollidas nas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura (2021-2022)”, os contidos poderán ser obxecto de axuste en función da situación particular que adopte a Universidade (escenario 2 ou 3).
Bibliografía básica
- Bolívar, A. (2008). Didáctica y currículum: de la modernidad a la postmodernidad. Archidona: Aljibe.
- Gimeno, J. (1992). Comprender y transformar la enseñanza. Madrid: Ediciones Morata.
- Juan Pablo Castro Huertas Olga M.ª Hernández González M.ª Faustina Galbarro Araujo (2016) Didáctica de la Educación Infantil.
- Picco, S. y Orienti, N. (2017). Aportes teóricos y prácticos para pensar e intervenir en las prácticas de la enseñanza. Editorial de la Universidad Nacional de La Plata (EDULP). Disponible en: http://sedici.unlp.edu.ar/bitstream/handle/10915/61533/Documento_comple…
- Sevillano García, M. L. (2005). Didáctica en el siglo XXI. Ejes en el aprendizaje y enseñanza de calidad. España: McGraw Hill.
- Trillo, F. y Sanjurjo, L. (2008). Didáctica para profesores de a pie. Propuestas para comprender y mejorar la práctica. Rosario. Homo Sapiens.
- Zabalza, M.A. y Zabalza, M.A. (2011). Profesores y profesión docente: entre el ser y el estar. Editorial Narcea.
Bibliografía complementaria
- Bonás, M. (2007). La experiencia de una comunidad de aprendizaje. Barcelona: Graó
- Camacho, S. y Sáenz, O. (2000). Técnicas de comunicación eficaz para profesores y formadores. Alcoy, Alicante: Marfil.
- Casamayor, G. (2007). Los trucos del formador. Arte, oficio y experiencia. Barcelona. Graó.
- Figuerola Pino, D. (2011). Confidencias de un docente. Reflexiones de un médico aprendiz de maestro. Barcelona: Marge Books.
- Jackson, Ph.W. (1992). La vida en las aulas. Madrid: Morata.
- Marina, J. A. (2010). La educación del talento. Barcelona: Ariel.
- Marujo, H.; Neto, L. y Perloiro, M. (2003). Pedagogía del optimismo. Madrid: Narcea.
- Perrenoud, Ph. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar. Invitación al viaje. Barcelona: Graó.
- Santos Guerra, M. A. (1993). La evaluación: un proceso de diálogo, comprensión y mejora. Málaga: Aljibe.
- Santos Guerra, M. A. (2000). La escuela que aprende. Madrid: Morata
- Santos Guerra, M. A. (2003). Una flecha en la diana. La evaluación como aprendizaje. Madrid: Narcea.
- Surdo, E. (1997): La magia de trabajar en equipo. Madrid: S&A.
- Taylor, S. J. y Bogdan, R. (1992). Introducción a los métodos cualitativos de investigación. Barcelona: Paidós Básica.
- Tejada, J. (1998). Los agentes de la innovación en los centros educativos. Málaga: Aljibe.
Bibliografía periódica
- Aula de Infantil.
- Aula de Innovación Educativa.
- BOE.
- Cuadernos de Pedagogía.
- DOG.
A) COMPETENCIAS XERAIS
X2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensión cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
X3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dxs estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
X4 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflictos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
X5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ás demais persoas. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
X9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercizo da función docente ten que ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
X11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónomo e cooperativo e promovelo nos estudantes.
B) COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
E19 - Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E20 - Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade no contorno escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dxs estudantes.
E21 - Saber traballar en equipo con outrxs profesionais de dentro e fora do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
C) COMPETENCIAS BÁSICAS
CB2 - Que xs estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que xs estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que xs estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que xs estudantes teñan desenvolto aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
D) COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A configuración dos novos graos destaca a importancia do papel do alumnado como axente activo no seu proceso de ensino-aprendizaxe, así como o rol de facilitador e mediador que debe asumir o profesorado. Neste senso, no desenvolvemento da materia combinaranse sesións de carácter teórico-conceptual con sesións de carácter práctico-interactivo, tal e como se explica a continuación:
Aulas expositivas, que se realizarán fisicamente na Facultade, ou de forma virtual, a través de Teams; dirixiranse ao o traballo co alumnado sobre os contidos de natureza teórico-conceptual.
Aulas interactivas, que se realizarán fisicamente na Facultade, ou de forma virtual, a través de Teams; desenvolveranse discusións en grupo e postas en común de diferentes temas ou obxectos de traballo, -clips, documentais, textos, prácticas...-.
Traballo autónomo fora da aula, dirixido á realización de traballos individuais e/ou de grupo, segundo o caso, que reforcen o desenvolvemento teórico-práctico da materia; empregando a plataforma Skype, o correo electrónico, ou ben o espazo propio de traballo para a materia, habilitado no Campus Virtual.
*As actividades do traballo autónomo recolleranse nun cartafol grupal que se entregará ao final do cuatrimestre, se ben poderá pedirse unha revisión de seguimento do mesmo. Ao longo da materia iranse concretando os tarefas específicos a realizar e os contidos que deben formar parte do mesmo.
A estrutura xeral do cartafol será a seguinte:
1. Unha introdución na que se inclúa a presentación individual dos membros do equipo de traballo.
2. Os contidos de natureza teórico-conceptual esenciais da materia, acompañados dunha reflexión sobre dos mesmos. Estes contidos poderán extraerse das sesións expositivas semanais e máis dos textos de lectura dispoñibles no Campus Virtual.
3. Todas as actividades de carácter práctico, tanto as que se desenvolvan nas sesións interactivas como as que se realicen no tempo de traballo persoal fora da aula.
4. Un informe do traballo grupal (traballo cuxa natureza se concretará durante o desenvolvemento da materia).
5. Un ensaio breve, como conclusión-reflexión final, sobre das aprendizaxes adquiridas na materia.
*Os traballos do alumnado, tanto os individuais como os de grupo, deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación desx alumnx na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
*As adaptacións metodolóxicas que poidan xurdir por mor da crise sanitaria para os escenarios 2 e 3 quedan especificadas no apartado OBSERVACIÓNS (PLAN DE CONTINXENCIA).
A avaliación (nos tres escenarios) terá un carácter integral, continuo e formativo, abranguendo todas as actividades individuais e de grupo propostas; realizarase tomando en consideración os seguintes aspectos:
Alumnado asistente:
> Asistencia ás distintas sesións da materia.
Será requisito imprescindible para proceder á avaliación contar coa asistencia a un total mínimo do 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas.
> Participación activa nas sesións, tanto expositivas como interactivas, ademais da elaboración e entrega en prazo das actividades prácticas propostas, -foros, tarefas...-.
Asistencia e participación suporán un 15% da cualificación final.
> Elaboración do cartafol grupal.
Isto suporá un 55% da cualificación final.
> Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia.
Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
Isto suporá un 30% da cualificación final.
Alumnado con exención de docencia, dispensa ou non asistente (por acumulación de máis dun 20% de faltas non xustificadas):
> Elaboración dun cartafol individual onde se recollan:
- resumos e reflexións dos contidos de natureza teórico-conceptual esenciais da materia; extraídos dos textos e lecturas que se indicarán ao comezo da materia.
- as actividades de carácter práctico, dispoñibles no Campus Virtual e especificamente dirixidas a este alumnado.
Isto suporá un 40% da cualificación final.
> Unha proba individual final escrita sobre os contidos teórico-conceptuais da materia, recollidos nos materiais de lectura e nas aulas expositivas, e na que o alumnado poderá dar conta das aprendizaxes adquiridas ao longo da materia.
Consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
Isto suporá un 60% da cualificación final.
*Para superar a materia, tanto o alumnado asistente como non asistente, deberá acadar unhas puntuacións mínimas en todos os elementos considerados dentro da avaliación.
*O alumnado repetidor, ou non presentadx, avaliarase seguindo os criterios que se establezan en cada curso académico.
*Para a recuperación da materia, tanto o alumnado asistente como non asistente, deberá superar un exame individual que consistirá nunha proba obxectiva que poderá conter preguntas de diferentes tipos: elección múltiple, completar, relacionar, ou ben preguntas breves ou de desenvolvemento.
*Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o que se recolle na Normativa de avaliación do rendemento dxs estudantes e de revisión de cualificacións.
*As adaptacións na avaliación que poidan xurdir por mor da crise sanitaria para os escenarios 2 e 3 quedan especificadas no apartado OBSERVACIÓNS (PLAN DE CONTINXENCIA).
Ao tratarse dunha materia de 6 créditos ECTS, correspóndenlle 150 horas de traballo do alumnado, distribuídas do seguinte xeito:
> Horas de actividade presencial: 51.
- Aulas expositivas: 23.
- Aulas interactivas: 23.
- Actividades de titoría e supervisión programadas: 3.
> Horas de traballo autónomo do alumnado fóra da aula: 99.
Esta materia de formación básica de primeiro curso representará, nos máis do casos, o primeiro contacto do alumnado cos contidos propios da mesma. De aí que se aborden diferentes elementos relacionados tanto coa didáctica como coa profesión docente, desde unha perspectiva crítica pero globilizadora.
O desenvolvemento do programa precisará así unha obrigatoria flexibilidade que permita atender á situación do alumnado, as súas necesidades, coñecementos, características e evolución durante o semestre, así como ás circunstancias que poidan suceder no propio transcurso da materia.
Considerando estas cuestións establécense unha serie de recomendacións para o aproveitamento da mesma:
- Asistencia regular as aulas expositivas e interactivas, así como a participación nas mesmas e a realización das tarefas propostas, tanto para os tempos de clase presencial como para os momentos de traballo autónomo.
- Ética, responsabilidade e compromiso á hora de afrontar o estudo e máis as actividades propostas.
- Contacto e comunicación coas docentes, sobre todo en casos de dúbidas ou preocupacións (sobre todo no caso do alumnado de dispensa ou exención de docencia), mais tamén se son pertinentes suxestións ou peticións.
- Dominio das competencias dixitais básicas (manexo básico do ordenador e programas de edición de texto, deseño de presentacións, etc.).
- Realización de actividades complementarias que poidan recomendarse desde a materia, ou ben coñecerse a través das propostas da Facultade, ou doutras Facultades, organismos formativos, etc.
- Consulta de publicacións e revistas especializadas en educación.
1. Observacións de carácter xeral
Este programa segue as normas da Instrución Núm. 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis….
Nesta expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre os que se indica que esta: facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”.
Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria, -excepto nos casos nos que se conte coa aprobación da exención de docencia-. O alumnado que se atope nesta situación deberá ter en conta as condicións que se establecen no apartado de avaliación en relación coa asistencia ás clases.
A materia baséase, entre outros, nun principio de responsabilidade ambiental que fundamenta a seguinte recomendación, en relación á entrega dos traballos individuais ou de grupo: empregarase o soporte dixital, - Campus Virtual ou o que se indique, segundo o caso-, para a devandita entrega.
Ademais, en atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, e máis cumprindo cun principio feminista, recoméndase, -e fomentarase-, o emprego dunha linguaxe inclusiva e non sexista tanto no traballo cotiá nas aulas expositivas e interactivas, como nos traballos académicos propostos.
*Pode obterse información ao respecto no seguinte enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/.
*Para o contacto coas profesoras recoméndase, prioritariamente, empregar o correo electrónico; que será atendido nun máximo de 48 horas, -dentro do horario lectivo-.
Os horarios das titorías poderán concretarse, en día e hora, a partir da súa demanda por correo electrónico.
*As datas para a entrega do cartafol grupal e máis para a realización da proba final son as que figuran no calendario oficial.
2. Plan de continxencia
Adaptacións metodolóxicas e sistema de avaliación (directrices xerais do proceso de ensino-aprendizaxe):
Escenario 2: distanciamento (convivencia de docencia presencial e virtual): neste escenario empregarase como ferramenta de apoio á docencia presencial (clases expositivas e clases interactivas) tanto o Campus Virtual como Teams. Na aula virtual proporcionaranse os materiais pertinentes (documentos, presentacións, etc.) para facilitar o correcto desenvolvemento e seguimento da materia na situación descrita. Ademais, a aula virtual empregarase por parte do alumnado para a entrega das actividades e traballos solicitados nos prazos establecidos.
Nesta situación cumprirase o horario de atención das titorías por vía telemática atendendo as dúbidas do alumnado mediante o correo electrónico institucional do que dispoñen (@rai.usc.es). Como recurso complementario e no caso de que fose necesario tamén se establecerán titorías virtuais por vídeo chamada previo acordo co alumnado.
Calquera comunicado xeral que afecte a todo o grupo-clase será remitido pola docente mediante o foro do Campus Virtual.
Neste escenario 2 mantense a modalidade de avaliación continua para todo o alumnado (incluíndo ao alumnado con exención ou dispensa de asistencia a clase, ou ben repetidor).
O sistema de avaliación mantense sen cambios destacables tal e como se detalla na epígrafe correspondente do programa para as dúas oportunidades da convocatoria. Porén, a entrega das actividades e traballos poderá facerse mediante a aula virtual e no caso das presentacións orais in situ poderá solicitárselle ao alumnado como alternativa a realización dun vídeo ou dunha presentación tipo PowerPoint que será enviada á aula virtual.
Escenario 3: peche das instalacións (docencia de carácter virtual): neste escenario empregaranse como ferramentas principais o Campus Virtual e Teams, como recursos para o desenvolvemento das clases expositivas e interactivas. Na aula virtual proporcionaranse os materiais pertinentes (documentos, presentacións, etc.) para facilitar o correcto desenvolvemento e seguimento da materia na situación descrita e achegaranse, se fosen precisos, vídeos para explicar os núcleos temáticos fundamentais da materia.
Respectaranse, dentro do posible, os horarios establecidos para as sesións expositivas e máis interactivas. Realizaranse actividades diversas que estarán relacionadas cos contidos tratados nas sesións expositivas e que se detallarán nas propostas de traballo das aulas interactivas. Nas sesións que se leven a cabo de forma asíncrona, respectando os horarios previstos, o profesorado estará dispoñible para a atención e resolución de dúbidas ou consultas do alumnado.
O seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe realizarase a través do Campus Virtual, da asistencia ás sesións síncronas e mediante o control de entrega das actividades. Así mesmo, tratarase de potenciar a aprendizaxe autónoma do alumnado achegándolle a retroalimentación oportuna sobre as tarefas realizadas e tamén se requirirá nalgunha ocasión a súa auto avaliación en relación coas actividades propostas.
Tendo en conta a multiplicidade de casuísticas do alumnado en relación á disposición de medios tecnolóxicos e de conexión á rede realizarase unha enquisa previa antes de comezar co proceso de ensino en liña ao alumnado para valorar a súa situación respecto dos medios dispoñibles e de ser o caso proceder a reformular (só se fose estritamente necesario) o agrupamento para a realización das actividades propostas e outros elementos do currículo que precisen adaptarse en este contexto.
A atención ao alumnado farase principalmente mediante o correo electrónico institucional (@rai.usc.es) respectando os horarios establecidos pola docente. Como recurso complementario e no caso de que fose necesario tamén se establecerán titorías virtuais por vídeo chamada previo acordo co alumnado.
Calquera comunicado xeral que afecte a todo o grupo-clase será remitido polas docentes mediante o foro do Campus Virtual e/ou Teams.
Neste escenario 3 mantense a modalidade de avaliación continua para todo o alumnado (incluído o alumnado con exención ou dispensa de asistencia a clase, ou ben repetidor) e esta será de aplicación para as dúas oportunidades da convocatoria do curso 2021/2022.
Ademais, o sistema de avaliación tamén se mantén, tal e como está detallado na epígrafe correspondente deste programa.
Carmen Denebola Alvarez Seoane
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821012
- Correo electrónico
- carmen.alvarez.seoane [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Milena Villar Varela
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- milena.villar [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Aixa Permuy Martinez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- aixa.permuy.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 26 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 26 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 26 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 20 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
Mércores | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLE_02 | Galego | Aula 22 |
12.01.2022 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
21.06.2022 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |