Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A finalidade perseguida nesta materia é que as alumnas e alumnos adquiran unha visión de síntese, mediante un estudio diacrónico e comparativo, dos procesos pedagóxicos que conduciron á actual configuración desta etapa educativa. Este estudio se realizará mediante a análise do pensamento e da práctica efectuada en distintos modelos de escolas de párvulos no mundo contemporáneo.Trátase de que a/o estudante adquira coñecementos sobre as orixes e estado actual da educación de párvulos e que ó mesmo tempo sexa capaz de analizar os fundamentos que orientan esta etapa do sistema educativo. A materia se basea en suscitar nos alumnos a capacidade reflexiva mediante a análise de textos, imaxes e material que estimulen o seu pensamento crítico e a comprensión da educación.
Nas clases teóricas faise unha síntese actualizada do coñecemento, e nas prácticas deben aplicar o seu coñecemento ao comentario perspicaz e crítica de textos, imaxes visuais e material escolar. O traballo en equipo axuda a entender os fundamentos da aprendizaxe cooperativa e a ter en conta os puntos de vista dos demais que enriquecen reciprocamente, e a comprender que o coñecemento e unha construción colectiva. Estes aspectos se fornecen coa páxina virtual da materia onde os alumnos teñen a posibilidade de debater en foros e recibir máis información. As metas desta materia se concretan nos seguintes obxectivos:
Conceptuais:
1.- Comprender os procesos educativos da infancia, tanto dentro da familia como nas institucións escolares.
2.- Coñecer conceptos teóricos e históricos relevantes na práctica profesional da educación infantil.
3.- Diferenciar entre distintos modos, modelos e sistemas de educación referidos ás escolas infantís dende perspectivas históricas e comparadas.
4.- Percibir as diferenzas, semellanzas e cambios nas reformas da educación infantil, establecendo comparacións entre as distintas solucións establecidas.
Procomentais:
1.- Desenvolver a capacidade de análise e síntese no coñecemento da educación infantil.
2.- Adquirir a capacidade de desenvolver o pensamento crítico.
3.- Amosar perspicacia para a comprensión e comentario de textos pedagóxicos, imaxes e material de ensino e xogo.
4.- Desenvolver habilidades de elaboración de traballos escritos conforma a criterios académicos.
Actitudinais:
1.- Posuír apertura cara ó coñecemento e espírito de tolerancia.
2- Desenvolver as disposicións que habilitan para ser un bo profesional da educación, especialmente a capacidade de comunicación e relación coas persoas, sentido da responsabilidade e optimismo.
3.- Amosar espírito de iniciativa e pensamento autónomo que permita tomar decisións libres e sensatas como educadores.
1.- A educación como fenómeno humano. Teorías educativas e modos de educación. Os contextos educativos e as familias. As institucións educativas e os educadores persoais.
2.- Pensamento pedagóxico e educación de párvulos. De Comenio a Pestalozzi: sobre a necesidade dunha educación regulada dos nenos pequenos.
3.- O nacemento das escolas de párvulos en Europa. A escola de New Lanark e o movemento lancasteriano. Os primeiros parvularios en España: Pablo Montesino e a escola de Virio.
4.- O pensamento romántico e a educación da infancia. Análise do pensamento fröbeliano. Desenvolvemento do Kindergarten e difusión do fröbelianismo. Influxo de Fröbel en España. O desenvolvemento da educación infantil na segunda metade do século XIX.
5.- O parvulario montessoriano: análise dos fundamentos básicos. O parvulario decrolyniano. Outros modelos de parvulario na primeira metade do século XX.
6.- As aportacións da escola de Xenebra. Claparède e Piaget. O método Audemars e Lafendel. O influxo das ideas piagetianas.
7.- Evolución da educación infantil en España durante o século XX. As leis educativas da democracia e a educación infantil
8.- A teoría constructivista na educación infantil. O coñecemento práctico no contexto dos parvularios. Análise do material escolar e do xogo infantil dende a perspectiva da aprendizaxe.
9.- Análise comparativo dos sistemas de educación infantil na Unión Europea. Modelos escolares e non escolares. A educación infantil noutros continentes.
10.- Tendencias actuais na educación de párvulos. O Instituto Picklet. As escolas infantís de Módena e Reggio Emilia. O modelo High/Scope. Preescolar na casa. A educación infantil no século XXI.
BOWEN, J.(1985): “La educación y la ilustración: La revolución conceptual”, en Historia de la educación occidental, (T.III), Barcelona: Herder, pp. 226-267.
COLMENAR ORZAES, C.(1991): "Las escuelas de párvulos en España durante el siglo XIX: Su desarrollo en la época de la Restauración". Historia de la Educación, 10, pp. 89-105.
COLMENAR ORZAES, C.(1995): “Génesis de la educación infantil en la sociedad occidental”, Revista Complutense de Educación, 6, pp. 15-29.
EGIDO, I.(1999): Política educativa y autonomía escolar. Una investigación sobre modelos europeos. Madrid, Departamento de Didáctica y Teoría de la Educación de la Universidad Autónoma de Madrid.
GARDNER, H.(1994). Estructuras de la mente. La teoría de las inteligencias múltiples, México: FCE.
GARDNER, H., FELDMAN, D.H., KRECHEVSKY, M.(2001): El Proyecto Spectrum - Tomo I: Construir sobre las capacidades infantiles. Madrid: Morata.
GARDNER, H., FELDMAN, D.H., KRECHEVSKY, M.(2001): El Proyecto Spectrum - Tomo II: Actividades de aprendizaje en la educación infantil. Madrid:, Morata.
GARDNER, H., FELDMAN, D.H., KRECHEVSKY, M.(2001). El Proyecto Spectrum - Tomo III: Manual de evaluación para la educación infantil. Madrid:, Morata.
GONZÁLEZ-AGÁPITO, J.(2003): La educación infantil. Lecturas de un proceso histórico en Europa. Barcelona:, Octaedro.
KAMII, C. & DE VRIES, R.(1985): La teoría de Piaget y la Educación Preescolar, Madrid, Visor.
KAMII, C. & DE VRIES, R.(1988): Juegos colectivos. Implicaciones de la teoría de Piaget, Madrid: Ed. Visor.
LUZURIAGA, L.(1961): Historia de la educación y de la pedagogía. Buenos Aires: Losada.
MICHELET, A.(1977): Los útiles de la infancia. Barcelona, Herder.
MONTESINO, P.(1992): Manual para los maestros de escuelas de párvulos. Madrid: CEPE.[“Introducción” de Julio Ruiz Berrio]
MONTESSORI. M. (2003): El método de la Pedagogía científica. Aplicado a la educación de la infancia. Madrid: Biblioteca Nueva. [“Introducción” de Carmen Sanchidrián]
OTERO URTAZA, E.(2004): “Las teorías educativas en los umbrales de la contemporaneidad”, en Teorías e Instituciones Contemporáneas de la Educación. Madrid: Biblioteca Nueva, pp. 177-195.
PALACIOS, J.(1998): A “Del preescolar a la Educación Infantil. Asincronías en la transición”. Cuadernos de Pedagogía, 274, pp 74-78.
PALACIO, Irene y RUIZ, Cándido (1993): Infancia, pobreza y educación en el primer franquismo ( 1939-1951). Valencia; Universita de Valenciat.
PESTALOZZI, J.H.(1988): Cartas sobre la educación infantil. Madrid, Tecnos.
PORQUET, M.(1973): Las técnicas Freinet en el parvulario. Barcelona: Laia.
SANCHIDRIÁN BLANCO, C.&RUIZ BERRIO, J., coords. (2010). Historia y perspectiva actual de la educación infantil. Barcelona: Graó.
SAUNDERS, R.(1989). Perspectivas piagetianas en la educación infantil. Madrid: MEC-Morata.
SUREDA, B.(1984): Pablo Montesino: Liberalismo y educación en España. Palma de Mallorca: Prensa Universitaria.
TAVERNIER, R.(1987): La escuela antes de los seis años. Barcelona, Martínez Roca.
TAYLOR ALLEN, A.(1986): "Jardines de niños. Jardines de Dios: Kindergartens y guarderías en Alemania en el siglo XIX", Revista de Educación, 281, pp. 125-154.
TONUCCI, F.(1989). Cómo ser niño. Barcelona: Barcanova.
VIÑAO FRAGO, A.(1983): “Una cuestión actual: Sobre el academiscismo de la enseñanza preescolar en el siglo XIX”. Historia de la Educación, 2, pp. 179-187.
ZABALZA, M.(1996): Calidad en la educación infantil. Madrid: Narcea.
Webgrafía
Centro Nacional de Información y Comunicación Educativa.
Inclúense aquí as competencias oficialmente establecidas no plano de estudio desta materia:
Competencias Xerais.
G3 Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade ao respecto aos dereitos humanos.
G9 Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de acciones que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ten que perfeccionarse e adaptarse a os cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
En canto á competencia G3, o alumnado deberá amosar:
- Que sabe identificar un espazo de aprendizaxe de educación infantil e as súas consecuencias pedagóxicas.
- Que sabe diferenciar as características das aulas dunha escola infantil conforme ao modelo que responden, identificando imaxes visuais o recoñecendo os espazos directamente.
- Que coñece as diferenzas do material escolar da escola infantil, os seus usos e os seus fundamentos, e ten en conta as diferenzas e capacidades dos nenos e o uso versátil que se pode facer tanto con o material manufacturado como co procedente de refugallo.
En canto á competencia G9:
- Que sabe describir e analizar distintos tipos de escola infantil mediante a análise de textos escritos.
- Que sabe comparar modelos de escolas infantís e deducir de eles consecuencias pedagóxicas.
- Que sabe sintetizar e analizar criticamente o modelo de profesor implícito nos modelos escolares analizados.
Competencias básicas MECES (Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior)
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
Competencias específicas.
E.27. Situar a escola infantil no sistema educativo español, no contexto europeo e no internacional.
E.28. Coñecer experiencias internacionais e exemplos de prácticas innovadoras en educación infantil.
E.29. Valorar a importancia do traballo en equipo.
E.30. Participar na elaboración e seguimento de proxectos educativos de educación infantil no marco de proxectos de centro e na colaboración co territorio y con outros profesionais e axentes
sociais.
E.31. Coñecer a lexislación que regula as escolas infantís e a súa organización.
E.32. Valorar a relación persoal con cada estudante e a súa familia como factor de calidade da educación.
Competencias transversais.
T.2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4.- Competencia informacional.
Metodoloxía da ensinanza.
Actividades presenciais.
• En gran grupo: expositivas, clases de pizarra, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material, debates e sesións de avaliación.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas.
• Como actividade do traballo do traballo en equipo cabe a posibilidade de realizar unha saída a un centro de investigación e documentación.
- Actividades non presenciais:
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca o similar, preparación de presentacións, orais e debates ou similar.
- Competencias relacionadas entre as actividades do profesorado e alumnado:
• En gran grupo: G.3, G.9. B.2, B.3. E.27, E.28, E.30, E.31, E.32. T.3, T4.
• En grupo de traballo: G.3. B.2, B.3. E.27, E.28, E.29, E.30. T3, T4.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: B.2, B.3. E.29, E.30, E.32. T.2, T.3, T4.
Nas clases teóricas o profesor presentará os contidos de cada tema que estarán apoiados polo material que se lles facilitará, que é de lectura obrigatoria. O uso da bibliografía deberá adecuarse a cada tema específico, así como os aspectos máis relevantes que proporcionan para o aproveitamento no estudo.
O traballo das sesións prácticas céntrase no desenvolvemento da capacidade de comentar imaxes, textos pedagóxicos, saber buscar e organizar fontes de información, analizar e avaliar material escolar, xoguetes, e calquera outra actividade que se especifique puntualmente. Nos comentarios de texto se traballan máis especificamente as capacidades de análise, síntese, e desenvolvemento do pensamento crítico.
As actividades prácticas inclúen visitas e excursións a escolas infantis e escenarios de aprendizaxe.
Con carácter obrigatorio, os alumnos deberán presentar traballo realizado en equipo que incida nas ideas básicas que se desenvolven no programa conforme as indicacións que dea o profesorado. As características da súa elaboración e a metodoloxía que debe ser empregada para súa realización serán explicadas nas clases. Teranse en conta neste proceso metodolóxico os principios de actividade, socialización e participación para que o alumnado acade as competencias. Este traballo será exposto publicamente en sesións interactivas.
Estes estudos teñen carácter presencial. A asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa dos alumnos nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación. En todo caso é de aplicación a normativa sobre a asistencia as clases da USC do 25 de marzo de 2010 para os graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que especifica que a asistencia a un mínimo do 80% das clases é obrigatoria.
A cualificación final estará composta polos seguintes factores até o máximo sinalado:
• Participación na aula: 10%. As competencias que se avalían son: G9, E27, E28, T3.
• Informes escritos: 20%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E31, E32, B2.
• Traballo de equipo: 30%. As competencias que se avalían son: G3, E27, E28, E29, E 30, B2, T3.
• Proba específica: 40%. As competencias que se avalían son: E27, E31, E32, B3.
Para obter unha cualificación positiva será necesario obter un mínimo dun 50% entre a suma das diferentes partes de cualificación. Pero para iso o alumnado deberá obter como mínimo un 25% da cualificación en cada unha das partes ou factores citados anteriormente (0,25 puntos, 0,5 puntos, 0,75 puntos e 1 punto, respectivamente), ademais de entregar os traballos e informes no prazo establecido.
Os traballos, informes e comentarios de texto deberán ser orixinais e feitos especificamente para este materia. A entrega dun traballo non orixinal suporá o suspenso automático.
As alumnas e alumnos que non entregasen os traballos solicitados e que suspendesen na primeira convocatoria, non teñen obriga de presentar ningún traballo para as seguintes convocatorias, pero a súa cualificación non poderá ser superior a 7 puntos, provenientes dunha proba. Porén, calquera estudante suspenso poderá intentar mellorar a puntuación obtida nos traballos, comentarios de texto e informes nas seguintes convocatorias.
As actuacións do profesorado rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). A asistencia a clase é obrigatoria salvo concesión de dispensa. Conforme a esa disposición legal se lembra que “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas" será de aplicación o recollido nesa normativa.
• Alumnado con dispensa de asistencia a clase
O alumnado que obteña e acredite a dispensa de asistencia ás clases será avaliado mediante unha proba final específica cunha valoración do 100% da cualificación. Recoméndase que o alumnado con dispensa asista a todas as sesións presenciais que lle sexa posible coa fin de preparar a citada proba e seguir os contidos que se traballen na aula.
Para superar a materia será necesario amosar capacidade no comentario de texto pedagóxico, así como saber responder na proba específica ás cuestións básicas traballadas. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a superación da proba final na cal se incorporarán contidos vistos nas clases teóricas e prácticados nas sesións interactivas.
O alumnado que teña concedida dispensa de asistencia terá que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral.
Tempo de estudo e de traballo persoal.
Actividades presenciais.
• En gran grupo: expositivas, clases de pizarra, actividades prácticas xerais, organización de grupos, presentación do material, debates e sesións de avaliación. 24 horas.
• En grupo de traballo: Actividades prácticas en grupo reducido, análises e comentario de textos, imaxes e material escolar, presentación de plans de traballo e de informes. 24 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Titoría individualizada, reunións de equipos de traballo, comentario e lecturas. 3 horas.
Actividades non presenciais:
• Actividades de traballo autónomo: asistencia a charlas, exposicións, películas, lecturas, estudo individualizado e outras actividades recomendadas. 35 horas.
• Actividades en grupo mediano (seminarios): estudo autónomo individual ou de grupo e procura de información complementaria. 45 horas.
• Actividades en pequeno grupo ou individuais: Escritura de exercicios, conclusións e outros traballos, lecturas recomendadas, actividades en biblioteca o similar, preparación de presentacións orais e debates ou similar. 19 horas.
No que respecta a coñecementos previos, axuda ter lido obras ou ensaios sobre a historia da infancia ou da familia, coñecer ós autores clásicos da educación infantil e estar familiarizado co material escolar das escolas infantís. Os alumnos e alumnas deben ter desenvolta a capacidade de redacción e expresión escrita, saber usar os recursos da biblioteca e saber buscar información por medios telemáticos.
É unha materia que debe estudarse a cotío, especialmente traballando o comentario de texto dos autores de referencia e establecendo relacións e diferenzas entre as distintas propostas e solucións das teorías e prácticas pedagóxicas na educación infantil. Os estudantes deben usar as titorías para resolver as súas dúbidas e afondar nas canles do estudo que está a desenvolver.
Nas primeiras sesións de clase, tendo en conta o calendario de realización de traballos, estableceranse as datas para a entrega de lecturas e informes. Esta materia desenvólvese parcialmente na USC-virtual. É necesario que todos os alumnos e alumnas se dean de alta na mesma, tanto para entregar traballos e comentarios de texto, participar en foros ou usar o correo electrónico na titoría e ter acceso ao material de contidos que está a súa disposición nesa páxina. A biblioteca da Facultade ten unha alta especialización en libros referidos a esta materia, e os estudantes deben acostumarse a utilizala dende o primeiro día, así como todas as súas posibilidades de procura de información. Asemade o estudante debe facer uso das redes telemáticas especializadas. O programa se explica máis detidamente na Guía da materia.
Responsabilidade mediambiental
Nesta materia a entrega de material é fundamentalmente virtual. Porén, en casos excepcionais que se entreguen traballos en papel: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Francisco Xose Candia Duran
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821019
- Correo electrónico
- francisco.candia [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Colaborador
Eugenio Manuel Otero Urtaza
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821015
- Correo electrónico
- otero.urtaza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xesus Ferreiro Nuñez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821071
- Correo electrónico
- xesus.ferreiro.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 24 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_04 | Galego | Aula 21 |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 27 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 27 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 27 |
16.01.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
16.01.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 23 |
16.01.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
20.06.2023 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |