Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Xerais
a. Formar ós estudantes como futuros profesores na aprendizaxe e na práctica das destrezas orais: escoita comprensiva, falar e interactuar nos contextos comunicativos cotiáns e académicos na aula de infantil
b. Dominar as competencias numeradas na anterior sección e ser capaces de ensinalas na escola infantil.
Ademais, esta materia formará ós estudantes en:
2. Coñecemento declarativo.
a. Saber cómo ensinar e aprender as destrezas orais da lingua estranxeira en contextos multilingües.
b. Comprender a natureza das situacións multilingües na clase e a súa relación coa ensinanza aprendizaxe de linguas de acordo co Marco Común europeo de Referencia para as Linguas. (MCER)
c. Dominar os contidos básicos da didáctica das linguas dende unha perspectiva multilingüe.
d. Coñecemento das linguas estranxeiras, especialmente das destrezas orais en inglés, comezando dende un nivel B1.2 e tentando chegar ó nivel B2.
3. Destrezas e saber cómo.
a. Poder aplicar o coñecemento teórico da lingua e as súas funcións á escoita comprensiva e a falar e interactuar.
b. Analizar modelos educativos multilingües e aplicar o coñecemento obtido ás situacións concretas.
c. Solucionar os problemas relacionados coa ensinanza-aprendizaxe das destrezas orais en inglés.
d. Animar ós alumnos a desenrolar súas destrezas comunicativas na lingua estranxeira.
1. O longo do curso iranse introducindo e desenvolvendo os contidos conceptuais, procedimentales, e actitudinales. En canto ós contidos conceptuais, as destrezas receptivas se desenvolverán tendo en conta las competencias lingüísticas, sociolingüísticas e pragmáticas.
Dentro da competencia lingüística, prestarase atención, por unha banda, á introdución, revisión e adquisición dun coñecemento mais profundo das estruturas gramaticais (tempos verbais, adverbios de frecuencia, oracións de relativo, interrogativas, a voz pasiva, o estilo indirecto, condicionais etc.) con vistas a axudar ó estudante a facer cousas coa linguaxe usando as diversas destrezas (describir e narrar, pedir e dar información, etc.).
Ademais conseguirase o desenrolo léxico do estudante cubrindo unha variedade de campos semánticos (turismo e tempo libre, os mass media, as artes e humanidades, a ciencia e a tecnoloxía, a literatura etc.) así como temas de interese morfolóxico e semántico (clases de palabras, falsos amigos, frases idiomáticas, variación estilística e xeográfica, rexistro, etc.).
A competencia sociolingüística desenrolarase a través da adquisición dun coñecemento de fórmulas lingüísticas para a interacción cotiá, diferenza de rexistros, expresións do folclore popular, relacións sociais (uso e elección de saúdos, formas de dirixirse ós demais, convencións no uso da quenda de palabra, uso ou elección de xuramentos ou linguaxe taboo), cómo expresarse con educación, cómo recoñecer a variación estilística e xeográfica, etc.
Dentro do dialecto e o acento os estudantes adestraranse para recoñecer: a clase social, a pertenza rexional, o orixe nacional, grupo étnico e ocupacional. Para lograr isto último os estudantes serán introducidos ós marcadores que se refiren ó léxico, gramática, fonoloxía, características vocais, paralingüística e linguaxe corporal.
A competencia pragmática e estratéxica alcanzarase adestrando ós estudantes para que poidan construír, organizar e conectar a linguaxe oral, para que utilicen estratexias que realcen a comunicación verbal e non verbal, recoñezan xéneros e subxéneros (narración, descrición, instrución, etc.) entre outros.
2. Contenido Didáctico.
Os estudantes se familiarizaran cos enfoques básicos e metodoloxía para a ensinanza do inglés como lingua estranxeira na etapa de educación infantil. Teranse en conta as diversas estratexias, técnicas e ferramentas. Dentro deste marco xeral prestarase especial atención ás destrezas orais, manexo da clase, planificación e avaliación, unidades didácticas, recursos incluíndo as Tics.
1.-Lecturas obrigatorias para os estudantes con avaliuación continua: pasaxes selectos dos seguientes libros:
Harmer, J. (2012). Essential Teacher Knowledge. London: Pearson
Harmer, J. (2007). How to Teach English. London: Pearson Longman
Phillips, S. (1993).Young Learners. Oxford:UP
Phillips, S. (2008). Incredible English Kit. Oxford: University Press.
Reilly, V. & Ward, S. (2000). Very Young Learners. Oxford: UP
Stempleski, S. (2006). Talk Time. Oxford:UP
Richards, J.C (2006) Developing Tactics for listening. Oxford:UP;
Some of the basic materials for the study of the subject will be made available at the photocopier’s or in “Campus Virtual” before the beginning of the course
2.- Gramáticas y Diccionarios.
Eastwood, J. 2006. Oxford Practice Grammar (Intermediate) with Key and CD Rom. Oxford: O.U.P.
Murphy, R. 2004. English Grammar in Use (with Answers and CD Rom). Cambridge: C.U.P.
Oxford Advanced Learner’s Dictionary (New edition)
3.- Recursos Electrónicos.
3.1 Metodológicos.
http://www.isabelperez.com/webquest/ejemplos.htm#en
www.childtopia.com ; www.sesamo.com ; http://clic.xtec.es/es/jclic/ etc
3.2 Lingüísticos
- http://cscwww.cats.ohiou.edu/linguistics/esl/
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.englishclub.com/
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.usingenglish.com
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.saberingles.com.ar/index.html
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.mansioningles.com/index.htm
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.rong-chang.com
(Grammar, vocabulary and all the skills)
- http://www.esl-lab.com
(Listening)
- http://www.elllo.org
(Listening)
- http://www.learnenglish.de/englishchat.htm
(Speaking)
-http://www.elyrics.net
(Song lyrics)
XERAIS
G.1. Capacidade para demostrar a adquisición de coñecemento das áreas curriculares, relacións entre elas, criterios de avaliación e didáctica na educación primaria.
G.3. Capacidade para enfrontarse ás situacións multiculturais e multilingües na ensinanza e aprendizaxe de linguas.
G.11. Capacidade para familiarizarse con, seleccionar e utilizar as Tics na clase.
ESPECÍFICAS
E1 Capacidade de entender os procesos de aprendizaxe na escola primaria no contexto familiar e escolar.
E2 Capacidade para coñecer as características dos estudantes así como a súa motivación e contexto social.
E. 52. Competencia lingüística: Capacidade para a comunicación oral nunha lingua estranxeira.
E.53. Competencia didáctica: Capacidade para desenrolar e avaliar os contidos curriculares usando as técnicas apropiadas, e ao mesmo tempo promover o desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes.
Básicas
B.1. Capacidade para demostrar a adquisición do coñecemento, en particular o que se refire ao campo específico de estudo dos alumnos.
B.2. Capacidade para aplicar o coñecemento así adquirido ao seu campo profesional.
B.4. Capacidade para transmitir información tanto dunha forma especializada como non especializada con vistas a desenvolver argumentos e solucionar problemas.
TRANSVERSAL
T.1. Coñecemento instrumental das linguas estranxeiras.
As sesións de ensinanza serán en inglés. En canto aos grupos de traballo as tarefas levaranse a cabo en grupo grande, mediano ou pequeno e tamén de forma individual. As clases expositivas (gran grupo) dedicaranse a desenrolar as competencias relacionadas co proceso de ensinanza e aprendizaxe dunha lingua estranxeira na educación infantil, a través de presentacións realizadas polo profesor e polos alumnos. Por outra banda, os estudantes mellorarán a súa competencia comunicativa estudando os aspectos léxicos, morfolóxicos e sintácticos da lingua inglesa. Isto farase a través de actividades con distintos formatos (drills, elección múltiple, verdadeiro-falso, completar espazos en branco, transformacións, etc.). As sesións interactivas (para grupos medianos) tamén estarán enfocadas ao desenrolo da competencia comunicativa dos estudantes, en particular as que se refiren as destrezas orais, a través de actividades deseñadas para comprobar se os alumnos comprenden os textos orais, es as produtivas a través de debates, role plays ou ditados. A avaliación individual e de grupo enfocarase a verificar a adquisición tanto da competencia lingüística como da didáctica. As titorías (para grupos pequenos ou individuais) serán sesións de seguimento dedicadas a supervisar aos estudantes e a promover a aprendizaxe autónoma.
O sistema de avaliación desta materia será o seguinte:
1. Participación (5%): asistencia, achegas. Competencias: G1, G3, G11, E52, E53, B2, B4, T1
2. Probas específicas (50)%: Gramática, vocabulario, escoita comprensiva, fala, interacción. Competencias: G1, G2, G3, G11, E52, E53, B1, B2, B4, T1
3. Tarefas escritas (30%): ensaios, composicións, outras actividades. Competencias: G2, G3, E52, E53, B2, B4, T1.
4. Presentacións (15%): Presentacións en clase. Competencias: G1, G3, G11, E52, E53, B2, B4, T1.
En canto ás actividades de avaliación e a seu peso na nota final os estudantes deberán obter como mínimo un 5 e un aprobado en cada un dos anteriores ítems.
RECORDASE AOS ESTUDANTES QUE O PLAXIO NAS ACTIVIDADES ESCRITAS CASTIGARASE SEVERAMENTE. TOMARANSE MEDIDAS DISCIPLINARIAS QUE IRÁN DENDE UN SUSPENSO NA ACTIVIDADE ESCRITA HASTA A PERDA DO DEREITO A TER UNHA AVALIACIÓN CONTINUA.
Tendo en conta os requisitos xerais das materias dos novos graos adaptados ó EEES, e en particular as características desta materia o sistema de avaliación por defecto é o sinalado mais arriba, e dicir, avaliación continua mais exame final. Polo tanto a asistencia como mínimo ao 80% das clases é obrigatoria.
En casos excepcionais (por exemplo, os estudantes con exención de docencia) e sempre baixo a supervisión da profesora poderán ser avaliados cun exame final onde a nota mais alta que se poderá acadar será a de “aprobado” (5). Este exame constará das seguintes actividades:
a) Un ensaio sobre a Didáctica da lingua inglesa: 2 puntos
b) Un test de gramática e vocabulario: 2 puntos
c) Un test de “listening” coas súas correspondentes preguntas de comprensión: 3 puntos
d) Unha entrevista oral (individual): 3 puntos
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación obtida polo alumno nos demais conceptos.
Se os resultados obtidos non permiten acadar os obxectivos establecidos para esta materia, os estudantes deberán examinarse outra vez. Neste caso, poderán elixir entre o exame final (10 puntos) e avaliación mixta (avaliación continua mais exame final). Neste último caso poderase gardar a nota obtida nas actividades de avaliación continua e solo deberá presentarse ao final (5 puntos). En futuras convocatorias solo se poderá presentar ao final por defecto.
Finalmente recórdase aos alumnos que as faltas de asistencia inxustificadas e sistemáticas provocarán unha avaliación a través do exame final.
DIFERENTES CASOS ESPECÍFICOS DE AVALIACIÓN:
1. Os estudantes con exención parcial ou total de docencia. Deberán contactar coa profesora encargada da materia durante as primeiras semanas do curso académico para deseñar un plan de traballo e avaliación co docente. Debese cumprir o prazo mencionado ou o docente entenderá que o alumno non vai cursar a materia. Algunhas sesións prácticas son obrigatorias para superar a materia, por exemplo, as sesións de microensinanza e algunha presentación oral. De non realizar ditas sesiones prácticas os estudantes con dispensa de asistencia realizarán un exame final escrito e oral.
2. Os estudantes cunha asistencia a clase entre el 50% y el 80%. Serán avaliados das partes B, C y D. Para obter una nota en A es obrigatorio ter un mínimo del 80% de asistencia. Dito estudante deberá presentar a súa produción escrita e facer unha presentación oral.
3. Estudantes que asisten a menos del 50% de las clases. Serán cualificados solo das partes B, C y D. Para superar a materia deberán presentarse ao exame final (máximo 4 puntos). De acordo coa metodoloxía seguida nesta materia, a asistencia a clase limitada terá un impacto negativo na adquisición das competencias traballadas, especialmente as competencias lingüísticas. Polo tanto, se este tipo de alumno non aproba as partes C y D deberá demostrar nunha forma axeitada que domina estas competencias a través dun exame oral (Inglés) que lle proporcionará 3 puntos.
4. Os estudantes que non superaron a materia na primeira convocatoria.
a. Os que teñen un mínimo de 80% de asistencia ás actividades programadas e foron avaliados de forma continua durante el curso se lles manterá a nota para a segunda oportunidade. Solo deberán superar o exame final (máximo 4 puntos).
b. Aqueles que non obtiveron cualificación nas 4 partes deberán superar un exame final (4 puntos) un exame oral na lingua estranxeira (inglés).
5. Os estudantes que están matriculados no curso deberán contactar co docente durante a primeira quincena do curso académico para deseñar un plan de traballo e un sistema de avaliación.
A materia superarse cunha cualificación mínima de 5 puntos.
Poderanse facer aclaracións ós alumnos no momento apropiado. O criterio xeral de avaliación do traballo académico dos alumnos é o seguinte:
1. Unha actitude aberta e receptiva por parte do estudante cara os novos contidos e a súa incorporación ao seu aprendizaxe como profesor/a de primaria.
2. Unha participación activa na clase en relación co contido do programa e un compromiso coas tarefas levadas a cabo na clase.
3. Coñecemento e dominio de conceptos fundamentais, teorías e métodos de aprendizaxe presentados nesta materia e a habilidade para relacionalos coa ensinanza de linguas.
4. Habilidade para integralos nos coñecementos do alumno como futuro/a mestre/a de Educación Infantil.
5. Competencia para saber como aplicar o coñecemento obtido na resolución de casos prácticos.
6. A calidade das actividades autónomas (informes, traballos…) que inclúen contidos e ao mesmo tempo unha prolixa presentación de ditas actividades antes de que finalice o prazo.
7. A competencia lingüística tanto oral como escrita demostrada a través da propiedade e exactitude de expresión.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A detección de plaxio en calquera dos traballos presentados nesta materia será penalizada cun suspenso na materia independentemente da cualificación obtida polo alumno nos demais conceptos.
Seguindo a Memoria do título, os estudantes teñen que dedicar polo menos 111.5 horas á materia. Este tempo distribuirase do seguinte xeito: 38.5 horas de traballo en clase e 74 horas de traballo fora de clase.
Co fin de aproveitar ao máximo a asignatura, é aconsellable que os alumnos asistan regularmente ás clases e ás titorías grupais e individuais, de xeito que o profesor poida monitorizar o seu traballo e solventar posibles problemas. Tamén se recomenda levar a cabo puntualmente todas as tarefas propostas dentro e fora da aula, planificar o traballo autónomo e distribuír o estudo e as tarefas de xeito continuado ao longo do curso, consultar a bibliografía proporcionada para revisar, consolidar ou ampliar coñecementos, empregar os recursos de aprendizaxe do Centro, e participar activa e razoadamente nas actividades da aula.
Non existen prerrequisitos oficiais para esta asignatura, aínda que é recomendable posuír un nivel inicial de competencia comunicativa na lengua extranxeira próximo ao nivel B1.2 do MCER (nivel intermedio, ou PET de Cambridge). Asimesmo, é aconsellable ter un dominio instrumental avanzado da L1 (castelán/galego), así como coñecementos avanzados da gramática da L1.
O alumnado que, por circunstancias excepcionais, non poida asistir de xeito continuado ás sesións presenciais poderá acollerse ao sistema de avaliación mediante proba final coas características mencionadas no apartado “Avaliación”. Para iso, deberá contactar obrigatoriamente co profesor da asignatura, ben antes de empezar las clases, ou dentro da primeira quincena lectiva para informar da súa situación e, de se-lo caso, establecer un plan de traballo individualizado.
Para facilitar o desenvolvemento e a superación da asignatura, recoméndase que o alumnado que se atope nesa situación procure realizar un seguimento continuado da mesma e se manteña en contacto co profesor mediante titorías, plataformas virtuais, correo electrónico, etc.
Jodee Anderson Mcguire
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 982824713
- Correo electrónico
- jo.anderson [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Katie Rhianna Doyle
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- katie.doyle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_01 | Inglés | Aula 21 |
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | Aula 20 |
04.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
09.07.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |