Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Socioloxía
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxectivos Referidos ao Saber Facer (Procedimentais):
1. Adquirir, consolidar ou progresar na competencia de traballo en grupo: Ser máis hábiles á hora de traballar en grupo, hoxe con compañeiras/os de clase, no futuro con membros da comunidade educativa e da contorna.
2. Adquirir, consolidar ou progresar na competencia de traballo en grupo: Ser quen de traballar con persoas que non se coñecen: profesorado, membros de asociacións, organizacións e/ou institucións de carácter social e educativo; mañá membros da comunidade educativa e da contorna.
3. Adquirir, consolidar ou progresar na competencia social, fundamental para a futura profesión de mestra/e.
4. Adquirir, consolidar ou progresar na competencia informacional: Saber atopar información de diversas fontes: selecionala, organizala, sintetizala, analizala e poder elaborar, a partir desta, un discurso argumental propio con cohesión e coherencia.
5. Adquirir, consolidar ou progresar na competencia oral.
6. Adquirir, consolidar ou progresar no hábito lector, fundamental para o futuro labor docente.
Obxectivos Referidos ao Saber Ser (Actitudes, Comportamientos e Valores)
1. Adquirir, consolidar ou progresar no compromiso social, competencia básica para o futuro traballo como mestre/a.
2. Adquirir, consolidar ou progresar na actitude de respeto á diversidade (procedencia social, xeográfica, étnica, xénero, orientación afectivo-sexual…) dende o futuro traballo como mestra/e.
3. Adquirir, consolidar ou progresar no compromiso ético coa sociedade, dende o traballo como futura mestra/e. Reforzar a actitude de respeto cara a nova realidade social, plural e diversa para, no futuro exercicio da profesión, saber por en práctica estratexias didácticas cara á inclusión educativa e social.
4. Adquirir, consolidar ou progresar no pensamento creativo.
5. Adquirir, consolidar ou progresar no pensamento reflexivo sobre aspectos relacionados coa sociedade, a educación, a escola e a profesión docente.
6. Adquirir, consolidar ou progresar na curiosidade científica sobre o mundo da educación, da escola, da infancia e da nenez.
7. Adquirir, consolidar ou progresar en valores como a responsabilidade, a constancia, a perseverancia, a tenacidade, o traballo cotiá diario e o esforzo polo traballo ben feito; fundamentales todos eles para o futuro traballo como mestre/a.
Obxectivos Referidos ao Saber (Epistemolóxicos)
1. Recoñecer a importancia do coñecemento sociolóxico para o exercicio da profesión.
2. Coñecer a relación entre a Socioloxía da Educación e outras ciencias da educación como a Psicoloxía, a Pedagoxía e, especialmente, a Didáctica.
3. Coñecer a dimensión social da educación e, en particular, da escola.
4. Coñecer a función instructiva e educadora da escola.
5. Coñecer instrumentos para a reflexión sociopedagóxica sobre o feito educativo: reflexión dende e sobre a práctica.
6. Comezar a ser consciente da complexidade da profesión docente e da necesidade de adaptación e perfeccionamento constante aos cambios sociais, científicos, pedagóxicos… que se vaian producindo ao longo da vida.
7. Saber relacionar a escola coa sociedade y coa contorna máis próxima para entender a súas influencias e implicacións mutuas. Saber analizar a contorna social, local, territorial na que que se desenvolve o traballo de mestra/e, para dotar de coherencia ás distintas accións educativas que no futuro se poidan facer nos centros escolares.
8. Coñecer as relacións e implicacións mutuas entre a familia e a escola. Saber recoñecer as variables máis importantes relacionadas co contexto familiar que afectan á escola y máis concretamente, ás nenas/os (actitudes, comportamentos, rendimento académico…)
9. Coñecer o impacto escolar dalgúns dos cambios máis significativos que afectan á sociedade actual (inmigración, cambio nos roles estereotipos e relacións de xénero, novos modelos de familia, novas pantallas, internet…)
10. Coñecer o impacto educativo e escolar da pandemia provocada por mor da COVID19.
11. Coñecer o papel da escola como axente de reproducción e cambio social.
1. INTRODUCCIÓN
A alumna/o de maxisterio aspirante a mestra/e:
1.1. Razóns da elección da carreira e, da profesión.Tópicos e mitos sobre a carreira e, sobre a profesión docente
1.3. Influencia da historia escolar persoal do alumnado de maxisterio nas percepcións, crenzas, teorías implícitas sobre a educación, a escola e a profesión docente.
1.4. Autocoñecemento do alumnado de maxisterio: Recoñecemento de fortalezas e debilidades para o desempeño do futuro labor docente.
1.5. A formación do alumnado de maxisterio. Contribución da Socioloxía da Educación á formación do profesorado.
1.6. A relación da Socioloxía da Educación con outras ciencias da educación como a Psicoloxía, a Pedagoxía, a Historia da Educación e, sobre todo, a Didáctica.
1.7. Ser mestra/e.
1.8. Principais cualidades.
2. O CENTRO ESCOLAR, A AULA E OTROS ESPAZOS ESCOLARES, DENDE UNHA PERSPECTIVA SOCIOLÓXICA
2.1. Influencia da contorna próxima no centro en xeral e, na aula en particular.
2.2. Influencia da contorna social no Proxecto Educativo de Centro (PEC).
2.3. Recursos da contorna e o seu aproveitamento por parte da escola.
2.4. Accións educativas de centro para a mellora da sociedade e da contorna social máis próxima.
2.5. Influencia do contexto familiar na escola: Análise das principais variables relacionadas coas familias que inciden no centro e, na aula. Estudo de casos prácticos.
2.6. O centro escolar como axente de compensación das desigualdades sociais: As bibliotecas escolares como espazos de igualación social.
3. ROLES E IDENTIDADES DE XÉNERO TRADICIONAIS E, ESCOLA
3.1. O papel da escola na construcción e reconstrucción das identidades e roles de xénero tradicionais: Análise dos principais mecanismos de transmisión dos roles e estereotipos tradicionais de xénero na escola.
3.2. Coeducar na escola. Recursos para coeducar nas aulas de educación infantil e primaria.
3.3. Orientación afectivo sexual e escola. Recursos para traballar o respeto á orientación afectivo sexual e a diversidade de modelos de familias no ámbito escolar e familiar.
4. IMPACTO DA PUBLICIDADE NA TRANSMISIÓN DE VALORES, ACTITUDES E PAUTAS DE COMPORTAMENTO.
5. IMPACTO DAS REDES SOCIAIS NA TRANSMISIÓN DE VALORES, ACTITUDES E PAUTAS DE COMPORTAMENTO.
Bibliografía xeral:
- Bonal, X. (1998): Sociología de la Educación. Una aproximación crítica a las corrientes contemporáneas. Madrid: Paidós
- Fermoso Estébanez, P.; Pont Vidal, J.(eds.)(2000): Sociología de la Educación. Valencia: Nau Llibres
- Fermoso Estébanez, P. et al (1990): Sociología de la Educación. Barcelona: Alamex
- Fernández Enguita, M. (coord.)(1999): Sociología de la Educación. Barcelona: Ariel.
- Fernández Palomares, (coord.)(2003): Sociología de la Educación. Madrid: Pearson.
- García de León, MªA; G. De la Fuente; Ortega, F. (eds.)(1993): Sociología de la Educación. Barcelona: Barcanova.
- Guerrero Serón, A. (1996): Manual de Sociología de la Educación. Madrid: Síntesis.
- Imbernón, F. (ed.)(1999): La educación en el siglo XXI. Barcelona: Graó
- Jerez Mir, R. (1990): Sociología de la Educación. Guía Didáctica y Textos Fundamentales. Madrid: MEC
- Ortega, F. et al. (comp.)(1989): Manual de Sociología de la Educación. Madrid: Visor
- Quintana Cabanas, J.Mª (1989): Sociología de la Educación. Madrid: Dykinson
ALGUNHAS PUBLICACIÓNS PERIÓDICAS DE INTERESE.
Revista CUADERNOS DE PEDAGOGÍA, Barcelona.
Revista AULA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA, Barcelona.
Revista GALEGA DE EDUCACIÓN, Vigo.
Revista de INNOVACIÓN EDUCATIVA, Santiago de Compostela.
DICCIONARIO:
Giner. S.; Lamo de Espinosa, E.; Torres, C. (eds.)(1998): Diccionario de Sociología. Madrid: Alianza.
ATENCIÓN: A bibliografía xeral sobre Socioloxía da Educación, debidamente actualizada, subirase á Aula Virtual da materia.
A bibliografía específica para cada bloque temático, colgaráse tamén na aula virtual da materia.
De acordo con Plan de Estudos, as competencias a traballar nesta materia son:
Competencias Xerais:
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G12.- Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e os cambios fundamentais que afectan ós colexios de educación primaria e ós seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación ós centros educativos.
Competencias Específicas:
E22.- Relacionar a educación co medio, e cooperar coa familia e a comunidade.
E23.- Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas, cambios nas relacións de xénero e interxeneracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E24.- Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e de educación no contexto familiar.
Competencias Básicas:
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Competencias Transversais:
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Traballar por competencias esixe unha metodoloxía centrada no alumno/a, que deberá ser quen de ir construíndo e reconstruíndo o coñecemento e dar sentido ao que está a aprender. Con esta metodoloxía búscase unha progresiva autonomía (guiada) do alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe e, favorecer que continúe, xa pola súa conta, o proceso de indagación científica.
Asemade traballar por competencias require unha metodoloxía de ensino-aprendizaxe cun enfoque integrador (globalizado e interdisciplinar) que permita establecer relacións entre as diversas materias do mesmo módulo (“Infancia, Familia e Escola” ,“Teoría e Historia da Educación Escolar”, "Psicoloxía do Desenvolvemento", "Teorías e Institucións Contemporáneas da Educación Infantil", "Didáctica e Profesión Docente" ou "Didáctica e Tarefas Docentes".
Na normativa da USC para a organización académica nos estudos de Grao, se establecen tres modalidades de agrupamento en función do número de alumnas/os e do tipo de actividades de ensino-aprendizaxe.
Gran Grupo ou Grupo Expositivo (90-100 alumnos/as). Neste tipo de sesións a profesora conta cun maior protagonismo. Exemplo de actividades que se realizan: explicación do programa da materia (competencias, obxectivos, contidos, metodoloxía, sistema de avaluación, etc...). Explicación e exposición do proxecto de curso. Explicación xeral dos temas. Realización de actividades formativas como conferencias e charlas-coloquio con mestras/es e outras persoas relacionadas co eido da educación. Posible organización, se hai recursos económicos, dunha saída de campo a algunha institución escolar e/ou de carácter pedagóxico.
A estas actividades en grupo grande correspóndenlle 24 horas, ás que lle corresponderán 35 horas de traballo autónomo por parte do alumno/a.
Competencias a traballar con este tipo de actividades formativas: E23, E24; G7, G12; B3, B4
Grupo Interactivo de 30-35 alumnos/as. Neste tipo de sesións os/as estudantes terán un maior protagonismo. Nestas clases propiciaráse e valoraráse a participación, o debate, a reflexión e a interacción grupal. Neste tipo de sesións haberá actividades máis prácticas como por exemplo a realización de videoforums a partir de películas de contido social e educativo; a realización de tarefas a partir da visualización (en casa e/ou na clase) de documentais, curtametraxes, programas, webinars...; o análise de contido de material de diverso tipo, o análise de casos prácticos relacionados coa vida nos centros escolares e nas aulas e, posterior posta en común, etc...
A estas actividades en grupo mediano correspóndenlle aproximadamente unhas 24 horas presenciais, que requerirán de 45 horas de traballo autónomo por parte do alumnado.
Competencias a traballar: E23, E24; G7,G12; B3, B4; T3
Grupo de Titorías Programadas cun máximo de 15 alumnos/as e con 3 horas de duración.
Estas titorías empregaránse para o seguimento da materia e do proyecto de curso. Acordaránse coa profesora. Non haberá un horario concreto para estas sesións de titorías programadas. Estas tutorías serán (según necesidade) de forma presencial e/ou telemática.
Competencias a traballar: E22,E23; G7,G12; B3,B4
A USC é unha universidade presencial polo que é obrigatorio axustarse á normativa específica da mesma que esixe un mínimo do 80% de asistencia ás actividades docentes.
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO ASISTENTE:
Seguimento e implicación na materia: 1 Punto
Para acadar puntuación neste apartado é requisito indispensable ter asistido ao mínimo de sesións de clase (80%) que esixe a normativa da USC. Controlaráse a asistencia.
Indicadores para a avaliación deste apartado: Asistencia ao mínimo de sesións obrigatorias. Participación do alumno/a nas diferentes dinámicas que se produzan no ámbito da materia. Asistencia e participación do alumnado nas sesións de titoría obrigatorias individuais e/ou grupais que poida convocar a profesora de forma presencial e/ou telemática. Amosar curiosidade científica a través, entre outras, da busca (a nivel individual, en parella ou en grupo) de información complementaria sobre os temas que se traballen na aula e/ou que se traten nos documentos de traballo e, de selo caso, posta a disposición do grupo-clase. Actitude positiva na aula. Participación e boa actitude nos traballos en grupo. Realización, no seu caso, de pequenas tarefas relacionadas co temario, ben propostas pola profesora e/ou consensuadas previamente co alumnado.
Proba específica: 4 puntos.
Evidencia: Exame sobre o contido dos textos de lectura obrigatorios e sobre o contido traballado nas clases expositivas e interactivas. Os textos de lectura estarán a disposición do alumnado na aula virtual da materia. A modalidade de exame na primeira oportunidade será tipo test por mor do elevado número de matrícula na materia.
Produccións do alumnado: 4 puntos.
Evidencia: Realización do proxecto interdisciplinar de curso en colaboración coa materia "Didáctica e Profesión Docente". O proxecto detallaráse na Guía Docente da materia que estará a disposición do alumnado na aula virtual da materia.
Presentacións: 1 Punto.
Evidencia: Exposición pública do proxecto interdisciplinar de curso.
O alumnado cuxa asistencia esté por debaixo da porcentaxe que esixe a USC, non terá dereito a puntuación no apartado "seguimento e implicación na materia", e deberá acadar obrigatoriamente un mínimo de 5 puntos entre os restantes apartados do sistema de avaliación.
AVALIACIÓN PARA O ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL:
Sistema de avaliación para o alumnado con dispensa oficial ás clases teóricas.
Seguimento e implicación na materia: 1 Punto.
Evidencias para a avaliación deste apartado: Asistencia e participación en, alomenos, tres sesións de titoría (presenciais e/ou telemáticas) acordadas entre a docente e o alumno ou alumna de dispensa, e a un mínimo de dúas sesións prácticas acordadas previamente entre a profesora e o alumnado de dispensa. Amosar curiosidade científica a través, por exemplo, da busca de información complementaria sobre os temas que se traten nos documentos de traballo e, de selo caso, posta a disposición do grupo-clase. Realización dalgunha pequena tarefa relacionada co temario, proposta pola profesora e/ou consensuada previamente coa alumna/o.
Proba Específica: 4 puntos
Evidencia: Exame tipo test sobre o contido dos documentos de traballo obrigatorios específicos para o alumnado con dispensa. Este material estará a disposición do alumnado na aula virtual da materia. Algúns destes documentos coincidirán cos que se lle entregue ao alumnado asistente, porén outros documentos serán diferentes. Dun xeito ou outro, especificaráse claramente os documentos que serán para o alumnado con dispensa e os que serán para ambos os dous, asistentes e con dispensa.
Produccións do alumnado: 4 puntos
Evidencia: Realización do proxecto interdisciplinar de curso. Realizaráse de forma individual.
Presentacións: 1 Punto
Evidencia: Presentación oral do proxecto interdisciplinar de curso. Esta presentación realizaráse de maneira pública na sesión ou sesións destinadas ás exposicións do proxecto interdisciplinar do alumnado asistente, de non ser posible o alumnado con dispensa deberá presentalo a través da elaboración dun vídeo (na guía docente da materia se detallarán as condicións para a súa realización).
Para a superación da materia, o alumnado con dispensa deberá acadar un mínimo de cinco puntos entre todos os apartados que configuran a súa avaliación.
O alumnado (asistente e con dispensa) que non supere a materia na primeira oportunidade de xaneiro terá que presentarse a un exame en Xuño/Xullo. Neste caso o exame adoptará o formato de preguntas de desarrollo, de relación, de comentario de casos prácticos, comentario de textos, imáxenes, etc. A modalidade de exame será igual para o alumnado asistente que para o alumnado con dispensa pero o contido será distinto. No caso do alumnado asistente o exame versará sobre os contidos dos documentos de traballo obrigatorios para o alumnado asistente e, sobre o contido do traballo diariamente nas clases. No caso do alumnado con dispensa o exame versará sobre o contido dos documentos de traballo obrigatorios para o alumnado con dispensa.
A avaliación para o alumnado asistente e con dispensa en 2ª e/ou sucesivas convocatorias (alumnado repetidor), será aquel que se estableza nos cursos correspondentes para estes dous casos.
IMPORTANTE:
De conformidade co artigo 16 das “Normas para la evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y la revisión de calificaciones”, “la realización fraudulenta de cualquier ejercicio o prueba exigida en la evaluación de una asignatura supondrá la calificación de suspenso en la correspondiente convocatoria, independientemente del proceso disciplinario, si puede ser perseguido contra el estudiante infractor. Se considerará fraudulento, entre otros, la realización de obras plagiadas u obtenidas de fuentes accesibles al público sin reelaboración o reinterpretación y sin citas a los autores y fuentes".
O alumnado con diversidade funcional ou con necesidade de adaptacións ou apoio por características de NEAE (Necesidades Específicas de Apoyo Educativo) deberá comunicarse co SEPIU (Servicio de Promoción e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/
Nestes casos, é altamente recomendable realizar as xestións oportunas co SEPIU á maior brevedade posible.
Aulas Expositivas: Horas Presenciais (23). Horas de Traballo Autónomo (46). Total: 69
Aulas Interactivas: Horas Presenciais (23). Horas de Traballo Autónomo (46). Total: 69
Titorías: Horas Presenciais (3). Horas de Traballo Autónomo (7). Total: 10
Revisión xeral Traballo de Curso: Horas Presenciais (2). Horas de Traballo Autónomo (0). Total: 2
Totales: 150 horas
Recomendacións para a aprendizaxe:
- Asistencia e seguimiento das clases.
- Asistencia ás sesións de formación en competencias básicas organizadas pola biblioteca da USC.
- Asistencia a cursos, congresos, obradoiros... (presenciais e/ou telemáticos) relacionados coa educación e organizados pola Facultade, pola profesora da materia, pola USC e/ou por calquera outra institución u asociación relacionada coa educación, a infancia ou a nenez.
- Asistencia e/u participación en actividades culturais da USC e/ou de calquera outra institución ou organización.
- Seguimento diario do xornal e máis concretamente das novas, artigos, bandas deseñadas, viñetas de humor gráfico... relacionados coa educación e, en particular, coa escola, a infancia e a nenez.
- Lectura de libros sobre a escuela, a infancia e a profesión docente.
- Lectura de biografías sobre mestras/es.
- Lectura de bibliografía sobre Socioloxía da Educación.
- Ver curtametraxes, series, documentais e películas de contido social e, educativo.
- Visita periódica á biblioteca para consultar revistas especializadas de corte educativo e sociolóxico.
- Comezar a ter (se todavía non se tivo oportunidade) experiencias pre-profesionais que supoñan traballar con nenas e nenos en edade escolar como por exemplo como monitores/as de tempo de lecer, en actividades extraescolares, en actividades deportivas, en comedores escolares, no servizo de voluntariado da USC (ou doutras institucións), etc...
- Viaxar, na medida das posibilidades de cada quen, e focalizar a mirada naqueles aspectos que poidan estar relacionados co mundo da educación, da escola, dos nenos/as...
- Outras recomendacións máis xerais:
* Grandes doses de responsabilidade individual e colectiva á hora de realizar os traballos de grupo cos compañeiros/as. Isto é, compromiso coas tarefas; asistencia a cantas reunións de grupo de traballo se establezan; posta a disposición do grupo, da parte do traballo que corresponda e cumprimento con deber de envialo ao grupo, na forma e na data que este acordase.
* Preparación previa, de selo caso, de material que se vaia traballar na clase nos grupos expositivos e, sobre todo, interactivos.
* Atención a los plazos de entrega y presentación de los trabajos.
* Contacto coa profesora a través das titorías presenciais e/ou telemáticas para o seguimento da materia, e máis aínda no caso do alumnado con dispensa de asistencia ás clases teóricas.
*Asistencia regular a clase. A asistencia a clase non debe servir como un fin en si mesmo se non polos beneficios que poda conlevar: unha mellor comprensión e seguimento da materia, a posibilidade de adquirir, mellorar ou progresar no desenvolvemento das competencias da materia e a oportunidade de interactuar con outros compañeiros/as e aprender uns dos outros.
*Actitude positiva e boa disposición nas clases e en cantas actividades se realicen (charlas-coloquio ou otras).
*Curiosidade polo mundo da educación, do ensino, a infancia e a nenez temperá.
* Creatividade.
* Pensamiento reflexivo sobre o mundo da educación, da escola, do ensino, da infancia e da nenez.
*Compromiso ético.
*Compromiso social.
* Hábito lector.
* Competencia dixital a nivel básico.
Nesta materia é aconsellable a asistencia regular a clase, tanto pola propia dinámica que se establece nas sesións como pola propia natureza da materia.
Esta materia contará co apoio de materiais subidos á aula virtual. A profesora avisará, a través do correo da aula virtual, de que se subiu material. Porén, aconséllase entrar periódicamente na aula virtual.
A concreción deste programa, a modo de guía docente, subiráse á aula virtual da materia. O alumnado atopará na aula virtual a guía para a realización do proyecto de curso e, de selo caso, as indicacións para realizar calquera outro tipo de tarefa. Tamén atopará na aula virtual a bibliografía xeral da materia (debidamente actualizada), e a bibliografía de traballo específica. Asemade terá a su disposición recomendacións de libros, películas, curtametraxes, música.... sobre temática educativa.
Recoméndase entrar no correo institucional, alomenos 2 veces ao día.
O alumnado con dispensa deberá contactar coa profesora canto antes para manter unha primeira titoría presencial ou virtual.
Os horarios de titorías estarán a disposición do alumnado na páxina web da USC e no taboleiro anexo á porta do despacho número 106 (1º andar á man dereita), estes horarios modificaránse no segundo semestre.
Extensión telefónica: 21032. Teléfono directo: 982821032
Correo electrónico: martamaria.poncet [at] usc.es (martamaria[dot]poncet[at]usc[dot]es)
IMPORTANTE:
En aplicación do artigo 16 da "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, "a realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Marta Maria Poncet Souto
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 982821032
- Correo electrónico
- martamaria.poncet [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 20 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIS_03 | Castelán | Aula 20 |
13:30-15:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula 20 |
Mércores | |||
12:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 29 |
22.01.2024 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
21.06.2024 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |