Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer os fundamentos e principios das teorías curriculares e a súa aplicación aos procesos de ensino-aprendizaxe.
- Coñecer a normativa que guía o currículo en Educación Infantil e as súas implicacións na profesión docente.
- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe, tomando decisións curriculares contextualizadas e seleccionando estratexias e medios axeitados para a aprendizaxe en Educación Infantil.
- Realizar deseños de aula coherentes co currículo oficial que respondan á diversidade e á colaboración entre docentes, familias e comunidade.
- Identificar oportunidades de innovación curricular a través da avaliación e a investigación-acción, con propostas de mellora para o contexto de Educación Infantil.
Bloque 1. Bases teóricas e modelos curriculares.
1. Concepto de currículo e teorías curriculares.
2. Procesos de elaboración de currículos.
3. Modelos curriculares, planificación e análise de compoñentes do currículo. Modelos curriculares de Educación Infantil.
Bloque 2: Desenvolvemento Curricular en Educación Infantil.
4. Currículo oficial, función docente e tarefas curriculares do profesorado en Educación Infantil. O currículo de Educación Infantil en Galicia.
5. Decisións curriculares: do currículo oficial de Educación Infantil aos deseños de aula.
6. Estratexias e medios de ensino e aprendizaxe en Educación Infantil. Xogo e aprendizaxe.
Bloque 3. A innovación curricular: avaliación e mellora do currículo.
7. Avaliación, investigación-acción e innovación curricular.
Bibliografía básica:
Bermejo, B., e Ballesteros, C. (2014). Manual de didáctica general para maestros de Educación Infantil y de Primaria. Pirámide.
Gómez Hurtado, I., e García Prieto, F. J. (Coords.). (2021). Manual de didáctica general para la diversidad. Pirámide.
Medina, A. M., e Bohari, P. (2025). Innovación didáctica. Desarrollo curricular para la mejora del proceso enseñanza-aprendizaje. Editorial Universitas.
Zabalza, M. A. (2016). Diseño y desarrollo curricular. Narcea.
Bibliografía complementaria:
Bolívar, A. (2008). Didáctica y Currículum: de la modernidad a la postmodernidad. Aljibe
Cantón, I., e Pino- Juste, M. (2014). Diseño y desarrollo del currículum. Alianza Editorial.
Dans, I., e Varela, C. (2022). La programación didáctica. Elementos básicos. Editorial Universitas.
Escamilla, A. (2015). Proyectos Para Desarrollar Inteligencias Múltiples y Competencias Clave. Graó.
Gimeno, J. (2011). Diseño, desarrollo e innovación del currículum. Morata.
Ponce de León, A., e Alonso, R. A. (Coords.). (2023). Unidades de programación en Educación Infantil. Elaboración paso a paso a partir de situaciones de aprendizaje. Editorial CCS.
Puig, M., e Rodríguez-Marín, F. (2018). La enseñanza del entorno en Educación Infantil: proyectos y rincones. Pirámide.
Reimers, F., e Chung, C. K. (2016). Enseñanza y aprendizaje en el siglo XXI: metas, políticas educativas y currículo en seis países. Fondo de Cultura Económica (FCE).
Romera, E. M., e Ortega-Ruiz, R. (2018). Psicología de la Educación Infantil. Graó.
López Rupérez, F. (2020). El currículo y la educación en el siglo XXI. Narcea.
López Rupérez, F. (2022). El enfoque del currículo por competencias. Un análisis de la LOMLOE. Revista Española de Pedagogía, 80(281), 55-68.
Sanmartí, N. (2020). Evaluar y aprender: un único proceso. Octaedro.
Trueba, B. (2015). Espacios en armonía. Propuestas de actuación en ambientes para la infancia. Octaedro.
Zabalza, M. A. (2008). Didáctica de la Educación Infantil. Narcea.
Competencias xerais:
CX1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
CX2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
CX3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos/as estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
CX4 - Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
CX5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia
CX7 - Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular, da televisión na primeira infancia.
CX8 - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
CX9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
CX11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellora o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo nos/as estudantes.
Competencias básicas:
CB1 - Que os/as estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os/as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os/as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os/as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os/as estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Transversais:
CT2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
CT3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
Competencias Específicas:
CE19 - Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
CE20 - Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos/as estudantes.
CE21 - Saber traballar en equipo con outros/as profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
CE22 - Atender as necesidades dos/as estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
A materia combinará, por unha banda, sesións de carácter expositivo a través das exposicións de cuestións teóricas por parte da docente, co apoio de diferentes recursos audiovisuais e o emprego de fontes documentais complementarias que favorezan a presentación dos contidos e a adquisición de coñecementos; e por outro, as sesións interactivas, de carácter práctico, nas que o obxectivo será profundar nos contidos traballados a través de actividades aplicadas de corte individual e/ou grupal, nas que se analizarán documentos, contextos e situacións educativas, experiencias reais,...
A metodoloxía que se seguirá busca a participación e implicación activa dos/as estudantes nas que diferentes actividades, especialmente no que ten que ver coa procura, experimentación, reflexión e aplicación dos coñecementos. Por iso, propoñeranse actividades prácticas nas que, a partir da colaboración, interpretaranse diferentes realidades e contextos educativos coa intención de resolver problemáticas e xerar pautas de acción ante situacións educativas que son definidas pola docente.
Sitúase ao/á estudante no centro do esquema formativo, confiando na reflexión como elemento esencial no proceso de ensino-aprendizaxe, pois a análise, interpretación, reelaboración e contraste dos contidos traballados dará lugar ao desenvolvemento de capacidades e habilidades desde os que comprender os principios teóricos e aplicados. Por tanto, recórrese ao traballo cooperativo entre iguais como unha estratexia didáctica de gran relevancia para a materia, dando prioridade á participación activa, consciente e responsable.
As ferramentas dispoñibles no Campus Virtual (Moodle) e outras de Microsoft, baixo licenza institucional da USC, preséntanse como un recurso esencial para facilitar todos os materiais necesarios e complementarios, entregar actividades/traballos, dar soporte a foros, comunicar calquera información de interese, recibir un feedback das tarefas realizadas e, en definitiva, para favorecer a interacción entre o profesorado e o/a estudante.
Así mesmo, considérase a posibilidade de que, no marco da materia, realicen algunha saída/práctica de campo e/ou participen nun proxecto de ApS.
O sistema de avaliación de aprendizaxes contempla as seguintes actividades:
- Realización dunha proba final (50%).
- Dossier prácticas (individual ou grupal) (25%), no que se recollerán as diferentes actividades que o/a estudante realizará nas sesións interactivas.
- Traballo monográfico grupal (15%), cuxa temática específica será acordada coa docente ao comezo do semestre.
- Exposicións orais (10%).
Para obter unha valoración positiva na materia será necesario ter realizadas e entregadas todas as actividades de avaliación anteriormente enumeradas, así como ter alcanzado unha valoración suficiente en cada unha delas (5 sobre 10).
Este sistema de avaliación tamén se aplicará ao/á estudante que curse a materia en segunda ou posteriores convocatorias.
Tendo en conta a Instrución 1/2017, da Secretaría Xeral da USC, o/a estudante que teña concedida dispensa de asistencia a clase seguirá a mesma estrutura de avaliación (proba final, dossier de prácticas e traballo monográfico). Nestes casos, no que respecta ao traballo monográfico grupal, acordarase ao comezo do semestre a adaptación correspondente para que poida ser abordado individualmente.
Pola súa banda, o/a estudante con exención de docencia para as sesións expositivas asistirá ás sesións interactivas e elaborará as actividades prácticas cos seus compañeiros e compañeiras, así como o traballo monográfico grupal, polo que seguirá, sen modificacións, o sistema de avaliación. Ademais, deberá realizar a proba final.
Do mesmo xeito que os/as estudantes asistentes, aqueles/as que se acollan á exención ou dispensa de docencia deberán ter aprobadas todas as actividades de avaliación (5 sobre 10) para superar a materia. Nestes casos, é obrigatorio asistir a unha titorías nos 15 días seguintes á notificación da condición de dispensa ou exención, co obxectivo de abordar o sistema de traballo e avaliación.
Este programa axústase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nos ensinos oficiais de Grao e Máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
En concreto, nesta materia é obrigatorio asistir ao 80% das sesións, tanto expositivas como interactivas. A asistencia a esta porcentaxe de sesións é preceptiva para examinar na primeira oportunidade (mes de xaneiro), así como para entregar os traballos da materia. Con anterioridade á realización das probas publicarase no Campus Virtual a listaxe dos/as estudantes que satisfaga o requisito de asistencia e que, consecuentemente, terá dereito a examinarse. Quen non cumpra con esta porcentaxe (exceptuando as ausencias xustificadas), terá que examinarse en segunda oportunidade (mes xuño/xullo), momento no que ademais deberá entregar un traballo práctico individual que será previamente acordado coa profesora da materia, e que substituirá ao dossier de prácticas e ao traballo monográfico grupal.
No que respecta aos/ás estudantes que curse a materia en segunda ou posteriores convocatorias, deberá cumprir os criterios de asistencia ordinarios anteriormente indicados.
A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación da materia implicará a cualificación de “suspenso” na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor/a. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos/as autores/as e ás fontes (Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificación – aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017).
O proceso de ensino-aprendizaxe da materia apóiase en tres requisitos esenciais:
- A participación activa nas sesións e actividades de aula.
- O traballo individual ou en pequeno grupal, segundo o indicado pola docente, para realizar as prácticas.
- O estudo individual e autónomo, que terá que apoiarse en lecturas complementarias ao longo do semestre.
O tempo estimado de dedicación dos/as estudantes á materia organízase do seguinte modo:
Horas presenciais (51 horas):
- Clases expositivas: 21 horas (24 horas)
- Prácticas de seminario: 21 horas (24 horas)
- Titorías de traballo do curso: 3 horas
Horas non presenciais (99 horas):
- Elaboración das actividades prácticas e informes: 40 horas.
- Lectura e análise de documentos: 29
- Estudo persoal: 30 horas
Para o estudo da materia, recoméndase:
- Asistencia regular ás sesións de clase e implicación activa nas mesmas.
- Estudo continuado dos contidos teóricos traballados nas sesións expositivas, o que permitirá expoñer dúbidas e formular aclaracións de forma inmediata.
- Consulta e análise dos documentos recomendados na bibliografía do presente programa, a fin de complementar os contidos abordados na aula.
- Seguimento e dedicación en todas as actividades prácticas, ben sexan individuais ou en pequeno grupo.
- Planificación coherente e axustada das tarefas (distribución de tempos, esforzos e diálogo constante coa docente).
- Uso axeitado das titorías ao longo do semestre.
- Coidar os aspectos formais (redacción, coherencia, claridade, exposición…) tanto nas actividades prácticas (dossier de prácticas e traballo monográfico) como na proba final.
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL
Os traballos realizados polos/as estudantes entregaranse a través da aula virtual. Excepcionalmente, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
Se nalgún momento se esixise a entrega de traballos en papel para a materia, é necesario ter en conta as seguintes indicacións: evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios; sempre que sexa posible, empregar grampas no canto de encadernados; imprimir as dúas caras en calidade “aforro de tinta”; non facer uso de folios en branco como separadores de capítulos ou partes; e evitar anexos que non teñan relación directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos encomendados. Para máis información: prol-assetsusc.azureedge.net/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1efUER3ou85f5lb1ZY/1673868829/public/paragraphs/more_info_service/2023-01/linguaxe_non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
CONTA RAI
É obrigatorio que os/as estudantes fagan uso da conta de correo electrónico @rai.usc.es
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá facer uso do teléfono móbil, salvo cando se utilice como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o/a estudante das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axustado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Débese ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é de carácter privado. Enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre a docente e os/as estudantes matriculados na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
É obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos, pode ser consultada na seguinte ligazón: https://www.usc.gal/es/politica-privacidade-proteccion-datos.
Eva María Barreira Cerqueiras
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821017
- Correo electrónico
- evamaria.barreira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jesica Nuñez Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Correo electrónico
- jesica.nunez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_03 | Galego | Aula 23 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Aula 23 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Galego | Aula 23 |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 29 |
19.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
26.06.2026 19:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 21 |