Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica e Organización Escolar
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia están relacionados con diversas funcións propias do rol docente: papel do mestre no século XXI, perfeccionamento e adaptación aos cambios científicos, sociais e pedagóxicos durante a vida profesional; reflexión sobre a aceptación de normas, respecto aos demais, promoción da autonomía e a singularidade; a educación das emocións, os sentimentos e os valores da primeira infancia, etc. Particularmente, queremos que os alumnos e alumnas en formación poidan:
-Coñecer as características da sociedade actual e o seu impacto na educación.
-Comprender cal é o sentido da educación na sociedade actual.
-Analizar o papel do mestre de educación infantil hoxe, tomando conciencia das condicións nas que se desenvolve a profesión docente.
-Comprender, planificar, desenvolver e valorar a práctica docente no ensino infantil.
1. PROFESIONALIZACION DOCENTE
1.1. O ensino como actividade profesional
1.2. Características da profesión docente: autonomía, illamento profesional, feminización, carreira docente plana e malestar docente
1.3. As culturas profesionais: individualismo fragmentado, balcanización, colexialidade forzada e colaboración
2. O PAPEL DO MESTRE DE EDUCACIÓN INFANTIL NA SOCIEDADE DO COÑECEMENTO
2.1. Quen é?: identidade profesional
2.2. O mestre de educación infantil e as necesidades sociais
2.3. Modelos de profesor
2.4. Tarefas e funcións
2.5. Posibilidades e límites
3. A PRÁCTICA DOCENTE NA EDUCACIÓN INFANTIL
3.1. Caracterización
3.2. Posibles nodos problemáticos
3.3. Prácticas de aula, innovación e mellora
4. A FORMACIÓN E O DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL DO MESTRE DE EDUCACIÓN INFANTIL
4.1. Formación ao longo da vida: da estrutura de formación a concepto "life long learning"
4.2. Modelos e modalidades de formación
4.3. Institucións e axentes de formación
4.4. A investigación sobre a formación: marcos conceptuais, metodoloxías, resultados e axenda de futuro
4.5. Demandas e desafíos
A) BÁSICA:
-Fernández Tilve, M. D. (2006). Modalidades de formación y desarrollo profesional docente. Santiago de Compostela: Concello de Sanxenxo.
-Zabalza Beraza, M. A. y Zabalza Cerdeiriña, M. A. (2012). Profesores y profesión docente. Madrid: Narcea.
B) COMPLEMENTARIA:
-Carbonell, J. (2000). La aventura de innovar. Madrid: Morata.
-Calvo, G. G. y Barba, J. J. (2014). Formación permanente y desarrollo de la identidad reflexiva del profesorado desde las perspectivas grupal e individual. Profesorado: Revista de currículum y formación del profesorado, 18(1), 398-412.
-Colen, M. y Jarauta, B. (2010). Tendencias de la formación permanente del profesorado. Horsori: Barcelona.
-Elliot, J. (1990). La investigación-acción en educación. Madrid: Morata.
-Fernández Cruz, M. (1995). Ciclos en la vida profesional de los profesores. Revista de Educación, 306, 153-203.
-Fernández Pérez, M. (1994). Las tareas de la profesión de enseñar. Madrid: Siglo Ventiuno.
-Fernández Tilve, M. D. y Fernández Suárez, G. F. (2016). La escuela de ayer, hoy y mañana. Claves y desafíos. Madrid: Dykinson.
-Fullan, M. (2011). Mejoras en colegios: requisitos para la formación de profesores. Pensamiento Educativo, 41(2), 293-314.
-García-Ruiz, R. y Castro Zubizarreta, A. (2012). La formación permanente del profesorado basada en competencias. Estudio exploratorio de la percepción del profesorado de Educación Infantil y Primaria. Educatio Siglo XXI, 30(1), 297-322.
-Jackson, Ph. W. (1992). La vida en las aulas. Madrid: Morata.
-Marcelo, C. (1994). Formación del profesorado para el cambio educativo. Barcelona: PPU.
-Marcelo, C. (2001). La función docente. Barcelona: Síntesis.
-Montero, L., Fernández Vázquez, J. R. y Fernández Tilve, M. D. (2002). Profesionalización do profesorado e demandas sociais: desafios e respostas. En J. M. Vez , M. D. Fernández Tilve y S. Pérez Domínguez (Coods.), Políticas educativas na dimensión europea. Interrogantes e reflexións no umbral do terceiro milenio (pp. 111-131). Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones e Intercambio Científico de la Universidad de Santiago de Compostela.
Pérez Gómez. A., Barquín, J. y Angulo Rasco, F. (1999). Desarrollo profesional del docente. Política, investigación y práctica. Madrid: Akal.
-Villar, L.M. (Coord.) (1996). La formación permanente del profesorado en el nuevo sistema educativo de España. Barcelona: Oikos-tau.
-Zabalza, M. A. (1987). Didáctica de la Educación infantil. Madrid: Narcea.
-Zabalza Beraza, M. A. (1996). Calidad en la educación infantil. Madrid: Narcea.
Os alumnos e alumnas ao finalizar a materia deben ter adquiridas competencias diversas:
1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS: G2, G3, G4, G5, G9, G11, CB2, CB3, CB4, CB5.
G2: Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e evolutiva.
G3: Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas dos estudantes, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G4: Fomentar a convivencia na aula e fóra dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Observar sistemáticamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5: Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G9: Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G11: Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
CB2: Que os estudiantes sepan aplicar os seus coñecementos ao seu traballo dunha forma profesional e posean as competencias que soen demostrase por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3: Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científico o ético.
CB4: Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5: Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
2. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS: E19, E20, E21, E22.
E19: Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente.
E20: Valorar a importancia da estabilidade e a regularidade na contorna escolar, os horarios e os estados de ánimo do profesorado como factores que contribúen ao progreso harmónico e integral dos estudantes.
E21: Saber traballar en equipo con outros profesionais de dentro e fóra do centro na atención a cada estudante, así como na planificación das secuencias de aprendizaxe e na organización das situacións de traballo na aula e no espazo de xogo, identificando as peculiaridades do período 0-3 e do período 3-6.
E22: Atender as necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
3. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS: T2, T3.
T2: Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3: Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
O traballo desta materia estará orientado por tres principios metodolóxicos: non sustitución dos alumnos/as, interacción teoría-práctica e diversidade metodolóxica. As actividades didácticas realizaranse na aula ordinaria e virtual a través de estratexias tales como: traballo en pequenos grupos, representación de roles, relatos, estudo de casos, videoforum, exposición oral, traballo en parellas, visitas profesionais, traballo individual, debates, libroforum, elaboración de informes e supostos prácticos.
A posta en práctica deste conxunto de técnicas esixirá o traballo previo sobre determinados materiais de aprendizaxe que utilizaremos como marco de referencia e que estarán dispoñibles na aula virtual da materia. Así mesmo, os estudantes terán a súa disposición unha bibliografía básica e complementaria. A clase, polo tanto, non será un espazo exclusivo de recollida de notas. Máis ben será un lugar para a interacción constante entre a teoría e a práctica. En calquera caso, buscarase a participación activa do estudantado no proceso de construción do coñecemento profesional, mediante a interpelación de ideas e conceptos desde a experiencia persoal de cada quen, especialmente nas sesións interactivas.
No escenario 1 (normalidade adaptada) a docencia expositiva e interactiva será presencial. A acción titorial farase de xeito presencial e non presencial.
No escenario 2 (distanciamento) convivirá a docencia presencial coa non presencial. No caso da docencia non presencial levarase a cabo mediante Teams (ferramenta corporativa da USC) e o Campus Virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos. Para reforzar o contacto entre docente-discente, fomentar a continuidade do proceso e garantir a equidade da presencialidade na formación de todo o alumnado, a docencia organizarase nun ciclo de tres tipos de semanas que se repetirá durante todo o semestre e unha división á metade dos grupos, con rotación de presencialidade entre eles, garantindo así que todo o alumnado en condicións de igualdade desfrute da maior presencialidade posible. Isto é:
-S1 (Semana 1): Semana con docencia non presencial.
-S2 (Semana 2): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (grupos divididos á metade).
-S3 (Semana 3): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (con rotación dos grupos divididos).
A profesora ao inicio do semestre publicará na aula virtual da materia a distribución a metade do alumnado dos grupos interactivos e expositivos, atendendo á orde alfabética, Así mesmo, publicará na devandita aula as sesións non presenciais que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos que se desenvolverán ditas sesións. As titorías realizaranse de maneira presencial e non presencial.
No escenario 3 (peche das instalacións) as sesións de clase serán non presenciais na súa totalidade, a través de Teams e do Campus Virtual, con carácter síncrono (mínimo 50%) e asíncrono. A profesora publicará na aula virtual da materia as sesións que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións. As actividades realizadas enviaranse á aula virtual da materia (tarefa, anexando arquivo en formato pdf). A titoría será non presencial.
A avaliación do proceso ensino-aprendizaxe (E-A) realizarase en tres grandes momentos: antes, durante e despois do proceso E-A. Farase, polo tanto, unha avaliación inicial, unha avaliación de proceso e unha avaliación de resultados.
A avaliación inicial levarase a cabo a través da elaboración e exposición dun relato grupal por parte dos estudantes. A avaliación de proceso desenvolverase mediante a valoración da participación activa dos alumnos/as nas tarefas a desenvolver (lectura e análise de documentos de traballo, representación de roles, realización de informes, etc.). A avaliación de resultados realizarase a través dunha proba escrita, con material e que esixirá unha actividade reconstrutiva.
Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula (80%), para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias terase en conta a participación dos estudantes na aula (10%), a realización de tarefas de curso (20%) e a proba final (70%). Este criterio de avaliación será aplicable para a primeira oportunidade. Na segunda oportunidade o alumnado terá que realizar a proba final para superar a materia.
No escenario 1 a proba final será de carácter presencial. No escenario 2 a proba final será telemática, de carácter asíncrono. No escenario 3 a proba final será telemática, de carácter asíncrono.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa a clase para superar a materia terá que realizar o exame correspondente para superar a materia. Para a preparación do mesmo terá á súa disposición os materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia, a bibliografía básica e complementaria do programa da materia e a atención titorial por parte da profesora. No caso dos exames fin de carreira convén lembrar que o sistema de avaliación segue o especificado no programa do curso anterior.
Os traballos individuais e/ou grupais dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega de traballos copiados supoñerá o suspenso da materia e a avaliación do alumnado na seguinte convocatoria. A efectos de avaliación, un traballo non poderá presentarse para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada. Polo tanto:
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Tendo en conta que a asignatura comprende un espazo de 6 ECTS faremos a seguinte distribución:
A) TRABALLO PRESENCIAL DO ALUMNO:
-Clases expositivas: 24 h.
-Clases interactivas (seminario): 24 h.
-Horas de titorías: 3 h.
Total: 51 h.
B) TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
-Estudo autónomo:35.
-Lecturas a realizar:45 h.
-Realización de traballos:17 h.
-Proba de avaliación: 2 h.
Total: 99 h.
TOTAL HORAS (25h/cr x 6 ECTS)=150 h.
Os alumnos e alumnas que cursen esta materia terán que realizar unha lectura atenta e crítica dos textos suxeridos pola profesora, para así manexarse de xeito preciso nos conceptos propios da disciplina e as súas aplicacións prácticas. Tamén resulta convinte que o alumnado participe activamente nas tarefas de aula propostas, tanto presenciais como virtuais.
Recoméndase a utilización da titoría para recibir as aclaracións oportunas, o apoio e as directrices que faciliten a aprendizaxe da materia.
O traballo constante ao longo da materia, así como o estudo persoal constitúen un piar fundamental no proceso de aprendizaxe.
Faise necesario empregar o correo electrónico da USC (conta RAI) na comunicación coa profesora.
A normativa de protección de datos pode consultarse en: http://www.usc.gal/gl/norma:va/protecciondatos/index.html.
Con relación á utilización do móbil: "Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo".
As recomendacións contempladas neste apartado deben considerarse nos escenarios 1, 2 e 3.
Este programa é unha proposta flexible que pode ser modificada na medida en que as circunstancias concretas da súa posta en práctica o requiran.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia teranse en conta as seguintes indicacións:
-Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
-Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
-Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
-Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
-Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
PLAN DE CONTINXENCIA
As actividades realizaranse na aula ordinaria e virtual a través de estratexias tales como: traballo en pequenos grupos, representación de roles, relatos, estudo de casos, videoforum, exposición oral, traballo en parellas, visitas profesionais, traballo individual, debates, libroforum, elaboración de informes e supostos prácticos. A posta en práctica deste conxunto de técnicas esixirá o traballo previo sobre determinados materiais de aprendizaxe que utilizaremos como marco de referencia e que estarán dispoñibles na aula virtual da materia. Así mesmo, os estudantes terán a súa disposición unha bibliografía básica e complementaria. A clase, polo tanto, non será un espazo exclusivo de recollida de notas. Máis ben será un lugar para a interacción constante entre a teoría e a práctica.
No escenario 2 convivirá a docencia presencial coa non presencial. No caso da docencia non presencial levarase a cabo mediante Teams (ferramenta corporativa da USC) e o Campus Virtual, con mecanismos síncronos e asíncronos. Para reforzar o contacto entre docente-discente, fomentar a continuidade do proceso e garantir a equidade da presencialidade na formación de todo o alumnado, a docencia organizarase nun ciclo de tres tipos de semanas que se repetirá durante todo o semestre e unha división á metade dos grupos, con rotación de presencialidade entre eles, garantindo así que todo o alumnado en condicións de igualdade desfrute da maior presencialidade posible. Isto é:
-S1 (Semana 1): Semana con docencia non presencial.
-S2 (Semana 2): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (grupos divididos á metade).
-S3 (Semana 3): Semana con docencia mixta presencial e non presencial (con rotación dos grupos divididos).
A profesora ao inicio do semestre publicará na aula virtual da materia a distribución a metade do alumnado dos grupos interactivos e expositivos, atendendo á orde alfabética, Así mesmo, publicará na devandita aula as sesións non presenciais que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos que se desenvolverán ditas sesións. As titorías realizaranse de maneira presencial e non presencial.
No escenario 3 as sesións de clase serán non presenciais na súa totalidade, a través de Teams e do Campus Virtual, con carácter síncrono (mínimo 50%) e asíncrono. A profesora publicará na aula virtual da materia as sesións que se levaran a cabo de forma síncrona e asíncrona e informará dos medios dixitais a través dos cales se desenvolverán ditas sesións. As actividades realizadas enviaranse á aula virtual da materia (tarefa, anexando arquivo en formato pdf). A titoría farase de xeito non presencial.
Establecida a obrigatoriedade da asistencia ás actividades de aula (80%), para emitir un xuízo de valor sobre o logro das competencias terase en conta a participación activa dos estudantes na aula (10%), a realización de tarefas de curso (20%) e a proba final (70%). Este criterio de avaliación será aplicable para a primeira oportunidade. Na segunda oportunidade o alumnado terá que realizar a proba final para superar a materia.
No escenario 2 a proba final realizarase de maneira telemática, de carácter asíncrono. No escenario 3 a proba final levarase a cabo de xeito telemático, de carácter asíncrono.
O alumnado con exención oficial de docencia e dispensa a clase para superar a materia terá que realizar o exame correspondente para superar a materia. Para a preparación do mesmo terá á súa disposición os materiais de aprendizaxe na aula virtual da materia, a bibliografía básica e complementaria do programa da materia e a atención titorial por parte da profesora.
Lucia Casal De La Fuente
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821069
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Julia Maria Crespo Comesaña
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813808
- Correo electrónico
- juliamaria.crespo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Carmen Gomez Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - B) + Dobre Grao | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
Xoves | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIS_03 (Mas - Z) | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_02 (C - Mar) | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 32 |
12.01.2021 09:00-11:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
22.06.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |