Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
Áreas: Lingüística Xeral
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Xerais
Educación e Linguas en Galicia, materia optativa do grao en Mestre/a de E. Infantil, pretende formar o seu alumnado nos factores sociolingüísticos, psicopedagóxicos e lexislativos que condicionan a práctica educativa nun contexto con dúas linguas oficiais.
En concreto:
1. Valorar a diversidade lingüística como patrimonio colectivo da humanidade e os esforzos individuais e institucionais para conservala.
2. Tomar conciencia dos factores sociolingüísticos e psicopedagóxicos que se deben ter en conta nun sistema escolar con varias linguas e coñecer os principais modelos de ensino bilingüe ou multilingüe plurilingüe.
3. Coñecer os principais indicadores da situación sociolingüística de Galicia e o seu reflexo no ámbito escolar.
4. Coñecer e valorar o modelo lingüístico escolar de Galicia e os aspectos fundamentais da lexislación que o regula.
5. Comprender a transcendencia da planificación lingüística no sistema educativo galego e ser quen de participar con criterio na elaboración do Proxecto Lingüístico de Centro.
2. Coñecementos (saber)
a. O papel da comunicación, da interculturalidade e da diversidade lingüísticas na aprendizaxe das linguas
b. A natureza das situacións multilingües e a súa relación co ensino e aprendizaxe das linguas
c. Os determinantes da situación sociolingüística galega, especialmente no ensino
d. As bases da planificación lingüística escolar galega e o modelo vixente
e. Contidos básicos sobre o ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe
3. Procedementos (saber facer)
a. Aplicar coñecementos sobre as linguas, as súas funcións e as situacións multilingües ao ensino e aprendizaxe das mesmas
b. Analizar casos e modelos educativos multilingües e saber aplicalos a situacións concretas
c. Resolver problemas relacionados co ensino e aprendizaxe das linguas
d. Analizar exemplos relacionados coa situación sociolingüística galega, especialmente na idade infantil
e. Operar con criterios e instrumentos propios da planificación lingüística escolar
f. Aplicar principios do ensino das linguas desde a perspectiva plurilingüe a partir do MECR
g. Potenciar as capacidades comunicativas do alumnado
4. Actitudes (saber ser)
a. Amosar actitudes positivas e respectuosas cara á diversidade lingüística como unha riqueza expresiva e cultural
b. Valorar a importancia destas actitudes para o ensino e aprendizaxe das linguas
Tema 1. Comunicación, interculturalidade e diversidade lingüística. As situacións multilingües e o seu valor social e educativo.
1.a. Unidade e variedade lingüística no mundo actual: comunicación, cultura e diversidade. As linguas na UE. Directrices europeas para a organización educativa do multilingüismo.
1.b. Dimensión social, cognitiva e educativa do plurilingüismo
1.c. O desenvolvemento da conciencia metalingüística cara á variación lingüística na etapa infantil.
Tema 2. A planificación lingüística escolar en contextos multilingües.
2.a. A política e a planificación lingüística. Presentación de conceptos básicos. Fixación de teorías e tipos a partir da observación de distintas realidades multilingües.
2.b. Fases e actividades da planificación lingüística. Planificación formal da lingua fronte a planificación funcional. Normativización fronte a normalización. O papel da escola nas distintas fases e actividades.
2.c. Factores influintes na planificación lingüística. Condicións de éxito das intervencións planificadoras. Alcances e límites do sistema educativo como instrumento para o fomento do multilingüismo.
Tema 3. Aplicacións ao caso galego. A situación sociolingüística de Galicia e a súa relación co sistema educativo. As linguas no sistema educativo galego.
3.a. A lingua vehicular na primeira escolarización: evolución das disposicións legais a partir das decisións de inicio tomadas na LNL’83 (lingua materna e non segregación). A situación legal actual.
3.b. A lingua vehicular no ensino primario e secundario: da non fixación cualitativa nin cuantitativa ao establecemento de directrices de ambos os tipos. As seccións bilingües: orixe e marco legal actual.
3.c. Outros usos lingüísticos escolares: administración, sinaléctica, normalización/dinamización.
3.d. O Proxecto Lingüístico de Centro no Decreto para o plurilingüismo (2010): funcionalidade e posibilidades. Análise de proxectos reais.
ANDRADE, A. I. e MARTINS, F. (Coord)(2007): Abordar as línguas, integrar a diversidade nos primeiros anos de escolaridade, Aveiro, Universidade de Aveiro.
AMENGUAL, M., M. JUAN & J. SALAZAR (eds). (2006). Adquisición y aprendizaje de lenguas en contextos plurilingües, ensayos y propuestas aplicadas. Universitat de les Illes Baleares (Actas AESLA). http://books.google.es/booksid=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#v=
onepage&q&f=false
BAKER, C. (1997). Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid: Cátedra
BAKER, C. & S. PRYS JONES (eds.) (1998). Encyclopedia of bilingualism and bilingual education. Clevedon: Multilingual Matters.
CANDELIER, M. (cood.) (2012): CARAP. Cadre de Référence pour les Approches Plurielles des Langues et des Cultures, Conseil de l'Europe/Centre Européen pour les Langues Vivants.
COUNCIL OF EUROPE (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33) http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Guidelines_EN.pdf
COUNCIL OF EUROPE (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias. http:// www.galego.org/lexislacion/europea/carta.html
COUNCIL OF EUROPE (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment / Un cadre européen commun de référence pour les langues: apprendre, enseigner, évaluer. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco europeo común de referencia para as linguas: aprendizaxe, ensino, avaliación. http://www.usc.es/snl/forma/marco.pdf http://www.coe.int/t/dg4/linguistic/Source/Framework_EN.pdf
COUNCIL OF EUROPE (2001b). A Common European Framwork of Reference for Languages: Learning, Teaching, Assessment – A General Guide for Users. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV-EDULANG (2001) 1) http://www.coe.int/T/DG4/Portfolio/documents/Guide-for-Users-April02.doc, http://books.google.es/books?id=PN0UZBjwLokC&printsec=frontcover&hl=es#…
DÍAZ GARCÍA, M. T., I. MAS ÁLVAREZ & L. ZAS VARELA (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. A Coruña: TresCtres.
FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
FERNÁNDEZ PAZ, A., A. LORENZO SUÁREZ & F. RAMALLO (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia.
PALACIOS MARTÍNEZ, I. (dir.) (2019). Diccionario electrónico de enseñanza y aprendizaje de lenguas. https://www.dicenlen.eu/es.
UNESCO (1996). Declaración Universal de los Derechos Lingüísticos
WARDHAUGH, R. (1992). Introducción á sociolingüística. Santiago de Compostela: Universidade de Santiago de Compostela.
WURM, S. A. (ed.) (2001). Atlas de las lenguas del mundo en peligro de desaparición. París: Unesco.
XUNTA DE GALICIA (2004): Plan xeral de normalización da lingua galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Competencias xerais
G.6. Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
Competencias específicas
E.13. Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan a educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalidade; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sostible.
E.48. Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
Competencias básicas
B.1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da Educación Secundaria xeral e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoie en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que se demostran por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reuniren e interpretaren datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
Competencias transversais
T.2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T.3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T.4. Competencia informacional.
Esta asignatura adopta un enfoque de aprendizaxe reflexivo, que esixe do alumnado unha participación activa en todas as actividades do programa do curso e unha continua relación entre os contidos que se tratan nas sesións e os coñecementos previos do estudante e as súas experiencias de ensino ou aprendizaxe de linguas.
1. SESIÓNS EXPOSITIVAS
Nas clases expositivas de gran grupo trataranse os contidos que supoñan una maior dificultade de comprensión. Partirase dos conceptos máis básicos e universais, fundamento do contido da asignatura. Atenderanse, ademais, as dificultades iniciais de aprendizaxe. Esta apoiarase inicialmente na exposición da profesora e será implementada polas correspondentes actividades prácticas relacionadas cos contidos desa exposición de xeito que se facilite o desenvolvemento das competencias previstas.
2. SESIÓNS INTERACTIVAS
As clases interactivas de grupo reducido consistirán no emprego de recursos de aprendizaxe como o debate, o estudo de casos, etcétera, de modo que supoñan unha considerable participación activa do alumnado e do grupo. Nestas sesións o alumnado deberá deseñar actividades de conciencia metalingüística propias desta etapa educativa cunha finalidade aplicada.
Así, búscase favorecer o desenvolvemento de competencias do tipo análise / síntese, pensamento crítico, comunicativas, etcétera, ademais das propias do módulo e da asignatura.
3. TITORÍAS DOCENTES PROGRAMADAS
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á asignatura.
4. ACTIVIDADES NON PRESENCIAIS
No traballo persoal do alumnado prestarase especial atención á lectura, ao comentario, ao debate, etcétera de documentos e á exposición dos seus traballos, para potenciar as súas capacidades comunicativas (especialmente falar en público), a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo, etcétera.
Utilizarase a plataforma do Campus Virtual da USC como ferramenta para a interacción entre o profesorado e o alumnado da materia.
5. ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN
Na avaliación atenderase fundamentalmente ao grao de consecución das competencias traballadas nas sesións expositivas, nas interactivas e nas titoriais.
A avaliación das aprendizaxes estará guiada polos obxectivos e polas competencias recollidas neste programa e deberá permitir medir o seu grao de consecución. O alumnado pode seguir a avaliación continua na primeira oportunidade e de non ser así, poderá realizar unha proba na segunda oportunidade.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
O alumnado debe ter en conta que a asistencia ás clases expositivas e aos seminarios interactivos é obrigatoria. No caso de que as ausencias inxustificadas estean próximas ao 20% o profesorado responsable poderá indicar a obriga de realizar algún traballo complementario para poder superar a materia na primeira oportunidade.
A avaliación será continua. Este sistema de avaliación terá en conta a participación, o traballo individual, as actividades grupais e actividades avaliables segundo a seguinte ponderación:
a) Actividades avaliables: 70%.
b) Tarefa final individual: 30%.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
A avaliación consistirá nunha tarefa final. Esta tarefa final suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
A avaliación consistirá nunha tarefa final. Esta tarefa final suporá o 100% da nota e incluirá cuestións teóricas e prácticas sobre os contidos do programa. Este sistema de avaliación será aplicado tanto na primeira como na segunda oportunidade.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Como consta na Memoria da titulación, nesta asignatura está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, das que 51 corresponden a traballo presencial na aula e 99 a traballo autónomo e preparatorio. Sobre o traballo do alumnado, á parte das orientacións que o profesorado vaia dando a coñecer, véxase o apartado 9 deste programa sobre recomendacións.
Resulta imprescindible o estudo continuado da materia a medida que esta se desenvolve, de maneira que é conveniente e de obrigrado cumprimento para optar a avaliación continua a asistencia regular ás clases expositivas e interactivas, así como a preparación dos contidos das mesmas.
PLAN DE CONTINXENCIA
1. Para todos os escenarios previstos a bibliografía básica da asignatura estará dispoñible no Campus Virtual da materia.
2. A metodoloxía de ensino será a mesma para os escenarios 2 e 3 que no escenario 1 (escenario de normalidade adaptada). Aínda que nos escenarios 2 (escenario de distanciamiento) e 3 (escenario con feche das instalación) empregaranse ferramentas corporativas para a docencia “en remoto”, como o Campus Virtual e a plataforma MS Teams.
3. Nos tres escenarios o sistema de avaliación será o mesmo, aínda que nos escenarios 2 e 3 utilizarase o Campus Virtual da asignatura para a xestión de todas as probas.
RECOMENDACIÓNS PARA O ESTUDO DA MATERIA
Recoméndase ao alumnado unha atención constante ás canles de comunicación virtual habilitadas (Campus virtual, MsTeams…) para un axeitado seguimento dos contidos da materia, para conseguir unha autoaprendizaxe guiada e orientada pola profesora e para establecer un proceso continuado de estudo.
O alumnado que precise de algún tipo de adaptación ou apoio específico por caracteristicas de NEAE (Necesidades Específicas de Apoio Educativo) deberá solicitalo ao profesorado, pero só se terán en conta a estes efectos aqueles casos que teñan sido valorados e informados polo SEPIU (Servizo de Participación e Integración Universitaria). URL: http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/integracion.html.
Maria Luz Zas Varela
Coordinador/a- Departamento
- Lingua e Literatura Españolas, Teoría da Literatura e Lingüística Xeral
- Área
- Lingüística Xeral
- Teléfono
- 881811767
- Correo electrónico
- luz.zas [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
12:00-13:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 23 |
19.05.2021 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
07.07.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |