Créditos ECTS Créditos ECTS: 18
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 448 Clase Interactiva: 2 Total: 450
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Durante o período de practicum o alumnado deberá:
- Observar, de forma sistemática, a vida da aula e do centro como organización.
- Analizar e interpretar os datos recollidos da experiencia de prácticas no centro cun enfoque reflexivo e crítico.
- Colaborar co profesorado titor na implementación da súa práctica facendo unha achega persoal (recursos, medios, actividades, etc), iniciándose así nas tarefas de deseño e implementación curricular.
CENTRO E O SEU CONTEXTO: OBSERVACIÓN, PARTICIPACIÓN E ANÁLISE DE PROXECTOS E PRÁCTICAS.
· Proxectos de Centro, Etapa e Ciclo: proposta normativa, procesos de elaboración, documentos institucionais e realidade cotiá do centro de Prácticas.
· A estrutura organizativa do centro e os seus mecanismos de funcionamento.
· As relacións formais e informais e a súa relación co clima e as culturas de centro.
· A convivencia nas escolas/centros de Educación Infantil. Conflitos no contexto do centro.
· Calidade e escolas/centros de Educación Infantil.
AULA: ACTIVIDADES, TAREFAS E GRUPO-CLASE:
· Tarefas e vivencias do profesorado de Educación Infantil e documentos de planificación curricular.
· Secuencias de actividades, interaccións, materiais, recursos e tarefas na aula de Educación Infantil.
· O alumnado de Educación Infantil: observación e análise.
· Modelos didácticos e estilos docentes do profesorado de Educación Infantil e o seu reflexo na práctica cotiá
· Coñecemento profesional e resolución de problemas prácticos do profesorado de Educación Infantil.
· A organización da xornada escolar e o ambiente nas aulas de Educación Infantil.
· Historia, estrutura, funcionamento e convivencia do grupo-clase.
· Procesos e dinámicas de ensino-aprendizaxe en diferentes espazos en Educación Infantil.
· Xestión de aula e convivencia nas aulas de Educación Infantil.
PROCESO DE APRENDIZAXE DO ENSINO
· Tarefas de aprendiz de profesor/a, proceso de socialización e construción de coñecemento profesional nas escolas/centros de Educación Infantil.
· A relación aprendiz-titor, aprendiz-profesorado, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro.
· A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías persoais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións docentes emprendidas na aula e nas accións relacionadas co rol institucional do profesorado no funcionamento do centro.
· Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nas escolas/centros de Educación Infantil.
BÁSICA
CABRERIZO, J., RUBIO ROLDÁN, M. J. e CASTILLO, S. (2010). El Prácticum en los Grados de Pedagogía, de Magisterio y de Educación Social. Madrid: Pearson.
FUENTES ABELEDO, E. (2009). “Formación de maestros y Practicum en el contexto de cambio curricular desde la perspectiva de la convergencia europea”. En Raposo Rivas, M. et al. (Coord.). El Practicum más allá del empleo. Formación vs. Training. Actas del X Symposium Internacional sobre Practicum y Prácticas en empresas en la formación universitaria. Santiago de Compostela, Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela, pp. 103-124.
FUENTES ABELEDO, E. (2011). Documento Marco para o desenvolvemento do Practicum das titulacións de Mestre. Comisión de Practicum da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela. Documento policopiado.
FUENTES ABELEDO, E. (2003). Recogida e información en el aula e investigación del profesorado. Padres y Maestros, 276, 34-39.
DÍEZ NAVARRO, C. (1995). La oreja verde de la escuela. Trabajo por proyectos y vida cotidiana en la escuela infantil. Madrid: Ediciones de la Torre.
ZABALZA, M.A. (2001). La calidad en la Educación Infantil. Madrid: Narcea.
COMPLEMENTARIA
A) Referencias xerais sobre o Practicum:
CONTRERAS, J. (1987). De estudiante a profesor. Socialización y aprendizaje en las prácticas de enseñanza. Revista de Educación, 282, 203-231.
GONZÁLEZ SANMAMED, M. & FUENTES ABELEDO, E. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
FUENTES ABELEDO, E. (2009). Formación de maestros y Practicum en el contexto de cambio curricular desde la perspectiva de la convergencia europea. En M. Raposo et al. (Coord.), El Practicum más allá del empleo. Formación vs. Training. Actas del X Symposium Internacional sobre Practicum y Prácticas en empresas en la formación universitaria (pp. 103-124). Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
KHORTAGEN, F. A., LOUGHRAN, J. & RUSSELL, T. (2006). Developing fundamental principles for teacher education programs and practices. Teaching and Teacher Education, 22(8), 1020-1041.
ZABALZA, M. (2006). El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones. En J. M. Escudero y L. A. Gómez (Eds.), La formación del profesorado y la mejora de la educación (pp. 311-334). Barcelona: Octaedro.
B) Ligadas a actividades do Practicum I:
FUENTES ABELEDO, E. (1998). O ensino en Educación Infantil: perspectivas do profesorado. Santiago de Compostela: Tórculo Edicións.
FUENTES ABELEDO, E. (2003). El diario escolar: un recurso para la investigación del profesorado. Padres y Maestros, 275, 33-40.
FUENTES ABELEDO, E. (2004a). El análisis del curriculum en el aula. Padres y Maestros 283, 35-39.
FUENTES ABELEDO, E. (2004b). Supervisión clínica y colaboración entre profesores. Padres y Maestros, 280, 35-39.
GIMENO SACRISTÁN, J. (1988). El currículo en la acción. La arquitectura de la práctica. En J. Gimeno (Ed.), El currículum: una reflexión sobre la práctica (pp. 240-338). Madrid: Morata.
GONZÁLEZ SANMAMED, M. (1994). Aprender a enseñar: mitos y realidades. A Coruña: Servicio de Publicacións da Universidade de A Coruña.
GONZÁLEZ SANMAMED, M. (1995). ¿Cómo enseñan y aprenden a enseñar los futuros profesores? Análisis de los procesos del aula. Investigación en la Escuela, 25, 27-42.
Jackson, W. (1975). La vida en las aulas. Madrid: Morata.
MONTERO, L. (1985). La realidad del aula vista por los futuros profesores. Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións da Universidade de Santiago.
PERRENOUD, PH. (2004). Desarrollar la práctica reflexiva. Profesionalización y razón pedagógica. Barcelona: Graó.
SCHON, D.A. (1998). El profesional reflexivo: cómo piensan los profesionales cuando actúan. Barcelona: Paidós.
ZABALZA, M.A. (1987). Didáctica de la Educación Infantil. Madrid: Narcea.
a) Competencias básicas e xerais
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde una perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G3 - Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do alumnado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre os mesmos.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto ás demais persoas. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emocións, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G7 – Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe e de construción da personalidade na primeira infancia.
G9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científico-pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10 - Actuar como orientador/a de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovelo no alumnado.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que o alumnado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e sóense atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 – Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que o alumnado teña desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía.
b) Competencias transversais
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4 – Competencia informacional.
c) Competencias específicas
E.59. - Adquirir un coñecemento práctico da aula e da xestión da mesma
E.60. – Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E.61. - Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular do ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
E.62. - Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E.63 - Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
E.64 - Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
E.65 - Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
E.66 - Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
O Practicum I supón achegamento á vida das aulas e dos centros observando e analizando as tarefas do profesorado, as interaccións e procesos e outros aspectos da práctica cotiá nas aulas e no contexto máis amplo da escola como organización, así como a colaboración co titor/a no desenvolvemento das súas funcións e tarefas e a reflexión sobre os procesos implicados na aprendizaxe da profesión docente.
As actividades desenvolveranse tanto na Facultade de Ciencias da Educación planificadas e coordinadas fundamentalmente por profesorado supervisor universitario como, durante a maior parte do tempo, no centro en que se realice a estadía de prácticas. Nas escolas serán os titores/as da mesmas os que teñan a maior responsabilidade. A participación nas actividades presenciais ten un carácter obrigatorio.
O desenvolvemento das actividades de supervisión pode realizarse mediante diferentes agrupamentos: gran grupo, grupo mediano e actividades en pequeno grupo e titorías individualizadas e en diferentes fases: preparatoria, actividades nos centros con seguimento e apoio, reflexión e avaliación final.
A fase de preparación con varias horas de traballo presencial e autónomo por parte do alumnado abordará a presentación dos contidos en relación co itinerario xeral formativo dos futuros mestres e mestras. Comentarase a estrutura organizativa que sustenta o programa de Practicum I e ofreceranse pautas e exemplos concretos para o desenvolvemento das actividades nos centros seguindo, como referencia, un documento-guía.
Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para realizar as observacións e outras actividades arredor da vida da aula e do centro e das tarefas do profesorado como foco prioritario de atención, e ao proceso de aprendizaxe do ensino. Nesta fase desenvolveranse tanto actividades expositivas como estudo de casos e incidentes críticos, debate, práctica controlada, etc. nas horas presencias, acompañadas de actividades de traballo autónomo (lectura e análise de documentos, práctica independente, etc.).
As actividades citadas terán un valor importante para o desenvolvemento da competencia E.62 centrada en potenciar que o alumnado sexa capaz de “relacionar teoría e práctica coa realidade da aula” e favorecendo a “reflexión sobre a práctica” á que fai referencia a competencia E.63, así como profundar en estratexias e técnicas de recoñecemento de formas de colaboración da escola cos diferentes sectores da comunidade educativa e da contorna (competencia E.66).
A fase de actividade nos centros de prácticas implica unha estadía en centros educativos públicos ou privados, seguindo a xornada habitual dun profesor/a. Durante o tempo presencial o alumnado en prácticas realizará unha parte fundamental das actividades arredor da vida de aula, das tarefas do profesorado e da vida do centro. Levará a cabo unha recollida de datos da realidade educativa a través de diferentes técnicas e colaborará no desenvolvemento das funcións e tarefas docentes co profesorado titor. En concreto, desenvolverá actividades arredor do centro educativo (proxectos e prácticas), do coñecemento das características do contexto e dos axentes do mesmo e da colaboración escola-comunidade-contorna social e con outras escolas. Na medida do posible colaborará, así mesmo, nas tarefas organizativas da escola (relacionadas por exemplo co funcionamento das estruturas de coordinación e participación do profesorado, relacións coas familias, desenvolvemento de proxectos institucionais, etc.).
Así mesmo, participará nas tarefas docentes na aula colaborando co profesorado titor e iniciándose así nas tarefas de deseño e implementación curricular. Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación da realidade da aula e do centro como organización, na preparación da colaboración nas tarefas citadas e na análise do seu propio proceso de aprendizaxe.
O profesorado titor do centro realiza unha función fundamental axudando e asesorando ao alumnado en prácticas.
Estas actividades son fundamentais para o desenvolvemento das competencias ligadas ó Practicum I, sobre todo ao observar e analizar como as realiza un profesor/a con experiencia. Por iso permite apoiar sobre todo o desenvolvemento inicial das competencias E.59, E.60, E.61, E.63 e E.65 e E.66.
O profesorado supervisor universitario realizará o seguimento e apoio en relación coa aprendizaxe do ensino, tanto en sesións grupais como en titorías máis individualizadas e servíndose das tecnoloxías, favorecendo sobre todo a reflexión arredor das competencias anteriores e da competencia E.62 relacionando teoría e práctica.
A fase final, e de reflexión, integra sesións de apoio para a elaboración da memoria final, discusión da mesma e reflexións sobre o proceso de aprender a ensinar e o traballo nas escolas. O profesorado supervisor da universidade terá nesta fase un papel fundamental axudando no proceso de reflexión e concreción do informe final, favorecendo fundamentalmente o desenvolvemento da competencia E.62 e a análise da adquisición das demais competencias apoiando a reflexión do futuro mestre/a en canto ao seu nivel de competencia, lagoas e estratexias de superación das mesmas.
Tendo en conta os obxectivos, contidos e competencias deste Practicum I, o sistema de avaliación constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
a) Realización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión docente segundo a valoración do profesorado titor do centro escolar: 40%.
b) Informe escrito e outras producións (“Memoria de Prácticas”) segundo valoración do profesorado supervisor universitario: 50%.
c) Participación activa e realización de actividades nas sesións de preparación, seguimento e reflexión: 10%.
XULLO
O alumnado que tendo asistido ás sesións expositvas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio ou esta non se avalíe positivamente, poderá entregar a memoria na data que se fixe para a oportunidade de xullo. O periodo de estadía na institución de prácticas non é recuperable dentro do mesmo curso académico.
EXENTOS/AS
Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia.
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
PERIODO DE ESTADIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu periodo na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 21-22 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación deses apartados e debendo só elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
A seguinte relación de actividades reflicte a distribución de créditos ECTS desta materia establecidos na Memoria Verificada da titulación:
• Actividade presencial en gran grupo (expositivas, coordinación, avaliación en gran grupo): 5
• Actividade interactiva presencial en grupo mediano (seminario, laboratorio): 10
• Actividade interactiva presencial en pequeno grupo o individual (titorías): 10
• Actividade de traballo autónomo (planificación de proposta/s curricular/es, análise de datos, reflexión/s sobre o proceso de aprendizaxe do ensino): 175
• Actividades en centros escolares (prácticas supervisadas, observación e recollida de datos, entrevistas de planificación ou seguimento co profesorado titor do centro escolar, análise de documentos do centro e da aula): 250
Para matricularse no Practicum I será requisito ter superados polo menos 48 créditos do segundo curso.
As Prácticas desenvólvense nun contexto laboral onde é preciso comportarse axeitadamente, mostrar espírito de iniciativa e dispoñibilidade para colaborar cos profesionais do centro, reflexionar sobre o que acontece, e rigor e compromiso ético tanto na recollida de datos sobre a realidade e na súa análise e interpretación, como no desenvolvemento de tarefas docentes colaborando cos titores. As sesións co profesorado supervisor universitario son tamén de gran importancia para axudar na reflexión e establecer pontes entre a teoría e a práctica.
É necesario que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado supervisor.
PLAN DE CONTINXENCIA
“Por acordo da comisión permanente da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, as prácticas curriculares para o curso 2020-21 serán presenciais, tal e como se establece nas ordes ECI e nas memorias de verificación dos títulos. Polo tanto, levaranse a cabo nos centros educativos e/ou institucións colaboradoras e o alumnado en prácticas adaptarase aos plans de continxencia que estes habiliten no seu caso. Calquera outra cuestión sobrevida que poida producirse derivada da situación sanitaria e que requira toma de decisión ao respecto realizarase, garantindo a igualdade de oportunidades, de acordo cos criterios que a Conferencia de Decanas e Decanos de Educación determine. Estes acordos serán remitidos á CRUE, ao Ministerio de Universidades e as axencias españolas de calidade universitaria a efecto de cumprir cos procesos formais de seguimento e calidade dos títulos.”
LINGUAXE NON SEXISTA
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos académicos que se realicen para a materia, se se entregan en formato papel, ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Eduardo Jose Fuentes Abeledo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881812023
- Correo electrónico
- eduardo.fuentes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Helena Sanchez Rodriguez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812011
- Correo electrónico
- helena.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jorge Garcia Marin
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- jorge.marin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martin Manuel Leranoz Iglesias
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812126
- Correo electrónico
- martin.leranoz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Escola Universitaria
Isabel Garcia-Rodeja Gayoso
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812061
- Correo electrónico
- isabel.garcia-rodeja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Angel Armas Castro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812013
- Correo electrónico
- xose.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Adelina Guisande Couñago
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881813919
- Correo electrónico
- mariaadelina.guisande [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Alicia Diaz Balado
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821051
- Correo electrónico
- alicia.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Josefa Del Carmen Fernandez De La Iglesia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813807
- Correo electrónico
- c.delaiglesia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Yesica Teijeiro Boo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 818813907
- Correo electrónico
- yesica.teijeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Ana Belen Rodriguez Raposo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812124
- Correo electrónico
- anabelen.rodriguez.raposo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Maria Isabel Dans Alvarez De Sotomayor
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813829
- Correo electrónico
- isabel.dans [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Raúl Eirín Nemiña
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812094
- Correo electrónico
- raul.eirin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Sandra Rodriguez Burgos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Correo electrónico
- mariasandr.rodriguez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Maria Carmen Gomez Gomez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 982821077
- Correo electrónico
- mariadelcarmen.gomez.gomez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Olalla Cortizas Varela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor