Créditos ECTS Créditos ECTS: 24
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 598 Clase Interactiva: 2 Total: 600
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Didáctica da Expresión Corporal, Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica, Didáctica da Lingua e a Literatura, Didáctica da Matemática, Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Durante o período de practicum o alumnado deberá:
• Comprender e analizar criticamente a natureza, características e diferentes dimensións da escola como organización a través do centro concreto de prácticas.
• Elaborar propostas curriculares de aula adaptadas a un grupo de alumnado concreto de Educación Infantil, atendendo ás características do alumnado e o contexto.
• Desempeñarse con autonomía actuando como docente nunha aula de Educación Infantil poñendo en práctica a proposta curricular elaborada.
• Analizar e avaliar a posta en práctica da proposta curricular e planificar cambios para a mellora da aula e o centro.
• Valorar, con sentido crítico, o proceso de aprender a ensinar a partir da experiencia no centro de prácticas.
AULA: PROXECTOS E ACCIÓN DOCENTE DO APRENDIZ DE PROFESOR/A.
· Modelos didácticos, e desenvolvemento da docencia polo futuro profesorado de Educación Infantil: desexos e realidades.
· Planificación de unidades didácticas e proxectos adaptados ás características do alumnado e o contexto.
· Problemas e dilemas na posta en práctica de proxectos, unidades didácticas e actividades polo futuro profesorado de Educación Infantil.
PROCESOS DE INNOVACIÓN E MELLORA NA AULA.
· Práctica cotiá e innovación e mellora dos procesos de ensino nas aulas de Educación Infantil.
· Investigación-acción, diarios e outras estratexias de investigación do profesorado.
· Dificultades de ensino de contidos procedementais, actitudinais e conceptuais de diferentes áreas de Educación Infantil, desenvolvemento de competencias básicas e proxectos de mellora.
· A mellora da convivencia nas aulas de Educación Infantil.
PROCESOS DE INNOVACIÓN E MELLORA NO CENTRO
· Proxectos de Mellora do centro e colaboración do profesorado.
· Participación e liderado en procesos de mellora no centro.
· Mellora do centro, clima, cultura, compromiso da comunidade educativa, colaboración co territorio e proxectos comunitarios.
· Condicionantes, problemas e resistencias en procesos de innovación no centro.
· Calidade e escolas de Educación Infantil.
PROCESO DE APRENDIZAXE DO ENSINO
· Socialización profesional do futuro profesorado e procesos de mellora de aula e centro.
· As relacións aprendiz-titor/a, aprendiz-profesorado do centro, aprendiz-alumnado e outros membros da comunidade e do contexto do centro en procesos de innovación e mellora.
· A influencia da biografía, do coñecemento académico e das experiencias de prácticas, nas teorías persoais, as expectativas sociais e afectivas, na interpretación da realidade observada e nas accións de mellora emprendidas a nivel de aula e centro.
· Condicionantes, evolución e valoración da experiencia vivida nas escolas de Educación Infantil.
· Proxecto de mellora da competencia docente.
Básica:
CABRERIZO, J., RUBIO ROLDÁN, M. J. e CASTILLO, S. (2010). El Prácticum en los Grados de Pedagogía, de Magisterio y de Educación Social. Madrid: Pearson.
ZABALZA, M. (2006): “El Practicum y la formación del profesorado: balance y propuestas para las nuevas titulaciones”. En ESCUDERO, J.M. y LUIS GÓMEZ, A. (Ed.). La formación del profesorado y la mejora de la educación. Barcelona, Octaedro, pp. 311-334.
ZABALZA, M. A (2008). Diarios de clase: un instrumento de investigación y desarrollo profesional. Madrid: Narcea.
Complementaria:
ANGULO, F., BARQUÍN, J., PÉREZ GÓMEZ, A. (Eds.), (1999). Desarrollo profesional del docente: política, investigación y práctica. Madrid: Akal.
BIDDLE, B. J., GOOD, T. L., GOODSON, I. F. (Coords.) (2000). La enseñanza y los profesores I: La profesión de enseñar. Barcelona: Paidós.
BOLÍVAR, A. (2005). ¿Dónde situar los esfuerzos de mejora?: Política educativa, escuela y aula. Educação & Sociedade, vol. 26, n. 92, p. 859-888.
CARBONELL, J. (2001). La aventura de innovar. El cambio en la escuela. Madrid: Morata.
CARLSON, J. e THORPE, C. (1987). Aprender a ser maestro. Barcelona: Martínez Roca.
CELA, J. e PALOU, J. (1994). Con voz de maestro. Un epistolario sobre la experiencia docente. Barcelona: Celeste.
CONTRERAS, J. (1987). De estudiante a profesor. Socialización y aprendizaje en las prácticas de enseñanza. Revista de Educación, 282, 203-231.
FREINET, C. (1974). Consejos a los maestros jóvenes. Barcelona: Laia.
FREIRE, P. (2005). Cartas a quien pretende enseñar. México/Buenos Aires: Siglo XXI.
FUENTES ABELEDO, E.J. (2002). La identificación de problemas en la investigación–acción. Revista Padres y Maestros, nº 271, pp. 33-37.
FUENTES ABELEDO, E.J. (2002). La investigación-acción y el desarrollo profesional del profesorado. Revista Padres y Maestros, nº 272, pp. 33-37.
FUENTES ABELEDO, E.J. (2009). Formación de maestros y Practicum en el contexto de cambio curricular desde la perspectiva de la convergencia europea. En M. Raposo et al. (Coord.), El Practicum más allá del empleo. Formación vs. Training. Actas del X Symposium Internacional sobre Practicum y Prácticas en empresas en la formación universitaria (pp. 103-124). Santiago de Compostela: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Santiago de Compostela.
FUENTES, E.J. e GONZÁLEZ SANMAMED, M. (2006). “Del alumno a profesor: análisis de las tareas realizadas durante las prácticas escolares”. Revista galego-portuguesa de psicoloxía e educación. Vol. 13, n. 11-12, p. 277-294.
FUENTES, E.; GONZÁLEZ SANMAMED, M. e RAPOSO, M. (2007). Contribuciones de las materias teórico-prácticas y del practicum al desarrollo de la tarea ‘comprender la enseñanza’. 9º Symposium Internacional sobre el Practicum y las Prácticas en Empresas en la Formación Universitaria. Santiago: USC.
GINÉ, N. e PARCERISA, A. (Coords.) (2003). Planificación y análisis de la práctica educativa. La secuencia formativa: fundamentos y aplicación. Barcelona: Graò.
GONZÁLEZ SANMAMED, M. e FUENTES ABELEDO, E.J. (2011). El Practicum en el aprendizaje de la profesión docente. Revista de Educación, 354, 47-70.
LODI, M. (1980). Empezar por el niño. Barcelona Reforma de la Escuela.
MARCELO GARCÍA, C., MAYOR RUÍZ, C. e GALLEGO NOCHE, B. (2010). Innovación Educativa en España desde el punto de vista de sus protagonistas. Profesorado. Revista de Currículum y Formación del Profesorado, Vol. 14, nº 1, pp. 111-134.
MARTÍNEZ BONAFÉ, J. (2008). Pero ¿Qué es la innovación educativa? Cuadernos de Pedagogía, nº. 375, pp. 78-82.
PERRENOUD, PH. (2004). Diez nuevas competencias para enseñar. Barcelona: Graó.
PORTO UCHA, A. S. (1994): “A innovación na escola. Problemas e posibilidades”, Innovación Educativa, 3, pp. 145-156.
SÁNCHEZ MORENO, M. e LÓPEZ YÁÑEZ, J. (2010). Culturas institucionales que facilitan y dificultan la mejora de la escuela. Profesorado. Revista de Currículum y Formación del Profesorado, Vol. 14, nº 1, pp. 93-110.
SÁNCHEZ MORENO, M. e MURILLO ESTEPA, P. (2010). Innovación educativa en España desde la perspectiva de grupos de discusión Profesorado. Revista de Currículum y Formación del Profesorado, Vol. 14, nº 1, pp. 171-189.
SCHÖN, D. (1998). El profesional reflexivo. Cómo piensan los profesionales cuando actúan. Barcelona: Paidós.
TARDIF, M. (2005). Los saberes del docente y su desarrollo profesional. Madrid: Narcea.
TONUCCI, F. (1981). Viaje alrededor de “El mundo”: un diario de clase de Mario Lodi y sus alumnos. Barcelona: Laia.
ZABALA, A. (1995). La práctica educativa: como enseñar. Barcelona: Graò.
ZABALA, A. (2011). Criterios para la mejora de la práctica educativa. Aula de Innovación Educativa, núm. 198, pp. 13-16.
Revistas: Infancia, Aula de Infantil, Aula de Innovación Educativa, Cuadernos de Pedagogía, Innovación Educativa, Organización y Gestión Educativa, Revista de Educación, Adaxe, Revista Galega de Educación, Revista Galega do Ensino, entre outras.
a) Básicas e Xerais
G1 - Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar.
G2 - Promover e facilitar as aprendizaxes na primeira infancia, desde unha perspectiva globalizadora e integradora das diferentes dimensións cognitiva, emocional, psicomotora e volitiva.
G3 – Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade que atendan ás singulares necesidades educativas do alumnado, á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos.
G4 - Fomentar a convivencia na aula e fora dela e abordar a resolución pacífica de conflitos. Saber observar sistematicamente contextos de aprendizaxe e convivencia e saber reflexionar sobre eles.
G5 - Reflexionar en grupo sobre a aceptación de normas e o respecto aos demais. Promover a autonomía e a singularidade de cada estudante como factores de educación das emociones, os sentimentos e os valores na primeira infancia.
G6 - Coñecer a evolución da linguaxe na primeira infancia, saber identificar posibles disfuncións e velar pola súa correcta evolución. Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G7 - Coñecer as implicacións educativas das tecnoloxías da información e a comunicación e, en particular da televisión na primeira infancia.
G8 - Coñecer fundamentos de dietética e hixiene infantís. Coñecer fundamentos de atención temperá e as bases e desenvolvementos que permiten comprender os procesos psicolóxicos, de aprendizaxe y de construción da personalidade na primeira infancia.
G9 - Coñecer a organización das escolas de educación infantil e a diversidade de accións que comprende o seu funcionamento. Asumir que o exercicio da función docente debe ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida.
G10 - Actuar como orientador/a de pais e nais en relación coa educación familiar no período 0-6 e dominar habilidades sociais no trato e relación coa familia de cada estudante e co conxunto das familias.
G11 - Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar a labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
G12 - Comprender a función, as posibilidades e os límites da educación na sociedade actual e as competencias fundamentais que afectan aos colexios en educación infantil e aos seus profesionais. Coñecer modelos de mellora da calidade con aplicación aos centros educativos.
CB1 - Que os e as estudantes teñan demostrado posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da educación secundaria xeral, e soe atoparse a un nivel que, se ben se apoia nos libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudio.
CB2 - Que os e as estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudio.
CB3 - Que os e as estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudio) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 - Que os e as estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 - Que os e as estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudios posteriores cun alto grado de autonomía.
b) Transversais
T1 - Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2 - Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3 - Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
c) Específicas
E.59. - Adquirir un coñecemento práctico de aula e da xestión da mesma
E.60. - Coñecer e aplicar os procesos de interacción e comunicación na aula, así como dominar as destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia.
E.61. - Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e en particular do ensino-aprendizaxe mediante o dominio das técnicas e estratexias necesarias.
E.62. - Relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro.
E.63 - Participar na actividade docente e aprender a saber facer, actuando e reflexionando desde a práctica.
E.64 - Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
E.65 - Regular os procesos de interacción e comunicación en grupos de estudantes de 0-3 anos e de 3-6 anos.
E.66 - Coñecer formas de colaboración cos distintos sectores da comunidade educativa e da contorna social.
O sentido xeral deste Practicum II é centrarse nos proxectos e prácticas desenvolvidos no centro escolar e no seu contexto, no proceso de aprendizaxe do ensino e nos procesos de mellora de aula e centro. No desenvolvemento desta materia podemos distinguir entre actividades presenciais no centro universitario que serán coordinadas polo profesorado universitario (supervisor/a) e actividades presenciais no centro escolar que serán orientadas polo profesor ou profesora responsable da aula (titor/a).
Actividades presenciais no centro universitario: Desenvólvense en tres fases: fase preparatoria, fase de seguimento e fase de reflexión e avaliación final. Os agrupamentos do alumnado nestas fases poden ser diversos:
Actividades en gran grupo: Na fase de preparación están destinadas á presentación do programa de prácticas e a adscrición do alumnado aos centros. Tamén poden ter lugar actividades de proxección de documentos audiovisuais e/ou encontros con profesionais en exercicio. Na fase de seguimento este tipo de agrupamentos non teñen cabida. Na fase de reflexión e avaliación este agrupamento pode utilizarse para a presentación de experiencias por parte do alumnado a todo o grupo.
Actividades en grupo mediano: A fase de preparación con varias horas de traballo presencial e autónomo abordará a presentación detallada dos contidos en relación co itinerario formativo que os futuros mestres e mestras deberán desenvolver no centro de prácticas, recordando e integrando as experiencias do Practicum I, así como as aprendizaxes adquiridas no conxunto das materias da carreira. Ofreceranse pautas e exemplos concretos para o desenvolvemento das actividades, seguindo a guía de prácticum que o alumnado lerá previamente nas súas horas de traballo autónomo. Proporcionaranse instrumentos, orientacións e información detallada para continuar desenvolvendo as competencias do Prácticum I, incorporando agora os contidos máis directamente relacionados cos procesos de innovación e mellora de aula e centro. Nesta fase desenvolveranse tanto actividades expositivas como estudio de casos e incidentes críticos, debate, práctica guiada, etc. nas horas presenciais, acompañadas de actividades de traballo autónomo (lectura e análise de documentos, práctica independente, etc.). As actividades citadas terán un valor importante para o desenvolvemento da competencia E.62 centrada en potenciar que o alumnado sexa capaz de relacionar teoría e práctica coa realidade de aula e favorecer a reflexión sobre a práctica á que fai referencia a competencia E.63 e sobre todo a E.64, para poder participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación que se poidan establecer nun centro.
Actividades en pequeno grupo e titorías individualizadas: Este agrupamento cobra sentido tanto na fase de seguimento durante a estancia nos centros como na fase final. Na fase de seguimento o profesorado supervisor universitario realizará o seguimento e apoio en relación co proceso de aprendizaxe do ensino, tanto en sesións de seguimento en titorías individualizadas como en sesións de seminario en pequeno grupo. Con estas actividades de seguimento preténdese potenciar a actividade reflexiva arredor do desenvolvemento das competencias anteriores e da competencia E.62 relacionando teoría e práctica coa realidade da aula e do centro. Potenciarase o desenvolvemento de comunidades de indagación con participación de profesorado universitario, profesorado dos centros escolares de prácticas e alumnado dos grados en Mestre/a para propiciar melloras de todos os implicados e experiencias de innovación curricular e organizativa. A fase final e de reflexión integra sesións de apoio para a elaboración da memoria final, discusión da mesma e a reflexión sobre o proceso de aprender a ensinar e o traballo nas escolas. O profesorado supervisor universitario terá aquí un papel fundamental axudando ao proceso de reflexión e concreción do informe final, favorecendo fundamentalmente o desenvolvemento das competencias E.62 e E.64, abordando cuestións sobre o desenvolvemento profesional e organizativo permanentes, así como a análise da adquisición do conxunto de competencias pertinentes para o axeitado desempeño profesional como docente. A reflexión do futuro profesorado en canto ao seu nivel de competencia, lagoas e estratexias de superación das mesmas adquire aquí un papel moi relevante.
Actividades nos centros de prácticas: A fase de estancia nos centros desenvolverase en centros públicos ou privados, seguindo a xornada habitual dun profesor/a. As actividades durante esta fase centraranse no centro escolar (procesos de innovación e mellora na aula), profundando ademais nos aspectos xa abordados no Practicum I. O alumnado en prácticas debe coñecer os procesos de innovación e mellora que se desenvolven no centro e participar nos mesmos, así como tomar iniciativas detectando aspectos problemáticos da práctica, comprometéndose con propostas de cambio. Nas horas de traballo autónomo centrarase na análise e interpretación da realidade da práctica na aula e no centro, así como na elaboración de propostas de mellora. O profesorado titor do centro realiza unha función fundamental, axudando ao alumnado nas actividades citadas. As sesións de supervisión na universidade tamén adquiren un papel moi relevante. Estas actividades son fundamentais para el desenvolvemento das competencias ligadas ao Practicum II, con especial énfase na E.63 e E.64, á vez que se pretende un maior nivel de elaboración de conclusións en torno ás posibilidades de relacionar teoría e práctica coa realidade da aula e do centro (E.62) e profundar no desenvolvemento das demais competencias asociadas ao Practicum.
Tendo en conta os obxectivos, contidos e competencias deste Practicum II, o sistema de avaliación constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
a) Realización de tarefas en relación coa aprendizaxe da profesión docente segundo a valoración do profesorado titor do centro escolar: 40%.
b) Informe escrito e outras producións (“Memoria de Prácticas”) segundo a valoración do profesorado supervisor universitario: 50%.
c) Participación activa e realización de actividades nas sesións de preparación, seguimento e reflexión: 10%.
XULLO
O alumnado que, tendo asistido ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolvido adecuadamente o seu período na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio ou esta non se avalíe positivamente, poderá entregar a memoria na data que se fixe para a oportunidade de xullo. O período de estancia na institución de prácticas non é recuperable dentro do mesmo curso académico.
EXENTOS/AS
Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia.
Os traballos dos e das estudantes deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
PERÍODO DE ESTANCIA. Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da "Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións", o alumnado que asistira ás sesións expositivas e titorías obrigatorias, desenvolvera adecuadamente o seu período na institución, e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a oportunidade de maio nin de xullo, ou esta non se avalíe positivamente, no curso 21-22 non terá que volver a desenvolver o seu practicum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación deses apartados e tendo só que elaborar a memoria de practicum para ser avaliado/a.
A seguinte relación de actividades reflicte a distribución de créditos ECTS desta materia establecidos na Memoria Verificada da titulación:
• Actividade presencial en gran grupo (expositivas, coordinación, avaliación en gran grupo): 6
• Actividade interactiva presencial en grupo mediano (seminario, laboratorio): 20
• Actividade interactiva presencial en pequeno grupo ou individual (titorías): 14
• Actividade de traballo autónomo (planificación de proposta/s curricular/es, análise de datos, reflexión/s sobre o proceso de aprendizaxe do ensino): 210
• Actividades en centros escolares (prácticas supervisadas, observación e recollida de datos, entrevistas de planificación ou seguimento co profesorado titor do centro escolar, análise de documentos do centro e da aula): 350
Para matricularse no Practicum II será requisito ter superados ao menos 48 créditos do terceiro curso, entre os que se inclúen necesariamente os del Practicum I.
As Prácticas desenvólvense nun contexto laboral no que é preciso comportarse adecuadamente, mostrar espírito de iniciativa e dispoñibilidade para colaborar cos profesionais do centro, reflexionar sobre o que ocorre, e rigor e compromiso ético tanto na recollida de datos sobre a realidade e na súa análise e interpretación, como no desenvolvemento de tarefas docentes colaborando co profesorado titor. As sesións co profesorado supervisor universitario son tamén de gran importancia para axudar na reflexión e establecer pontes entre a teoría e a práctica.
É preciso que o alumnado empregue necesariamente o correo electrónico da USC (conta rai) na súa comunicación co profesorado supervisor.
PLAN DE CONTINXENCIA
“Por acordo da comisión permanente da Conferencia de Decanas e Decanos de Educación, as prácticas curriculares para o curso 2020-21 serán presenciais, tal e como se establece nas ordes ECI e nas memorias de verificación dos títulos. Polo tanto, levaranse a cabo nos centros educativos e/ou institucións colaboradoras e o alumnado en prácticas adaptarase aos plans de continxencia que estes habiliten no seu caso. Calquera outra cuestión sobrevida que poida producirse derivada da situación sanitaria e que requira toma de decisión ao respecto realizarase, garantindo a igualdade de oportunidades, de acordo cos criterios que a Conferencia de Decanas e Decanos de Educación determine. Estes acordos serán remitidos á CRUE, ao Ministerio de Universidades e as axencias españolas de calidade universitaria a efecto de cumprir cos procesos formais de seguimento e calidade dos títulos.”
LINGUAXE NON SEXISTA
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso de linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pódese obter información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación cos traballos académicos que se realicen para a materia, de ser o caso de entregalos en formato papel, teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encadernados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Jorge Garcia Marin
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Socioloxía
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- jorge.marin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Isabel Garcia-Rodeja Gayoso
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812061
- Correo electrónico
- isabel.garcia-rodeja [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Sánchez Castaño
- Departamento
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Área
- Psicoloxía Evolutiva e da Educación
- Teléfono
- 881812109
- Correo electrónico
- mariateresa.sanchez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jose Angel Armas Castro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812013
- Correo electrónico
- xose.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Julia Diz Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813745
- Correo electrónico
- mariajulia.diz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Ana Belen Rodriguez Raposo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Matemática
- Teléfono
- 881812124
- Correo electrónico
- anabelen.rodriguez.raposo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Marta Neira Rodriguez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 881812121
- Correo electrónico
- marta.neira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Beatriz Garcia Antelo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813832
- Correo electrónico
- beatriz.garcia.antelo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Raúl Eirín Nemiña
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 881812094
- Correo electrónico
- raul.eirin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Sandra Rodriguez Burgos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Correo electrónico
- mariasandr.rodriguez [at] rai.usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Silvia Basanta Camiño
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Correo electrónico
- s.basanta [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución redución docencia
Ana Rodriguez Groba
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Didáctica e Organización Escolar
- Teléfono
- 881813847
- Correo electrónico
- ana.groba [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Sara Dominguez Lloria
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Patricia Alonso Ruido
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813756
- Correo electrónico
- patricia.alonso.ruido [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Olalla Cortizas Varela
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Correo electrónico
- olalla.cortizas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor