Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo principal é capacitar ao alumnado para recoñecer por si mesmo o núcleo da teoloxía cristiá, así como a súa preparación para o traballo na aula en infantil e primaria. Outros obxectivos: 1. Repensar a importancia e a universalidade do Feito Relixioso nas diferentes culturas, descubrir a relación do Xudaísmo co Cristianismo e a orixinalidade e especificidade do Feito Relixioso cristián. 2. Promover a lectura bíblica e o manexo dos textos descubrindo os símbolos, os xéneros literarios, os contextos dos textos coa súa intencionalidade relixiosa, etc. 3. Presentar unha teoloxía bíblica básica a través dos grandes temas da historia da salvación e axudar á comprensión da revelación progresiva de Deus en Cristo. 4. Descubrir as manifestacións do cristianismo na nosa cultura. 5. Ofrecer unha síntese teolóxica actualizada dos contidos fundamentais da fe cristiá. 6. Proporcionar unha adecuada articulación da fe co conxunto dos saberes (fe/cultura; fe/ciencia; razón e fe…). 6. Profundar na dimensión ético-moral do ser humano expondo a educación en valores ético-cívicos desde a perspectiva cristiá. 7. Recoñecer o sentido vital que proporciona a mensaxe evangélico e transmitilo na escola. 8. Consolidar o sentido eclesial e evanxelizador do profesorado de relixión, como enviado pola igrexa diocesana. 9. Profundar no peculiar da misión evanxelizadora do profesorado de relixión. 10. Realizar a síntese persoal da fe cristiá. 11. Traducir os temas centrais da fe á linguaxe e á mentalidade dos destinatarios. 12. Sinalar os elementos concretos nos que o neno pode fundamentar os valores cristiáns.
BLOQUE 1 UNHA ESPIRITUALIDADE NA INFANCIA?
1. Que é espiritualidade? É o mesmo que relixiosidade?
2. Teñen os nenos unha espiritualidade e / ou unha relixiosidade?
BLOQUE 2 NÚCLEO TEOLÓXICO DA ERE: XESÚS DE NAZARET
1. Marco socio-relixioso da época de Xesús
2. Que é un Evanxeo? Claves de lectura e interpretación
3. Lectura aplicada e análise dalgúns textos
BLOQUE 3 APLICANDO A ERE NA AULA
1. Análise da linguaxe relixiosa na aula
2. Abordaxe dalgúns temas importantes para o neno en infantil e primaria
Bibliografía Básica
Benavides, L. M. (2014). Temas difíciles con niños, Madrid: PPC. (Temas 1 y 6).
Berástegui, A. y Pedro-Viejo. Reconocer la espiritualidad del niño. Sal Terrae 107 (2019) 295-307.
Pagola, J. A. (2007). Jesús. Aproximación histórica. Madrid: PPC (Temas 1 y 2).
Tschirch, R. (1988). Dios para niños. Santander: Sal Terrae. (Temas 2 y 5).
Bibliografía Complementaria
. Biesinger, A. (2003). No mentir a los niños acerca de Dios. Santander: Sal Terrae.
. Nye, R. (2019) La espiritualidad infantil. En qué consiste y cómo enriquecerla. Madrid: San Pablo, 2019.
. Graf Dürckheim, K. (1989). Hara. Centro vital del hombre. Bilbao: Mensajero.
. Anthony De Mello, A. (1988). Autoliberación interior. Buenos Aires: Lumen.
. Meier, J. P. (2003), Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico. Vol. III. Compañeros y competidores, Verbo
Navarra: Verbo Divino.
. Burón Orejas, J. (2010). Psicología y conciencia moral. Santander: Sal Terrae.
. Bovon, F. (2004). El Evangelio según San Lucas. Vol. III. Madrid: Sígueme.
. De Andrés Zabaleta, P. (2019) Pedagogía y didáctica de la religión católica. Burgos: Grupo editorial Fonte-Monte
Carmelo.
. Esteban Garcés, C. – Prieto Chaparro, R. (2010). Competentes en religión, Propuestas y actividades para mejorar la clase de religión. Madrid: PPC.
. Consuelo Santamaría, C. (2010). El duelo y los niños. Santander: Sal Terrae.
Enlaces
- www.conferenciaepiscopalespañola.es
- www.profes.net
- www.auladereli.es
- www.religionyescuela.es
- www.cristianismoyjusticia.es
1. Conciencia do papel do profesor de Relixión como enviado da Igrexa para insertar o Evanxeo no corazón da cultura. 2. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura. 3. Capacidade de situar o ERE no conxunto da actividade educativa da escola. 4. Coñecemento sistemático da psicoloxía evolutiva infantil de 3 a 6 anos especialmente no relativo á capacidade da transcendencia. 5. Habilidade para adoptar o talante, o carisma e a creatividade necesarios para o ERE. 6. Habilidade pedagóxica para apliación do currículo nos niveis educativos de infantil e primaria. 7. Capacidade para a búsqueda de recursos e para a aplicación e a utilización dos métodos e instrumentos axeitados ó ERE dos contidos teolóxicos en infantil e primaria. 8. Visión clara do conxunto do novo currículo de relixión na LOMCE: bloques relativos ós contidos, ós criterios de avaliación e ós estándares de aprendizaxe.
Xerais:
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá
G5. Fomentar a convivencia na aula e fóra dela, resolver problemas de disciplina e contribuír á resolución pacífica de conflitos. Estimular e valorar o esforzo, a constancia e a disciplina persoal nos estudantes.
G6. Coñecer a organización dos colexios de educación primaria e a diversidade de accións que
comprende o seu funcionamento. Desempeñar as funcións de titoría e de orientación cos
estudantes e as súas familias, atendendo as singulares necesidades educativas dos estudantes. Asumir que o exercicio da función docente ha de ir perfeccionándose e adaptándose aos cambios científicos, pedagóxicos e sociais ao longo da vida
G7. Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do ámbito social. Asumir a
dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
Específicas:
E34. Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico.
E35. Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos.
E36. Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura.
Básicas:
B.1. Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B.2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problema dentro da súa área de estudo.
B.3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B.4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Transversais:
T.3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación
A metodoloxía promove a participación activa e crítica do alumnado na aula, así como a súa aprendizaxe con e do grupo. Os materiais de traballo que se propoñen ofrécense como posibilidade de coñecemento e de discusión dentro e fose da aula.
Escenario 1: Normalidade Adaptada
A asistencia a clase é obrigatoria para o alumnado que non teña dispensa oficial de docencia. As clases expositivas ofrecerán as claves necesarias para comprender e traballar os materiais propostos, así como a metodoloxía concreta das interactivas, segundo o tema tratado e o progreso concreto de aprendizaxe do grupo. Ademais, promoverán o contraste co previamente sabido e a súa verificación. As clases interactivas facilitan o protagonismo do alumnado na súa aprendizaxe e a súa participación #ante o grupo. Tamén perseguen a aprendizaxe do grupo como tal.
As titorías poderán ser virtuais, salvo que o profesor indique o contrario. En calquera das súas modalidades, o alumnado deberá previamente fixar co profesor o día e a hora das mesmas enviando un correo a luismanuel.garcia [at] usc.es (luismanuel[dot]garcia[at]usc[dot]es) Para a súa realización telemática utilizarase a plataforma micorsoft teams.
Escenario 2: Distanciamento
As clases presenciais estableceranse de acordo co estipulado pola facultade. Aquelas que sigan o modo virtual faranse utilizando a plataforma microsoft teams.
En calquera caso, o profesor facilitará no campus virtual o material que haxa de traballar o alumnado. As titorías serán preferentemente telemáticas, previo acordo co profesor mediante correo electrónico luismanuel.garcia [at] usc.es (luismanuel[dot]garcia[at]usc[dot]es) e computarán como se establece na apartado Avaliación.
Escenario 3: Peche das instalacións
Toda a docencia seguirá a modalidade virtual. O campus virtual facilitará o acceso aos materiais que serán obxecto de exame vía telemática. As titorías realizaranse mediante a aplicación microsoft teams previo acordo co profesor mediante correo electrónico luismanuel.garcia [at] usc.es (luismanuel[dot]garcia[at]usc[dot]es)
Escenario 1: Normalidade adaptada
Procederase a unha avaliación continua. A mera asistencia a clase non puntúa.
Será obrigatorio realizar o seguinte itinerario:
. Traballo e participación activa de cada alumno/a en a aula, tanto nas expositivas como nas interactivas: ata 3 puntos.
. Entrega dos traballos indicados polo profesor en formato impreso, ademais do seu correspondente diálogo en titorías por cada un deles: ata 7 puntos. Procederase a unha avaliación global dos distintos traballos, así como dos seus correlativas titorías.
Caso de non darse unha asistencia de, polo menos, o 85% a clase, será obrigada a realización dun exame tipo test como único método de avaliación.
Escenario 2: Distanciamento
a) Clases presenciais: asistencia mínima obrigatoria do 100%, tanto a expositivas como a interactivas. A mera asistencia non puntúa. Participación activa nas clases presenciais: ata 4 puntos.
b) Clases virtuais: conexión mínima obrigatoria ao 100% das clases. A mera asistencia non puntúa. Participación activa: ata 1 punto.
c) Titorías mediante Microsoft teams: cada titoría terá un valor de ata un punto, podéndose realizar un máximo de cinco. Máximo total: ata 5 puntos.
Escenario 3: Peche das instalacións
a) Clases expositivas e interactivas: conexión mínima obrigatoria do 85%. A mera conexión non puntúa. Participación activa: ata 1 punto.
b) Titorías mediante a aplicación Microsoft teams: ata 2 puntos cada titoría. Máximo puntuable de 3 titorías. Máxima puntuación: 6 puntos.
c) Exame final tipo test: ata 3 puntos.
No caso do alumnado con exención oficial e dispensa de clase, deberá comunicarse co profesor canto antes para verificar e facer saber a súa situación. A avaliación será mediante a realización do exame final tipo test, cuxo contido é a totalidade da bibliografía básica da materia. O alumnado contará co apoio e seguimento da aprendizaxe mediante titorías a través de microsoft teams. O exame constará dun total de 30 preguntas, cunha soa opción verdadeira entre tres diferentes. 2 erros restarán un punto, e en branco, non resta.
Estímase que o alumnado deberá dedicar unhas 90 horas o seu traballo autónomo para poder superar a materia. Delas, aproximadamente 35 estarán centradas en tarefas de estudo, preparación de materiais, procura de información e análise de documentos; ao redor de 40 dedicaranse ás lecturas e elaboración de traballos e unhas 15 para o traballo de lecturas recomendadas, a aprendizaxe autónoma, a resolución de dúbidas e problemas na aprendizaxe dos contidos.
A USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 85% das sesións de clases. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar e exención oficial de docencia.
Actitude flexible e crítica no traballo e análise dos materiais propostos polo profesor.
Resolución de dúbidas en clases expositivas e en titorías.
Interese por aprender do grupo de compañeiros/ as.
Escoita activa
PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA DA APRENDIZAXE
A metodoloxía promove a participación activa e crítica do alumnado na aula, así como a súa aprendizaxe con e do grupo. Os materiais de traballo que se propoñen ofrécense como posibilidade de coñecemento e de discusión dentro e fose da aula.
Escenario 1: Normalidade Adaptada
A asistencia a clase é obrigatoria para o alumnado que non teña dispensa oficial de docencia. As clases expositivas ofrecerán as claves necesarias para comprender e traballar os materiais propostos, así como a metodoloxía concreta das interactivas, segundo o tema tratado e o progreso concreto de aprendizaxe do grupo. Ademais, promoverán o contraste co previamente sabido e a súa verificación. As clases interactivas facilitan o protagonismo do alumnado na súa aprendizaxe e a súa participación #ante o grupo. Tamén perseguen a aprendizaxe do grupo como tal.
As titorías poderán ser virtuais, salvo que o profesor indique o contrario. En calquera das súas modalidades, o alumnado deberá previamente fixar co profesor o día e a hora das mesmas enviando un correo a luismanuel.garcia [at] usc.es (luismanuel[dot]garcia[at]usc[dot]es) Para a súa realización telemática utilizarase a plataforma micorsoft teams.
Escenario 2: Distanciamento
As clases presenciais estableceranse de acordo co estipulado pola facultade. Aquelas que sigan o modo virtual faranse utilizando a plataforma microsoft teams.
En calquera caso, o profesor facilitará no campus virtual o material que haxa de traballar o alumnado. As titorías serán preferentemente telemáticas, previo acordo co profesor mediante correo electrónico luismanuel.garcia [at] usc.es (luismanuel[dot]garcia[at]usc[dot]es) e computarán como se establece na apartado Avaliación.
Escenario 3: Peche das instalacións
Toda a docencia seguirá a modalidade virtual. O campus virtual facilitará o acceso aos materiais que serán obxecto de exame vía telemática. As titorías realizaranse mediante a aplicación microsoft teams previo acordo co profesor mediante correo electrónico luismanuel.garcia [at] usc.es (luismanuel[dot]garcia[at]usc[dot]es)
AVALIACION
Escenario 1: Normalidade adaptada
Procederase a unha avaliación continua. A mera asistencia a clase non puntúa.
Será obrigatorio realizar o seguinte itinerario:
. Traballo e participación activa de cada alumno/a en a aula, tanto nas expositivas como nas interactivas: ata 3 puntos.
. Entrega dos traballos indicados polo profesor en formato impreso, ademais do seu correspondente diálogo en titorías por cada un deles: ata 7 puntos. Procederase a unha avaliación global dos distintos traballos, así como dos seus correlativas titorías.
Caso de non darse unha asistencia de, polo menos, o 85% a clase, será obrigada a realización dun exame tipo test como único método de avaliación.
Escenario 2: Distanciamento
a) Clases presenciais: asistencia mínima obrigatoria do 100%, tanto a expositivas como a interactivas. A mera asistencia non puntúa. Participación activa nas clases presenciais: ata 4 puntos.
b) Clases virtuais: conexión mínima obrigatoria ao 100% das clases. A mera asistencia non puntúa. Participación activa: ata 1 punto.
c) Titorías mediante Microsoft teams: cada titoría terá un valor de ata un punto, podéndose realizar un máximo de cinco. Máximo total: ata 5 puntos.
Escenario 3: Peche das instalacións
a) Clases expositivas e interactivas: conexión mínima obrigatoria do 85%. A mera conexión non puntúa. Participación activa: ata 1 punto.
b) Titorías mediante a aplicación Microsoft teams: ata 2 puntos cada titoría. Máximo puntuable de 3 titorías. Máxima puntuación: 6 puntos.
c) Exame final tipo test: ata 3 puntos.
No caso do alumnado con exención oficial e dispensa de clase, deberá comunicarse co profesor canto antes para verificar e facer saber a súa situación. A avaliación será mediante a realización do exame final tipo test, cuxo contido é a totalidade da bibliografía básica da materia. O alumnado contará co apoio e seguimento da aprendizaxe mediante titorías a través de microsoft teams. O exame constará dun total de 30 preguntas, cunha soa opción verdadeira entre tres diferentes. 2 erros restarán un punto, e en branco, non resta.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se
realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plás:co ou
outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar
de encanu:llados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de :nta”. - Non empregar folios en
branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario,
recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo co:á de aula como nos traballos
académicos encomendados.
Luis Manuel Garcia Bernadal
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- luismanuel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIS_01 (A - Z) + Dobre Grao | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
31.05.2021 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
05.07.2021 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) + Dobre Grao | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |