Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá, Didácticas Aplicadas
Áreas: Filoloxía Inglesa, Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Esta materia está compartida polas áreas de Didáctica da Lingua e a Literatura e pola de Filoloxía Inglesa. Tal como se define na ficha da memoria do Título, ten unha dobre finalidade:
a) Reflexionar sobre o proceso de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües na perspectiva dun plurilingüismo integrador e baseado no principio de diversidade.
b) Contribuír ao desenvolvemento da competencia do alumnado en lingua estranxeira, especialmente nas actividades comunicativas máis relacionadas coa Educación Infantil.
OBXECTIVOS:
- Sensibilizar o alumnado sobre os factores psicolóxicos e sociais que inflúen na aprendizaxe de linguas en contextos multilingües e sobre o papel da escola nunha educación respectuosa coa diversidade lingüística.
- Analizar os factores que inflúen na construción da competencia plurilingüe desde a EI e cómo xestionar a interacción entre as distintas linguas no proceso de aprendizaxe.
- Coñecer diferentes modelos de ensino bilingüe ou plurilingüe e coñecer e valorar a evolución do modelo galego en función das características sociolingüísticas de Galicia.
- Facilitar recursos para o ensino-aprendizaxe de linguas na Educación Infantil.
- Potenciar as destrezas comunicativas en linguas estranxeiras no alumnado.
- Educar na diversidade lingüística desde a Educación Infantil. O MECRL e o Portfolio Europeo das linguas.
- A interacción entre as linguas no proceso de construción da competencia plurilingüe. O tratamento integrado das linguas.
- A planificación lingüística escolar. Modelos de educación bilingüe / plurilingüe.
- A situación social das linguas en Galicia. O modelo lingüístico escolar de Galicia.
- Desenvolvemento das destrezas de comunicación oral e escrita en lingua estranxeira.
- Recursos para a aprendizaxe da lingua estranxeira na Educación Infantil.
BÁSICA:
Ofreceranse materiais básicos de consulta directa na aula virtual da materia
ARNAU, J. (et al.) (1992): La Educación Bilngüe. Barcelona, ICE-Univ. de Barcelona.
BAKER, C. (1997): Fundamentos de Educación Bilingüe y Bilingüismo. Madrid. Cátedra
GONZÁLEZ, M., C. GUILLÉN e J. M. VEZ (2010): Didáctica de las lenguas modernas: competencia plurilingüe e intercultural. Madrid: Síntesis.
LORENZO, F., F. TRUJILLO e J. M. VEZ (2011): Educación bilingüe: integración de contenidos y segundas lenguas. Madrid: Síntesis.
VEZ JEREMÍAS, J. M. (2002): Didáctica de la lengua extranjera en Educación Infantil y en Educación Primaria. Madrid: Síntesis.
COMPLEMENTARIA:
BURILLO, J. (2006): Las lenguas extranjeras en el aula: reflexiones y propuestas. Barcelona: Graó.
CASSANY, D. (2006): El Portfolio Europeo de las Lenguas y sus aplicaciones en el aula, Madrid, MEC.
COUNCIL OF EUROPE (1992). European Charter for Regional or Minority Languages. Strasbourg. ETS nº 148. Tradución: Carta europea das linguas rexionais ou minoritarias. Consello de Europa: Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias.
COUNCIL OF EUROPE (2000). European Language Portfolio (PEL): Principles and Guidelines. Strasbourg: Council of Europe. (Document DGIV/EDU/LANG (2000) 33)
COUNCIL OF EUROPE (2001). Common European Framework for Languages: Learning, Teaching, Assessment. Tradución: Xunta de Galicia (2005). Marco común europeo de referencia para as linguas.
DÍAZ CORRALEJO, J. (2002): “El marco común europeo de referencia: una herramienta transversal, multicultural y modular para un cambio de paradigma”, en Salaberri, S. (coord.) La lengua, vehículo cultural multidisciplinar. Madrid: MECD-ISFP, pp. 49-60.
ESCAMILLA GONZÁLEZ, A (2009): Las competencias en la programación de aula. Infantil y primaria (3-12 años). Barcelona: Graó.
MARTÍNEZ MENDOZA, F (2004): Primera infancia: bilingüismo y educación infantil. Valladolid: Laguna de Duero.
MONTEAGUDO, H. (coord.) (2010): Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega.
MONTEAGUDO, H., LOREDO, X., VÁZQUEZ, M. (2016): Lingua e sociedade en Galicia. A evolución sociolingüística 1992-2013. Real Academia Galega.
MURADO BOUSO, J. L. (2010): Didáctica de inglés en educación infantil. Vigo: IdeasPropias.
PERERA, J. (ed.) (2003). Plurilingüisme i educació: els reptes del segle XXI. Barcelona: ICE UB.
RUÍZ BIKANDI, U. (2012): "El plurilingüismo visto desde los documentos europeos. Una mirada crítica". En Textos de didáctica de la lengua y la literatura nº 60, pp. 65-76.
RUIZ BIKANDI, U. (2000): Didáctica de la segunda lengua en educación infantil y primaria. Madrid: Síntesis.
SIGUÁN, M. (2004). Bilingüismo y lenguas en contacto. Madrid: Alianza Editorial.
SILVA, B., RODRÍGUEZ, X. e VAQUERO, I. (coords.) (2010): Educación e linguas en Galicia. Univ. Santiago Compostela. http://dspace.usc.es/handle/10347/2247
SILVA, B., RODRÍGUEZ, X. e VAQUERO, I. (coords.) (2011): A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios. Univ. Santiago de Compostela. http://hdl.handle.net/10347/3598
VEZ JEREMÍAS, J. M. (2009): “Multilingual Education in Europe: Policy Developments”. Porta Linguarum, 12, pp. 7-24.
XUNTA DE GALICIA (2010). Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.
Competencias xerais
G6-Abordar con eficacia situacións de aprendizaxe das linguas en contextos multiculturais e multilingües. Expresarse oralmente e por escrito e dominar o uso de diferentes técnicas de expresión.
G11-Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela nos estudantes.
Competencias específicas
E44-Coñecer e dominar técnicas de expresión oral e escrita.
E48-Afrontar situacións de aprendizaxe de linguas en contextos multilingües.
E52-Ser capaz de fomentar unha primeira aproximación a unha lingua estranxeira.
Competencia básicas
B2-Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B5-Que o alumnado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B4-Que o alumnado teña desenvolvidas aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias transversais
T1-Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T3-Coñecemento instrumental das TIC.
T4-Competencia informacional.
A metodoloxía didáctica utilizará de maneira complementaria a exposición, a interacción e a orientación titorial.
As sesións expositivas apoiaranse fundamentalmente na figura do docente e servirán para presentar os contidos básicos do programa, para orientar o traballo das sesións interactivas e para aclarar dúbidas.
Nas sesións interactivas terá un protagonismo central o alumnado, a través de actividades individuais, de pequeno grupo e de gran grupo. Estarán orientadas a afondar nos tópicos ou aspectos nucleares do programa e a desenvolver as capacidades comunicativas de exposición e argumentación, a aprendizaxe autónoma, o traballo cooperativo e a actitude crítica.
O alumnado será atendido en titorías individuais ou de grupo reducido co obxecto de orientar a súa aprendizaxe e o traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
Estes principios metodolóxicos combinaranse nos tres escenarios posibles derivados da COVID19 da seguinte maneira:
Escenario 1: Normalidade adaptada
A docencia expositiva e interactiva será fundamentalmente de carácter presencial, aínda que cos condicionantes organizativos que decida a Facultade. As titorías poderán realizarse parcialmente de xeito virtual.
Escenario 2: Distanciamento
A docencia expositiva e interactiva de carácter presencial convivirá coa virtual, de acordo co que dispoña a Facultade. As titorías realizaranse preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: Peche das instalacións
A docencia (expositiva, interactiva e titorías) será completamente de carácter virtual, utilizando mecanismos síncronos ou asíncronos.
A cualificación global da materia será a media das cualificacións obtidas na parte de didáctica e na de lingua estranxeira. Será requisito para facer media obter, como mínimo, un 4 en cada unha das partes.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación nos tres escenarios posibles derivados da COVID19 será o seguinte:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
a) Participación na aula:
Ponderación: 20%
Instrumentos: control de asistencia e observación da actitude e participación do alumnado na aula.
O alumnado que non asista ao 80% das clases, sen causa xustificada, non será cualificado neste apartado.
b) Traballos:
Ponderación: 40%
Instrumentos: traballos individuais e/ou grupais.
O profesorado dará as instrucións oportunas sobre forma, contido e prazos, así como sobre os requisitos para participar nos mesmos.
c) Proba final:
Ponderación: 40%
Instrumento: proba individual na data fixada pola Facultade.
Escenario 2: "Distanciamento"
Manteranse os criterios e instrumentos do Escenario 1 pero a "Participación" adaptarase ás condicións organizativas da Facultade e tanto os "Traballos" como a "Proba final" faranse de forma telemática. Se as condicións dificultan de maneira substancial a interacción presencial, a avaliación realizarase a partir dos "Traballos" e da "Proba final", cunha ponderación do 50% cada un.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
Adaptarase o sistema de avaliación no seu conxunto ao formato virtual e os instrumentos utilizados serán os traballos e a proba final cunha ponderación do 50% cada un deles.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade o alumnado poderase presentar á parte ou partes que non superase na primeira. Conservarase a cualificación correspondente a “Participación na aula” e poderanse recuperar os outros dous compoñentes da avaliación (“Traballos” e “Proba final”) cos mesmos requisitos e ponderación previstos para a primeira en cada escenario.
ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
De haber algún alumno/a que, por aplicación de normativa superior, tivese concedida a dispensa de asistencia a clase, avaliarase da seguinte maneira, tanto na primeira como na segunda oportunidade:
- Traballos individuais que se encarguen: 50%
- Proba final: 50%
ALUMNADO REPETIDOR:
Será avaliado como o de nova matrícula, aplicándoselle, en consecuencia, os criterios xerais que se indicaron con anterioridade.
ADVERTENCIA:
Ningunha das probas ou exercicios realizados poderá conter plaxios, independentemente da extensión que estes acaden. A infracción deste mandato sancionarase co previsto na Resolución da USC do 15 de xuño de 2011 sobre Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
"Artigo 16: A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes".
Como consta na Memoria da titulación, nesta materia está previsto que o alumnado dedique un total de 150 horas, repartidas entre as que se corresponden coas clases expositivas e interactivas, e as dedicadas a traballo autónomo.
- Asistir asidua e participativamente ás clases e titorías.
- Atender as orientacións específicas do profesorado da materia.
- Cumprir un ritmo de traballo programado e acorde coa avaliación continua. Non deixar a preparación da materia para o final de curso.
- Completar o traballo de aula coas lecturas complementarias que vaian suxerindo os docentes.
- Esforzarse por mellorar a competencia lingüística oral e escrita. Prestar atención ao discurso e expresarse con propiedade e de forma clara.
1) PLAN DE CONTINXENCIA
METODOLOXÍA
No caso de que as autoridades pertinentes decretaran os escenarios 2 ou 3 a metodoloxía adaptarase ás directrices establecidas pola USC e aos parámetros acordados polo centro, de modo que as actividades docentes que non poidan executarse de modo presencial desenvolveranse de modo virtual empregando as ferramentas institucionais postas a disposición pola USC, combinando actividades de carácter síncrono (principalmente a través da plataforma TEAMS) e/ou asíncrono (principalmente a través de TEAMS ou Moodle) dependendo do tipo de actividade.
AVALIACIÓN
Na modalidade de docencia semipresencial manterase, sempre que sexa posible, o mesmo sistema de avaliación que no escenario 1. No caso de non ser posible e no caso do escenario 3, as probas presenciais substituiranse por probas telemáticas (síncronas ou asíncronas, orais ou escritas) utilizando as ferramentas institucionais.
2) OUTRAS OBSERVACIÓNS
2.1. O respecto ao medioambiente é unha das principais preocupacións de hoxe en día. Desta forma, nós como seres humanos debemos mostrar responsabilidade neste sentido co fin de reducir o noso impacto no medioambiente e preservar os nosos recursos naturais.
2.2. Asumindo que a violencia de xénero é unha violación dos dereitos humanos, debemos loitar con forza para detela, entendendo que unha boa educación sobre o tema a unha temperá idade debería ser fundamental para evitala.
2.3. Non se contestará ningún correo que proceda dunha conta non institucional. Os/as alumnos/as que desexen contactar coas profesoras deberán facelo utilizando a súa conta de corro da USC.
2.4. Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
2.5. Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas por cada docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
2.6. Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
2.7. No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no art. 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións:
“A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
METODOLOXÍA
A metodoloxía didáctica empregará de xeito complementario a exposición, a interacción e a orientación nas titorías.
As sesións de conferencias basearanse principalmente na figura do profesor e servirán para presentar os contidos básicos do programa, para orientar o traballo das sesións interactivas e para aclarar dúbidas.
Nas sesións interactivas os alumnos terán un papel central, a través de actividades individuais, en pequeno grupo e en gran grupo. Estarán orientados a afondar nos temas ou aspectos fundamentais do programa e a desenvolver as habilidades de comunicación de exposición e argumentación, aprendizaxe autónoma, traballo cooperativo e actitude crítica.
O alumno será atendido en titorías individuais ou en pequeno grupo co fin de orientar a súa aprendizaxe e traballo persoal complementario para o desenvolvemento das competencias atribuídas á materia.
Estes principios metodolóxicos combinaranse nos tres escenarios posibles derivados de COVID19 do seguinte xeito:
Escenario 1: normalidade adaptada
O ensino expositivo e interactivo será fundamentalmente presencial, aínda que coas condicións organizativas decididas pola Facultade. As titorías pódense realizar parcialmente de xeito virtual.
Escenario 2: distanciamento
O ensino expositivo e interactivo de carácter presencial convivirá co virtual, de acordo co establecido na Facultade. As titorías realízanse preferentemente de xeito virtual.
Escenario 3: Peche das instalacións
A docencia (expositiva, interactiva e titorial) será totalmente virtual, empregando mecanismos síncronos ou asíncronos.
AVALIACIÓN
A cualificación global da materia será a media das cualificacións obtidas na parte didáctica e na parte de lingua estranxeira. Será requisito obter un mínimo de 4 en cada unha das partes.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación nos tres escenarios posibles derivados de COVID19 será o seguinte:
Escenario 1: "Normalidade adaptada"
a) Participación na aula:
Ponderación: 20%
Instrumentos: control de asistencia e observación da actitude e participación dos alumnos na aula.
Os estudantes que non asistan ao 80% das clases, sen causa xustificada, non serán cualificados nesta sección.
b) Emprego:
Ponderación: 40%
Instrumentos: traballo individual e / ou en grupo.
O profesorado dará as instrucións oportunas sobre o formulario, o contido e os prazos, así como sobre os requisitos para participar neles.
c) Proba final:
Ponderación: 40%
Instrumento: proba individual na data fixada pola Facultade.
Escenario 2: "Distanciamento"
Os criterios e instrumentos do Escenario 1 manteranse pero a "Participación" adaptarase ás condicións organizativas da Facultade e os "Traballos" e a "Proba final" faranse electrónicamente. Se as condicións dificultan substancialmente a interacción cara a cara, a avaliación realizarase a partir das "tarefas" e da "proba final", cunha ponderación do 50% cada unha.
Escenario 3: "Peche das instalacións"
O sistema de avaliación no seu conxunto adaptarase ao formato virtual e os instrumentos empregados serán as obras e a proba final cunha ponderación do 50% cada unha.
SEGUNDA OPORTUNIDADE:
Na segunda oportunidade os alumnos poderán presentarse á parte ou partes que non aprobaran na primeira. Manterase a nota correspondente a "Participación na aula" e os outros dous compoñentes da avaliación ("Traballo" e "Proba final") poden recuperarse cos mesmos requisitos e ponderación previstos para o primeiro de cada escenario.
ALUMNOS CON DISPENSA DE ASISTENCIA:
Se hai algún alumno ao que se lle concedeu unha exención de asistencia a clase, debido á aplicación dunha normativa superior, avaliarase da seguinte forma, tanto a primeira como a segunda oportunidade:
- Traballos individuais por encargo: 50%
- Proba final: 50%
REPETIDOR DO ALUMNADO:
Avaliarase como a nova matrícula, aplicando, en consecuencia, os criterios xerais indicados anteriormente.
Maria Lopez Sandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Correo electrónico
- maria.sandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Daisy Teresa Waite
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Lector/a
Maria Alonso Alonso
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Correo electrónico
- maria.alonso.alonso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Yolanda Fernandez Pena
- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_03 (Pe - Z) | Galego, Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIS_01 (A - E) | Galego, Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:30-14:00 | Grupo /CLIS_02 (F - Pa) | Galego, Inglés | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
Venres | |||
12:30-14:00 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | Inglés, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
30.05.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
05.07.2022 09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 (A - Z) | (CAMPUS NORTE) - AULA 13 |